Reto 1.- Serías quen de indicarme que díxito lle correspondería ao número 2608 usando a mesma regra que nos números que a continuación che indico?
Reto 2.- Un medio de once máis un quinto de cinco é igual a cen. Alguén me pode dar unha razón coherente para que esta afirmación sexa certa?
Reto 3.- As letras de cada círculo representan ós números do 1 ao 9. Sábese que:
---> O cadrado de c ten 1 cifra
---> d · f é igual a e
---> a, e, i son números consecutivos.
--->A suma da columna da esquerda (a, d, g) é maior que a de calquera outra columna ou fila.
Que número representa cada fila?
Jejejeje!!
ResponderEliminarVou facer o 2º. Un medio de onCE máis un quinto de ciNco é igual a CEN...
Este Anxinho...
querid@ visitante anónim@: máis coherente non podía ser... (cachis, creo que cometín o erro de poñer os números en letra en vez de en número... non se pode ser tan bos hehehehe!)
ResponderEliminarPero que foi iso... non haberá trasnos por aquí que me anonimizan, non?.
ResponderEliminarUnha papilla despois, aquí estou outra vez, agora co 3º:
7, 1, 3, 4, 8, 2, 6, 5, 9
Igual hai máis posibilidades (se é que esta está ben), pero de momento é o que hai.
Saúdos.
Vale, vale, retiro a solución ao 3º, acabo de ler o de "columna OU FILA". Terei que refacer cálculos...
ResponderEliminarSaúdos.
7, 5, 3, 4, 8, 2, 6, 1, 9.
ResponderEliminarA ver, que os apuros...
Saúdos.
... xa me parecía a min que Miguel era o que se agochaba tras ese anonimato. De casta le viene al galgo. Aínda que vexo que ao seu pai as neuronas xa non lle funcionan á primeira...pero máis vale tarde ca nunca!!
ResponderEliminarSaúdos!
Vou ter que facer eu tamén o primeiro?
ResponderEliminarÁnimo, que a clave está en que 0000=4 e 8888=8 (a ver se non me berra Anxinho...)
Saúdos.
non penses tanto..anda! deixa que alguén o resolva...acaparador!!! Tanto te aburres?? hehehe
ResponderEliminarun saúdo!
Reto 1.-
ResponderEliminarAo número 2608 correspóndelle o 4.
e logo por que, querido Marcos? (non penses que che vou dar a razón así como así, jejejeje)
ResponderEliminarPorque é a cantidade de "o", é dicir, redondeis, que ten. O 6 ten un, o 0 é outro e o 8 ten dous.
ResponderEliminarAgora ben, foi grazas aos pistas de bolbor, que sempre fai igual, ata nos exames!
hehehehehe! e digo eu se fose o 2340, cal sería o resultado 2 ou 1?
ResponderEliminarPorque: o 4 ten redondel ou non?
cuestións que se lle ocurren a un!
correcto!!!