Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
30/11/10
Desde Cádiz para os profes
El Pequeño Rey, Director de Orquesta
Creo que aos máis peques lles gustará moito.
Atoparalo en Ekaré, Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos
Los niños del aire
Un álbum case-surrealisto cheo de lirismo que fala da posible incomunicación dos seres, da invisiblidade, do amor, da solidariedade. Martín Garzo mestura a fantasía coa realidade que quere denunciar neste libro: o pouco ou nulo respecto que lle amosamos ao medio ambiente. E faino de xeito tan sutil que a súa lectura é axeitada para calquera idade. Porque, finalmente, hai esperanza.
Igual que en La Tierra, en las nubes nacen niños. Un día una chica se encontró a uno de esos niños y enseguida se dio cuenta de que estaba enfermo, así que quiso cuidarlo. Se percató de que el niño era muy especial pues hacía cosas que ningún ser de la tierra podía hacer. Poco a poco conoció a más familias que cuidaban de niños parecidos al que ella había adoptado… Pero ¿estaban bien en tierra? ¿No serían más felices volviendo a sus orígenes, con sus verdaderas familias? ¿Qué provocaba que enfermaran y cayeran de las nubes?
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Libros, Medio Ambiente, Recomendamos, SM
Un Nadal de conto
Veño de velo en Papel en blanco e non me puiden resistir:
Pero si que ten unha estética preciosa, non?
Atoparalo en Libros, Publicidade
29/11/10
La cena
Si, La cena de Herman Koch é así de contundente. Editado por Salamandra, foi Premio do Público no seu país, Holanda, e elixido Libro do ano 2009. Non estraña.
Demoledora crítica á sociedade actual, a esa clase media na que tod@s nós nos enmarcamos, non deixa títere con cabeza.
E o peor: inspirado nos feitos reais que tiveron lugar en Barcelona no ano 2005 cando dous mozos, fillos de familias acomodadas, foron condeadeados por queimar unha indixente que durmía nun caixeiro.
Os personaxes están tan ben construídos que semella que non lle deron apenas traballo ao autor. Só cunha cea sabemos a que tipo de persoas nos enfrontamos. E cada páxina serve para nos horrorizar máis, preguntándonos que tipo de moral estamos a crear nesta nosa sociedade, preguntándonos mesmo cal sería a nosa reacción se vivísemos unha situación semellante. Preguntándonos se hai remedio para tanta crueldade disfrazada.
Implacable, chea de ironía, mesmo dunha dose de humor que cómpre de cando en vez.
Un libro que, sinxelamente, tedes que lelo. E cavilalo.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Salamandra, Sociedade
Infancia invisible
Os responsables de lanzar a campaña foron Ogilvy y Mather Shangai para Unicef: buscan chamar a atención sobre o importante de facer que as palabras en moitos discursos políticos pasen a ser algo máis que palabras.
Souben de todo isto grazas á revista XL Semanal, onde se pode ler o seguinte texto:
Atoparalo en Dereitos Humanos, Infancia
28/11/10
Breogán Riveiro en Forcarei
Grazas a Breogán e á editorial Galaxia pola compañía.
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Escritores, Forcarei, Letras Galegas, Visitas
Forcarei en Culturgal
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Forcarei
Me gustan los abrazos
Me gustan los abrazos.
Los Largos y los cortos.
Los mojados dentro del mar.
Los secos debajo de un paraguas.
Los horizontales en un sofá.
Los de pésame en un entierro.
Los de los hinchas por una victoria.
Los abrazos lejanos de las bodas con una tía segunda.
Los que recibo en un mensaje de móvil.
Los que se dan los abuelos.
Los abrazos a los árboles.
Los felices de un reencuentro.
Los tristes de una estación de autobús.
Los abrazos de inviernos debajo de tres mantas.
Los que tienen lágrimas saladas.
Los del día de mi cumpleaños.
Los que duran un trayecto de autobús.
Los que dan garrampa (calambre, chispas).
Los de una escalera mecánica a diferentes alturas.
Los que tienen sexo.
Los de abrigo, guantes y bufanda.
Los incómodos.
Los de terror en el cine.
Los abrazos que no di.
Los que tienen tos y fiebre.
Los de hierba y amapolas.
Los de un banco de madera en una plaza.
Los abrazos en la parte de atrás de un taxi.
Los que no puedo olvidar.
Los que he olvidado.
Los que me doy yo solo.
Los abrazos en equilibrio de los borrachos.
Los que tienen arena del desierto.
Los abrazos a una estatua para sacarte una foto.
Los abrazos a tres.
Los que me daban mis padres cuando era sólo un feto.
Los que huelen a humo y saben a cerveza.
Los que duelen. [los que dan paz]
Los abrazos inmóviles al sol.
Los abrazos por la espalda.
Los que no tienen palabras.
Los que se dan en el camerino de un teatro.
Los sinceros y los hipócritas .
Los que vienen acompañados de un "te quiero".
Los que no le puedo dar a los peces.
Los que dan los niños a un muñeco.
Los de mi primo.
Los que me da Andrea.
Y sobre todo, los que me das tú.
La vida es una suma de abrazos, unos curan y te hacen crecer,
otros duelen y te hacen llorar. Aún así sumemos.
Atoparalo en Ilustración, Latas de Cartón, Lectura, Libros, Recomendamos
El paseo de un distraído
–Mamá, quiero dar un paseo.
–Ve, Giovanni, pero ten cuidado al cruzar la calle.
–Eres siempre tan distraído...
–No te preocupes, mamá. Adiós, mamá.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos, SM
Non á violencia contra as mulleres (CLXXVIII)
O día 25 de novembro recomendábanos este vídeo con estas palabras:
Este é o cartaz que elaborou o Concello da Coruña:
Un día para dicir SI.
Atoparalo en Igualdade, Muller, Música, Violencia de Xénero
Interactivos
A quen lle apeteza:
http://quijote.bne.es/libro.html
Ademais, aquí tedes acceso á Biblioteca Dixital Mundial.
Ciencia ficción na Biblioteca Nacional.
E aquí un paseo pola Capela Sixtina.
Tampouco debemos esquecer as guías do Mueso do Prado.
E aquí podedes crear un xardín.
Para rematar, ide a "El Libro Total".
Vota a túa opinión sobre os libros lidos: 233 libros. com.
Pasea polo Museo.
Sobre nenos con autismo.
Un conto para traballar os Dereitos Humanos.
Atoparalo en Arte, Biblioteca, Libros, Tecnoloxía
27/11/10
Dot
Nokia 'Dot' from Sumo Science on Vimeo.
Vía Recogedor
De camino a la escuela
Atoparalo en Ilustración, Infancia, Lectura, Libros, Recomendamos, SM
Paula en Nueva York
A soidade dunha gran cidade, miles de persoas de diferentes nacionalidades que conviven sen coñecerse, a maxia, os animais humanizados... todo ten cabida neste álbum ilustrado.
Un día que Paula fue a visitar el edificio más alto de la ciudad con su profesora y sus compañeros de clase, montó en una nube que pasaba por allí. –Hola, nube, ¿me llevas a dar una vueltecita? –¡Claro, sube! –le respondió la nube.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos, SM
26/11/10
Lune et l'autre
Vía Recogedor
O libro da auga
Vino na Biblioteca do cole e non puiden resistir a tentación de llelo roubar:
Atoparalo en Libros, Medio Ambiente, Tecnoloxía
El mosquito zumbador
Atoparalo en Ekaré, Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos
Latente
A dor e a necesidade en Haití perviven.
Ha*Ash en Haití (2010) from Ha*Ash on Vimeo.
Atoparalo en Dereitos Humanos, Música, Solidariedade
25/11/10
Non á violencia contra as mulleres (CLXXVII)
O lar de Frianciño: Para non maltratar coa linguaxe.
Biblioteca Sarmiento, Literatura e Violencia de Xénero.
Biblioteca Faro das Lúas: carteis contra a violencia
Biblioteca Pino Manso: foto real.
BiblioArzúa e a cincenta.
BiblioIris: unha boa recompilación.
Bibliolhosgrandes: Pola dignidade e a vida; música contra a violencia de xénero.
A Biblioteca do Cole de Moaña: libros por idades.
Biblioteca do CEIP de Pazos: libros.
Crocaio de Sampaio: Oca da igualdade.
O blogue de Donte: recursos.
IES de Vilalonga: Guía de libros.
Mesturas: “Off the beaten Path”.
O Segrel do Penedo: Campañas.
BlogFesquío: webquest.
Vilán: Tarxeta vermella.
O recanto de Mik: Coeducación.
IES Monterroso: Artes contra a violencia.
Raioteca: O país dos mandóns.
IES Lamas de Castelo: actividades.
Caracolatola: libros:
Heroínas da Sálvora.
ENL Primeiro de Marzo: Bicos e poemas.
Reflexión en Cadernos de Vide.
Radiografíate en Heroínas da Sálvora.
Bibliotequear: El acoso moral.
Blogue de Carlos Callón: outra visión da violencia de xénero.
Ademais, en Todas, tedes diferentes ligazóns de interese.
E non esquezades este blogue, boísimo, que nos manda Yolanda para traballar os estereotipos de xénero co seu alumnado.
Atoparalo en Biblioteca, Compilación, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
25 Novembro: Non á violencia contra as mulleres (CLXXVI)
Un amplo espectro de posibilidades ateigan o universo da violencia contra a muller, aínda que adoptamos a pensar tan só en golpes e mortes porque é o que oímos a cotío na televisión ou na radio. Non esquezades que hai violencia en moitos fogares que están ao noso derredor, desa violencia que vai minando mentes e non corpos. E non deixemos de pensar nesoutros mundos que semellan tan afastados e non o están: guerras, violacións, burkas... Moitos tipos de violencia contra un sexo que tradicionalmente tense denominado como "feble" e que tan só pide xustiza e igualdade.
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
24/11/10
Non á violencia contra as mulleres (CLXXV)
Achegámosvos o vídeo realizado polo IES Lagoa de Antela:
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
La mejor familia del mundo
Recoñezo que me chamou a atención polo título e a información da contracapa: unha nena que agarda a súa propia adopción. E isto supón a vertixe real mesturada coa lectura tenra do libro. E gustoume a xenerosidade do amor que reflicte, así como a felicidade contida en pequenos tarros que non precisan de grandes fazañas.
Creo que é un libro moi recomendable.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos, SM
Algo con lo que nadie había contado
Un álbum cheo de profundas reflexións: ímonos deter a facelas? Ou imos seguir adiante, sen tempo para elas, sen tempo para a solidariedade, sen tempo para os demais? Soidade, incomunicación, ritmo frenético... pensemos en que se está a convertir a nosa sociedade e a nosa propia vida. Saberemos cando menos respectar a aquel que nada contra corrente?
Creo que paga a pena que leades o comentario que atopei no blogue "La tormenta en un vaso". Tamén paga a pena que lle botedes un ollo a este álbum. É diferente. E non deixa indiferente.
Atoparalo en Cuatro azules, Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos, Reflexións
Non á violencia contra as mulleres (CLXXIV)
Tamén me contaron que tiñan un libro onde os e as clientes deixaban as súas reflexións e opinións sobre a montaxe, e que a máis emotiva era sen dúbida o testemuño dunha muller maltratada e valente que xa era quen de falar de si mesma e procurar axudar ás demais.
Dende aquí, parabéns.
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
23/11/10
O Bo Libro
Vía Microsiervos
Atoparalo en Humor, Reflexións
Niña Bonita
Atoparalo en Ekaré, Igualdade, Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos
A filla do ladrón de bicicletas
Gústame ese pouso de reflexión que xira arredor de certas condutas e de certos hábitos sociais moi extendidos nas nosas vilas máis pequenas coma o ruxe-ruxe provocador que chega a ser crido e aumentado) e que engaden normalmente neste tipo de literatura para que a mocidade non só lea senón que tamén reflexione, cuestión importante na formación dun lector cómplice.
A ver que opinan os nosos lectores máis novos!
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Letras Galegas, Libros, Premios, Recomendamos, Xerais
Non á violencia contra as mulleres (CLXXIII)
Tu Voz Cuenta. Por un mundo sin violencias contra las mujeres from Tu Voz Cuenta on Vimeo.
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
22/11/10
Success story
Simpática publicidade a desta compañía de seguros rusa "Alfa Strahovanie".
success story from adui on Vimeo.
Vía
Atoparalo en Animación, Publicidade
El hombre que compró la ciudad de Estocolmo
Para reflexionar.
"Porque a todo niño que viene a este mundo le pertenece el mundo entero y no debe pagar ni un céntimo por él. Tiene únicamente que remangarse, extender las manos y tomarlo".
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, SM
Facelo feliz
Varias persoas mandáronmo ao correo dicindo que era un folleto de 1953. Porén, acabo de ver en Todas que é a cabeceira dunha serie mexicana. Sexa como sexa, paga a pena botarlles un ollo, dá medo:
21/11/10
Riveiro Coello en Forcarei
Eu, pola miña parte, agradézolle ademais esas horas de lecer que logo compartimos e aproveitamos para falar, maioritariamente, de libros.
Desde o noso recuncho, grazas, moitas grazas, Antón, pola túa xenerosidade.
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Escritores, Forcarei, Letras Galegas, Visitas
Text 2.0
Atoparalo en Libros, Tecnoloxía
Sempre hai un lugar para a poesía (LXXXV)
Ídolos
Entonces, cuando yacíamos
abrazados frente a la ventana
abierta al desmonte de olivos (do
semillas desnudas dentro de un fruto que el verano
ha abierto violento, y que se llena
de aire) no teníamos recuerdos. Éramos
el recuerdo que tenemos ahora. Éramos
esta imagen. Ídolos de nosotros
para la fe sumisa de después.
(Gabriel Ferrater, Versión de J. A. Goytisolo)
Atoparalo en Poesía
Non á violencia contra as mulleres (CLXXII)
Por que os maltratadores golpean e matan ás mulleres?
Entrevista radiofónica:
Atoparalo en Documental, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
Boas iniciativas
Gústanme estas iniciativas, a pesar da lingua que usan, algo que xa recriminei (con nulos resultados, por suposto).
Atoparalo en Fomento da lectura
20/11/10
Reclamos sexuais
Atoparalo en Actualidade, Publicidade
Fomento da lectura, unha nova fronteira para o libro
Temos poucas fotos de tantos momentos emocionantes e de tantos mestres que tanto nos ensinaron nestes dous días.
Pero si temos o documento de conclusións:
1) A lectura é unha actividade imprescindible para crear cidadáns libres, críticos e formados, e o seu fomento constitúe unha necesidade para romper as fronteiras que restrinxen o libro e a lectura e que non permiten que o seu acceso sexa un ben de carácter universal.
2) O labor dos medidadores hoxe é máis necesario ca nunca e o seu papel debe ser valorado, reinvindicado, promocionado, escoitado e profesionalizado.
3) É imprescindible que a lectura forme parte da axenda pública (administracións, medios de comunicacións, programas políticos, etc) e adquira a notoriedade que lle corresponde nunha sociedade do século XXI.
4) Para falar de fomento da lectura é fundamental entender o papel social que encarna da lectura pública e, moi notoriamente, o papel das bibliotecas. A rede galega de bibliotecas públicas, e todo o sistema bibliotecario galego, debe ser impulsado e fortalecido.
5) Os novos tempos fan necesaria a creación dun novo tipo de lector, que é o lector social. Hai que entender a lectura desde unha óptica máis global, máis social, afrontando os retos do futuro, que sintetizarán a lectura impresa e a ciberlectura.
6) Cada vez máis, no ámbito do libro e da lectura, é necesario crear lectores, non consumidores de libros. Xa que logo, o proceso de selección neste tempo determinado polo mercado, é imprescindible. Non vale calquera libro.
7) As bibliotecas escolares son centros de recursos fundamentais para o fomento da lectura e o adestramento no acceso e selección da información. Parece necesario dotalas de recursos humanos con horario e dedicación específica para o profesorado implicado. Tampouco podemos esquecer que, como dicía Gabriel Zaid, o principal problema da lectura está nos universitarios que non len. Tamén parece necesario, pois, impulsar universidades lectoras.
8) No reto da lectura evidénciase como unha necesidade a recuperación, para a familia, da responsabilidade da educación a través a transmisión da lectura como un acto cotián, íntimo e entrañable, que ademais tamén constitúe unha inversión educativa.
9) O hábito da lectura fundaméntase a través de accións continuadas, dirixidas a favorecer o hábito lector e a achegar o libro e a lectura ás persoas. Nese sentido, dubidamos da eficacia das grandes campañas publicitarias queconsumen presupostos desmesurados.
10) A AGE expresa o seu compromiso co fomento da lectura e, moi especialmente, cos seus mediadores, apostando por afrontar os retos de futuro que o libro, a lectura e a cidadanía deste século demandanan a fin de crear un mundo máis libre, máis consciente e máis xusto.
Atoparalo en Actualidade, Colaboracións, Fomento da lectura, Lectura
Día Universal da Infancia
Estimad@s amig@s
O día 20 de novembro do ano 1989 aprobouse nas Nacións Unidas a Convención dos Dereitos da Infancia. É por isto que se adoptou esta data como día universal da infancia. En consecuencia co noso compromiso social quermos informar e solicitar o voso apoio como cidadáns “bos e xenerosos”.
A Comisión de Galiza co Galego (CGG) segue avanzando co movemento sindical, de renovación pedagóxica, de normalización lingüística, e de cooperativismo galego para conseguir dar cumprimento na Galiza ó dereito á educación da infancia. O vindeiro mes de decembro debateremos sobre o proxecto educativo marco da Rede de Novas Galescolas e das escolas candidatas a formar parte da mesma.
A idade de acadar a lingua está na contorna dos primeiros anos. O inicio dunha rede impulsada pola iniciativa popular de educación infantil é un acontecemento histórico que determinará o futuro dos dereitos da infancia e do noso idioma.
Tod@s podedes participar e axudar, de diferentes maneiras:
1/ Difundindo a idea da Rede Popular de Ensino, para que a cidadanía apoie, coñeza que existe a determinación de facer ensino en galego e comprometa a súa defensa real efectiva no noso blogue: http://limiargalego.blogspot.com/
2/ Facéndovos soci@s (se non o sodes) da Comisión, participando nos debates por correo electrónico ou por medio do noso grupo “O bulideiro”, e contribuíndo coa vosa cota anual (10€) a facer actos públicos e xuntanzas de traballo. https://sites.google.com/site/limiartaboleiro/novas/Follafiliaci%C3%B3nCGG-2.pdf?attredirects=0&d=1
3/ Achegando ideas como soci@s ou membros do movemento. Neste intre o que precisamos é coñecer as escolas infantís (privadas) que existen na Galiza e que defenden e usen a noso idioma, podedes achegarnos o seu nome e localización ao noso correo: comisiongalizacogalego@gmail.com
Grazas.
Os dereitos dos nenos:
Impresionante recopilación de recursos da biblioteca Milladoiro de Malpica.
E unha web divertida sobre o tema.
Moi interesante este artigo: "Dejad que los niños se acerquen a mí".
Informe de Unicef.
Un día despois, veño de velo en Brétemas, calafriante testemuña de prexuízos raciais:
Atoparalo en Efemérides, Infancia
Pornografía Infantil NON
Artigo en Casa das Letras.
Atoparalo en Dereitos Humanos, Infancia
19/11/10
Mon ami le robot
Playing with light - Mon ami le robot from Cube Creative on Vimeo.
Vía
El cazo de Lorenzo
Editado pola editorial Juventud e recomendado pola FEAPS (Confederación Española de Organizaciones en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual), O cazo de Lorenzo é de Isabelle Carrier.
Atoparalo en Igualdade, Ilustración, Infancia, Juventud, Libros, Recomendamos
El hombre que entraba por la ventana
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos, SM
Todo o que necesitas é amor
Amor é todo o que necesitas.
Atoparalo en Dereitos Humanos, Infancia
18/11/10
The Monstrejo
The Monstrejo from Pep Lluis Llado on Vimeo.
Vía.
Sombras
Sombras de Suzy Lee é un libro sorprendente, como todos os desta autora. Publicado, como non, por Barbara Fiore. É impresionante a habilidade que amosa esta autora en todos os seus libros para nos contar miles de historias en cada un deles, todos tan atractivos e suxestivos, tan fermosos e tan plenos. E aínda que puidese parecer que todos eles se semellan, cada un é diferente e incrible, deses libros que che apetece mirar de cando en vez para mergullarte nos seus soños. Uns soños que acaban sendo teus, como a imaxinación, como o poder das ilustracións que Suzy Lee nos agasalla.
Imprescindibles.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Barbara Fiore, Recomendamos
A forza do cambio
Vía
Atoparalo en Actualidade, Fotografía, Muller
Letras siamesas
A idea máis estendida é que Lois Pereiro, escritor ao que se lle dedicará no 2011 o Día das Letras Galegas, deixou unha obra literaria tan intensa como reducida. A tese asentaba en que nos seus dous libros publicados en vida, Poemas 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade (1995), non chegaban a cen as composicións e a súa novela Náufragos do paraíso -rescatada hai anos por Manuel Rivas para a revista Luzes de Galiza- era un texto inconcluso co aliciente, iso si, de descubrir as vertentes narrativas do poeta. Pero a realidade parece que é moi diferente: Positivas achegará aos lectores nos próximos meses Conversas ultramariñas, o emocionado diario que Pereiro escribiu durante tres meses en 1995.
¿Por que non saíra aínda á luz este texto, considerado por Paco Macías, o director de Positivas, como o mellor do escritor monfortino? As razóns son varias pero o segredo, como todo na poesía de Pereiro, está en Piedade Cabo, a muller que foi o seu "siamés", como a el lle gustaba chamala incluso despois de 1985, cando rompen a súa relación de parella e inician unha amizade alén do amor e da urxencia sentimental.
En 1995, Piedade Cabo pasou tres meses en San Francisco (California) facendo un curso inglés. Para poder soportar o gume diario da súa ausencia, a ansiedade da separación física, Lois Pereiro escribiu un diario que lle enviou por carta en dúas entregas, a última cando ela xa regresara a Galicia. Ata agora, Piedade Cabo gardou o texto nun caixón, en parte pola súa natureza íntima e en parte porque sente aversión polas obras póstumas. Porén, todo parece indicar que Pereiro era consciente da trascendencia dos diarios e de que o texto estaba listo para editar. Nunha anotación, a xeito de testamento, indícalle mesmo que poderá usalo se precisase os cartos. O que a decidiu a rescatar o orixinal non foron os cartos, senón a certeza de estar ante unha obra imprescindible para entender o mundo do autor, nacido en Monforte de Lemos en 1958 e morto na Coruña en 1996.
Os diarios diríxense expresamente a Piedade Cabo, protagonista xa de boa parte dos seus abondosos poemas de amor coa denominación de P. ou, incluso, como Piedad noutros textos. Piedad faise especialmente presente en Poemas para unha loia (Espiral Maior 1997), onde se recollen os textos aparecidos na revista Loia, editada en Madrid a mediados dos setenta por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, irmán do poeta. No volume aparece tamén Modesta proposición, o impactante alegato político que lle publicou Luzes de Galiza en 1996.
Conversas ultramariñas acaba converténdose nunha prolongación dos trazos que xa se apuntan nesa Modesta proposición, pero desde unha clave interna: Trátase dunha crónica escrita na encrucillada onde Pereiro se debateu ao último da vida. Unha encrucillada que fai referencia ao amor e á súa transformación nun sentimento de direccións múltiples, case místico, pero unha encrucillada pola que tamén transita o seu radical cambio na forma de concibir o acto da escrita e na forma de entenderse a si mesmo como escritor.
O texto, ao cabo, amosa a dirección cara a que se encamiñaba o máis enigmático, carismático e complexo poeta da chamada Xeración dos anos oitenta.
O EDITOR
Paco Macías: "O libro desmitifica a Lois Pereiro e mellórao"
O director de Edicións Positivas, Paco Macías, cualifica de "auténtica marabilla" Conversas ultramariñas, un título que entra no seu catálogo para convertelo, xa definitivamente, no editor por execelencia de Pereiro. En Positivas, apareceu en 1991 Poemas, libro inicial que daquela ninguén lle quería publicar e que Macías asumiu "como unha aposta pola poesía".
Algo semellante, aínda que en 1995 xa había máis interese editorial pola figura do poeta da dor, ocorreu con Poesía última de amor e enfermidade, un poemario onde Pereiro renova a escrita para deixar o que moitos consideran -e el así o dicía- o seu testamento literario.
Para Paco Macías, que non se considera "un mitómano", publicar o único inédito que deixou o próximo homenaxeado co Día das Letras non supón "unha alegría especial", pero si lle satisfai que Conversas ultramariñas sirva "para desmitificar a imaxe de Lois Pereiro e para mellorala: son cartas de amor pero tamén terxtos que deixan traslucir un home combativo, un home que case se quere converter nun guerrilleiro".
Lois Pereiro nas rúas de Vigo.
Máis sobre Lois Pereiro.
Atoparalo en Actualidade, Artigos de prensa, ENL, Lois Pereiro
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.