Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Catapulta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Catapulta. Amosar todas as publicacións

22/02/11

Enciclopedia de rebeldes

Fermosísimo álbum ilustrado esta Enciclopedia de rebeldes subtitulada "insumisos y demás revolucionarios" que edita Catapulta e que escribe e ilustra Anne Blanchard, Francis Mizio e Serge Bloch. Un novo xeito de achegarnos a homes e mulleres da Historia: Akenaton, Gandhi, Marie Curie, Georges Sand, Rosa Luxemburgo... persoas que son personaxes que debemos coñecer e non esquecer que loitaron polo que creron ou polo que idearon.


El mundo no les gustó…
¡y ellos lo revolucionaron o intentaron hacerlo!

Esclavos, soldados o simples seres humanos dijeron <>
a los tiranos y opresores.
Pensadores y escritores, lucharon contra las desigualdades
y las injusticias.
Científicos y artistas, cuestionaron los principios y rechazaron los límites.

Retornemos con ternura sobre los pasos de la infancia de estos rebeldes.
Compartamos con humor sus incertidumbres de juventud.
Descubramos los momentos clave de sus vidas para comprender
cómo dejaron su huella estos personajes célebres.


06/02/11

Érase una vez una vieja que tragó una mosca gris



Vale, xa sei que é un pouco tarde, á miña idade, pero... este ano descubrín que os reis magos existen! Perdón as Raíñas Magas!. Xa vos falei de dúas, e agora chega a terceira. Que vén con retraso? É que pensades que a fortaleza que supón a muralla de Lugo é tan fácil de vencer por moi maga que sexas?

Érase una vez una vieja que tragó una mosca gris é da editorial Catapulta, e é do deseñador gráfico Jeremy Holmes, que lle dá á rima do texto un xiro inesperado que ao final nos deixa pampos. O máis chamativo, dende logo, é a edición en si, o obxecto que temos entre as mans: un formato alongado con funda coma a bata da casa da vella protagonista; as páxinas son tan só o que é a barriga da vella, a parte central do libro, e na última páxina temos unha sorpresa que non vola vou contar. Ademais, as ilustracións semellan antigas, todas elas en tons grises e marróns.
Que vos vou dicir? Que teño que mercar unha caixa forte para gardar esta xoia?


Érase Una Vez Una Vieja Que Tragó Una Mosca gris. Y una araña. Y un pájaro. Y un gato. Y un perro. Y una serpiente. Y una vaca. Y un caballo. ¿Sabes qué le pasó?





Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.