E, claramente, afástome de Gaturro, eu prefiro pasar ao novo ano:

Imos prohibir a tristura por un instante:
Feliz, moi feliz ano.
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Co suxestivo título Unha puta percorre Europa iniciouse Alberto Lema (Vimianzo, 1975) na narrativa galega. E pola súa frescura, que non banalidade, espero que continúe nela. A obra aborda o tema da prostitución dun xeito directo, sen hipocrisías e tamén sen maniqueísmos nin esquemas simplistas. Con situacións e personaxes diversos dános que pensar, se queremos, claro, porque o que predomina é a acción, a reflexión vai pola nosa conta. O meu padriño leva anos dicindo unha frase que penso que lle acae á perfección a esta novela-policial-política-feminista: “as cousas sonche dunha chea de maneiras”. Pois si. E, ademais, está o final: desconcerta e obriga á relectura do comezo. En definitiva, unha novela que dá que falar desde a primeira á última páxina.
Grazas novamente, Rosa

libro non me encantou. O autor fala de que "la soledad acarrea un par de cosas divididas en dos grupos: en los días malos te sientes muy solo o muy sola, en los días buenos te sienten muy libre. La libertad va asociada de manera intrínsica con la soledad". De soidades fala El blog del inquisidor, de tormentos, aparencias, xogos e manipulacións, de tristuras e de vidas.







.- Bali Rai: Un casoiro ben mal amañado. Sotelo Blanco : 41 votos
.- Breogán Riveiro: Tonecho de Rebordechao . Galaxia : 20 votos
.- Xosé Miranda: O meigo de Salamanca. Xerais : 16 votos
.- John Boye: O neno do pixama a raias. Faktoría K : 15 votos
.- Fina Casalderrey: A Lagoa das nenas mudas. Xerais : 11 votos
.- J. K. Rowling: Harry Potter e a pedra filosofal. Galaxia : 11 votos
.- Fina Casalderrey: Ás de mosca para Anxo. Xerais : 7 votos
.- Roald Dhal: Charlie e a fábrica de chocolate. Cumio : 5 votos
.- Eduardo Blanco Amor: A esmorga. Galaxia : 4 votos
.- Sempé e R. Goscinny: O Nicolasiño. Alfaguara : 4 votos
.- Fina Casalderrey: Prohibido casar, papá!. Galaxia : 4 votos
.- Paul Jennings: Vaiche boa!. Galaxia : 4 votos
.- Xabier P. Docampo: O misterio das badaladas. Vía Láctea : 4 votos
.- J. K. Rowling: Harry Potter e a cámara dos segredos. Galaxia : 4 votos
.- Xabier A. Barreiro Liz: A pantasma telefónica. Baía : 3 votos
.- Agustín Fernández Paz: Cartas de inverno. Xerais : 3 votos
.- María Vassart: E agora que?. Edebé : 2 votos
.- Gonzalo Moure: Palabras de Caramelo. Anaya : 2 votos
.- María Reimóndez: Usha. Xerais : 2 votos
.- J. K. Rowling: Harry Potter e o cáliz de fogo. Galaxia : 2 votos
Hai moitos libros mencionados cun só voto, por exemplo:
Blankets
Manolito gafotas
Reto 2.- Neste exercicio, na escritura da data, o día e o mes están escritos sempre con dúas cifras, podendo a primeira ser cero eventualmente. Sendo o 25/06/1987 unha data que chamaremos fascinante pois ela ten todas as súas cifras diferentes. Cal é a seguinte data “fascinante”?
Reto 3.- As letras da seguinte igualdade representan as cifras dun número que multiplicado por catro é igual a outro formado polas mesmas cifras en orde inversa á inicial. Cal é ese número?
ABCDE x 4 = EDCBA
Solucións ao reto anterior
Reto 1.- Ten hipo
Reto 2.- Eran Adán e Eva
Reto 3.- Na última

o, creou en 1974 un desafortunado detective privado francés. Con el, reflicte a actualidade máis polémica.
francesa o fío condutor da historia, sempre retratada esperpenticamente. O protagonista detective segue a resolver casos por pura casualidade, xa que el é un desastre na súa profesión, o que nos leva ao sorriso constante, cuns trazos claros e un guión importantísimo. A ironía e a sagacidade para retratar a nosa sociedade actual é do máis suxestivo.Vía Todas
ipp pasan a engrosar os meus autores preferidos deste xénero.
ere ou agarda.
Nas páxinas dos tres tomos contemplamos tanto personaxes coma o seu contorno, todo isto cun coloreado e uns debuxos totalmente evocadores e -creo eu- sensibles. Porque o que máis me chama a atención destes cómics é precisamente isto: o xeito en que o debuxo e a historia son tratadas, cunha sensibilidade tan especial que os autores conseguen facilmente que o lector sinta o frío do inverno e a paixón iniciada dunha viúva que quere seguir a vivir. Mesmo somos quen de pasear tranquilamente por aqueles bosques inhóspitos.