Curta realizada por Michaela Pavlátová en 1991. O caos, o humor, o amor, o malentendido e o desengano mestúranse nesta pequena historia sobre as palabras.
De cando en vez temos que viaxar ata México para aprender da boa publicidade que realizan as librarías Gandhi. Desta volta traemos o vídeo "Parque de letras":
Lin con crecente interese esta novela que nos propón a editorial Galaxia na súa colección "Costa Oeste"; trátase de Coma unha áncora de Iria Collazo López. Ben escrita, desenvolve unha dobre historia con moitos saltos no tempo e no espazo polo que procura un lector ou lectora atent@. Ben ambientada -o Mar omnipresente é o verdadeiro protagonista xa que é quen de artellar todos os pasos dos personaxes, de gobernar neles e no seu destino-, para o meu gusto estrágase nos dous últimos capítulos cun final digno do peor Hollywood. Unha mágoa, porque coido que o libro paga a pena, sobre todo pola historia que semella secundaria da señora cega pero que encerra un gran valor histórico; asemade ese Mar do que falamos dá pé a que as lendas que xorden na cabeza dos humanos teñan un sentido, posto que é o mar quen dita razóns fóra de espazo e tempo que dominan na terra. Será por iso que os humanos precisemos dunha áncora para non soltar amarras, para seguir sendo o que somos, vivindo a vida que podemos, ou aquela que nos deixan, como lle pasa a esa inmensidade de personaxe que supón a presenza da veciña cega na novela.
De todos os xeitos, cómpre tela presente, tendo en conta que non é de lectura doada para a rapazallada, xa que é necesario ser un lector ou lectora avezada para seguila. Así que é máis ca recomendable para o último curso da ESO ou mesmo para Bacharelato.
Unha das principais campañas de Greenpeace céntrase agora mesmo en concienciar a poboación sobre os perigos que sofre o Ártico, que se derrete polo cambio climático e faino a pasos axigantados: os últimos trinta anos perdemos tres cuartas partes do seu xeo. A principal ameaza: Shell.
Debo recoñecer que cando comecei a ler Interferencias de Manuel Seixas, publicado por Xerais, estiven a piques de deixalo en varios momentos. Non me atraía, e pensei que iamos estar unha vez máis ante a típica historia de amor. Pero errei. A historia dá un xiro necesario e sorprendente e atopámonos ante dúas individualidades ben diferentes e marcadas que nos subxugan e ao mesmo tempo provocan algo de temor. Coido que despois desta revelación todo sucede demasiado axiña, e os prolegómenos son demasiado lentos. Pero o libro ten un aquel que gusta e que enreda os miolos. A soidade, a dor, e un cruzamento que pode ser insospeitado. Existe a casualidade? Existe o destino? Existe unha segunda oportunidade? Non todas as preguntas achan a súa resposta neste libro, que deixa o futuro en mans do noso maxín ou en mans dese narrador omnisciente que nos lembra que ese futuro "xa sería outra historia". De momento, temos unha historia que vén predeterminada, porque a vida é así, xoga connosco. Por que non? Porque o alento e a esperanza tamén poden formar parte de nós. E os dous personaxes que acompañamos no seu devir cotián ben merecen sorrir e vivir plenamente... ou non? Son dous seres que deben ser castigados pola súa conduta? Poden cambiala? A importancia de como se senten estes personaxes é a chave deste novela curta que incide sobre todo neste aspecto. Porque o amor e a felicidade falan do ser humano, igual que a brétema producida pola enfermidade psicolóxica.
Con esta novela paseamos por ese proceso de tristura fonda, de escuridade do ser humano, ata topar un relampo de claridade que volve a escurecerse. Si. As preguntas aboian no ar. Vós contestádeas para vós. Que cadaquén se forme a súa opinión. Somos así de complexos!
Lady Gaga vén de lanzar este viodeclip sobre o abuso sexual nos campus universitarios, xunto cos creadores do documental The Hunting Ground, un filme que denunca esta tremenda realidade. A canción Til It Happens To You
(Hasta que te suceda a ti, Ata que che suceda a ti) quere chamar a atención das persoas e amosar o que se sente cando se sofre unha violación
Me dices que mejora,
que con el tiempo mejora. Me dices que me recompondré (pull together), cálmate, estarás bien. Dime, ¿qué demonios sabes tú? ¿Qué sabes? Dime, ¿cómo demonios podrías tú saberlo? ¿Cómo podrías saberlo?
Hasta que no te ocurre a ti
no sabes lo que se siente, lo que se siente.
Hasta que no te ocurra a ti,
no lo sabrás, no será real.
No, no será real,
no sabrás lo que se siente.
Me dices que mantenga la cabeza alta,
mantén la cabeza alta y sé fuerte,
porque cuando te caes, tienes que levantarte,
tienes que levantarte y seguir adelante.
Dime, ¿cómo demonios eres capaz de hablar (si no sabes)?
¿Cómo eres capaz de hablar?
Porque hasta que camines por donde yo camino,
esto no es una broma.
Hasta que no te ocurre a ti
no sabes lo que se siente, lo que se siente.
Hasta que no te ocurra a ti,
no lo sabrás, no será real.
No, no será real,
no sabrás lo que se siente.
Hasta que tu mundo arda y se estrelle,
hasta que estés al final,
estés al límite (end of your rope),
hasta que (no) te pongas en mis zapatos,
no quiero oír una palabra de ti, de ti...
Porque tú no sabes.
Hasta que no te ocurre a ti
no sabes lo que yo siento, lo que yo siento..
Hasta que no te ocurra a ti,
no lo sabrás, no será real.
No, no será real,
no sabrás lo que se siente.
Hasta que no te ocurre a ti, te ocurra a ti...
-¿Cómo podrías saberlo?-
Hasta que no te ocurre a ti,
no sabrás lo que yo siento.
Lady Gaga - Hasta que (no) te ocurre a ti.
A compañía de moda para homes "Dressmann" lanza esta publicidade amosando modelos reais, homes reais, todo para tentar acabar cos estereotipos que etiquetan o público masculino como musculosos e deportivos. Vía
Deito aquí o texto da presentación do libro Rastros con enrugas de Xoán Carlos Domínguez Alberte. Unha presentación que tivo lugar onte á noite na Libraría Vagalume de Lalín.
O primeiro que sorprende ao lector cando se achega por
primeira vez á obra de Xoán Carlos Domínguez Alberte é a reivindicación que
supuran todos os seus versos. Debo recoñecer, en primeiro lugar, que nada lera
deste poeta. É por iso que cando comecei a lectura dos seus versos lembrei
inmediatamente un libro que lin hai pouco chamado “En legítima defensa. Poetasen tiempo de crisis”. Porque a poesía de Xoán Carlos está inzada de chamamentos
a unha parte xorda da poboación: aquela que goberna. O seu compromiso social
destaca por riba de toda cuestión poética, e iso agradécese; agradécese a súa
ollada crítica sobre a dor que o tempo que estamos a vivir procura e agradécese
a denuncia que realiza, sinalando claramente os culpables de tanta dor.
Asemade, a súa conciencia social e política faino solidario e defensor do
público, atendendo especialmente á Educación –da que el forma parte como
profesor de ensino secundario- :
O GOBERNO MANTÉN CONVENIOS
COA EDUCACIÓN PÚBLICA
EN CINCO CENTROS PRIVADOS
CON CRUCIFIXOS
QUE CLASIFICAN POR SEXO
OS ALUMNOS E AS ALUMNAS.
(PÁXINA 29)
e á Saúde:
PUBLICITAN COMO REMEDIO
QUE A DÍA DE HOXE SE FAI
CADA VEZ MÁIS NECESARIO
EXTERNALIZAR SERVIZOS.
RESULTA MOITO MÁIS TERAPÉUTICO
CA ANUNCIAR A PRIVATIZACIÓN DE HOSPITAIS (PÁXINA 42)
O libro vai debruzando pouco a pouco e con ironía a realidade
que nos tocou vivir. Non marcha lonxe nin a outros tempos. O autor sabe ben que
desta volta a realidade supera á ficción e ten suficiente material para falar
del na súa poesía. Por iso comeza o libro cunha dedicatoria ben especial: “A
todas as vítimas da pobreza do capitalismo do capitalismo da pobreza”. Canda
esta temos que facer mención a outro detalle que, cando menos a min, resultoume
ben chamativo: a cantidade de citas e de fragmentos poéticos que salfiren o
texto, coma se dun acompañamento propio se tratase; voces que se unifican nun
clamor de denuncia social, de compromiso que, coma latexos, se incorporan ao
texto que nos ofrece o poeta.
A denuncia poética que estamos a ler fere, como fere a
realidade, e Xoán Carlos olla criticamente o día a día dunha sociedade que non
sabe enfrontar a violencia sutil á que é sometida, e pola que el sofre dende a
súa perspectiva poética. De aí que o seu mirar repouse en todos os espazos
posibles: hospitais, colexios... mesmo accidentes coma o do AVE (PÁXINA 41) e
achégase a un rural que desaparece ou a unha lingua que sofre baixo o estigma
da supremacía doutra.
Porque a Literatura social é necesaria, porque o tempo que
resistimos arestora cómpre enchelo de voces que falen de liberdade e igualdade,
palabras case ocas que se utilizan con descaro baleiradas do seu contido
primixenio, deturpándoas e ennegrecéndoas en boca de políticos e maltratadores.
Precísanse potentes amplificadores de voces denunciantes, de compromisos
literarios máis alá de egos e persoas, de voces xustas que auxilian torturados
polo silencio dunha verdade agochada unha e mil veces.
LEMOS ENTÓN OS “DEZ MANDAMENTOS DE DOUTRINA POPULAR PARA
TEMPOS DE CRISE”: PÁXINA 28
De todo isto infírese a necesidade de libros coma “Rastros
con enrugas”, libros que diseccionan a fouteza hipócrita daqueles que teñen
máis e oprimen ao máis débiles, heroes anónimos estes que tentan sobrevivir
nunha maraña de dificultades, nun riso perpetuo dos poderosos que oprimen dende
as súas cadeiras os silencios, os prantos, os anceios dunha vida mellor que non
chega.
Aínda que deberiamos ter comezados, quizais, pola portada, ou
polo título, e agora o deixemos para o final, veremos como a esta, deseñada por
Baldo Ramos –ao igual que as ilustracións esparexidas polo libro- ocúpaa unha
rosa vermella e arame, símbolos indiscutibles de sufrimento e opresión,
indicadores totais do que nos imos atopar ao abrir o libro. O título “Rastros con enrugas” , amosa o paso
do tempo, a experiencia, as fendas que este vai deixando na face individual das
persoas, máis fondas canto máis sufrimento. Resulta que
Greenpeace criticaba hai catro anos que a compañía de automóbiles non cumpría a normativa oficial, e fixérono parodiando o anuncio do neno disfrazado de Darth Vader. Agora dámoslle a razón.
Hoxe presentamos en Lalín Rastros con enrugas, aínda non sei por que o seu autor Xoán Carlos Domínguez Alberte me elixiu a min para estar con el. Pero así será. O libro está publicado por Edicións Corsárias.
Un libro que sorprende pola reivindicación que
supuran todos os seus versos. Porque a poesía de Xoán Carlos está inzada de chamamentos a unha parte xorda da
poboación: aquela que goberna. O seu compromiso social destaca por riba de toda
cuestión poética, e iso agradécese; agradécese a súa ollada crítica sobre a dor
que o tempo que estamos a vivir procura e agradécese a denuncia que realiza,
sinalando claramente os culpables de tanta dor. Asemade, a súa conciencia
social e política faino solidario e defensor do público, atendendo
especialmente á Educación –da que el forma parte como profesor de ensino
secundario- e á Saúde.
O libro vai debruzando pouco a pouco e con ironía a realidade
que nos tocou vivir. Non marcha lonxe nin a outros tempos. O autor sabe ben que
desta volta a realidade supera á ficción e ten suficiente material para falar
del na súa poesía. Por iso comeza o libro cunha dedicatoria ben especial: “A
todas as vítimas da pobreza do capitalismo do capitalismo da pobreza”. Canda
esta temos que facer mención a outro detalle que, cando menos a min, resultoume
ben chamativo: a cantidade de citas e de fragmentos poéticos que salfiren o
texto, coma se dun acompañamento propio se tratase; voces que se unifican nun
clamor de denuncia social, de compromiso que, coma latexos, se incorporan ao
texto que nos ofrece o poeta.
A denuncia poética que estamos a ler fere, como fere a
realidade, e Xoán Carlos olla criticamente o día a día dunha sociedade que non
sabe enfrontar a violencia sutil á que é sometida, e pola que el sofre dende a
súa perspectiva poética. De aí que o seu mirar repouse en todos os espazos
posibles: hospitais, colexios, accidentes… o rural que desaparece o a lingua
que sofre baixo o estigma da supremacía doutra.
Moit@s de vós xa sabedes que De catro a catro é un dos meus libros preferidos. Pois agora teño nas mans unha marabillosa edición realizada por El Patito Editorial a cargo de Luís Rei Núñez que conta coas ilustracións de Pablo Otero nun magnífico traballo. Nada novo teño que dicir dun libro sobradamente coñecido, agora en edición bilingüe, que supuxo que as nosas letras estivesen no mundo das vangardas de principios do século XX. Destacar o labor editorial, con este magnífico volume, e as ilustracións de Pablo Otero, en perfecta harmonía co texto, cadros que por si sós conforman unha exposición que fala de mar e ondas, de tempo que voa, de quietude, de reflexos enmascarados e de nós que abrollan tras os marcos.
Tema que Macaco cedeu para unha campaña solidaria do Hospital Sant
Joan de Déu, integrado en na Rede Pública de Hospitais Cataláns, para
conseguir financiación para a investigación do cancro infantil.
A maxia poética de Mar Benegas volve ser fructífera neste novo álbum poética que publica xunto coas ilustracións de Ximo Abadíana editorial Tres Tristes Tigres. Estamos ante un dobre libro ben singular. Primeiro, leremos e gozaremos coa historia en verso de Don Nicanor, un home bo que comezou a andar polo mundo e topou animais en perigo, animais que sufrían por seren diferentes e decidiu adoptalos. Pero tanto altruísmo ten un custo e como solución abriron un Circo; nel non hai máis que amosar as habilidades de cadaquén: como fai Mar Benegas coa súa arte poética.
En segundo lugar, o libro nos sorprende presentando unha adaptación teatral das aventuras que vimos de ler en verso. Unha adaptación que servirá para levar ao cole posto que contén descrición de como se debe levar a cabo.
Necesitamos heroes así, de carne e óso, persoas que loitan polos Dereitos Humanos, que fan ca súa superioridade humanidade, que colaboran coas ONG, que son PERSOAS. Lonxe deses futbolistas sen cultura que presumen de non ter lido un libro nas súas vidas. Pau Gasol le. E así o afirma rotundamente.
Que Pau Gasol lea, estamos segur@s, é unha das mellores campañas de fomento da lectura que poidamos iniciar. Agora mesmo, despois do seu último triunfo coa selección española de baloncesto (ante Francia semellaba que o equipo era el só), que declare que ten tempo para ler e que goza facéndoo, é unha marabillosa iniciativa que non podemos deixar escapar.
El héroe lee. Entre los duros entrenamientos que le preparan para los partidos que forjan su leyenda, Pau Gasol abre un libro e invita a sus seguidores en las redes sociales (4,4 millones en Facebook y 3,2 millones en Twitter) a descubrir su lectura. Pau
lee y sus tuits hacen más por la lectura que cualquier campaña pública y
muchísimo más, claro, que cualquier televisión privada, cuyo retrato
del mundo es el de un planeta sin lectores. Los libros aburren, no dan
audiencia. Pero, escuchen señores: ¡el héroe lee!
Este Agassi destruido tiene solo un año
más que Pau. Lejos del destino del tenista, Gasol ha convertido su
veteranía en su plenitud. “No pienso en mi edad. Tengo ilusión, ambición y deseo de ganar”,
declaró tras un partidazo que le ha consagrado como el mejor jugador
europeo. Su liderazgo, su fe en la victoria, le han permitido llevar al
éxito a la selección, a pesar de ausencias destacadas y
presencias tocadas. “La clave era creer en la victoria sabiendo que cuando íbamos 11 abajo quedaba mucho tiempo”, declaró Pau nada más terminar el partido
¿Le han ayudado sus lecturas a llevar a
la victoria al equipo? Solo Gasol puede responder. Porque, aunque de vez
en cuando se cuela alguna novela – ‘Elimpostor’, de Cercas; ‘Victus’, de Sánchez Piñol; la saga completa de ‘Canción de Hielo y Fuego’, de Martin… -, en
la lista de lecturas de Gasol destacan los libros destinados a
fortalecer el liderazgo y encontrar la motivación para lograr el éxito,
textos en inglés de título corto y subtítulo necesario, destinados a
alimentar la ambición de quien lo ha ganado todo en la cancha. Aquí van
algunos:
“Hemos venido aquí a ganar el oro”,
dijo Gasol nada más terminar de machacar a Francia en su propia casa,
marcar 40 puntos rodeado de 27.000 seguidores franceses y regalarlos uno
de los momentos más felices de esta década. Es imposible separar este
éxito del mayor fracaso que Gasol ha vivido, la única vez que nos
decepcionó el mejor equipo que hemos tenido. Imagino una cola interminable de Pulitzers y premiados diversos aspirando a ser el Moehringer de nuestro héroe,
deseosos de escribir uno de los capítulos más interesantes de sus
memorias: cómo convirtió la derrota inesperada en la victoria más
merecida.
Esta é unha lista de cen metros cos nomes das 17306 persoas afogadas no #Mediterráneo tentando emigrar. Esta "saba" está no chan para que os deputados europeos teñan a obriga de camiñar sobre ela para entrar no parlamento.
Quizais se dean conta. Ou quizais pensen que tan só é unha nova alfombra... decorativa.
Barbara Fiore publica en gran formato este divertido álbum de Oren Lavie con ilustracións de Wolf Erlbruch: El oso que no estaba é ante todo unha viaxe na procura dun mesmo, tratado con humor e tenrura. Quizais buscarse a si mesmo é difícil, saber quen é un e que pode facer, ata onde pode chegar, o carácter real que temos... quizais haxa que atopar outras perspectivas que nos axuden a nos definir. Así, esas outras opinións poden ser da gran valor, como o serán neste álbum eses pintorescos personaxes que nos presentan con nomes inesquecibles: "a Vaca Valerosa, a Lagartija Lánguida, o
Pingüino Pintoresco e a Tortuga Taxi". Así pois, estamos ante un álbum de lectura intelixente que nos provoca ao mesmo tempo tenrura, humor, ironía e un petisco de filosofía, adubiados todos eles coas ilustracións sempre perfectas de Erlbruch, ben coñecido.
Unha revista publicou dúas páxinas case pegadas. Quen desexase ler o que estaba escrito, debía "forzar" as páxinas para abrilas. Ao facelo, constaba esta imaxe coa frase: "Se vostede precisa forzar, xa é violación". #arrepiei
Na procura de lecturas para o meu alumnado chego a este libro de María López Sández publicado pola editorial Galaxia: O faro escuro. Unha novela de doada lectura e escrita sinxela, de capítulos moi curtos, que quere achegarse á novela negra, creo, aínda que tamén á psicolóxica. Non hai moita acción nin intriga, pois desde a metade da novela, senón antes, xa sabemos que ocorre e case podemos intuír un final, que chía un pouco, nada atraente e sen forza. Pode atraer, si, que o peso da novela resida en dúas figuras femininas, fortes, diferentes de seu, que parten dunha decisión. Será precisamente a decisión da protagonista xornalista a que desenvolva todo o argumento, sen ser xulgada máis que polos lectores e lectoras; unha decisión en momento extremo que marcará a súa vida. Poderemos fabular en cal sería a nosa decisión de estarmos no seu lugar, pero o resto da novela non ten unha gran singularidade. Coido que falta unha profundidade maior tanto nas personaxes como na acción.
Traio dende Carta Xeométrica estes vídeos e as sabias palabras do amigo Cibrán:
Longametraxe
de de José Irrisarri que obtivo nesta categoría o primeiro premio do
Ciclo Internacional de Cine Submariño de San Sebastián no ano 2011. Marcados para sobrevivir é a segunda entrega da serie “O Mar da Fin do
Mundo”. Imitando á primeira, foi galardoada como a mellor longametraxe
no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián.
A longametraxe presenta impactantes imaxes submarinas das rías galegas
no que se ofrecen mostras da sobreexplotación no noso litoral. Pero
tamén de nos ofrece o labor científico que traballan para establer sobre
bases sólidas unhas normas de explotación racionais que permitan salvar
as especies ameazadas.
Ameazada tamén está a nosa lingua, e un non pode deixar de ver este
documental sen facer o paralelismo entre o abuso irracional que destrúe a
biodiversidade e a tamén irracional teima tanatolingüística dunha civilizaciónque mata anualmente 25 linguas.
Sorprendente proposta poética e visual este libro que foi Premio Hispanoamericao de Poesía para rapaces no ano 2006 e que publica Fondo de Cultura Económica. Las aventuras de Max y su ojo submarino é de Luigi Amara e conta coas ilustracións de Jonathan Farr. Unha historia en verso e riamada onde a ironía e o maxín, xunto co humor, son os absolutos protagonistas. Realmente é unha ventá abraiante que nos descobre novos mundos en branco e negro, para soñar pola noite para fundirse nunha aperta constante de fantasía e soño.
Na primeira parte do libro, o protagonista perde o seu ollo e intúe que poderá seguir mirando dende el un mundo ao que el, fisicamente, non dá chegado. Na segunda parte describe personaxes familiartes recreando unha fauna extrafalaria que nos pode levar ata as gargalladas. Na terceira parte son animais os protagonistas, dándolle forza poética ás imaxes en lugar de á rima.
A Max le dolían los ojos de tanto smog y aire insano se tallaba las pupilas como quien busca un gusano.
Por error su dedo extrajo de golpe el ojo derecho, no le dolió ni hubo sangre peró gritó: “ ¡ Oh, que he hecho! “
El ojo rodó en el suelo como una canica extraña y fue a parar a la esquina donde espantó a una araña. (…)
O recoñecido autor xaponés Satoshi Kitamura ofrécenos un álbum ilustrado con algo máis de texto do que é costume nas súas obras a través de Océano Travesía: El maravilloso sombrero de María reparte o peso entre ilustracións e texto para procurar un canto á liberdade do maxín. Porque este é o verdadeiro protagonista, que se serve de María para pasear polo libro ofrecéndonos un portento de cor: formas que se adaptan a calquera momento sen importar o tamaño nin a silueta. Cada persoa ten a súa propia imaxinación e todas elas son igual de importantes, porque serán un xeito de reflectir o desexo e a personalidade propia, aquela que sente curiosidade ou inquedanza por múltiples temas diferentes.
Gustoume a proposta que Andrea Maceiras -con acaídas ilustracións de Víctor Rivas- fainos chegar a través da editorial Xerais: Volverás, golfiño é unha lectura acaída para o noso primeiro ciclo da ESO -ou o derradeiro ciclo de primaria- pola proposta diferente que supón a bifurcación entre realismo e maxia, a existencia de dous mundos compartidos que se amosa como algo natural; paseamos así entre unha mestura de realidade e fantasía que semella non teren límites, adubiadas ambas pola historia da Costa da Morte e os seus continuos naufraxios, facendo fincapé no afundimento do Prestige, algo que axuda a manter na memoria un dos peores sucesos do noso país e que a rapazallada non coñece. Estas historias son tan importantes no propio argumento que podemos falar de protagonista colectivo, en lugar de selo a propia nena que nos vai lenvando por elas. Unha nena que é afouta e sabe converterse nunha moza libre para enfrontarse a calquera pantasma sen dubidalo, aínda antes de saber se esta pode ser perigosa. E iso tamén é importante, a voz dunha moza que sabe loitar polo seu propio mundo e que nos abre as portas da fermosa Costa da Morte e que nos lembra as almas dos afogados que alí penan.
Curta animada que explica a diferenza entre a empatía e a compaixón.
Non sempre somos quen de conectar coas emocións doutras persoas cando nos comunican as súas emocións, especialmente as negativas. Se amosamos compaixón as persoas afástanse porque senten que non as comprenden, porén, a empatía fai conectar as persoas. Séntense escoitadas e comprendidas.
Real como a vida mesma. Si, tan
real que é demoledor. O cancro, unha enfermidade terminal, e como
enfrontarse a el. Non só por parte do enfermo, senón que a autora demora
en contarnos como a vive a xente que rodea a un enfermo terminal. A
ira, o cansazo, a impotencia, o desarraigo, a amizade, o amor... Helen Garner transmite en O cuarto de invitados
, libro que vén de publicar a editorial Rinoceronte, a soidade, a profundidade da desolación que o ser humano sente ante a
morte, a crenza irracional de calquera milagre custe o que custe, a
tensión que a enfermidade terminal pode provocar na amizade, na familia,
en calquera persoa. A negación da realidade por unha parte, e a forte
sacudida da ira pola outra son, quizais, os elementos máis
sobresalientes desta tremenda novela, comprometida por si soa coa
realidade e a verdade máis furibunda. Non sei se a Amizade está por
riba de todo. Lida esta obra semella que si. Que por riba de pequenas
frustracións, malentendidos, enfados e desenganos están o humor e a
entrega, envolvendo todo nun nobelo que fala tan só dunha palabra:
aprecio, e a devoción que este conleva. Inmensamente recomendábel. Inmensamente tenra. Inmensamente real. Inmensa.
Kókinos publica Edmundo de Ingrid Chabbert e Guridi, un fermoso e alongado álbum sobre o amor maternal e paternal que ten como protagonista un ser do que non coñecemos a súa aparencia física, porque a el gustaríalle ser invisible, mimetizándose coas cores que o rodena. Pero o amor fará que esqueza ata a súa propia soidade, porque coidará dun ovo ata que o ser que naza del sexa tan forte como para voar e atopar a súa nai. Pero o sentimento de adopción paternal é moi forte, e o paxariño adoptado por el recoñecerao como o seu protector. Tanto texto como ilustración fúndense nunha paleta de cores para amosarnos un personaxe inesquecible e tan expresivo que non necesita nin boca nin nariz, só ollos.
Edmundo,
era tímido, no le gustaba ser visto, procuraba esconderse y pasar
desapercibido. Un día encuentra un huevo y decide cuidarlo y protegerlo.
Pasado el tiempo nació un pajarito y se sintió muy feliz. Un día el
pajarito vuela al ver a su mamá y Edmundo se queda triste. Pasará el
tiempo y ocurrirá algo que hará que nuestro protagonista recupere su
felicidad. Un álbum bien elaborado donde texto e ilustración se
complementan para hablar de lo sentimientos que provoca la adopción y la
paternidad. - See more at:
http://www.canallector.com/22803/Edmundo#sthash.t20o3i8n.dpuf
Edmundo,
era tímido, no le gustaba ser visto, procuraba esconderse y pasar
desapercibido. Un día encuentra un huevo y decide cuidarlo y protegerlo.
Pasado el tiempo nació un pajarito y se sintió muy feliz. Un día el
pajarito vuela al ver a su mamá y Edmundo se queda triste. Pasará el
tiempo y ocurrirá algo que hará que nuestro protagonista recupere su
felicidad. Un álbum bien elaborado donde texto e ilustración se
complementan para hablar de lo sentimientos que provoca la adopción y la
paternidad. - See more at:
http://www.canallector.com/22803/Edmundo#sthash.t20o3i8n.dpuf
Edmundo,
era tímido, no le gustaba ser visto, procuraba esconderse y pasar
desapercibido. Un día encuentra un huevo y decide cuidarlo y protegerlo.
Pasado el tiempo nació un pajarito y se sintió muy feliz. Un día el
pajarito vuela al ver a su mamá y Edmundo se queda triste. Pasará el
tiempo y ocurrirá algo que hará que nuestro protagonista recupere su
felicidad. Un álbum bien elaborado donde texto e ilustración se
complementan para hablar de lo sentimientos que provoca la adopción y la
paternidad. - See more at:
http://www.canallector.com/22803/Edmundo#sthash.t20o3i8n.dpuf
Aeditorial Siruela publica no seu selo Alevosía este libro de Marie Hermanson que alguén calificou, sorprendentemente, de novela negra: Una extraña en la playa chama a atención sobre todo polo ambiente ornírico que nos presenta e a súa prosa poética, un libro que engancha pero que non encanta, o típico libro do que dis "está ben", sen máis. Non acaba de emocionar a pesar da prosa que utiliza e dos dous puntos de vista que ofrece -cun desenlace para un deses puntos de vista sorprendente e ben agradable para o lector-. A lectura, é certo, resulta envolvente e desexamos proseguila -a pesar de que nun principio tiven a tentación de abandonala- porque queremos saber que ocorre sobre todo con ese personaxe misterioso e enfermo que nos fala dende algunhas das súas páxinas.
Lin por aí que é unha "novela inquietante"; a min non mo pareceu. Hai unha certa carga de suspense porque a trama comeza co achádego dun cadáver, pero este tampouco resulta ser o noso centro de atención; queremos saber que pasou con el (e saberémolo), pero non é o eixo da novela. Non crea unha intriga que estaría presente se realmente fose unha novela negra. Pero este achádego serve como punto de partida para que unha das protagonistas rememore o seu pasado e que nos vaia poñendo ao día do seu presente e do seu pasado. E neste repousa o peso da novela, unha novela de lembranzas, de soños e pesadelos, do paso do tempo que é, as veces, mentireiro. Este paso do tempo inexorable que fai cambiar as persoas e tamén os recordos convértese, asemade, nun protagonista oculto. Canto cambia o xeito de ver as cousas segundo a idade que se teña!