Vía
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
30/09/14
A raíña de Turnedó
No coidado labor de recuperación de grandes libros da Literatura Infantil e Xuvenil, ofrécenos Kalandraka este libro que xa publicara a editorial Xerais en 1996. Un álbum cuxas ilustracións non deixan indiferente. Falamos de A raíña de Turnedó de Gloria Sánchez con ilustracións de Pablo Otero. Un libro surrealista, cheo de humor e disparate que busca a complicidade dos lectores, continuamente interpelados en cada páxina para que participen coas súas accións, indicando en cada momento que deben facer para acompañar o texto (coido que vai funcionar de marabilla utilizándoo de contacontos): aplaudir, axclamar, animar, berrar... de todo haberá que facer como público que camiña a carón destes excéntricos personaxes dunha corte real.
O libro está inspirado nunha coñecida rima do folclore infantil inglés: "The house
that Jack built"; o texto medra mediante a acumulación de
elementos que interactúan uns cos outros. (Grazas, unha vez máis, María Jesús!)
ONU contra a Homofobia
Unha adiviña: Que existe en todos os recunchos do mundo que é acollido e celebrado nalgúns países pero ilegal en 76?
29/09/14
Dobres estándares
Non sei se é boa a publicidade. Coido que sobra o final, é dicir, a parte onde sae o anunciado. O vídeo en si é bastante impecable: os roles de xénero quedan ben patentes.
Vía
Sempre hai un lugar para a poesía (CXVII)
"Hombre
de color"...
Querido hermano blanco:
cuando yo nací, era negro,
cuando crecí, era negro,
cuando estoy al sol, soy negro,
cuando estoy enfermo, soy negro,
cuando muera, seré negro.
En tanto que tú, hombre blanco
cuando tú naciste, eras rosa,
cuando creciste, eras blanco,
cuando te pones al sol, eres rojo
cuando tienes frío, eres azul
cuando tienes miedo, te pones verde,
cuando estás enfermo, eres amarillo,
cuando mueras, serás gris.
Así pues, de nosotros dos,
¿quién es el hombre de color?
De Léopold Sédar Senghor, poeta de Senegal
Camisetas
A involución social que estamos a vivir é unha das miñas maiores preocupacións. Temo non saber transmitir ao meu alumnado certas necesidades básicas que, por desgrazas, coido que nas súas casas, por diferentes motivos, non son centro de interese. Respecto á igualdade de xénero, vexo nas súas caras reflectida unha sensación de desinterese xeral porque tanto elas coma eles pensan que é algo acadado e que eu son unha esaxerada. Como dicía Rocío o ano pasado "é que ti levas o feminismo ata onde non cabe".
Con isto de ter que dar algo así como unha asignatura chamada "Actividades de estudo" ou "Alternativa á Relixión" pretendía eu, optimista de min, aproveitar para falarmos destas e outras moitas preocupacións que me rondan arredor da educación adolescente. O fenómeno sucedeu a semana pasada, cando tentando introducilos en materia faleilles de que hai unha certa "moda" a operar os pés e tirar o dedo maimiño para usar tacos. Unha alumna, en perfecto castelán, entendeu razoable a operación posto que "a propia evolución está facendo que ese dedo desapareza; de feito, xa están empezando a nacer nenos e nenas sen ese dedo. Porque eu na casa ando descalza e fíxome que ese dedo non se usa"
A verdade é que son persoa con capacidade de reacción ben limitada. Quedei tan atónita que case non souben que contestar. Pensei en que profesor de Bioloxía terán para explicarlles a cantidade de anos que se necesitaría para tal evolución que nin existe. En fin.
Total, que vendo que Hipercor fabrica cousas coma esta:
supoño que alumnas coma a miña non tardarían en comprar tal monstrosidade porque, efectivamente, a súa nena é tan feita coma ela. Sexismo atribuíndo cualidades por cuestión de xénero, algo tan tradicional como que a intelixencia é deles e a fermosura delas.
E é que tentando abordar temas coma ese, véxome ás veces ben impotente.
Será que son eu a que ten prexuízos?
28/09/14
Gertie the Dinosaur
Novamente, grazas a María Jesús:
Deliciosa curtametraxe de animación, que ademais de ser unha das
primeiras da historia (1914), permítenos ver en acción ao gran debuxante
Winsor McCay, o creador de Little Nemo.
Tanto Como
Unha das novidades que nos ofrece a editorial Kalandraka é este sorprendente Tanto Como que nos lembra que os perfumes veñen en envases pequenos. Porque este pequeno álbum é toda unha xoia a gardar en lugar seguro. Os responsables son Eugénio Roda e Gémeo Luís: un exercicio de sensibilidade despregado en imaxes máxicas, case paradoxos, siluetas que marcan esencias, delicadeza visual case xeométrica, liberdade imaxinativa a carón de pequenos textos que convidan á reflexión, que paran en palabras para seren revisitadas na súa definición, que procuran novas posibilidades de interpretación. Cada un de nós terá que catalogar e ler á súa maneira, porque o texto ofrécenos mil e unha posibilidades coas que xogar.
Porque as palabras son un xogo, o texto un experimento, a creación un poder. Ou un desafío.
Porque as palabras son un xogo, o texto un experimento, a creación un poder. Ou un desafío.
Non á violencia contra as mulleres (CCCLXXX)
"Tiene los ojos de su madre | Denuncia los abusos".
Escola de publicidade Brother Ad School, Arxentina.
27/09/14
Unha feliz catástrofe
Unha estupenda nova é este agasallo de Kalandraka: recuperar os álbums de Adela Turin e Nella Bosnia sobre a igualdade. Desta volta o título é Unha feliz catástrofe, un relato que conta a historia dunha familia constituída por un rato que domina a muller; pero cando ocorre unha catástrofe é a femia quen dá a solución aos problemas, a que dirixe a situación e entón cando o lector ou a lectora comprende que o rato era puro fume; ou sexa, desvalorízase a figura paterna para pór en valor a materna. Unha vez máis, o libro serve para amosarnos a desigualdade existente na realización das tarefas domésticas e as responsabilidades da vida cotiá.
26/09/14
Los leones no comen pienso
Divertido álbum publicado por Edelvives de André Bouchard: Los leones no comen pienso conta a historia dunha nena que ten un león como mascota. Adiviñade todo o que lle pode ocorrer! Porque todo canto ocorre pode ser ata obvio, e queda ben claro nas ilustracións: o señor león, a verdade que non, non come pienso. Iso si, fame non pasa. Pero a última páxina é un xogo inaudito de predixistación que nos deixa pampos, porque a historia adquire un xiro radical que deberiamos ter mirado doutro xeito. Este final dá un toque que non agardabamos nun libro que xa nos gustaba. Iso si, as ilustracións son o máis importante, posto que o texto sen elas non se entende.
"Clementina no tiene una mascota normal como un
perro o un gato sino que tiene un león, y tanto sus padres como sus vecinos y
amigos sufrirán las consecuencias de tener una mascota tan singular, página a
página el león se irá comiendo a todos los personajes del cuento, ¿quedará
alguien con quien jugar?"
25/09/14
Over the Rainbow
Publicidade norueguesa de lotaría. Transmite que non son os cartos os que fan feliz, senón as relacións que se establecen na vida.
O anuncio localízase nunha residenia da terceira idade onde hai unha enfermeira que non deixa vivir aos anciáns tranquilamente. Mentres, unha muller en cadeira de rodas observa. Logo, vese que ambas, enfermeira e anciá, están a ver o sorteo da bonoloto; a anciá ten o boleto gañador. Cámbiallo para que a enfermeira deixe a residencia e os deixe vivir en paz.
O anuncio localízase nunha residenia da terceira idade onde hai unha enfermeira que non deixa vivir aos anciáns tranquilamente. Mentres, unha muller en cadeira de rodas observa. Logo, vese que ambas, enfermeira e anciá, están a ver o sorteo da bonoloto; a anciá ten o boleto gañador. Cámbiallo para que a enfermeira deixe a residencia e os deixe vivir en paz.
Vía
La luna se olvidó
É imposible non achegarse aos libros de Jimmy Liao. Descubrir cada un é namorar novamente. Desta volta, sempre da man de Barbara Fiore, o título que nos propón é La luna se olvidó; novamente, estamos ante eses ramalazos de poesía filosófica que son tan comúns neste autor. Páxinas cheas de ilustracións que amosan ledicia, tristura, inquedanza, misterio... Por que non está a Lúa no seu lugar? Por que só hai silencio e desolación sen ela? Só permanece a soidade máis absoluta sen a nosa Lúa? Para onde mirar?
Pero a Lúa, cálida, desmemoriada, ten una amigo. E o silencio do mundo convértese en ruído alegre cando están xuntos. Porque ese neno quere a Lúa para si só. E ela, enfeitizada, esquece quen é.
Aínda así, o texto queda coxo, coido que lle falta profundar algo nalgunhas cuestións que se presentan. Son as ilustracións quen salvan literalmente o libro.
Fixádevos na presenza do gran Maurice Sendak a través do protagonista e do seu maxín.
.
F
Que che digan si
Documental islandés sobre educación sexual que trata de explicar a violencia no sexo ou a influencia da visión que proxectan as películas e o porno sobre as relacións sexuais.
A curta está dirixida a adolescentes.
vía
23/09/14
The Magic Of Libraries
Visita a nosa biblioteca...
The Magic Of Libraries from Emily&Anne on Vimeo.
...Onde a maxia acontece:
Grazas, Nuno
Todo patas arriba
Lindo e tenro, con humor. Así é este álbum de Pablo Albo e Viviana Bilotti que publica La guarida ediciones: Todo patas arriba é unha declaración de amor, unha historia de felicidade contaxiosa onde as ilustracións teñen moito que dicir (unhas ilustracións onde destacan as cores laranxas, as ocres... cores cálidas para acompañar). Parádevos a comparar a primeira e última páxina! Podería parecer que se repiten pero non: os efectos da historia déixanse ver pero hai que procuralos. Mesmo hai ilustracións que están "patas arriba". Porque desta volta o comezo da historia é o beixo... que será o desencadeante dos sucesos. Si, así é. O pan e a manteiga sofren os efectos inmediatos. A xente ri e é feliz. E a ledicia contáxianos.
“Este fue un beso de amor verdadero como pocas veces se han visto u oído (casi ni imaginado) en el mundo.”
21/09/14
Imagina cuántas palabras
Primeiro Premio ao Libro Mellor Editado 2014 na categoría de Obras Xerais e de Divulgación que outorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Imagina cuántas palabras deixa a un pampo cando o ve. Máis me deixou a min cando o recibín de agasallo dunha persoa a quen quero e admiro. Un libro feito de palabras e fotografías. Palabras a partir de palabras. Un xogo entre a palabra e a imaxe onde se agochan preguntas: que nos di unha foto? Lémola igual?
300 alumn@s de Educación Primaria escriben as súas dez palabras preferidas. As 50 palabras que máis se repiten son postas en mans de 50 autores para que creen o que queiran con elas. A liberdade é absoluta e o resultado magnífico.
O libro conta cun prólogo de Víctor Moreno e os 50 autores son:
Lourdes de Abajo, Marta Agudo, Alfonso Armada, David Benedicte, Noni Benegas, Gsús Bonilla, Isabel Bono, Ben Clark, Antonio Crespo Massieu, Sergi de Diego, Alexandra Domínguez,
Javier Eder, Enrique Falcón, Mar García Lozano, Aarón García Peña, Alberto García Teresa, Víktor Gómez, Pilar González
España, Guadalupe Grande, Amalia Iglesias Serna, Patxi Irurzun,
Hasier Larretxea, Javier López
Menacho, Luis Luna, Miguel Ángel Mala, Juan Carlos Mestre, Luna Miguel, Ángel de Miguel, Vicente Muñoz Álvarez, Miguel Ángel Muñoz Sanjuán, Teresa Naranjo, Gabriel Noguera, Antonio Orihuela,
José Ovejero, José María Parreño,
Ángel Petisme, Julia Piera,
Manuel Rico, Federico de los Ríos, Manuel Rivas, Isaac Rosa,
Helena Salas, Miguel Sánchez Ostiz, Tomás Sánchez Santiago, Ferdinando Scianna, Emilio Silva, Raúl Vacas, Enrique Villarreal e Felipe Zapico.
A impresión realizouse en Brizzolis Arte en Gráficas
(Madrid)
Cada un dos escritos acompáñase cunha fotografía de Clemente Bernad feita en La Corrala de Vecinas La Utopía, de Sevilla.
E as palabras son as seguintes:
fútbol amor jugar esternocleidomastoideo balón ordenador vacaciones música amigos baloncesto hámster amistad cariño |
coche colegio flores mamá papá perro azul cantar playa estuche felicidad mar paz |
televisión casa juegos sol bachillerato iglú libro piscina pizza bailar deberes floor mariposa |
naturaleza paisaje alegría arcoíris corazón diversión dormir gafas leer reloj agua |
O resultado, apabullante.
Non á violencia contra as mulleres (CCCLXXIX)
A cultura da violación rodéanos, témola tan interiorizada que non nos percatamos do que realmente é. Podémola escoitar cantada, anunciada, facendo bromas con ela. A súa aceptación supón trivializada, de xeito que cando ocorre a culpa recae na vítima. Estamos nunha sociedade onde muller é unha cousa, un obxecto que debe satisfacer os desexos alleos.
Os medios de comunicación e a publicidade son os principais responsables de presentar a muller como un complemento. O documental Miss Representation reflicte como a muller, o seu corpo está ao servizo dos homes. Gran parte destes produtos televisivos van dirixidos a adolescentes, transmitíndolles a perigosa mensaxe de que o corpo da muller é unha provoación que convida.
Vía
20/09/14
Make it Sound FAT
Divertida e musical curta sen palabras:
Make it Sound FAT - Short Movie from Make It Sound FAT on Vimeo.
Vía
Vía
El Cuarto de Lautréamont
Sins entido publica A primeira novela gráfica, publicada en 1874, na súa edición íntegra: El Cuarto de Lautréamont de Edith & Corcal: O cómic conta unha complexa historia que se centra no protagonista, Auguste Bretagne, escritor da Gaceta de París e amigo de Rimbaud, Verlaine,
Charles Cros…, e xoga co surrealismo e o relato fantástico. Relátase como, ao chou, descubriuse un exemplar de 1921 que será o primeiro cómic da historia. Nas súas páxinas, autobiográficas, descubriremos que o seu protagonista eríxese como inventor da novela gráfica xunto con Eugene de T. S., ademais de nos amosar a fascinante vida bohemia do París dos últimos ános do século XIX.
Neste París vive o noso protagonista, nunha habitación na que anteriormente habitaba outro escritor, o Conde de Lautréamont, autor dos Cantos do Maldoror, que será un precursos do movemento surrealista despois da súa morte. O protagonista irá inmiscíndose nun mundo onírico onde realidade e ficción mestúranse continuamente facendo que o lector/a dubide continuamente de cal mundo está a ler.
Para maior autenticidade da historia, o debuxo é apagado, coma antigo, hipnótico. Estrañamente fascinante.
Neste París vive o noso protagonista, nunha habitación na que anteriormente habitaba outro escritor, o Conde de Lautréamont, autor dos Cantos do Maldoror, que será un precursos do movemento surrealista despois da súa morte. O protagonista irá inmiscíndose nun mundo onírico onde realidade e ficción mestúranse continuamente facendo que o lector/a dubide continuamente de cal mundo está a ler.
Para maior autenticidade da historia, o debuxo é apagado, coma antigo, hipnótico. Estrañamente fascinante.
19/09/14
Gafas gordas
Publicidade de gafas que insulta despectivamente ás mulleres que non teñen o corpo imposto pola sociedade de consumo. O anuncio, emitido en Israel e protagonizada por unha coñecida modelo daquel país, é un exemplo máis da cosificación da muller no mundo da publicidade.
18/09/14
It’s Payback Time
Curta apocalíptica para impulsar a conciencia "Unidos contra o cancro", asociación británica de televisión Canal 4 e o Cancer Research UK. Unha campaña contra o cancro ben diferente:
Vía
Un día, un perro
Fermosísimo álbum sen palabras de Gabrielle Vicent publicado por Zendrera Zariquiey: Un día, un perro é un libro que trata o abandono dos animais por parte dos seus donos. Unha historia, desgraciadamente, demasiada cotián que é aquí contada en branco e negro a carboncillo. Aínda que o final é esperanzador, demasiado, diría eu, a historia é angustiosa. Por real. Porque a desolación e a tristura reflíctense perfectamente no debuxo, un debuxo dun can que salienta no espazo en branco, con moi poucos elementos que xogan coa suxestión do lector e a barbarie do momento: un espazo sen referencias, a perda.
17/09/14
O libro
Curtametraxe realizada no IES Ramón Mª Aller Ulloa, polo alumnado de 1º
de bac na materia de cultura audiovisual durante o 2º trimestre do curso
2013/14.
Hänsel y Gretel
A verdade: en canto souben que Anaya publicaba este conto clásico coas ilustracións de Beatriz Martín Vidal propúxenme telo. E é que esta ilustradora conquistoume totalmente con Birgit. Este Hänsel y Gretel é un libro escuro, onde as ilustracións destacan a parella de irmáns e semellan fusionados co bosque, nun estado simbólico e enfático que determina asemade a asociación bruxa-madrasta, e onde destacará o verde das follas e o vermello das mazás.
Fermosísimo.
La súper Venus
Curta realizada por Fréderic Doazan que constitúe unha crítica aos estándares de "perfección" que se nos impoñen ás mulleres dende todas partes e de todos os xeitos posibles. Unha "muller perfecta" nun mundo de imperfectos.
Vía
No hace mucho tiempo
Barbara Fiore é a encargada de agasallar este país coas ilustracións de Jimmy Liao. Hai uns meses publicou este volume, No hace mucho tiempo, unha compilación de ilustracións que Jimmy Liao publicara na prensa entre os anos 2000 e 2002. O porqué deste volume explícao o autor: quere lembrar, non esquecer os bos momentos, xa que somos conscientes de que moitos marchan de paso. A maneira que ten o noso autor de conservalos é por medio das súas ilustracións. Unhas ilustracións, por certo, en branco e negro. Ademais de ilustracións, de cando en vez, engade breves fragmentos autobiográficos onde nos explica que significa para el o seu traballo, como chegou ata aí, como gozar del...
Volvemos a estar ante un libro de poesía, poesía visual onde estamos ante algo máis que ante un catálogo de postais, senón que podemos pasear polas ilustracións gozando do paso do tempo, de cada unha delas, da sensibilidade do autor, da súa confesión.
Agir contre le harcèlement à l'École
Grazas á miña prezada Susana souben destes vídeos que forman parte dun programa que se desenvolve en Francia contra o bullying. Parecéronme moi bos, e poderedes velos aquí. Déixovos dous:
15/09/14
En tus brazos
Colguei esta curta no ano 2008. De súpeto, alguén ma recomendou. E creo que non está de máis traela novamente ata aquí:
Sempre hai un lugar para a poesía (CXVI)
Despois de varios anos afastada da Biblioteca Escolar, volvo a ela, con moita ilusión e con moito traballo por diante (en realidade, xa levo ben días traballando nela). Co comezo do curso non hai mellor celebración que mesturar biblioteca e poesía:
El aire es allí diferente.
Está erizado todo por una corriente
Que no viene de este o aquel texto,
Sino que los enlaza a todos
Como un círculo mágico.
El silencio es allí diferente.
Todo el amor reunido, todo el miedo reunido,
Todo el pensar reunido, casi toda la muerte,
Casi toda la vida y además todo el sueño
Que pudo despejarse del árbol de la noche.
Y el sonido es allí diferente.
Hay que aprender a oírlo
Como se oye una música sin ningún instrumento,
Algo que se desliza entre las hojas,
Las imágenes, la escritura y el blanco.
Pero más allá de la memoria y los signos que la imitan,
Más allá de los fantasmas y los Ángeles que copian la memoria
Y desdibujan los contornos del tiempo,
Que además carece de dibujo,
La biblioteca es el lugar que espera.
Tal vez sea la espera de todos los hombres,
porque también los hombres son allí diferentes.
O tal vez sea la espera de que todo lo escrito
Vuelva nuevamente a escribirse,
Pero de alguna otra forma, en algún otro mundo,
Por alguien parecido a los hombres,
Cuando los hombres ya no existan.
O tal vez sea tan solo la espera
De que todos los libros se abran de repente,
Como una metafísica consigna,
Para que se haga de golpe la suma de toda la lectura,
Ese encuentro mayor que quizá salve al hombre.
Pero, sobre todo, la biblioteca es una espera
Que va más allá de letra,
Más allá del abismo.
La espera concentrada de acabar con la espera,
De ser más que la espera,
De ser más que los libros,
De ser más que la muerte.
Juarroz, Roberto.