

Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.





Un fractal é un obxecto semi xeométrico cuxa estrutura básica se repite a diferentes escalas. O termo foi proposto polo matemático Benoît Mandelbrot en 1975 e deriva do Latín fractus, que significa quebrado ou fracturado. Moitas estruturas naturais son de tipo fractal.
onzalo Moure. El falaranos dos dous libros escollidos para esta ocasión, El beso del Sáhara e Palabras de caramelo, ademais do seu compromiso persoal con pobo saharaui. Agardámolo con impaciencia, xa que a experiencia con Fran Alonso foi inmellorábel, e o noso alumnado está desexoso de compartir as súas lecturas co autor. Mañá contámosvos.Le todo o artigo pinchando aquí: Nenos escravos do fútbol
Rematei de ler La tercera virgen de Fred Vargas. O bo deste tipo de novelas, policíacas, é que te absorben ata que as rematas, lendo con fruición cada liña, e esquecendo o mundo de arredor. A novela abre varias vías contendo misterio e aventuras e o detective principal non é un detective "al uso", conseguindo que a novela pareza máis lenta do que realmente é ata facer nós case imposibles. Ademais, temos a singularidade dun policía que fala en verso, unha Brigada que parece un reparto dunha obra de teatro e un escenario fabuloso, sobre todo para os que acabamos de vir de La France. Todas as pezas da historia están ben ensambladas, sen faltar o humor. A complexa investigación que pretende acabar cos crimes perfectamente executados pola Sombra é un exercicio deste xénero, dando ao libro un certo carácter fantasmal.
Din del que é un dos guitarristas máis influíntes da historia do rock dentro dese selecto grupo no que se atopan mitos coma Jimi Hendrix ou Jimmy Page. Coa axuda da tonalidade, o volume e a electrónica fai da guitarra un instrumento de solistas, cunha técnica extremadamente rápida e precisa que lle fixo ser acreedor do curioso alcume de "Slowhand" (Man lenta).
nacional da Poesía foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO no ano 2000, coa finalidade de fomentar o apoio aos poetas xoves, volver ao encantamento da oralidade, reestablecer o diálogo entre a poesía e as demais artes e lembrar que a convivencia e o diálogo entre as diversas culturas están na base das poesías do mundo. Trago amargo de tinta roja.
Desde y hacia:
se devuelve al mundo
el placer.
Lo que queda y crece,
el veneno.
Bulimié en la vereda
el verdadero "expulsar".
Eva Lamborghini
Nado en Salceda (Pontevedra) en 1919, segue, como tantos outros galegos, o camiño de ultramar. Nos anos da guerra civil estabelécese en Uruguay e entra en contacto cos fértiles círculos intelectuais do exilio. Lembremos que unha parte significativa dos intelectuais, escritores e artistas galegos estaban alí. Boa parte da obra de Colmeiro, de Laxeiro tamén, está pintada en Buenos Aires; alí escríbense o publícanse libros capitais; alí está Luís Seoane, home ponte entre a cultura galega e a arxentina. De Buenos Aires chega a edición da Historia de Galicia de Otero Pedrayo; o deseñador das portadas é Leopoldo Nóvoa. Sorprende o estreito parentesco que estes deseños manteñen coa obra máis recente do artista. Neles faise presente a FACE máis recoñecible de Leopoldo Nóvoa, o enigmático alfabeto da súa linguaxe. É nas dúas cidades rioplatenses, Montevideo e Buenos Aires, onde se manifesta, arredor dos 50, a vocación plástica de Leopoldo Nóvoa. Referentes pictóricos?: A Torres-García débelle a convición de que é posíbel abordar un tipo de pintura construtivista non nihilista; humanizada. Como Luís Seoane, cre que é factíbel definir un lugar de síntese entre a arte popular e a vangarda; unha mirada diferente sobre os obxectos cotiáns.
Como sucede coa inmensa maioría dos artistas da súa xeración, Leopoldo Nóvoa empezou sendo un pintor figurativo. Non elude os rigores do debuxo, os labores da pincelada, as estratexias da composición. Pero xa palpabrexa un afán por fuxir dos límites do cadro; coma se non se sentise satisfeito no soporte tradicional; coma se necesitase un novo medio de expresión; coma se ambicionase algo que a pintura non lle podía dar. 
A primeira resurreción de Leopoldo Nóvoa como artista prodúcese no período no que decide emprender unha obra titánica: O Mural do Cerro, a principios dos sesenta. Nel topa unha moral de traballo, unha nova poética e novos materiais.
Leopoldo Nóvoa abandona a pintura figurativa. Topa a súa propia poética. Pór orde ao caos ou someterse ao caos? Este vai ser, a partires de agora, o dilema que move toda a súa obra. Nace un artista guiado pola radicalidade, pola soidade. Dunha obra titánica xorde unha linguaxe silenciosa, sintética, serea. Todas as obras de Leopoldo Nóvoa están alentadas por un instinto poético; son extraordinarios poemas visuais.
Leopoldo Nóvoa decide instalarse en París no ano 1965. Alí atopa un público. As súas obras máis significativas manteñen a vocación de saírse dos límites do cadro, envexando en certo sentido a escultura. Son baixorelevos silandeiros; feridas de luz nunha superficie enigmática. Branco, vermello, azul, cores solitarias. O rotundo artista pode asumir a poética da levidade, expresar un mundo alixeirado de peso, comunicar desde o silencio.
No ano 1979 un incendio destrúe o seu taller. O lume fai desaparecer moitas das súas obras e obriga a Leopoldo Nóvoa a unha recapitulación, non se conforma con reescribir a obra perdida, topa un novo material: a cinza. A luz pode ser negra. A cinza converterase na materia prima de moitos dos seus cadros. Negro sobre negro, pero negro sobre vivo, tremente, inquedante. Algúen que pinta con cinzas crea sombras sobre sombras.
Pero existe un Leopoldo Nóvoa de pinturas negras e un Leopoldo Nóvoa de pinturas brancas. Complementándose. Existe un Leopoldo Nóvoa que enxalza o caos, a destrución, o lume, e existe un Leopoldo Nóvoa sereno, contido, silandeiro. Esta é a contradición que fertiliza a súa obra.
A principios dos 80 a súa obra comeza a ser recoñecida en Galicia e no resto de España. Aporta á plástica galega unha conciencia da modernidade. Preto do mosteiro de Armenteira constrúe a súa casa-taller, cunha fiestra ampla que mira á ría. Sorprendentemente, é a reflexión sobre a natureza a que proporciona moitos elementos á obra de Leopoldo Nóvoa. Os seus cadros nunca están encerrados en si mesmos, dialogan co creador, co espectador ou coa mesma paisaxe. Son paisaxes do coñecemento e da meditación.
nas súas dúas terceiras partes por auga, pode parecer un contrasentido falar de que o difícil acceso á auga potable é a causa de enfermidades e miseria para 1500 millóns de persoas.

das temperaturas obriga a millóns de bolboretas monarca a voar cada vez máis alto nas montañas mexicanas para invernar.
n ao seu paso.


Reino Unido. A maioría dos Premios Nobel de Ciencia son ateos, ao igual que a maioría da elite intelectual do mundo. Un destes intelectuais é o filósofo francés Michel Onfray.
Os usuarios da internet na China atópanse protexidos e tutelados polo chamado Gran Cortalumes (Great Firewall), un xigantesco sistema de censura informática que pretende filtrar e depurar politicamente a información á que os internautas chineses teñen acceso.
Tina Turner é unha cantante de soul, R&B e rock, nacida Tennessee o 26 de novembro de 1939 co nome de Annie Mae Bullock. Desde o comezo da súa carreira a finais dos 50 xunto a Ike Turner, destacou pola acción dos seus directos e a súa carga sexual. Trala súa separación de Ike Turner nos 70 comezou unha próspera carreira solista.