24/07/20

Alcaldesa vermella

Falar de El Hematocrítico é falar de calidade na literatura infantil. Agora temos en Xerais Alcaldesa Vermella, con ilustracións de Mar Vilar. Estamos ante unha líder feminina e uns habitantes que piden o mellor para a sociedade, e non para o individuo (personaxes moi recoñecibles dos contos clásicos). Cada un, dende as súas propias capacidades, pode aportar algo para que o lugar onde viven sexa mellor, porque o que importa é o conxunto. O relato conta como se toman decisións en reunións, con votacións, como se organizan as eleccións e en que consiste o respecto ás decisións da maioría. Para explicar como debería ser a política se non fose o que realmente é.

Ningún comentario:

Publicar un comentario