Vía Recogedor
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
31/07/12
Longa noite de pedra
Contar con colaboradoras así é un luxo. Volve Carme a dar no cravo. Graciñas.
Reler os clásicos de cando en vez convértese
sempre nunha práctica magnífica que permite decatarnos da súa intemporalidade,
de como seguen vixentes e, ás veces, incluso poden reinterpretarse tocando teclas máis actuais.
É o que acontece coa versión bilingüe (galego-castelán) de Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, publicada no 2011
por Auga Editora. A tradución e introdución asínaas Ramón Nicolás, a
cronografía final corre a cargo de X. A. Perozo e as ilustracións que acompañan
algúns dos poemas pertencen a María Lires.
Todos sabemos o significado desta obra no momento
da súa escrita (a denuncia da barbarie que supuxo o rexime autoritario
franquista e as consecuencias sociais e políticas deste), mais léndoo de novo,
vemos a posibilidade de empregar outras claves. Fagamos a proba. Vaiamos á
páxina 22 e releamos en Tempo de chorar os seguintes versos:
“Hei de chorar sin bágoas duro
pranto,/polas pombas de luz aferrolladas,/ polo esprito vencido baixo a
noite/da libertá prostituída”. As pombas
daquela teñen hoxe distintos nomes (xente en paro, mineiros, inmigrantes…) e
todas as tropelías duns cantos contéstanse na rúa coa “salvaxe voz que ha de trocarse en ira,/en coitelo de berros i alboradas/para subir ao cumio dos
aldraxes”. ¿Segue de actualidade ou non?.
O mesmo exercicio podería aplicarse a composicións
como O
edificio (“I enriba, nas
outuras,/deitada sobre arelas i esperanzas,/a Cariátide xorda presidindo”) Libremente(
“Nós queriamos libremente/comer o pan de cada día”), Monólogo do vello traballador (“ O patrón está rico á miña
conta,/eu, á súa, estou vello”), e
tantos outros.
Unha pequena obxección: saben a pouco os debuxos
de María Lires, tan aquelados e suxerentes.
Dicía Sandor Marai: “ Le coma se fose unha cuestión de vida ou morte, porque a lectura é o
mellor regalo do ser humano. Ten en conta que de todos os seres vivos, o ser
humano é o único que le”. Beizóns a Inés, Irene e Loaira.
Non
Si dixese que sí,
que todo está moi ben,
que o mundo está moi bon,
que cada quén é quén…
Conformidá.
Ademiración.
Calar, calar, calar,
e moita precaución.
Si dixese que acaso
as cousas son esí,
porque sí,
veleí,
e non lle demos voltas.
(Si aquil está enriba
i aquil outro debaixo
é por culpa da vida.
Si algunhos van de porta en porta
cun saco de cinza ás costas
é porque son unhos docas.)
Si dixera que sí…
Entón sería o intre
de falar seriamente
da batalla de froles
nas festas do patrón.
Pero non.
30/07/12
El Nakam!!
Violencia e vinganza como proxecto de final de curso de Yonatan Popper para a Shenkar School of Arts.
Un ángel travieso
Debo confesar que só collín este libro porque as ilustracións son de Noemí Villamuza. Logo a lectura non me gustou tanto: o texto é de Ignacio Sanz e está publicado por Narval. Un ángel travieso non é un álbum ilustrado porque conta cun texto de considerable extensión que nos propón unha situación divertida e amable: un anxiño pétreo que canso de facer de diana das bólas de neve dun neno decide marchar, provocando a conseguinte consternación da vila e a súa posterior procura.
Coma sempre, as ilustracións son marabillosas, de cor pastel e delicadamente expresivas.
Coma sempre, as ilustracións son marabillosas, de cor pastel e delicadamente expresivas.
Sanidade Pública
A campaña "YO SÍ sanidad universal" chama á desobediencia civil fronte á reforma sanitaria que supón a exclusión de miles de persoas do dereito a recibir atención sanitaria e o pago de medicamentos e de certas prestacións sanitarias.
Vía
29/07/12
Yo confieso
A pesar de que mo deixaron hai meses, tíñao "aparcado" por mor do seu grosor: preto das 900 páxinas tiraban para atrás (xa me parezo ao meu alumnado). Pero, finalmente, devoreino en pouco tempo. Jaume Cabré realiza en Yo confieso -publicado por Destino- unha filigrana literaria de mestura de tempos, accións, sentimentos e amor á cultura, todo isto nun mesmo parágrafo ou na mesma liña.
Se o personaxe central é Adrià, ao seu carón hai un centor de personaxes que xiran arredor da orixe dun violín moi especial, o storioni: o madereiro que sabe elixir a madeira que canta, o construtor que lle dá nome, as persoas polas que o obteñen... cidades diferentes, co nazismo de fondo, van completando a novela, unha lectura que precisa unha boa dose de concentración e que facilita unha gran dose de pracer literario.
E que hai no fondo?: a procura do mal. Poderemos entender toda a maldade das guerras, do nazismo na súa crueldade máis suprema, da guerra civil e posterior ditadura, da insaciabilidade do ser humano por posuír canto máis mellor? Pois nesta procura leremos da man de Cabré unha parte da historia europea da humanidade.
Veredes que na novela hai de todo, ademais dun traballo de documentación excepcional: humor, paixón, amor, cultura, historia, lingua... Pero se ata temos versos de Rosalía de Castro nas súas páxinas!!!
Non perdades a oportunidade de lelo. Se estades de vacacións, é o momento ideal. Coido que non vos defraudará!
28/07/12
Non hai escapatoria
Non hai escapatoria e outros contos marabillosos é un libro de relatos de Tim Bowley ilustrado por Óscar Villlán que publica Kalandraka. O libro consta de dez relatos de variados matices e temas, unha boa lectura para fuxir da realidade porque o que si teñen en común é que foxen da realidade, sobre todo agora que todo é tan negro. A verdade é que este autor ten a maxia da narración, así que tedes a garantía de que vos vai gustar.
Sempre hai un lugar para a poesía (XCIX)
Un sábado máis seguimos coa poesía proposta e traducida por Chus Pato. Hoxe traemos ao finlandés Olli Heikkonen.
Non digas o meu nome en van,
porque virei cando me chames. Veño a través do bosque,
os meus cornos cofeando musgo e cortiza
a miña respiración incorpórase ao canto da paxarada, para expandir o aire
follas molladas e agullas cariadas.
Osmo resina, osmo os froitos da sorbeira, osmo o desexo dos humanos.
Por que me necesitades? os meus cornos son óso
e só traen dor. Por que
abrides camiños, por que pavimentades o bosque?
Os meus pezuños perforan o asfalto.
Non me chames
non irei á sombra das túas maceiras. Non veñas ti
ao escuro do meu bosque. Non veñas
As raíces tomaranche os pes
os espiños esgazaranche a pel.
porque virei cando me chames. Veño a través do bosque,
os meus cornos cofeando musgo e cortiza
a miña respiración incorpórase ao canto da paxarada, para expandir o aire
follas molladas e agullas cariadas.
Osmo resina, osmo os froitos da sorbeira, osmo o desexo dos humanos.
Por que me necesitades? os meus cornos son óso
e só traen dor. Por que
abrides camiños, por que pavimentades o bosque?
Os meus pezuños perforan o asfalto.
Non me chames
non irei á sombra das túas maceiras. Non veñas ti
ao escuro do meu bosque. Non veñas
As raíces tomaranche os pes
os espiños esgazaranche a pel.
27/07/12
Peces sin pecera
Da mesma editorial ideazapato temos este poemario, Peces sin pecera de José Manuel Mateo e Andrés Mario Ramírez Cuevas. Poemas que no fondo son como un artigo xornalístico que nos conta o que lle aconteceu a Renato antes de rematar no cárcere, un poemario diferente que é case unha fábula aínda que non teñan moralexa... ou si.
Víctor Hugo, debuxante
Victor Hugo, retratado por Etienne Carjat
Víctor
Hugo é coñecido como poeta, novelista, dramaturgo, crítico ou político. Porén existe outra faceta súa igual de
intensa e interesante, o Victor Hugo pintor que realizará a partir de
1830 máis de 3500 debuxos para o seu goce persoal. Non obstante, na súa modestia Victor Hugo nunca se chegou a considerar un artista.
1837, Antigo burgo na tormenta
1840, Tour des Rats
1845, Estanque da madeira de Bellevue
1849-1851, Vista de París
1850, Estrada
Observando
as súas obras podemos advertir que estaban moi por diante do seu tempo,
con anticipacións do que será a abstracción. A pesar do pouco
coñecemento que se ten destas obras por parte do gran
público, si foron valoradas por grandes pintores do século XX como
Salvador Dalí, e por especialistas en arte. O pintor André Masson chegaría a afirmar que a obra de Víctor Hugo inspiraría a Dubuffet.
1850, Brétema matinal sobre o Rin
1850, Paisaxe con tres árbores
1850, Camiño de ronda dun castelo derruído
1855, Crepúsculo
1857, Xustiza
Planeta ollo
1866, Casas antigas de Renania
Na súa obra, Victor Hugo, utiliza técnicas, ferramentas e medios
inusuais, mesturando nos seus debuxos os lapis, gouache, carbón de debuxo,
tinta, sepia, feluxe. A maioría dos ddebuxos non tiñan título, sendo
meramente descritivos.
Burgo e Ángel
1871, Vianden
1866, O faro de Casquets
1871, Vianden a través dunha tea de araña
+ Información :
http://expositions.bnf.fr/hugo/expo.htm
Vía
26/07/12
En este cuento
Pequerrecho álbum de José Manuel Mateo e Andrés Mario Ramírez Cuevas publicado por ideazapato, editorial mexicana distribuída por Kalandraka. Un libro de animais, que, coma os humanos, non están satisfeitos co que teñen nin como son, por iso é difícil ser feliz, porque sempre se anceia máis e nunca nada chega.
Un conto a varias voces
Fernando del Paso: "Cada libro es un viaje y en cada viaje encontramos un tesoro (...) el viaje como imagen de la vida, y el viaje como aventura de la imaginación, han sido dos constantes de nuestro pensamiento. La vida es un viaje de la luz a la oscuridad y, al mismo tiempo, de la oscuridad a la luz. La vida es, siempre, el viaje del héroe de las mil caras. Del millón de caras. Y cada día viajamos de la mañana a la noche. De noche, viajamos en nuestros sueños. De día, viajamos por los sueños que tenemos con los ojos abiertos (...) Viajamos en nuestros recuerdos y podemos viajar en los recuerdos de otros."
Programa Nacional "Salas de Lectura" de México co propósito de integrar comunidades de lector@s en lugares onde o acceso ao libro é complicado.
25/07/12
Carta a Gallardón
Merche Negro escribe:
Usted no se lo va a creer, señor ministro. Pero yo me quedé
embarazada con 25 años a miles de kilómetros de distancia. Con una mano
delante y otra detrás. Y decidí tener a mi hija.
Ahora, diez años después, sé que es lo mejor que hice en mi vida. Soy
tan pesada con las maravillas de las que soy testigo cada día que hasta
he hecho un hashtag (#mipreciosahija) con el que lleno mi twitter a la menor cosa que le escucho, o que hace, o que me cuenta.
Por lo tanto, y aunque no fuera estrictamente necesario porque no hay
que parir para opinar –el raciocinio no es como lo de comer huevos–,
tengo razones más que suficientes para dirigirme a usted en esta
materia, y con todo mi instinto maternal como equipación extra. Y me voy
a explicar con todas las palabras que sean necesarias, despacito y sin
subordinadas para que pueda usted seguir bien el ritmo.
La Ley Orgánica 2/2010
de Salud Sexual y Reproductiva y de la Interrupción Voluntaria del
Embarazo, que es sobre la que usted está presentando ahora un
anteproyecto, establece en su artículo 13 que en cualquiera de los
supuestos, “se realice con el consentimiento expreso y por escrito de la
mujer embarazada o, en su caso, del representante legal, de conformidad
con lo establecido en la Ley 41/2002″.
Y si nos vamos a lo concreto, por ejemplo al caso de la interrupción
libre dentro de las primeras 14 semanas de gestación, el marco de
actuación dentro de la legalidad se especifica más aún, siendo
necesario a) que se haya informado a la mujer embarazada sobre los
derechos, prestaciones y ayudas públicas de apoyo a la maternidad, y b)
que haya transcurrido un plazo de al menos tres días, desde la
información mencionada en el párrafo anterior y la realización de la
intervención.
Lo que le quiero decir, señor ministro, es que la vigente es una ley
de libertades, no de obligaciones. Una mujer, frente a un embarazo no
deseado o –déjeme que imagine– incluso deseado pero insostenible en una
situación económica o social insuficiente para la crianza de un hijo,
tiene en este texto la garantía de que las instituciones le ayudarán a
afrontar la situación, asistirle en información, pero también con
recursos si decide que no puede seguir adelante. Y algo importante: todo
esto sin ser señalada como criminal.
Desgraciada, zorra, puta, malnacida, asesina… puedo seguir,
si necesita más ejemplos. Estas son las palabras que hace años, no
tantos, tenían que aguantar las mujeres que defendían la libertad (de
nuevo) de elegir de acuerdo a unos términos cuándo y cómo ser madre.
Porque esto es lo que un Ministerio de Justicia tiene como labor
fundamental de cara a sus ciudadanos: asegurar que todos somos iguales
en obligaciones, pero también en derechos.
Usted ahora nos viene
con que la “malformación de un feto no será un supuesto de aborto” en
el texto que está a punto de presentar, que será aprobado verbigracia
con la mayoría absoluta de la que disfruta su grupo parlamentario: “Hay
que dar el mismo nivel de protección a un concebido sin ningún tipo de
minusvalía o malformación, que a aquel del que se constate que carece de
algunas de las capacidades del resto de concebidos”. Sobre esto, van
dos consideraciones:
1. Proteger al concebido como le
llama usted es algo que, por descontado, un Gobierno ha de llevar a
cabo. De la misma manera que también al “concibiente” y permítame aquí
la analogía contractual. No tenga usted la desvergüenza de asimilar las
posibilidades de toda madre que conciba en España sin tener en cuenta su
nivel social y económico. Y he dicho social también, que no todo es
dinero –también educación PÚBLICA con programas de prevención, y acceso a
ayudas y protección social PÚBLICAS–.
Hágame un favor y revise el estado de
su móvil: quizá como su colega Montoro en el caso del rescate de
Valencia, no le funciona su plan de datos y no le ha llegado el email o
whatsapp correspondiente en el que Ana Mato le informa de que la Ley de
Dependencia ha saltado por los aires en la última oleada de recortes.
Esta ley garantizaba lo siguiente (o
lo intentaba luchando una por una con las autonomías que, señor
ministro, gobernadas por su partido, ponían todas las trabas posibles a
la aplicación de una ley aprobada y publicada, qué cosas):
se financiarán “los servicios que necesitan las personas dependientes,
bien por sufrir una enfermedad o accidente invalidante o al llegar a la
vejez. La dependencia personal es la incapacidad funcional para el
desarrollo de actividades de la vida diaria y por requerir ayuda para su
realización”.
Ahora improvise alguna frase que me convenza de que estos niños con
malformaciones tendrán una vida digna, y también sus madres y familias.
Si el Gobierno del que usted forma parte no se hará cargo, ¿nos derivará
a la caridad de la Iglesia católica, esta que no se ha pronunciado aún
sobre el deterioro sistemático y sin vuelta atrás del Estado de
bienestar y la igualdad entre los individuos que está llevando a cabo su
Gobierno desde Moncloa?
2. No concreta de qué tipo de protección estamos hablando en los
embarazos con malformaciones y que desarrollará en la ley. Se ha dicho
varias veces que su anteproyecto se asimilará a la Ley 9/1985 que
articulaba la interrupción del embarazo en nuestro país antes del 2010.
En ella, el tercer supuesto regulado hablaba de ”malformaciones o
taras, físicas o psíquicas, en el feto (supuesto eugenésico)”, y el
plazo legal para llevar a cabo estos abortos cubría hasta la semana 22
de gestación. ¿Qué es lo que nos está queriendo decir hoy, señor
ministro? ¿Que va a retroceder jurídicamente aún más en el tiempo?
Déjeme decirle que, más allá de lo reaccionario y amarillento de este
supuesto si es que es así, los datos de finales de los 70 previos a la
regulación del 85 son demoledores: según datos del Tribunal Supremo, en 1976 se llevaron a cabo 300.000 abortos clandestinos, con resultado de muerte de 3.000 mujeres.
3.000 mujeres en un año. Se lo puedo escribir tantas veces como quiera. Es una cifra que duplica, por ejemplo, los muertos por accidente de tráfico en 2011.
Además de posicionarse de una forma tan mezquina de cara a la
sociedad que juró usted proteger delante de la Constitución, la Biblia y
el rey –yo solo legitimo una de las tres para esto, y es más que
suficiente–, es una desfachatez por su parte que hable de que la ley del
2010 es ”éticamente inconcebible”.
Lo inconcebible es que usted se empeñe en tratar a la mujer como un
ser deambulante sin capacidad para decidir sobre su cuerpo primero y
sobre su forma de vivir su vida después. Y que tergiverse tanto los
conceptos: “La maternidad libre hace a las mujeres auténticamente
mujeres”.
Esta frase que pronunció usted en marzo en
el Congreso de los Diputados será por lo que muchos ciudadanos le
recordemos, y fíjese que sus obsesiones faraónicas que hemos tenido que
sufrir tantos años en Madrid, y su intentona de ejemplificar al político erudito y sensible a la cultura le han hecho competencia. Nada comparable, desgraciadamente.
Pero déjeme que termine cómo empecé: hablando de mi hija. Usted no
tiene ni idea –es que ni se acerca– de las conversaciones que tenemos
las mujeres con el espejo cuando descubrimos que estamos embarazadas. No
se imaginará nunca cómo visualizamos todas las posibilidades, las
prácticas y emocionales, cómo se paraliza nuestra vida anterior
intentando colocar esta nueva situación en un futuro a nueve meses en
que sí o sí, el peso recaerá en nosotras porque así sigue empeñada
nuestra sociedad que sea.
En 2003 a mí se me ocurrió ir al Ayuntamiento de Madrid a pedir
asistencia social y salí con una amenaza de la responsable del servicio:
“Tendremos que ponerte un investigador para confirmar que no entra
ningún otro sueldo en tu casa”. Entonces usted era mi alcalde, y en
usted se delegaba este área. La permanente sospecha de ciudadano
fraudulento para recortar el gasto viene de lejos, y el votante no lo
vio venir, o hizo oídos sordos. Le ahorro la sensación de ofensa que me
acompañó bastante tiempo. Ahora es usted mi ministro de Justicia y
pretende decirme cuándo, cómo y por qué he de parir, sea lo que sea lo
que haga con el crío después.
¿Sabe una cosa? Me encantaría que usted tuviera alguna hija a la que
mirar a los ojos y explicarle esto (dé gracias que son cuatro varones). A
mí se me ocurren muchas formas de adjetivar lo que está usted haciendo
con mis derechos: míos, nuestros. Pero soy una persona elegante y lo
dejo aquí.
Suicidio perfecto
A última novela publicada en España de Petros Márkaris non se corresponde coa que sería a continuación de Con el agua al cuello, senón que Suicidio perfecto, publicado por Tusquets, volve atrás no tempo, xusto antes das Olimpíadas en Grecia (escribiuse no ano 2003). Gústame este autor e o seu comisario polo sentido do humor, é o que máis me gusta del, unha fina ironía continua que lle serve para distanciarse do mundo que o rodea, da súa familia e ata do seu traballo, mentres nos describe unha Atenas atafegada de tráfico e de temperaturas sufocantes. Como adoita facer este autor, dentrás da novela negra hai unha crítica social e unha análise económica sen desperdicio, utilizando ingredientes básicos como a inmigracións, os conflitos laborais, o ladrillo e a corrupción; non se libra da súa ollada perturbadora -por conseguinte da súa crítica sesgada- nin os políticos nin os xornalistas nin os medios audiovisuais.
Así que temos a Jaritos novamente investigando -está de baixa pero é o que ten ser adicto ao traballo- nunha Grecia preolímpica que supón o inicio dos grandes problemas económicos que está a vivir o país.
Se ben prefiro Con el agua al cuello, esta novela é máis que recomendable para agocharse deste calor do verán que nos abafa.
24/07/12
As fiandeiras
As fiandeiras de Antonio Piñeiro, Premio García Barros 2011 e publicado pola editorial Galaxia, é un libro para ler paseniño, degustándoo pouco a pouco, demorándose en cada palabra para regalarse co xogo do autor co seu dominio. Historia situada nas nosas comarcas, Deza e Tabeirós, condensa as evocacións dunha moza aprendiza de costureira, agora xa maior, sobre uns acontecementos que a cambiaron por completo: o proceso a que son
sometidas unhas fiandeiras no remate da I República, acusadas de cantonalismo por
tentaren vender os seus produtos téxtiles á marxe da empresa madrileña "La
Minerva" que as explotaba. Este proceso é contemplado dende fóra, mesturado cunha novidade, un enxeño tecnolóxico nunca visto daquela: a máquina de escribir.
Destaca o protagonista absoluto da muller, un personaxe colectivo que se opón á tiranía e é quen de loitar contra ela. A intensa xustaposición de situacións e personaxes obrigan ao lector a tomar partido e a ir reconstruíndo a acción enchendo as lagoas que o autor "comete" á matenta.
E, como xa indiquei, chama a atención a lingua utilizada, unha lingua fiada con agarimo, unha lingua extremadamente lírica: “Oio a fonte, vir a auga aos canos desde o ventre
da praza, sacando os nomes da terra. A billa de auga limpa e sonora.
Achegaba a boca ao ferro doce. Bebía un nome”.
E quizais sexa precisamente isto o malo da novela, que nos propón un tempo demasiado detido no que resulta unha lectura cansa buscando unha acción que non acaba de chegar, por máis que o lector encha ocos e busque a connivencia cun libro que non está mal, pero que non remata de enganchar.
Por que?
"Este é o meu país. Eu non quero marchar, marchen vostedes da miña terra. Están vostedes todos mal da cabeza. Por que? Por
que? ¿Por que?". Con este berro, unha nena palestina de 5 anos de idade bota a súa rabia contra os soldados israelís que desde hai décadas
ocupan o seu país.
Chámase Janna, e vive na aldea de Nabi Salch, ao
noroeste de Ramallah. Ocorreu o pasado 22 de xuño nun de tantos
postos de control que estrangulan o pobo palestino.
Vía
23/07/12
Wildebeest
Vino, como non, no blogue amigo de Lleida. Unha discusión sobre diferentes pareceres que remata coa demostración de cal é a opción verdadeira. Será que ás veces é bo crer no que nos contan???
Isto chámase utilizar o método empírico, non?
Isto chámase utilizar o método empírico, non?
GNU é unha animación feita por Bird Studio Box.
Dúas letras
Cando soubemos desta curta, xa a colgaramos no blogue. Como comprobaredes, xa non se pode ver na rede. A razón débese a que esta curta pasou a formar parte dun libro que publicou posteriormente a editorial Galaxia.
A curta de Eloi Varela con guión de Fina Casalderrey vén acompañada do relato que escribe a autora xunto cun par de textos de Víctor Freixanes e Francisco Castro sobre a emigración e o mundo rural.
O filme recibiu varios premios: Festivais de Cine de Bueu, Primavera de Vigo e Cans onde recolleu o Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción, Premio do público á mellor curtametraxe de ficción, e o Premio do xurado á mellor interpretación feminina. Relata a triste historia da emigración onde nai e fillo vense obrigados a se comunicar por carta.
Paga a pena vela, sobre todo. Como curiosidade queda o feito de que o libro sexa posterior, algo que non adoita suceder.
A curta de Eloi Varela con guión de Fina Casalderrey vén acompañada do relato que escribe a autora xunto cun par de textos de Víctor Freixanes e Francisco Castro sobre a emigración e o mundo rural.
O filme recibiu varios premios: Festivais de Cine de Bueu, Primavera de Vigo e Cans onde recolleu o Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción, Premio do público á mellor curtametraxe de ficción, e o Premio do xurado á mellor interpretación feminina. Relata a triste historia da emigración onde nai e fillo vense obrigados a se comunicar por carta.
Paga a pena vela, sobre todo. Como curiosidade queda o feito de que o libro sexa posterior, algo que non adoita suceder.
22/07/12
Recursos humanos
Con vela, sobran as palabras. Moi acaída para hoxe, despois de rematar o curso de Igualdade ao que asistín en Lalín.
Face a book
Faceabook; Face a book
Desconecta un instante. Le un libro (Enfróntante a un libro)
Desconecta un rato. Lee un libro
Disconnect for a while. Read a book.
Disconnect for a while. Read a book.
Campaña para Tzomet Sfarim Bookstore da axencia Brickman, Ramat Gan, Israel. Decembro de 2008.
21/07/12
Love Story
Esta curta animada é un agasallo de voda de Jethro Paler ao seu curmán. Nela conta a historia de amor da parella.
Camiños sen nome
Tiven o outro día este agasallo ben fermoso: Camiños sen nome é de Anna Castagnoli e está publicado por OQO. Un álbum, pura poesía, que nos convida a pasear polos pequenos detalles que nos rodean e que ás veces pasamos por alto, ben sexa por non fixarnos ben pola rapidez coa que camiñamos. As ilustracións, fermosísimas, axudan a asolagar de paz ao lector que procurará atento cada minúscula peza que as compoñen. E así, construiremos casas con cuartos ben amoblados que nos permitirán chegar a casas doutros mundos nos que habitamos sen sabelo.
Sempre hai un lugar para a poesía (XCVIII)
Hoxe é sábado e toca poesía. Da man de Chus Pato, claro, e dende Rotterdam. Hoxe achegámonos á poesía de Márcio -André.
aqui do estômago desta baleia
a cidade é um cardume cintilante
e
a estátua de drummond tem as costas ao oceano –
[as estátuas são para os homens não para o mar]
cultivar um peixe por dentro
para um dia comê-lo
esperando uma mulher surgir da precisão da ossada
um dia somos felizes em nosso jardim cetáceo
e ela caminha suavemente ao meu lado
sonhando o domingo mais triste do mundo no subúrbio do lado de lá
um dia estamos na meia idade e bebemos porque não há opção
e o guindaste no cais estará esmagado como um inseto morto
diante das mil falhas na goela das águas
o mar está na foto dos homens não no sonho das estátuas
a cidade é um cardume cintilante
e
a estátua de drummond tem as costas ao oceano –
[as estátuas são para os homens não para o mar]
cultivar um peixe por dentro
para um dia comê-lo
esperando uma mulher surgir da precisão da ossada
um dia somos felizes em nosso jardim cetáceo
e ela caminha suavemente ao meu lado
sonhando o domingo mais triste do mundo no subúrbio do lado de lá
um dia estamos na meia idade e bebemos porque não há opção
e o guindaste no cais estará esmagado como um inseto morto
diante das mil falhas na goela das águas
o mar está na foto dos homens não no sonho das estátuas
18/07/12
Amantes
Veño de descubrir esta editorial, Legua, que ten unha colección "ArtWords" con este libro espectacular, polo tamaño e polo formato: unha selección de poesía erótica e amorosa xunto unhas ilustracións categóricas de Nicoletta Tomás que xa coñecera en Mariluna.
Toparedes poemas de Baudelaire, Bécquer, San Juan de la Cruz, Schakespeare, Alfonsina Srorni, Lord Byron, Guy de Maupassant...
17/07/12
Londres 2012
Paréceme unha preciosidade o spot para os Xogos Olímpicos de Londres 2012 realizado pola axencia Rainey Kelly Campbell Roalfe Y&R. Música: First Steps de Elbow
Vía
Execución
Acusada de adulterio. Iso é o gran pecado dunha muller que fo executada publicamente a tiros en Afganistán a mans dos talibáns. Claro que antes fora obrigada a abortar e xa recibira douscentos latigazos.
Hai diferentes versións sobre unha verdade que nunca debería existir, unhas imaxes que non dou contemplado. Que mantiña unha relación cun home que a enganou, que foi seducida por dous xefes islámicos... que máis dá ante tanta barbarie?
Vía
16/07/12
Soy feliz
A nova entrega do inigualable Jimmy Liao é este pequeno (en tamaño, non en grosor) álbum publicado por Bárbara Fiore: Soy feliz, no me preocupo... soy yo quien tiene preocupado al mundo. Como adoita suceder, un álbum cheo de cores e sentimentos que describen diferentes tipos de preocupacións, pequenas traxedias, ledicias... cousas polas que preocuparse ou non, porque todo depende do cristal co que se mire. E ademais, sempre hai quen se preocupe, porque a preocupación é algo inherente ao ser humano... ou non? Aprender a ser feliz deixando de lado as preocupacións é algo que nos quere transmitir este entrañable álbum que sabe ben que "o mundo preocupa á xente".
Para reler
Modelo educativo
Ía dicir que me fixo graza cando o vin, pero cómpre moito humor para verlla. Temo que en parte teñen razón e iso é o que máis desalenta. Estas serán os modelos que quererán que ensinemos coa nova reforma educativa?
Vía
15/07/12
¿Y ahora adónde vamos?
Aínda que hai moito tempo que non falo de cine nin dos filmes que vexo, non quería deixar de facelo desta película de Nadine Labaki, quen pon á Muller como protagonista para evitar unha guerra entre homes que nunca tivo nin terá sentido. ¿Y ahora, adónde vamos? é unha comedia con discurso reivindicativo, feminista e pacifista, sobre a necesaria tolerancia para a convivencia entre relixións, razas ou costumes diferentes. Unha comedia case musical que contén tamén partes de traxedia, porque para denunciar cómpre tamén amosar a triste realidade do que está a acontecer. Así, será difícil esquecer o sufrimento inmenso dunha nai que perde o fillo pero que sabe que a Paz, así con maiúsculas, é máis importante para non sufrir máis. Así que riredes e choraredes, mesmo bailaredes, porque de todo hai neste filme que vos recomendo. Porque a Muller e a extraordinaria capacidade de tolerancia que amosa, é digna de ver. Igual que a estupidez.
Me llamo Barro
Un cómic que nos achega a figura do poeta Miguel Hernández a través da súa amizade con Vicente Aleixandre. O texto é de Pedro Navarro e os debuxos de Miguel Ángel Díez, Me llamo Barro está publicado por Edicións de Ponent. Son 80 páxinas cheas de poesía coas que percorremos os momentos máis cruciais da vida de Miguel e da amizade que os uniu a ambos. Porque non estamos a ler unha simple biografía do poeta, senón que imos coñecer como entre estes poetas existía unha amizade importante e inmorredeira que se reflicte neste voo poético que o libro nos ofrece.
Me llamo barro aunque Miguel me llame.
Barro es mi profesión y mi destino
que mancha con su lengua cuanto lame.
Soy un triste instrumento del camino.
Soy una lengua dulcemente infame
a los pies que idolatro desplegada.
Como un nocturno buey de agua y barbecho
que quiere ser criatura idolatrada,
embisto a tus zapatos y a sus alrededores,
y hecho de alfombras y de besos hecho
tu talón que me injuria beso y siembro de flores.
Coloco relicarios de mi especie
a tu talón mordiente, a tu pisada,
y siempre a tu pisada me adelanto
para que tu impasible pie desprecie
todo el amor que hacia tu pie levanto.
Más mojado que el rostro de mi llanto,
cuando el vidrio lanar del hielo bala,
cuando el invierno tu ventana cierra
bajo a tus pies un gavilán de ala,
de ala manchada y corazón de tierra.
Bajo a tus pies un ramo derretido
de humilde miel pataleada y sola,
un despreciado corazón caído
en forma de alga y en figura de ola.
Barro en vano me invisto de amapola,
barro en vano vertiendo voy mis brazos,
barro en vano te muerdo los talones,
dándote a malheridos aletazos
sapos como convulsos corazones.
Apenas si me pisas, si me pones
la imagen de tu huella sobre encima,
se despedaza y rompe la armadura
de arrope bipartido que me ciñe la boca
en carne viva y pura,
pidiéndote a pedazos que la oprima
siempre tu pie de liebre libre y loca.
Su taciturna nata se arracima,
los sollozos agitan su arboleda
de lana cerebral bajo tu paso.
Y pasas, y se queda
incendiando su cera de invierno ante el ocaso,
mártir, alhaja y pasto de la rueda.
Harto de someterse a los puñales
circulantes del carro y la pezuña,
teme del barro un parto de animales
de corrosiva piel y vengativa uña.
Teme que el barro crezca en un momento,
teme que crezca y suba y cubra tierna,
tierna y celosamente
tu tobillo de junco, mi tormento,
teme que inunde el nardo de tu pierna
y crezca más y ascienda hasta tu frente.
Teme que se levante huracanado
del blando territorio del invierno
y estalle y truene y caiga diluviado
sobre tu sangre duramente tierno.
Teme un asalto de ofendida espuma
y teme un amoroso cataclismo.
Antes que la sequía lo consuma
el barro ha de volverte de lo mismo.
Non á violencia contra as mulleres (CCLXV)
Coeducación e mitos do amor romántico, monográfico da Fundación Mujeres:
14/07/12
O peizoque Roque
Publica Galaxia na súa colección "Árbore. Os duros" este fermoso libro de poemas de Dores Tembrás con ilustracións de Xosé Tomás: O peizoque Roque dá vida a un paporroibo que anda á procura da palabra. Os versos que compoñen o libro están cheos de musicalidade e ritmo, como o propio "colage" das ilustracións, un ritmo sustentado na Palabra como eixo e como sustento, posto que este paxariño que adoraredes coa lectura vai atesourando e acumulando palabras que lle ofrece o universo que el coñece e que logo compartirá con seus irmáns, porque son as palabras símbolo de amor e de saber, nesa referencia implícita á cultura que debemos reforzar dende que somos pequerrechos. A palabra como símbolo e como eixo poético. Precioso!
Pero, paro min, as ilustracións quedaron un pouco escuras, non?
E aquí tedes unha montaxe sobre O peizoque Roque realizada nun colexio da Coruña coa propia autora:
Sempre hai un lugar para a poesía (XCVII)
Seguimos, unha semana máis, coas recomendacións que nos fai Chus Pato dende Rotterdam. Hoxe traemos a poesía de Sascha Aurora Akhtar, de Pakistán.
A mística universal do non-escribir
Eu non son unha man elegante
Ti non es a vermella flor do cha
Eu son unha pucha agardando polas quenllas
Para cortar a auga como aleta de amor
E o remedio non é con sabor a vainilla
Laranxa tetraedro ou gárgolas
Finxindo ser fermosa
Eu non son unha pel rosa
Ti non es un limón brincando
Hai unha memoria que ten bochas
Dentro das cartas do meu rostro
perdín un meniño
Hai un acougo silencioso,
De maos dadas tornamos
Unha cadea de monecas de papel
Ondulando como cabelo preso na corrente
Eu non son unha formiga chinesa
Ti non es unha moa de veludo
Unha pena de punta
Un carbúnculo
A estación
Eu ando esmagando pedras de xeo
Non hai outro xeito.
Amárrate a min
Brincamos nunha lagoa
Coa esperanza de afogar
E volver con lirios nas bocas
Corpos escorridos que apertan a retórica
Eu non son unha man elegante
Ti non es a vermella flor do cha
Eu son unha pucha agardando polas quenllas
Para cortar a auga como aleta de amor
E o remedio non é con sabor a vainilla
Laranxa tetraedro ou gárgolas
Finxindo ser fermosa
Eu non son unha pel rosa
Ti non es un limón brincando
Hai unha memoria que ten bochas
Dentro das cartas do meu rostro
perdín un meniño
Hai un acougo silencioso,
De maos dadas tornamos
Unha cadea de monecas de papel
Ondulando como cabelo preso na corrente
Eu non son unha formiga chinesa
Ti non es unha moa de veludo
Unha pena de punta
Un carbúnculo
A estación
Eu ando esmagando pedras de xeo
Non hai outro xeito.
Amárrate a min
Brincamos nunha lagoa
Coa esperanza de afogar
E volver con lirios nas bocas
Corpos escorridos que apertan a retórica
13/07/12
Carné de identidade
Levei unha grande ledicia cando vin no xornal que se traducía a Mahmud Darwix á nosa lingua, grazas a Moncho Iglesias e Samar Sabat. A editorial encargada de traernos Carné de identidade é Barbantesa. Aínda que a estas alturas tod@s coñecemos este poeta palestino, eu quero celebrar que agora poidamos gozalo en galego. Tivo que fuxir por causa da implantación do estado de Israel e a súa palabra foi sempre a mellor arma para facernos coñecedores das inxustizas que teñen que pasar e as condicións nas que deben vivir cada día nunha terra que lles é refutada á forza.
Unha escolma de 48 poemas onde se repasa a historia de Palestina e a fame de liberdade que chega a un límite, porque todos cansamos de agardar.
Toparon no seu peito un candil de rosas... e unha lúa
mentres descansaba, morto, sobre unha pedra.
Toparon non seus petos unha moedas.
Toparon unha caixa de mistos e un permiso de viaxe...
E no braciño unha inscrición.
A nai bicouno...
e chorou un ano por el.
Un ano despois, creceron as baias nos seus ollos
e aumentou a escuridade.
Cando medrou o irmán,
e foi na procura de traballo aos zocos da cidade,
encarcerárono...
Non tiña permiso de viaxe
na rúa levaba unha caixa podre
e outras caixas.
Ai, nenos da miña patria
así é que morreu a lúa!
Ledicia na voda
Vin esta foto no Facebook e non puiden deixar de traela. Topeina na páxina "Aula de Especializaión Fotográfica" e alí aseguran que esta é a foto máis votada no álbum "Arte na fotografía de Voda. FEARLESS AWARDS 2011". O seu autor é Christophe Viseux.
Todo felicidade, non si?
12/07/12
Copia número 1
Chego a este magnífico vídeo do proceso de edición manual grazas a Librosfera. Xa nos indican alí que nos lembra a estoutro.
Praga mortal
A última entrega de Philip Kerr ambientada na Alemaña nazi é este Praga mortal publicada por RBA. Na súa liña, o autor ofrece unha boa mestura de novela histórica e novela negra que a min engánchame desde o comezo. E que ademais un dos personaxes principais desta historia sexa o maldito Reinhard Heyndrich, ese que maxinou o holocausto, dálle un toque á novela que non teñen outras novelas do seu xénero. O protagonista, Bernie Gunther, é un dos meus detectives predilectos. Un home que tenta sobrevivir a todas as miserias que o rodean, que tenta soster as súas ideas negando o nazismo, un nazismo que o asolaga no inferno.
A obra sitúanos en 1941, no momento en que Heydrich é nomeado gobernador de Bohemia e Moravia. Arredor del xirará a trama da obra. Unha trama que rende tributo a Agatha Christie! Así, Gunther terá que facer de Poirot e sobrevivir no inferno, non pode chamarse doutro xeito ao ambiente que se respira entre nazis. E neste ambiente despregará o seu humor máis acedo. No medio do fume dos cigarros, da fame da poboación, da provoacións dos asasinos, da crueldade e da loucura, hai momentos para o amor e para o sorriso. Hai momentos para a reflexión. E mesmo para a comparación. Que sucedería se...?
Non é para min a peor das súas entregas. Aínda que a súa triloxía berlinesa sexa insuperable, esta obra paréceme boísima. Recoñezo que me sigo a sorprender coa crueldade da que é capaz o ser humano, e máis coa crueldade desa época histórica chamada nazismo.
11/07/12
Segue lendo
Que pasa cando les? Tres propostas magníficas das librarías Gandhi, que xa nos ten emocionado ben veces coa súa publicidade única.
Aquí podedes ver algunha publicidade máis.
A cociña de Toto Murube
Publica Kalandraka este divertimento literario de José A. Ramírez Lozano ilustrado por Pablo Otero: A cociña de Toto Murube son receitas que alimentan con palabras, metáfora perfecta para comer paseniño e degustar cunha dixestión perfecta. Porque a importancia da lectura, das palabras, dos soños convertidos, son o eixo arredor do cal iremos comendo exquisitas receitas para soñar e fartar, porque non só temos fame de comida senón tamén de cultura, e esta é esencial para sobrevivir dignamente.
QUEIXOS VERBALIZADOS PARA TRES:
Cóllese o verbo “queixarse” e córtase en tacos. Escóllese despois o
presente, que sabe mellor, e recórtanselle os pronomes reflexivos, que
son máis amargos. Despois engádenselle unhas anchoas e algo de mala uva,
de maneira que resulte: eu queixo, ti queixas, el queixa.
Compromiso educativo
A A.M.P.A. do I.E.S. Ramón y Cajal de Albacete quere con este vídeo amosar a educación do futuro:
Vía Bibliofagia
10/07/12
Por qué los gatos no llevan sombrero
Victoria Pérez Escrivá xunto con Ester García propoñen en Por qué los gatos no llevan sombrero publicado por Thule un exercicio doado de reflexión: cantas cousas necesitamos levar encima para sermos felices? De cantas cousas poderiamos prescindir? Cal é o valor real das cousas que nos rodean? Así que con fina ironía esta precioso álbum ilustrado amosa como facilmente caemos no consumismo, algo que nos diferencia enormemente dos animais, que non necesitan de nada material para vivir. Se o gato protagonista da historia acaba tendo tantas cousas e converténdose en quen non é, non nos ocorre a nós algo similar?
“¿Te has preguntado alguna vez
Por qué tienes tantas cosas?
¿Por qué los gatos no llevan sombrero?
Y los árboles, ¿por qué no tienen bolsillos?
¿Por qué el agua repele al aceite?
¿Por qué nos teñimos el pelo?
¿Cuántas cosas llevas encima que no son tuyas?
Quítatelas y sé tú mismo, seas lo que seas.
Y sobre todo, si eres un gato,
¡¡no te pongas un sombrero!!”.