28/12/12

Seis barbudos

Publica OQO este Seis barbudos onde se amosa claramente os prexuízos da imaxe e os preconceitos que temos sobre as persoas só polo aspecto sen agardar a coñecelas, polo que resulta unha lectura interesante para que os máis pequenos comprendan que sempre debemos agardar ao interior das persoas e non xulgalas por tan só o aspecto exterior. Un relato de Mar Pavón con ilustracións de Vitali Konstantinov que tamén vale para asustar o medo, medos infundados e inexistentes que semellan ben reais en ocasións. As ilustracións resultan moi acaídas para cada momento: ao comezo son case sinistras, esecuras, medoñentas, posto que o lector aínda non descubriu a singularidade dos personaxes nin as súas pretensións, e vanse aclarando e alegrando a medida que transcorren as páxinas e as historias ata o sorprendente final.
Resulta tamén moi axeitada a estrutura e a narración "en resta" que vén sendo un bo exercicio matemático para os lectores e as lectoras novas.
Ollo aos medios de transporte!!! Quereredes tamén algún deles?

Ningún comentario:

Publicar un comentario