28/12/12

100% CEF



Longametraxe documental que dirixe Aser Álvarez. Luís Tosar interpreta ao poeta de Celanova.

“100% CEF” é o resultado dun intenso traballo de investigación e achega á vida e obra do poeta. Este retrato poliédrico do autor de “Onde o mundo se chama Celanova” faise a través da conversa cos seus fillos, Isabel e Luís; os seus biógrafos, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás; o seu amigo e paisano, o actual presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín; Xosé Neira Vilas, Suso de Toro ou Xosé María Álvarez Cáccamo, entre outros. Os poemas chegan pola voz de cantantes como Luís Emilio Batallán, Xiana Lastra e Mini e Mero, pero sobre todo co punk dos Labregos do Tempo dos Sputniks e co rap máis contemporáneo de Ferriman, Nuno e Fred. O documental tamén conta coa colaboración de artistas como Baldo Ramos, Francisco Leiro, Manolo Paz ou Baldomero Moreiras

Ningún comentario:

Publicar un comentario