Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/11/08

Este si que mola

Todos os anos créase unha especie de expectativa con quen será a estrela elixida para protagonizar a publicidade navideña de Freixenet. E este ano as elixidas son as mozas que forman o equipo nacional de natación sincronizada, esas "sereas de ouro" que fan marabillas na auga e que a min me alucinan. Por iso creo que este anuncio paga a pena de verdade.
Se premedes na web veredes unha curta, felicitacións... unha pasada.






Vía Islas Cíes

A fada das lapas



Un fermoso e triste libro este do ilustrador Manuel Janeiro publicado pola editorial Galaxia nunha curiosa edición; e digo curiosa polo de coidada e de singular que o libro posúe. Porque A fada das lapas non é un conto infantil nin é unha novela para adultos. É un relato de amores sobrenaturais e de amores humanos, de amores entre homes e mulleres e de amores materno-paterno-filiaiais; é tamén un libro de vontades, de desexos, de audacias, de fortalezas, de valentías e de ousadías. Un libro do que presumir nos nosos andeis bibliotecarios. Un libro para ler repousadamente e gozar del.

Doctor Corral, medicina general

Dos cómics que lin ultimamente, sobre todo da man do meu compañeiro Bernardo, este é o que menos me gustou. Cando llo devolvín botouse a rir porque parece que desta serie si podería prestarme máis, pero non, grazas. Non conseguín sequera unha foto da portada, pero si topei información sobre outro libro do mesmo autor, Claire Bretecher, que -segundo parece,-está moito mellor.
De trazos simples, en branco e negro, achéganos moitas historias diferentes sobre un médico e os seus pacientes. Pero, xa vos digo, non me gustou.

A ferida



Este libro de Begoña Paz é un libro de relatos protagonizados todos eles por mulleres; mulleres que senten, mulleres que sofren, mulleres que ven pasar a vida tentando amar, odiar...
Algúns dos seus relatos son totalmente desgarradores e ferintes, outros son entrañables... ningún deles indiferente. Linos agora todos para topar aqueles que o ano pasado a aprezada Concha me recomendara para o traballo contra a violencia de xénero, linos nun día porque todos eles me interesaban, e en todos eles podemos atopar calquera dos sentimentos que entorpecen e murmuran o noso andar cotián: hai soidade, hai violencia, hai desexo, hai amor, hai sexo, hai compaixón...

El señor Jean, el amor, la portera


El señor Jean, cómic publicado por Norma Editorial, de Phillipe Dupuy e Charles Berberian, fala da vida dun pobre escritor a quen a vida trata máis ou menos ben, máis ou menos mal. A porteira ábrelle a correspondencia, non o respeta até que o ve na televisión, sofre amores e desamores... unha vida bastante crible que nos achega a historia, cuns moi bos debuxos e unha serie de historias curtas. Parece que ten continuidade noutros catros álbums que van mellorando, pero non é dos cómics que máis me gustou nin que recomendo con fervor; déixase ler para logo esquecelo.
De todos os xeitos, intrígame como evolúe este personaxe e tentarei ler os catro libros que quedan. Xa vos contarei.



Non á violencia contra as mulleres (LXVII)

O noso centro asulagouse de carteis contra a violencia de xénero. Todos eles foron prestados polo concello de Lalín e son aqueles que durante varios anos presentáronse ao concurso de carteis que este concello organiza o 25 de novembro:


29/11/08

El Chino

O último libro de Henning Mankell é, polo de agora e por pouco tempo, a miña última lectura. Como xa sabedes, é un dos meus escritores preferidos en canto á novela negra se refire, aínda que recoñezo que cheguei a cansalo despois de tantos títulos. Pero agardaba esta novela con moito interese, por desprederse dos seus detectives habituais e polo que supuña de rastrexo no xigante asiático que ameaza con merendarnos o día que lles apeteza.
Nesta novela, o autor constrúe un relato aterrador a partir dun asasinato múltiple e fai que unha xuíza, Brigitta Rosslin, se convirta na investigadora principal. Tal como nos ten acostumados, o libro desenvolve unha trama asfixiante e emocionante, que nos atrapa desde a primeira liña até a derradeira. Porén, o que máis chama a atención do libro é a idea que subxace continuamente nas súas páxinas: a contada da evolución da sociedade chinesa, a súa preocupación pola expansión cara a África (algo do que xa temos falado), a saída do comunismo máis pechado á globalización, os novos ricos desa sociedade... unha lección da historia actual dun país que debemos ter sempre presente. Algo ao que Mankell decide enfrontarse disfrazándoo de novela negra.
Así pois, El chino é unha novela ambiciosa tanto documentalmente como estruturalmente, cunha investigación que baila entre os séculos XIX e XXI por países tan afastados como son China, EEUU, África, Suecia e mesmo Inglaterra, e que nos presenta un panorama desolador sobre a natureza humana e do que somos capaces de chegar a facer.
Un libro máis que recomendábel.

Con Bali Rai

O xoves foi, desde logo, un día completo de actividades. Se, tal como vos amosamos hai un momento, os máis pequenos foron ver ao mago Cali, os máis grandes (4º da ESO e 1º de Bacharelato) puideron coñecer ao escritor inglés de orixe indú BALI RAI, grazas á editorial Sotelo Blanco. Temos moito que lle agradecer a Narciso, representante desta editorial, por sermos nós os escollidos: só seis centros de Galicia tiveron esta sorte. Que a Galicia interior central é este ano a máis esquecida non hai máis que velo comprobando os programas das editorias xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística: nin un só espectáculo nin para infantil nin para xuvenil vén pola comarca do Deza.
Bali Rai, autor de Un casoiro ben mal amañado (tedes cumprida conta das opinións do alumnado de 1º de Bacharelato nas Estelas dos Ronseis) achegouse ao centro cun intérprete pois el non sabe castelán nin galego. Pero foi ameno e contou ao alumnado como é vivir nun lugar multicultural e como é vivir en situacións de pobreza que levan ao vandalismo; contou tamén por que se fixo escritor e como nos seus libros reflicte a súa sociedade, o xeito de falaren e as palabras que utilizan. Algúns alumnos e alumnas atrevéronse a preguntar en inglés directamente e outros fixérono en galego, e tod@s eles saíron moi contentos desta experiencia nova. Ademais, o libro gustoulles, que é importante!

Amancio Amigo e o mago Cali

Este xoves, e grazas á editorial Xerais, acudimos a ver un espectáculo de MAXIA a cargo do mago Cali; o alumnado de 1º de eSO, e do 2º e 3º de Diversificación leran previamente o libro Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca de Xosé Miranda. Se unha función comeza asegurando ao alumnado que "toda a maxia tópase nos libros", ben estamos. E así foi: o mago abraiou e divertiu por igual, ademais de ensinar; a súa preocupación pola lingua e pola lectura, así como pola educación, subxaceu en todo o seu traballo. O noso alumnado marchou encantado e comentando, por riba de todo, "o truco da bola", xa que era o máis novidoso para eles.
Desde aquí o noso agradecemento á editorial Xerais e a Alejandro por ofrecérnolo.

Dalí e o cinema

Vía Iniciarte entérome desta interesante reportaxe: Salvador Dalí, ademais de colaborar no cine con Luís Buñuel (Un perro andaluz, 1929), con Alfred Hitchcock (Recuerda, 1945), fixo unha pequena incursión no cinema de animación da man de Walt Disney en 1946.
A partir da canción de Armando Domínguez, "Destino", deseñou un story-board do que tan só se chegaron a filmar 20 segundos. No ano 2003, Roy Disney e o produtor Baker Bloodworth desenvolvérono coas indicacións do propio Dalí.






Coa Visa é suficiente

Desde Recogedor chéganos esta simpática publicidade. Pero é máis graciosa a explicación que lle dan en Conexiones Inconexas:


28/11/08

Sempre hai un lugar para a poesía (L)

Poema de Germán Machado titulado "El aburrimiento" do seu libro Hendiduras:

la larga demora del pasado que se va
la larga demora del futuro que no llega

el presente vaciándose como un pozo
agua
en la arena
a la orilla del mar

arrobamiento de peces
en la médula espinal

una quietud que pasma
un exceso de velocidad

siempre la misma música

el viento
el motor de un aeroplano
las gaviotas patéticas
chirriando como bisagras sin aceite
en la puerta de una nube

las mismas ganas de no estar
donde uno está


Non deixemos que morra

Coma sempre, No sólo libros, achéganos un tema único: a morte da Literatura.

Trátase dunha campaña realizada pola axencia Bleublacrouge con fotografías de Alain Desjean. Preténdese chamar a atención sobre a importancia da alfabetización baixo o lema "Cando un neno non le, a imaxinación desaparece". Presenta personaxes de contos clásicos en estado agónico nun hospital. A falta de acceso á lectura provoca a morta da fantasía e do mundo creado pola literatura.


S.O.S. A Terra

Leo en Aulablog21 que en Plus TV podemos ver os programas de Canal + cun código para inserir os vídeos no blogue.
Por iso traemos este documental tan interesante sobre o cambio climático e o quentamento global: Vídeoclips para coidar o planeta.

27/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LXVI)

Desde Sexismo Publicitario, traemos íntegra e sen traducir algo ao que nós temos feito referencia nalgunha ocasión:


De 1993 a 2005 en Ciudad Juárez, Chihuahua, ha habido entre 100 y 150 asesinatos seriales de mujeres pobres que fueron sometidas a abusos sexuales antes, durante y/o después de su muerte, además de aplicarles intensas torturas, fueron mutiladas, brutalmente golpeadas, y arrancadas partes de sus cuerpos a mordidas.


Algunos familiares de las víctimas, agrupados en la organización Nuestras Hijas de Regreso a Casa, con el apoyo de organismos civiles de México y otros países, exigieron respeto y solución a sus problemas. Obtuvieron el reconocimiento, pero la reacción gubernamental fue insuficiente. Antes, la Comisión Nacional de Derechos Humanos (CNDH) había expresado que las autoridades estatales y municipales enfrentaron el caso con "ausencia de interés y vocación", "omisión culposa", "menosprecio sexista", y que, en suma, dieron "muestras de incapacidad para contender, en el ámbito de la procuración de justicia, con la problemática que sufre la región" (Comisión Nacional de Derechos Humanos, "Recomendación 44/98, 15 de mayo de 1998", Gaceta de la CNDH, pp. 115, 116 y 123.). Las recomendaciones de la CNDH fueron ignoradas por los gobiernos locales, y como México se estaba abriendo al escrutinio internacional, las críticas del exterior se unieron a las que del país salían.

En 1999, la relatora especial de la o­nU Asma Jahangir, sobre estos crímenes aseguró que la "conducta arrogante de algunos funcionarios públicos y su manifiesta indiferencia ante estos delitos" le permitían concluir que "muchos de ellos fueron deliberadamente pasados por alto" (ONU, Informe de la relatora especial sobre Ejecuciones extrajudiciales, sumarias o arbitrarias, E/CN.4/2000/3/ADD.3, 25 de noviembre de 1999, párrafo 89. ).

En un informe terminado en el 2002, Marta Altolaguirre, relatora de la Comisión Interamericana de Derechos Humanos (CIDH), aseguró que la "denegación de una respuesta eficaz se origina y se propaga" en la "percepción de que la violencia contra la mujer... no es un delito grave" lo que "forma parte del contexto más amplio de la discriminación" (Marta Altolaguirre, Situación de los derechos de la mujer en Ciudad Juárez, México, Informe de la relatora especial sobre los derechos de la mujer de la CIDH, 2002).

En agosto del 2003 Amnistía Internacional resumió en una frase un sentir muy extendido: lo acontecido en Juárez es "un modelo de intolerable negligencia" gubernamental (Amnistía Internacional, Muertes intolerables. México: 10 años de desapariciones y asesinatos de mujeres en Ciudad Juárez y Chihuahua, Londres, Agosto 2003, p. 65.). La relevancia adquirida también proviene de la cobertura de diversos medios y de libros como el de "Huesos en el Desierto", de Sergio González Rodríguez, el video "Señorita Extraviada" de Lourdes Portillo o las investigaciones de Julia Estela Monárrez Fragoso, y Rita Laura Segato.

Desde una perspectiva más amplia, las mujeres asesinadas en Ciudad Juárez son un caso extremo de la violación a los derechos humanos que, con diferentes matices, perfiles y contextos viven, millones de mexicanas y mexicanos discriminados. Incursionar en el asunto significa ver de cerca un contexto caracterizado por la miseria, la desprotección de trabajadores, menores y migrantes, la tortura y las desapariciones forzadas y una cultura de la violencia que se ensaña en las mujeres. Es inquietante observar cómo este tipo de asesinatos se han extendido a otras ciudades (entre las que se encuentra la capital de Chihuahua).

La atención que ha recibido el caso viene de la lucha de los familiares de las víctimas y de los organismos civiles que las han apoyado. Con sus testimonios, su información y sus manifestaciones hicieron imposible la indiferencia y el silencio.

Sus testimonios refrendan y documentan la crítica de los informes ya citados sobre lo hecho y dejado de hacer, por las autoridades responsables: indiferencia, ineficacia y desorganización explicable, al menos en parte, por un menosprecio clasista hacia las víctimas cuya moralidad pusieron constantemente en duda. Desconfían de los resultados, hablan de ocultamiento de información, de hostigamientos y de la costumbre de los ministerios públicos de responsabilizar a las víctimas de la obtención de pruebas o la profundización de la investigación, además de sus propias muertes. Uno de los indicadores es que ningún cuerpo fue localizado como resultado de una investigación policíaca.

Se han abierto diversas instancias que debieran resolver los asesinatos y sus secuelas, sin embargo, ninguna ha sido contundente y al ser cuestionadas por organizaciones y gobiernos de otros países, lo que hacen es informar acerca de sus acciones y programas, pero lamentablemente no dan resultados, primero porque no los tienen, debido a que no resuelven de manera eficaz las situaciones resultantes de tales crímenes, ni frenan los asesinatos, esto es sólo una política de simulación para hacer creer a quienes presionan por una solución, que ahora sí, se pone atención a l problema.

"El gobierno federal vio el problema de los asesinatos desde un punto de vista policiaco, y no como un problema social. Lo que está en disputa no es la competencia jurídica para ver quién investiga un delito -que por lo visto, nadie podrá resolver por esa vía- sino lo que se le exigía era su intervención para ir al fondo del asunto de manera integral. Porque insisto, el encontrar al o los asesinos, sólo es una parte del todo. Lo de fondo es: ¿por qué se asesina con tanta facilidad aquí a las mujeres? Y eso tiene repercusiones e implicaciones que van desde lo sociológico (la anomia social de la que habla Durkheim), cuestiones de género (alteraciones en las relaciones entre hombres y mujeres) y hasta económicas (la discusión a fondo del actual modelo maquilador, como motor del desarrollo de la ciudad, que tiene en los crímenes contra mujeres su rostro perverso), sin pasar por alto el aspecto político (el medro de partidos y políticos cuando están en campaña) en torno a este grave problema y por supuesto la reparación del daño, que nos lleva a preguntarnos, ¿qué se ha hecho por los sobrevivientes de ese horror? Y entonces comenzaremos a redimensionar lo que se vive en Ciudad Juárez. "Feminicidio, Estado y violencia en Ciudad Juárez", Servando Pineda Jaimes, 2005.

El nuevo gobierno del Estado de Chihuahua, al que pertenece Ciudad Juárez, y encabezado por el Lic. José Reyes Baeza, en el discurso muestra mayor voluntad que sus antecesores, sin embargo, en los hechos no resuelve mas que lo concerniente a los asesinatos de mujeres que ocurren en su gestión, aplicando los esfuerzos para que estos casos no queden sin investigación, pero el feminicidio del pasado, queda pendiente, lo que nos hace pensar que todo esto ocurre bajo una política cosmética que intenta demostrar que en esta ocasión sí se trabaja para abatir la impunidad, más impulsada por la necesidad de responder a las demandas internacionales y a las recomendaciones de diversas instancias de Derechos Humanos internas y externas, que por la real voluntad de dar atención a un grave problema por años ignorado.


Os cartos das mulleres

Aínda que non vos guste o final..., tedes que recoñecer que o vídeo está xenial!


26/11/08

Xornal de Galicia

Un novo medio de comunicación en versión impresa e electrónica, Xornal de Galicia, vén de publicar na súa web unha campaña de promoción histórica, en todos os sentidos. Retraso Cero.

Os Irmandiños:



A morte de Calígula:



Don Pelayo:



Vía Brétemas


Non á violencia contra as mulleres (LXV)

Deseñadores contra a violencia de xénero:



Vía


Desde "Mujeres Insumisas" chega este comunicado:

Eliminar la violencia basada en el género:


Hacia el reconocimiento del derecho de toda mujer a una vida sin violencia


Ginebra, 25 de noviembre de 2008. Con ocasión del Día Internacional para la Eliminación de la Violencia contra la Mujer, la OMCT se une a los miembros de su red y a otros asociados con el fin de hacer un llamado al reconocimiento de que los derechos humanos no pueden ser universales sin la protección de las mujeres contra la violencia y la discriminación basada en el género.


Varias organizaciones celebraran alrededor del mundo, del 25 de noviembre al 10 de diciembre de 2008, la Campaña de los «16 Días de Activismo contra la Violencia contra la Mujer» dedicada este año al 60 aniversario de la Declaración Universal de los Derechos Humanos y a la reafirmación de la universalidad de los derechos fundamentales de las mujeres. Dentro del contexto de esta campaña, los asociados locales de la OMCT realizarán numerosas actividades con el fin de llamar la atención sobre la amplitud, las formas, y las consecuencias de la violencia basada en el género y pedir a los Estados obrar de conformidad con los compromisos adquiridos durante la adopción en 1993 de la Declaración de las Naciones Unidas sobre la Eliminación de la Violencia contra la Mujer.


En India y en Georgia, las organizaciones asociadas de la OMCT procurarán llamar la atención sobre las consecuencias de la militarización y de los conflictos sobre las mujeres y hacer un llamado para que el Estado asuma sus responsabilidades frente a las violencias respecto a las mujeres perpetradas en este contexto. Otros temas que se mencionarán incluyen la trata de mujeres (Bengala Occidental, India), las mujeres defensoras de los derechos humanos (Nepal) y las mujeres que viven con el VIH/SIDA (República Democrática del Congo y Nepal). También se llevarán a cabo algunas actividades de formación en Bangladesh y Nepal con el fin de reforzar las capacidades de los y las activistas en la documentación y en la señalización de casos de violencia contra las mujeres. En Camerún y en la República Democrática del Congo, ONG asociadas efectuarán un trabajo de sensibilización de comunidades locales sobre el derecho de las mujeres a vivir una vida sin violencia.


El activismo local e internacional desempeña un papel clave en el reconocimiento de que la violencia basada en el género es la peor forma de discriminación respecto a las mujeres y que esto requiere múltiples medidas positivas respaldadas por las autoridades locales y nacionales. Sesenta años después de la aprobación de la Declaración Universal de los Derechos Humanos, la Campaña de los 16 Días procura hacer del respeto de los derechos fundamentales de las mujeres, una realidad.


Contacto: Mariana Duarte, md@omct.org, tel.: + 41 22 809 49 39



Porno para mulleres

A editorial Melusina vén de publicar Porno para mujeres, de Erika Lust, unha guía feminina para entender e aprender a disfrutar do cine X no século XXI. A escritora é directora de cine adulto, e fai unha guía dirixida a todas as mulleres ás que lles gusta o porno pero aínda non o saben; ofrécenos nestas páxinas unha visión clara e divertida da factoría pronográfica actual que non deixa indiferente.




Vía Comunicación Cultural

25/11/08

O noso 25 de novembro

Desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística promovemos varios actos no día de hoxe para falar deste tema que tanto nos preocupa diariamente. Aproveitando que o noso centro conta co Ciclo Medio de Actividades Físico-deportivas no medio natural, usamos as bicicletas como reclamo contra a violencia por todo Silleda. No recreo fixemos un pequeno acto de lectura de poemas a cargo do alumnado de 1º de Bacharelato e durante toda a mañá os grupos da ESO pasaron a ver os vídeos preparados para esta ocasión e que están colgados neste blogue.
Unha xornada de reflexión para tentar facer un mundo mellor


Non á violencia contra as mulleres (LXIV)

Spot gañador contra a Violencia de Xénero en TVE.
"Abre tu puerta“, do creativo publicitario e guionista de cine zaragozano Andrés Chueca, emítese en TVE estes días, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra hoxe, 25 de novembro. Un vídeo que xa vos amosamos aquí hai un tempo e que hoxe volve por este motivo.





Vía Todas


25 de Novembro (LXIII)

Un novo ano, un día máis, a nosa específica e pequena aportación na loita diaria contra o maltrato, xa sexa físico ou psicolóxico, xa sexa dentro do fogar ou fóra del, da muller. Os que nos seguides, comprobastes que por segundo ano consecutivo realizamos a nosa particular conta atrás, colgando neste blogue unha información diaria contra a violencia de xénero que culmina hoxe co noso gran de area.
Non cansaremos de denunciar unha situación e unha sociedade na que o camiño do violento parece ir a máis. Sabemos que só dende a educación é posíbel cambiar esta conxuntura. Sabemos que nos queda un longo camiño por percorrer, pero non desistiremos xamais.

Violencia de xénero non é sinónimo de violencia doméstica. Violencia de xénero é toda aquela violencia que se produce contra a muller por pensar que esta é inferior. Non esquecemos países nos que a muller é maltratada polo mero feito de selo. Non esquecemos guerras nas que as grandes vítimas son as mulleres por seren violadas unha e outra vez. Non esquecemos o sufrimento, o medo, o terror, o desexo de morrer antes de seguir con esta vida. Non esquecemos, nin hoxe, nin nunca.



Olga, do PLAMBE tamén nos achega un texto que queremos compartir convosco:

In Memoriam
El morreu hai trinta anos. A ela enterrárona estes días: morreu de vella.
El era un home sociable e ben relacionado. Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa. El baixaba á vila tódolos días. Ela non ía nin ós enterros. El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén. Ela era traballadora, simpática e dulce. El levantaba a man e o que lle cadrara. Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio. Ela viviu presa tras do mesmo muro.
A morte del só a liberou das tundas.O muro caeu o día do enterro. Dela.

Novembro de 2008


24/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LXII)

Coa característica xenerosidade plambeira, chéganos este vídeo que @s compañeir@s de Plambe-Ferrolterra nos achegan.






E ademais, Vía Mesturas, "Un conto triste" de Marcos Valcárcel:

Hoxe voulles contar un conto triste. Antonia é unha muller moi humilde que traballa como asistenta e leva a diario a roupa a enxaboar no lavadoiro público de Marineda, aterecida polos fríos do inverno. O seu propio marido asasinou á súa nai e paga a súa pena no cárcere, mentres ela vese condenada a sobrevivir en condicións de extrema miseria criando a un pequeno. A pobre muller confía en que vinte anos é abondo para curar o medo. Pensa ela que pode o seu home morrer no cárcere, ou podo morrer eu, ata aló falta moito tempo aínda. A morte natural nunca a asustou: só a aterroriza de verdade a posibilidade da volta do cónxuxe criminal.

O nacemento dun herdeiro de El-Rei, facilita un indulto que deixa ao preso libre na rúa. A Xustiza dálle ademais o dereito a compartir a casa onde vive a súa muller e onde el cometera noutrora o seu grave delito. Antonia vive angustiada, pensando na hora dese regreso, temendo ser ela a próxima vítima da violencia do bruto liberado. Chega o día fatídico e é obrigada a acollelo no fogar e a compartir leito co asasino. El non chega a matala. O corazón non puido máis: Antonia morre de medo.

Velaí un breve resume do argumento de “El indulto”, un conto de dona Emilia Pardo Bazán, publicado en 1883 en “La Revista Ibérica”. O paso do tempo non deixa de ser un xogo un pouco absurdo. Os grandes problemas, os dramas e traxedias, tamén as nosas ledicias, son os mesmos dende que se escribiu a Odisea. O ser humano, para ben ou para mal, non cambiou tanto. Quizais cambiou moito menos do que somos capaces de albiscar. Iso, cando menos, é o que nos fai pensar este relato tan oportuno, no seu tempo e hoxe.

El indulto” é literatura aínda viva: nin sequera é preciso contextualizala. Por desgraza, os xornais contan cada día historias moi semellantes.


Virus para promocionar novelas

Neste vídeo pódese ver unha demostración do que creou CP Proximity para promocionar a novela La Señal: un virus que podes enviar aos teus amigos, de broma, claro. La Señal é un thriller tecnolóxico no que un virus informático intelixente e diábolico ameaza con destruír o mundo. A súa web é unha das máis logradas en canto a deseño do mundo editorial. Premede na ligazón, por favor, porque de verdade que ides alucinar. A min, cando menos, ocorreume. É unha auténtica pasada: o booktrailer é todo un traballo.






Vía
Papel en blanco

Día da Filosofía

Pasóusenos o día, pero aí estaba No sólo libros para lembrárnolo. O pasado venres día 21 foi o Día Internacional da Filosofía, en conmemoración do nacementos de Sócrates. "A filosofía ten reflexionado sobre as crisis e problemáticas que o mundo padece, polo que a instauración desta data é importante", afirma Vargas Lozano; o pensamento filosófico debe axudar á humanidade a distinguir o que é fundamental e ético. "Filosofar é aprender a pensar no sentido de non aceptar todo o que se di ou o que se presenta como unha realidade verdadeira".
E aquí presentamos aos Heroes da Filosofía, para que o alumnado disfrute e para que o profesorado faga máis divertidas as clases: Platón, Hegel, Leibniz, Marx, os máis afamados heroes da Filosofía mundial librarán unha loita incrible por posuír a razón.
Philosophical Powers: Experimente a Filosofía con todo o seu poder.

23/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LXI)


Atopamos en Todas unha recomendación que vos queremos achegar porque nos pareceu moi interesante: as imaxes recibidas na convocatoria de Boek861 de Poesía Visual contra a Violencia de Xénero. Son máis de 260 obras que podedes contemplar nesta presentación:




Vía Todas

Casa de misericordia

Atopar este libro de poema foi todo un descubrimento que lle debo a Papel en Blanco. Lin o poemario cunha fame triste que afondaba con cada verso, con cada novo poema. Coñecía pouco o autor, Joan Margarit, e o outro día tiven a sorte de compartilo con Gonzalo Moure, quen mo leu no seu catalán orixinal. Poemas sinxelos, íntimos, dolorosamente tenros, infatigablemente certos. Non busquedes nin vangardismos nin grandilocuencias, toparedes existencialismo e paso insobornable do tempo. Non sei se foi merecedor do Premio Nacional de Poesía deste ano, a verdade, pero a min os seus poemas chéganme. E iso é o que lle pido á poesía.
Déixovos algún exemplo:

EL EQUIPO DEL ASESINO

Entre tantos desastres amontonados como sacos
la vida me dejó tu amor.
Qué más da el silencio de la noche,
el coche negro que apagó los faros
y el saxo de la radio, puesta a bajo volumen.
Impecable ha de ser sólo el disparo:
certero y peligroso. Como tú en mi vida.


VIUDA

En mis altos tacones de mujer
me alzo hacia la furia y mis ojos te escriben,
de un garabato, el nombre de mi amante.
De ti y de mí non queda más que un pozo
que fue llenándose de muertos pájaros.
De pequeña solía encerrarme en un armario:
hoy, en la oscuridad de un cine, espero
a que, dentro de mí, termine de llorar
la niña del fracaso.
Lo que no me dijiste es este frío.
Lo que nunca te dije son las piedras
que, de la playa al mar, lanza el olvido.
En mis altos tacones de mujer
me alzo elegante, sensual, furiosa,
mientras miro hacia abajo, hacia tu tumba.


O Rei Catástrofe


Cando pensaba que xa tiñamos todos cómics en galego, atopamos un novo, un libro da editorial Astiberri cuxos autores son Lewis Trondheim e Fabrice Parme (non topei a portada en galego, polo que vola deixo en castelán).
Nesta ocasión estamos ante o primeiro tomo "A Adalberto non lle falta cara", un neno rei insoportable que só atende ao seu propio aburrimento e manda que se lle cumpran todos os seus gustos, por moi extravagantes que sexan. Vaia, un personaxe odioso de principio a fin. As viñetas, a toda cor, son moi especiais en canto a unha solución de non continuidade que lle dan un aspecto máis infantil.
A min non me gustou especialmente, a verdade. A ver que din os meus alumn@s.

Wassalon


Unha banada deseñada moi especial, non só polos debuxos tan esquemáticos que nos presenta, senón tamén pola propia historia: unha lavadora que farta de lavar e ser mal tratada deixa o seu emprego nunha lavandaría para buscar algo mellor que se traduza precisamente en que a traten como unha persoa; e non só iso, é unha lavadora namorada que sofre porque sabe que nunca poderá ter fillos, aínda que, iso si, poderá ter un gato; unha lavadora xoguetona e até infiel. Unha lavadora, por tanto, moi humana. Pero non só a lavadora é especial, senón que tamén toda a galería de personaxes que circulan polo libro son rechamantes e obxecto de cariño.
A súa autora é Clara-Tanit que emprega tons grises e diferentes técnicas pictóricas, todo iso regado por unha inxenuidade e unha linguaxe moi doce.


Blacksad: Artic-Nation


Segunda entrega. Os enfrontamentos raciais, coma se de humanos se tratase, serve de fondo para desenvolver a historia na que o detective-gato Blacksad investiga a desaparición dunha nena. Moitos detalles interesantes, como unha organización tipo Ku-Klux-Klan, e uns extraordinarios debuxos, con ese dominio da cor que caracteriza esta saga.
Este segundo álbum levou o premio ao est Graphic Album of Original Work" (pola edición en inglés de iBooks) no ano 2005.

Eu sigo a recomendarvos que leades calquera dos tres, aínda que creo que me quedo co primeiro. É dicir, o segundo que lin.

Blacksad: un lugar entre las sombras


Esta é a primeira entrega dunha serie de tres, independentes, que constitúen unha gran descuberta: a máis pura e clásica novela negra en banda deseñada! Xa vos falei da terceira. E agora retomei a lectura comezando polo principio, aínda que todas elas son independentes e só teñen en común o personaxe principal.
Un lugar entre las sombras desenvólvese arredor dun asasinato dunha actriz por parte dun personaxe principal da cidade. Unha trama que nos sitúa nos Estados Unidos dos anos 50.
Pero o atractivo non está só na historia, senón na elección dos personaxes con forma antropomórfica e máis que nada nos debuxos, que me parecen xeniais. Como xa dixen, moi cinematográfico, cunha gran forza de cores e unha minuciosidade aplastante.





Paradoxos

22/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LX)

Contra o maltrato físico e sexual:

Esperanzas... doces

Non esquezamos o humor, máis se é picantón:


Mario Capecchi

21/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LIX)


UNIFEM e a Embaixadora de Boa Vontade, Nicole Kidman, lanzan un vídeo nun esforzo de maior difusión en Internet, campaña que culmina o marte, 25 de novembro. Día para o que o noso blogue, humildemente, tamén ten a súa campaña particular.
É un esforzo mundial de promoción que se leva adiante a través de Internet para pór fin á violencia contra as mulleres. A iniciativa está deseñada para demostrar que existe un movemento cada vez maior de persoas que berran e esixen que a fin da violencia contra as mulleres sexa considerada unha prioridade máxima.
Nicole Kidman, portavoz da campaña, afirma: "Estou comprometida a amplificar a voz das mulleres e das nenas que foron sometidas a violencia e abuso. Asina e di non á violencia contra as mulleres. Que as supervivientes de violencia saiban que non están soas, que poden contar convosco".
Unha de cada tres mulleres e nenas pode ser golpeada, forzada a ter sexo ou abuso de algún outro xeito no transcurso da súa vida. A eliminación da violencia contra as mulleres é considerada esencial para alcanzar as metas do desenvolvemento, así como para lograr a paz e a seguridade.




ASINA AQUÍ:
http://www.saynotoviolence.org/

Vía Todas


Onte

Onte, Día Internacional dos Dereitos do Neno, Save the Children quixo lembrar a falta de dereitos que moitos nenos e nenas sofren no mundo. Nós, desde aquí, sumámonos á campaña "Pornografía infantil NON" posta en marcha para este día.
Moitos menores ven negados os seus dereitos básicos, como o dereito á educación, o dereito á sanidade, o dereito a xogar...
En moitos países aos nenos non lles deixan ser nenos:





E lembrade, que para que non existan DÍAS DE... debemos loitar tod@s por un mundo máis xusto, non un só día ao ano, senón todos os días.

Sempre hai un lugar para a poesía (XLIX)

Poema de Luís Morales titulado "Poeta Muerto":


Tendido sobre el asfalto,
contemplando esa locura intangible
que se extiende en la cima de la noche
siento las flores negras y el viente negro,
y la negrura de mí mismo siento,
el permanente olor de la fruta muerta,
la esquiva imprecación del vino siento,
el roce encadenado de las moscas,
la extraña esclavitud de las estrellas,
las gotas empreñadas de domingo,
el peso de dos libros sin bolsillo,
la firme indecisión de los espejos,
un golpe en la mejilla,
un bar que se vacía,
un verso de cenizas siento,
aunque no tenga sentido.

Seis millóns de dólares

Publicidade barata, onde as haxa. Pero xa que tanto Anxo coma min temos coches desta marca, aí vai, para que o disfrutedes; din que é do mellor, Honda, por suposto:




Vía

20/11/08

Con Otero Pedrayo

Grazas á Editorial Galaxia o noso alumnado de Bacharelato e de Diversificación foi onte de visita ao pasado, da man de Sabela Gago e a súa montaxe teatral, no pazo de Trasalba.
Esta actriz e directora (para min a mellor do noso teatro actual) preparou unha pequena montaxe -menos dunha hora de duración- para recrear a obra de Ramón Otero Pedrayo; son anacos tirados preferentemente dos libros Contos de santos e nadal e Contos do camiño e da rúa. Ademais, contou coa participación dunha parte do público, co que logrou unha maior comunicación co alumnado asistente. Descubrimos, así, que contamos cun actor que imos ter que fichar para a nosa obra: nada máis nin nada menos que o señor vicedirector!
Logo, visitamos o precioso pazo e disfrutamos dun magnífico día de sol.

E aquí tedes as fotos que o noso compañeiro Xesús realizou:



Grazas, Fernando, Arturo, por facermos posible este día tan especial.

Non á violencia contra as mulleres (LVIII)

Campaña da República Dominicana, "Pégale a la pared":


Bookopoly

Supoño que case todo o mundo ten xogado algunha vez ao Monopoly (eu teño que dicir que non); e quen non xogara sabe cando menos en que consiste. Pois parece que existe desde hai algún tempo un xogo dirixido aos bibliófilos: o Bookopoly, no que se negocia con libros. Con tres libros, constrúes unha librería; con tres librerías, unha biblioteca. Hai xéneros literarios, datos con títulos e autores... até se pode ser elixido Presidente do Club Lector!
Cal é o problema? Que non existe versión en castelán... en galego, xa sería un soño!



Vía Papel en blanco





Pornografía infantil NON

Hoxe, 20 de novembro, Día Universal do Neno, foi o día elixido para a campaña en contra desta lacra social que é a pornografía e o maltrato infantil. Un mal que afecta a unha sociedade enferma e corrupta. Facer dano a un neno é, ademais de inhumano, marcar a súa vida para sempre. Un neno que é maltratado pode converterse en maltratador máis facilmente. Un peixe que come o seu rabo.
Hoxe non hai nin “angels“, “lolitas", palabras que Non debería existir, utilizadas por pederestas e pedófilos na rede. Hoxe hai unha loita común.


19/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LVII)

Todas somos unha:

Faces

Cazando publicidade

Que a publicidade segue a ser un dos elementos máis machistas da nosa sociedade xa o sabiamos; o malo que nin sequera nos damos conta... coma este, a quen simplemente, o "cazan"... pobriño!!! Non hai nada como un bo coche, seica:



Vía Sexismo publicitario

18/11/08

Con Gonzalo, de merenda

Curiosamente, a nosa primeira reunión do club de lectura foi sen libro pero con autor. Si, así como o oídes: merendamos con Gonzalo Moure, quen o ano pasado prometera volver para probar eses ricos produtos da nosa terra que unha parte do meu alumnado se empeñou en pregoar.
Un inicio de luxo que esperamos servise para cargar pilas e seguir a ler máis e máis.

Aviso: A foto non é moi boa pero é a única que me mandaron!





Non á violencia contra as mulleres (LVI)

Non te enganes a ti mesma:

Con 200 cámaras

Esta nova publicidade de Toshiba é tan curiosa que fan falla nada máis nin nada menos que 200 cámaras




Vía Recogedor

Álvaro Cunqueiro a viva voz

Desde Libro de Notas chego a esta interesante noticia: Unha gravación onde Álvaro Cunqueiro fala da súa obra con José María Alfaro. É do ano 1975, e nela Cunqueiro pasea pola Galiza na que medrou e na que se fixo un dos mellores escritores das nosas letras.
Quería achegárvola até aquí, pero o peso é excesivo e non dei feito. Aquí tedes, pois, a ligazón, para que a escoitedes:

http://www.march.es/conferencias/anteriores/voz.asp?id=674

17/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LV)

Denuncia, non peches os ollos:


Mal de escola

Resúltame estrañamente difícil abordar o comentario deste libro, a miña última lectura, Mal de escola de Daniel Pennac, polo regusto amargo que me deixou na boca. Amargo, supoño, pola conclusión que del tiro e polas dúbidas que me seguen a rondar, sobre todo enmarcadas nos últimos acontecementos sufridos no instituto que me teñen nunha crise profesional exasperante. Non é fácil. Non é fácil dar amor cando recibes odio. Esta é a conclusión á que nos fai chegar Pennac: educar con amor:

-O que falta non son os métodos, hai moreas deles! Pasades o tempo a refuxiarvos nos métodos, mentres que no fondo de vós mesmos sabedes perfectamente que o método non abonda. Fáltalle algo.
-Que é o que lle falta?
-Non podo dicilo.

-Por que?
-É un xuramento.
-Peor ca "empatía"?
-Sen comparación. Unha palabra que non podes de ningunha maneira pronunciar nunha escola, un instituto, unha facultade ou en todo o que se lles pareza.

-A saber?
-Non, realmente, non podo...
-Veña, anda!

-Non podo dicircho, insisto! Se sacas esta palabra falando de instrución, farás que te linches!
-...
-...

-...
-O amor.


Amor por ensinar. Amor por tentar salvar ao noso alumnado. Amor.
Non sei se é doado para moitas persoas. Realmente, eu amo a miña profesión. Pero...
E que pasa con todo este fracaso escolar que vemos continuamente? Ás veces, estamos desexando que cumpran os 16 para que marchen...; recorremos a PDC, Adultos, Diversificacións... tentamos salvalos da ignorancia como se poida. E non é doado.
Pennac fálanos de que el foi un mal estudante. Que se salvou grazas a tres ou catro profesores, bos profesores, que tiñan esa variña máxica que tod@s añoramos. Pero ollo ao dato: el era un gran lector! Neste momento da miña lectura, parei para pensar nunhas cantas persoas que me soportan como profesora e que non queren nin oír falar dun libro. Ante a miña insistencia, comprobamos que o problema é a comprensión. E imos baixando... ata onde? E non estou a falar dese alumno do que os outros se rin, desa falta de amor de si mesmo, estou a falar doutro problema diferente ao que nos enfrontamos: como podemos facer para salvar a esta parte do alumnado que non só non quere senón que non dá? Máis dúbidas.

Como aconteceu con Como unha novela, creo que todo o profesorado debería ler este libro, do que podemos gozar en galego grazas á editorial Xerais. E xa me contaredes. Eu seguirei a cavilar.

Se premedes aquí entraredes na súa web.



Evoluímos?

Para comezar a semana con bo pé, haberá que se rir até de nós mesmos, inventores de pedras "máxicas":


16/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LIV)

Presas do amor:


Cenizas del cielo

A maioría dos habitantes de Valle Negrón viven próximos a unha central térmica. A Pol Ferguson, un escocés que escribe guías turísticas, a súa roulotte déixao tirado alí, ante a visión da central. Ferguson descubre a Federico, que leva anos loitando contra a contaminación da térmica, convencido de que o compromiso de Kioto acabará pechándoa.

Realizada polo director asturiano José Antonio Quirós, Cenizas del cielo foi seleccionada para participar na sección oficial da 21.ª edición do Festival Internacional de Cine de Tokio, onde levou o Gran Premio Natural TIFF.

O filme contou con xentes do lugar para o relativo á figuración.

Considerado a primeira longametraxe de ficción española sobre un tema medioambiental, Quirós redactou o guión a partir do compromiso de Kioto para salvar a Terra do desastre ecolóxico.

Greenpeace participa na promoción.

Conxugando

Contrapublicidade:





Vía Sexismo publicitario

As mellores da natureza

Unha fermosa selección de fotografías da natureza:

15/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LIII)

Quen paga polos pecados do home?




Unha campaña ideada por Telefono Donna e executada pola axencia Arnold WorldWide que parece levantar ampolas en Italia, xa que algúns sectores da igrexa católica ven nela un insulto á Cruz. Agardamos que tamén sexan críticos coa violencia da que fala a campaña.


Vía Mangas Verdes

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.