Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/02/11

Lennox

En Roca poderedes atopar unha novela negra moi negra que gustará aos amantes deste xénero: Lennox de Craig Russell. O detective protagonista desta novela (e parece que iniciador dunha serie con el como protagonista) está construído de tal xeito que nos lembra á tradición máis norteamericana de novela negra: un home que recorre á violencia e ás armas continuamente, mesmo que traballa para a peor ralea da sociedade de Glasgow. A estas característica de "matón" engádense que é un ex-militar que soportou todos os horrores da Segunda Guerra Mundial, que é un home atractivo e relativamente novo e de orixe canadiana. O humor negro, o cinismo e o sarcasmo son as súas peculiares armas defensivas, lingüísticamente falando.
Protagonista esencial xunto co detective será a propia cidade de Glasgow: a brétema, a humidade, a tritura que a envolve após da guerra, a decadencia...
É o primeiro que leo de Craig Russell e recoñezo que quedo con ganas de ler máis deste autor. Creo que con esta novela tributa aos pais da novela negra norteamericana con bo resultado.
O xeito de comezar a novela é moi bo:

"estoy apoyado contra una pared en un almacén portuario vacío con un agujero en mi costado tratando de recordar diagramas de anatomía, mientras una mujer muerta despojada de su hermosa cara yace en el suelo junto a una gran bolsa de dinero. Esto ya bastaría para decir que estoy en un buen lío, pero también hay un hombre grande como un oso que mira a la chica, la bolsa y luego a mí. Y tiene una escopeta: la misma que le arrancó la cara a ella."


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.