Romántica curta de Disney dirixida por John Kahr e Kristina Reed nominada aos Óscar deste ano.
Vía
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
![]() |
| Ilustración de Agu Ariza |
Andrea Maceiras é a xove autora de Nubes de evolución publicada por Xerais na súa colección Fóra de Xogo. Un título a ter en conta para as aulas posto que constitúe unha lectura atraente que estou segura vai entusiasmar ao alumnado, sobre todo porque por fin lles propoño un final feliz! Fóra desta miña brincadeira, debo asegurar que me gustou e que me resultou ameno e mesmo emotivo en varias ocasións. E porque creo que o frío das estacións de autobuses é moi real e porque a vida non sempre é doada nin é o que parece, aínda que a autora nos propoña que somos nós quen podemos virala e loitar para dar as costas a decepcións e enganos. E aínda que ese final inxenuo e marabilloso paréceme excesivo, a historia en si está ben e os finais felices cómprennos de cando en vez para sorrir abertamente e crermos en solucións que aínda non sexan doadas están ao alcance da nosa man. E por que non unha Ánxela nas nosas vidas?
Escrita por Milena Agus e publicada por Alfaguara, Alice non é unha gran novela pero lese con gusto sinxelo. Novela coral, sensible, non apaixoante nin apaixoada, de amores imposibles e soidades cotiás, de loitas diarias e de xente máis ben extravagante, con traxedias ao lombo e amores fracasados. Como marco para a historia (ou historias) a decisión de vivir, o que supón esta de valentía e de ledicia, a pesar de todo.
Thomas Wolfe é o autor desta breve pero magnífica novela publicada por Periférica: El niño perdido fabula sobre a capacidade do ser humanso para esquecer e para recuparar o esquecido, pero tamén fala da morte, do misterio que significa perder un irmán de doce anos, da dor que isto produce e dos mecanismos de defensa que xeramos para aturar esta dor. Todo isto cargado de lirismo e emoción, de tenrura e de murmurios que podemos escoitar como un río que flúe paseniño, aló ao fondo.


Lux Aeterna es recorrido acompañando a la luz en su viaje desde las más lejanas galaxias hasta las más pequeñas gotas de agua.
A verdade é que me aledei moitísimo cando souben que Lorenzo Silva gañara o último Premio Planeta, posto que aínda que me confeso non seguidora deste premio teño por Lorenzo Silva unha grande estima despois das súas dúas visitas aos centros de ensino nos que estiven. E recoñezo que a miña alegría foi maior cando cheguei á casa de meus pais e vin que meu pai xa mercara este libro, o que para min supuxo un alivio económico.A verdade é que non debeu ser moi difícil adiviñar a autoría de quen ao premio se presentaba ao formar parte da serie protagonizada polos gardas civís Bevilacqua e Chamorro, pero esa é outra cuestión que a min, particularmente, non me afecta. La marca del meridiano é a novela negra de Lorenzo que máis presente ten o contexto socioeconómico no que se desenvolve a acción (non tanto como as novelas de Petros Márkaris) posto que xa sabemos que é un instrumento propicio para analizar tempos revoltos como o que estamos a vivir. Así poderemos ler como os recortes salariais aos funcionarios ou as tensións políticas Cataluña-Madrid axudan á manter esa ironía propia do protagonista que nos conquistou hai ben tempo. Aínda que a min deume a sensación de estar escoitando ao autor, non ao personaxe.
Moito me recomendaron o libro de Ferdinand Von Schirach Crímenes, así que cando vin este segundo non o pensei, e non errei precisamente: Culpa, publicado asemade por Salamandra, é unha lectura que non deixa indiferente. Ambos libros teñen en común que son un conxunto de episodios xudiciais nos que o escritor intervén dalgún xeito. E parece ser que tamén ambos comparten a maneira de estar escritos: economía de recursos e exposición clara e axustada. E o resultado é fascinante. Porque estas noveliñas negras foron reais e iso dános unha idea de todo do que a humanidade é capaz. Outra cousa que nos queda clara: a xustiza non é nada perfecta.