Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/06/09

Os pais defenden a inmersión en galego

Pais e nais de alumando do colexio CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña amosaron onte a súa tristeza e preocupación pola intención da consellaría de Educación de eliminar o Plan Experimental de Galego nos centros escolares de Galicia. Apoiaron, desde os seus testemuños, manter a docencia bilingüe nos colexios, xa que aseguran que este iniciativa conseguira grandes logros como o que os menores puidesen desenvolverse tanto en galego como en castelán.
Non queren que a Xunta elimine o Plan e esixen á Consellaría que o profesorado sexa galegofalane para que empreguen o galego nas relacións cos nenos e coas nenas, mesmo nas actividades complementarias e nos actos que o centro organice, como xeito de fomentar o idioma.

Toda a noticia aquí.


1 comentario:

Anónimo dixo...

Grazas por tanta información

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.