Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/03/09

La Mujer de verde

Cando este sábado me chamou meu irmán para me preguntar se coñecía a Arnaldur Indridason respondín sorprendida que non. Cando me agasallou o libro, La Mujer de verde, lin na contracapa que era o autor de Las marismas, libro pendente de compra na miña particular listaxe. Cando o busquei na rede, vin que pode desbancar a Larsson. Cando rematei o libro, comprendín o por que. E reproduzo: Su autor, el islandés Arnaldur Indridason, se consagró con ella como uno de los grandes nombres de la literatura policíaca, un referente imprescindible de la vitalidad de la prestigiosa narrativa negra escandinava y, por supuesto, europea. Todo un acontecimiento que devuelve al lector a la esencia misma, clásica donde las hayas, del género negro y criminal.
Porque se vos gusta este xénero de verdade paga a pena ler este libro, unha lectura que non se restrinxe só a iso, senón que supón moito máis: afondar na violencia de xénero, procurar a mesma soidade e culpa que a protagonista desa parte da historia, sentir o mesmo odio e a mesma compaixón, falar da Segunda Guerra Mundial, do migración do campo á cidade, das relacións familiares, das drogas... un puzzle perfectamente organizado que consegue que a súa lectura sexa tremendamente áxil e non poidas deixar de ler até rematar.
Pero la violencia física, el dolor y los golpes, los huesos rotos, las heridas, los moretones, los ojos hinchados, los labios rotos, todo eso no es nada comparado con la tortura del alma. Un miedo constante, permanente, que nunca se calma...


1 comentario:

Anónimo dixo...

"Las Marismas" téñoo eu, se queres préstocho.Faláronme del na porta do teu IES hai dous anos, a ver se adiviñas quén foi.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.