09/01/11

El hombre del lago

Arnaldur Indridason nunca decepciona. Porque ofrece algo máis que unha aventura de novela negra: unha análise profunda do ser humano.

Desta volta lévanos da man á posguerra da segunda guerra mundial e ás ditaduras do Este, á falta da liberdade, ás persoas que son capaces de traizoar a amizade e a confianza por algo moi diferente aos ideais sociais e políticos -disfrazados deles-, á vinganza, ao amor en estado puro. A todo isto e moito máis, posto que o inspector Sveinsson está disposto a chegar á verdade máis profunda inda que sexa viaxando no tempo. E por suposto, a personaxe do inspector é un dos seus grandes acertos, ese home que apenas sorrí e que debe combater a soidade con accións, posto que as palabras lle son escasas; un home atormentado polo pasado e polas diferentes ausencias e erros que foi cometendo ao longo da súa vida. Un típico detective dos novos tempos deste xénero: atormentado e eficaz.
Unha boa novela para rematar as vacacións.



Ningún comentario:

Publicar un comentario