
Cando non atopas a túa casa de Paloma Sánchez Ibarzábal, ilustrado por Joanna Concejo fala dun mundo onírico que se converte nun pesadelo desconcertante ante o perigo de non atopar a propia casa. A transgresión do xénero, que aparentemente é clásico (perderse nun bosque) radica na innvación ser unha segunda persoa quen fala no texto, xunto coa ambigüidade de non sabermos se estamos ante un neno ou unha nena protagonista, aínda que eu, non sei por que, inclínome pola segunda opción.
Os escenarios son insólitos, propios da ensoñación que cobre o texgto. Un camiño cada vez máis fantástico e afastado, recreado por unha ilustracións impresionantes que nos sorprenden en cada páxina. Son magníficas, para min o mellor do álbum. Será que esta ilustradora, a quen xa coñecemos de Fume, considerámola do mellor neste ámbito.

Publica OQO.
este libro fálanos dos soños; pareceume un pouco infantil pero gustoume
ResponderEliminarEste lidro é entretido pero un pouco aburrido.
ResponderEliminareste conto estivo ben porque despois de tanto buscar topou a súa casa
ResponderEliminareste libro é moi triste, raro, distinto... É un conto estraño
ResponderEliminareste conto gustoume, a pesar de todo acabou atopando a súa casa
ResponderEliminareste libro non me gustou, é moi aburrido e non o entendin
ResponderEliminarEste libro leuno Rafa, por ese motivo non me enterei de moito...só sei que era un rapaz que soñaba..
ResponderEliminarEste libro non me gustou moito, porque foi algo aburrido.
ResponderEliminarParéceme un libro triste e con unhas ilustracións moi bonitas.
ResponderEliminar