Timo Schaedel dirixe esta currada e fermosa publicidade para Panasonic mesturando a última tecnoloxía coa natureza.
Vía
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Intenso e emotivo retrato familiar este de Delphine de Vigan en Nada se opone a la noche publicado por Anagrama. Unha historia de segredos, mentiras, loucuras fascinante e dolorosa que non sabemos se é plenamente real ou ficticia, aínda que iso sexa, ao final, o que menos nos importe a nós como lector@s. Segundo ela vai afirmando na novela, tira dos seus recordos máis dolorosos para escribir e descubrir todo aquilo que se topa detrás do suicidio da súa nai. E deste fío saen momentos duros, infelices, tremendos... que nos transmiten unha anguria que nos fará, nalgún momento, pechar os ollos para afastarnos da posibilidade das bágoas. Que inquedo pode ser o testemuño familiar na vida dunha persoa! Arrincando anacos dun, a historia vaise construíndo sobre o sufrimento que supón investigar o lado escuro da historia familiar.
Que sorte contar na nosa lingua con títulos tan emblemáticos e necesarios coma este! Se Kalandraka xa nos ofreceu non hai moito o marabilloso Artur e Clementina, agora agasállanos con este Rosa Caramelo imprescindible: un libro de Adela Turín (ilustrado por Nella Bosnia) dos anos 70 que segue a estar, desgrazadamente, en plena vixencia. Agora máis ca nunca volvemos ter unha educación machista e rosa, unha volta atrás a etapas que as mulleres criamos superadas. Non só a publicidade, senón a política, a sociedade actual, volve a tinguirnos de rosa, a desexarnos un só futuro: amas de casa e princesas. Por iso libros coma este son tan necesarios.
A nova Constitución de Somalia prohibe a mutilación xenital feminina. Constitúe o primeiro paso para erradicar esta práctica, pero seguen sendo necesarias medidas educativas, de toma de conciencia e previsións legais. A pesar da medida legal, moitos homes e mulleres opoñeranse por cuestións de cultura, relixión ou castidade. Os homes non queren casar con mulleres que non sufrisen esta aberración."No se les hace justicia a estos libros abandonándolos en un armario o en una caja"
"Un libro debe ser utilizado y reutilizado. Tiene vida propia, tiene un mensaje"
"Como cuidador de libros te conviertes en un hombre completo"
Foi un grande pracer descubrir que xa contamos con Jim Thompson na nosa lingua, novamente grazas á editorial Rinoceronte. Como sabedes, Thompson é un clásico da novela negra que debemos coñecer. O título que nos ocupa desta volta é POB. 1280 (en castelán topeino como 1280 almas en RBA),e volve ser unha lectura desoladora, dura, cun narrador protagonista que actúa segundo o seu propio criterio, enganángonos coa súa actitude parva e acomplexada. É un libro impactante, a pesar de estar acostumad@s a este tipo de novelas, que non deixa indiferente. Porque non todo é o que parece, o autor sabe enganar o lector coa súa posa sinxela, e case nos convence de que este antiheroe é unha pobre vítima da cruel e cínica sociedade do seu tempo. Ata que descubrimos con horror cal é a verdadeira natureza do suxeito.
Dolorosamente fermoso, sensiblemente emocionante. Como definir este marabilloso libro, Marcas de nacemento de Nancy Huston?
Porque esta lectura que me tivo atrapada
nas súas derradeiras cen páxinas, é un libro conmovedor que atinxe case
de crequenas ao holocausto nazi e que nos leva por catro xeracións
diferentes e unidas por un nexo común que entenderemos ao pechalo. Unha
viaxe cara ao pasado, pois as catros xeracións son contadas de diante
para atrás, catro nenos de 6 anos con vivencias totalmente diferentes
-que irán perdendo a candidez propia da infancia a medida que avanzamos
de xeración- que os marcarán de por vida, cunha trama complexa que
analiza ademais a sociedade destas catro épocas diferentes con algunha
guerra sempre presente (e Estados Unidos nela). O mérito está en que son
os nenos os que contan a súa historia, a súa maneira, a xeito de
diálogo, a xeito de reflexión, a xeito de soño, a xeito de
desesperación, a xeito de intolerancia, a xeito de tristura... é unha
novela triste, certamente, cuxa lectura non nos deixará indiferentes.
Menos mal que este libro de Branimir Scepanovic é curto. Porque se chega ser moi longo dáme un infarto. Non estou de broma, non, dígoo totalmente en serio. Que atmosfera máis opresiva, máis abafante!
Allá en la Patagonia de María Bruwisnig de Bamberg, recolle a historia de Ella Hoffman e a súa familia, 70 anos despois. Ella é a nai de María, unha familia alemá que marcha a vivir á Arxentina, onde a agarda o seu home, quen foi traballar tres anos antes. O libro non é unha novela, é unha recollida de cartas que Ella mandaba á súa nai periodicamente, contándolle todos os aconteceres familiares de case cada día. A historia dunha europea dos anos 20, de boa familia, que de súpeto ten que loitar nunha terra inhóspita facendo o que nunca fixera e loitando por sobrevivir.“La mujer es sumisa y obediente, se guía por sus emociones, se orienta al amor y al matrimonio, es la que cuida de la familia y de la casa y en muchas ocasiones se la presenta o en el rol de la mujer «malvada» o en el de la niña «inocente». Giroux (2001: 106-111) pone como ejemplos, películas como El Rey León, donde las leonas tienen un papel dependiente, sumiso y subordinado al control de los leones siendo incapaces de rebelarse cuando Scar toma el poder; Aladdin donde el papel de Jasmine se reduce a ser el objeto de deseo de Aladdin y su vida es definida por los hombres; o La sirenita, en esta película aunque parece mostrarse a la mujer en un papel más rebelde e independiente, esta rebeldía queda finalmente reducida a lograr el amor de un hombre, siendo capaz de dar su voz para conseguirlo ya que, tal y como le dice en la canción la «malvada» calamar, Úrsula, los hombres prefieren las mujeres calladas”.
“Un modelo de mujer con la incapacidad de superarse a sí misma y la necesidad de que haya una figura masculina de por medio que incentive y complete esta superación. (…) El hombre representa al héroe, quien cumple un papel salvador, ya que, en la mayoría de los casos, despiertan, reviven o salvan a la mujer que actúa como víctima. (…) Los films intentan sugerir que la realización de una mujer, llámese felicidad, está directamente relacionada con la formación de una familia tipo, donde la mujer se casa, tiene hijos, vive para estos y no para su realización personal”.