Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/03/09

Retos matemáticos... e non tanto (XXII)

Nin no día do pai vos ides librar de min...


Reto 1.- Serías quen de indicarme que díxito lle correspondería ao número 2608 usando a mesma regra que nos números que a continuación che indico?


Reto 2.- Un medio de once máis un quinto de cinco é igual a cen. Alguén me pode dar unha razón coherente para que esta afirmación sexa certa?

Reto 3.- As letras de cada círculo representan ós números do 1 ao 9. Sábese que:
---> O cadrado de c ten 1 cifra
---> d · f é igual a e
---> a, e, i son números consecutivos.
--->A suma da columna da esquerda (a, d, g) é maior que a de calquera outra columna ou fila.


Que número representa cada fila?

12 comentarios:

Anónimo dixo...

Jejejeje!!
Vou facer o 2º. Un medio de onCE máis un quinto de ciNco é igual a CEN...
Este Anxinho...

Anxinho dixo...

querid@ visitante anónim@: máis coherente non podía ser... (cachis, creo que cometín o erro de poñer os números en letra en vez de en número... non se pode ser tan bos hehehehe!)

Anónimo dixo...

Pero que foi iso... non haberá trasnos por aquí que me anonimizan, non?.
Unha papilla despois, aquí estou outra vez, agora co 3º:
7, 1, 3, 4, 8, 2, 6, 5, 9
Igual hai máis posibilidades (se é que esta está ben), pero de momento é o que hai.
Saúdos.

Anónimo dixo...

Vale, vale, retiro a solución ao 3º, acabo de ler o de "columna OU FILA". Terei que refacer cálculos...
Saúdos.

Anónimo dixo...

7, 5, 3, 4, 8, 2, 6, 1, 9.
A ver, que os apuros...
Saúdos.

Anxinho dixo...

... xa me parecía a min que Miguel era o que se agochaba tras ese anonimato. De casta le viene al galgo. Aínda que vexo que ao seu pai as neuronas xa non lle funcionan á primeira...pero máis vale tarde ca nunca!!

Saúdos!

Anónimo dixo...

Vou ter que facer eu tamén o primeiro?
Ánimo, que a clave está en que 0000=4 e 8888=8 (a ver se non me berra Anxinho...)
Saúdos.

Anxinho dixo...

non penses tanto..anda! deixa que alguén o resolva...acaparador!!! Tanto te aburres?? hehehe
un saúdo!

Anónimo dixo...

Reto 1.-
Ao número 2608 correspóndelle o 4.

Anxinho dixo...

e logo por que, querido Marcos? (non penses que che vou dar a razón así como así, jejejeje)

Anónimo dixo...

Porque é a cantidade de "o", é dicir, redondeis, que ten. O 6 ten un, o 0 é outro e o 8 ten dous.
Agora ben, foi grazas aos pistas de bolbor, que sempre fai igual, ata nos exames!

Anxinho dixo...

hehehehehe! e digo eu se fose o 2340, cal sería o resultado 2 ou 1?

Porque: o 4 ten redondel ou non?
cuestións que se lle ocurren a un!
correcto!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.