Curta dirixida por Andrés Barrientos e Carlos Andrés Reyes.
En agosto from Andres Barrientos on Vimeo.
Vía
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
En agosto from Andres Barrientos on Vimeo.
omo ocorre, en realidade, con todos os títulos que publica Salamandra, La acabadora de Michela Murgia é unha boa novela. Un argumento que nos achega a costumes ancestrais italianos e que fala da morte dende unha perspectiva diferente e totalmente innovadora. Xustamente é este motivo o que dá título á novela, e o que fai que o argumento vaia medrando lentamente, sen sabermos nós, os lectores, nin a propia protagonista de que se trata ata ben avanzado o tempo, aínda que teñamos máis sospeitas, posto que non coñecemos a existencia de tales "profesións" pero intuímolas. De prosa exquisista, ben temperada, imos avanzando no tempo e imos convivindo nese lugar de Cerdeña onde os costumes que se nos contan chegan a abraiarnos.
Alex Robinson é o autor deste moi voluminoso cómic -chamado por tanto novela gráfica, con máis de 600 páxinas-: Malas ventas, publicado por Astiberri. Un cómic en branco e negro que fala da vida de varios personaxes, entre eles o alter ego do propio autor. Un libro que nos atrapa porque percorre a vida cotía destas persoas, as súas relacións entre eles e a sociedade que os rodea, a insatisfacción, o alcolismo, o amor, o sexo, o compañeirismo, a amizade, a fidelidade, as frustracións..., un día a día que mestura humor, sarcasmo, ironía, crítica, sátira... é dicir, humanidade, que é a aposta forte do cómic, o que o fai tan interesante.
volve Javier Marías a demostralo en Los enamoramientos, publicado por Alfaguara. Lin por aí que o que di nesta novela ben podería resumirse en cen páxinas, pero... como escribe este home! Ten un dominio da linguaxe, un poder da palabra escrita, que fai que as 400 páxinas deste libro se lean sen esforzo, con interese, sen intriga, pero si cun certo nerviosismo que non se resolve coa finalización da lectura, posto que a veracidade do argumento resta na imaxinación do lector, aboia, para que este se pregunte se en realidade puido suceder ou non o que alí se conta. Esa é a súa maxia.The Alphabet from n9ve on Vimeo.



ovela maxistral sobre a emigración e os sentimentos. Emigración irlandesa -que podería ser calquera outra- a América e unha protagonista que nos gusta e nos intriga: lemos e sabemos dos seus sentimentos e pensamentos, e comprendemos a súa falta de carácter en tantas e tantas ocasións, tentando poñernos no seu lugar. Porque a protagonista está tan ben caracterizada que moitas veces consegue exasperarnos e sempre empatizamos. Porque é unha protagonista feminifa fóra de estereotipos que nos hipnotiza. E iso dentro dunha historia que podería ser tan típica e tópica. Porén, nada máis lonxe: a novela é maxistral e verosímil. Historia emocional que non cae no sentimentalismo pero que si provoca todos os sentimentos posibles: describe perfectamente, coas palabras xustas, a vida desta moza que ten que ir vivir o "soño americano", unha moza que vive rodeada dun destino inxusto que provocará que moitas das súas decisións poida que non sexan as máis axeitadas (esa é a dúbida que nos provoca aos lectores) pero que están aí, porque é tan real que así é a vida: cadaquén debe seguir segundo os pasos se vaian marcando.
Chegoume este libro de agasallo da man dun tradutor indignado que sei gran persoa e a quen lle agradezo o galano por ser unha lectura ben interesante e actual. Estou a falar de A revolta dos indignados, que se presenta na mesma colección na que hai algúns meses viu a luz a versión galega do Indignádevos de Hessel: son algunhas voces que teñen algo que dicir sobre o movemento, incluíndose o manifesto e as propostas do Movemento 15-M Democracia Real Xa, o comunicado subscrito polas comunidades cristiás populares do Estado español e o chamado “Manifesto feminista de Sol”.
Novela gráfica publicada por Astiberri, La perdida de Jessica Abel decepcionoume bastante. A viaxe dunha moza protagonista, un pouco idealizada, en busca das súas raíces. Unhas raíces que non sei se topa, pero topa moitos amigos e moitos atrancos que non lle axudan, precisamente, a ser feliz. Pareceume bastante aburrida a súa lectura, sen que pasasen grandes cousas, cun toque costumista continuo que non lle dá acción á novela. Fíxoseme pesada a súa lectura, demasiado ateigada, e non me acaban de gustar os trazos que utiliza, posto que penso non conseguen transmitir as emocións necesarias que outros comiqueiros si utilizan. Non sei, nin sequera me gustaron os personaxes, non logrei contactar con ningún deles nin coa historia.
Holy Sheep from Justin Farris on Vimeo.

Defective Detective from Cartoon Brew on Vimeo.
o fermoso lugar de Norella.
Coñecín o outro día na Coruña esta case-nova editorial que traduce para a nosa lingua cómics clásicos. Xa só con iso abonda: ler en galego a Spirou e Fantasio, Súper López... non era antes posible. Polo que moitísimos parabéns por nacer: ogallá teñades unha longa vida e poidades verquer moitos cómics ao galego. Estou a falar de Cerditos de Guinea, e os cómics que eu lle merquei son os dous primeiros tomos de Gárgolas.
In The Fall from Steve Cutts on Vimeo.
Blik from Polder Animation on Vimeo.
licado por Galaxia, cunha historia ben afíada, inesperada, do mellor da literatura galega que teño lido ultimamente. Unha historia a maior parte das veces aceda, dura, como duros foron os tempos que rememora, triste, silandeira, e sobre todo chea de forza. Freixanes non só xoga co narrador-lector, senón que tamén é quen de aportar un cantar de cegos na novela, logrando un encaixe de bolillos camariñés perfecto no que abraian os saltos e os ritmos narrativos, rematando nunha puntada final venezolana totalmente inesperada polo cambio da liña narrativa que nos envolve ata as últimas liñas. E máis inesperado resulta que todo este tecido se teña en pé arredor dunha partida de cartas, ben longa por certo, ben cheíña de cartos tamén, pero que na arañeira de personaxes cobizosos, maledicentes, teimudos, e mesmo tenros, vai desenvolvendo o nobelo dun amor non tan imposible que nos tensa ata o final.
Fermosa novela curta de Hernán Rivera Letelier publicada por Alfaguara: La contadora de películas é un relato triste e agónico onde o sentimento da perda domina sobre todos os acontecementos que aquí se narran. Un libro sobre a brevidade do éxito, sobre a tristura da realidade, sobre a pobreza, sobre os soños truncados, sobre a historia dunha pequena e pobre vila... que sempre supera a ficción.



