25/07/20

Personajes desesperados

En Sexto Piso podemos ler Personajes desesperados de Paula Fox, unha lectura que chega a abafar. Todo xira a partir dunha mordedura dun gato da rúa á protagonista. A ferida que lle queda causa unha preocupación continua na súa contorna, pero tamén unha estraña reticencia por parte da vítima de ir ao médico. E chega a crise matrimonial e o conseguinte replantexamento da forma de vida que ambos levan. Unha forma de vida que nun principio parece acomododa, pero que segundo imos pasando as páxinas semella que pode desmoronarse pouco a pouco dun xeito bastante doado. O primeiro que chama a atención é a soidade e a desconexión coa veciñanza e os conxéneres. O libro pon en solfa toda a sociedade, esa máis pudente, que non deixa, ao seu pesar, de ser humana, con todo o que iso significa: caos e todo tipo de pulsións que son propias de noso. Nada é para sempre. Todo é cuestionable.



Ningún comentario:

Publicar un comentario