Moitas ganas tiña de retomar a Arnaldur Indridason desde que lin La mujer de verde. Agora volvín con La voz, a que penso que é a súa última novela publicada en España.
Gustoume, e moito, e non me defraudou. Aínda que sigo a pensar que a anterior obra citada é superior, unha obra mestra da novela negra. Pero teño que asegurar que este é un dos mellores nórdicos en canto a este xénero se refire. Cunha escritura case triste, case anónima, entramos de cheo nas profundidades desta nosa sociedade chea de actos violentos e deprimentes. Non falta a crítica social, algo que debe ser inherente á súa obra, para denunciar a pederastia e a pornografía infantil, así como un segundo caso da policía: o maltrato infantil. Arredor, droga e soidade para seguir andando entre a neve. Coma sempre, non hai un único argumento, posto que a vida agochada do inspector Erlendur é unha parte importante na obra. Hai que investigar, si, pero tamén cómpre vivir, enfrontarse aos pantasmas que nos habitan e facerlles fronte para poder mirar o futuro.
Hai que seguir vivindo.
Buscade este autor e seguídeo. É dos que paga a pena. E esquecede dunha vez a Larsson!
Hai que seguir vivindo.
Buscade este autor e seguídeo. É dos que paga a pena. E esquecede dunha vez a Larsson!
1 comentario:
O que hai que ler de Indridason é "Mýrin" que en castelán se traduce "Las marismas".
Publicar un comentario