Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Bululú b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bululú b>. Amosar todas as publicacións
26/01/20
Conta comigo
Precioso e matemático este álbum que nos trae na nosa lingua a editorial Bululú de Miguel Tanco: Conta comigo fala dunha nena que ten unha paixón: as matemáticas. Isto pode supór un problema, xa que no parece moi normal que teña esa paixón, pero a medida que imos avanzando na lectura, imos desenvolvendo esa mesma paixón da protagonista, xa que a xeometría ou o cálculo vive en nós e nas nosas vidas. Son unha ferramenta esencial que debemos manexar, e a nena así nolo di.
Un álbum que todo o profesorado de matemáticas debería ter. É matematicamente perfecto!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Bululú, Recomendamos
11/01/18
As estrambóticas aventuras do barón de Munchhaüsen
Pinto & Chinto ofrecen en As estrambóticas aventuras do barón de Munchhaüsen publicado pola editorial Bululú unha reinterpretación das aventuras do barón de Münchhausen en clave de humor e de esaxeración, tal como o título nos lembra: divertidas ou mellor surrealistas son as páxinas das que poderemos gozar en gran formato. Imposible non quedarse con algúns destes episodios singulares onde o barón fala en primeira persoa para lembrar que a pesar do estrambótico, ata podería ser verosímil. De aí que o discuro sexa áxil e as ilustracións absolutamente acaídas e cribles, como unha pefecta combinación entre o real e o fantástico.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Bululú, Letras Galegas, Recomendamos
14/06/17
Damned Writers
Precioso este álbum de Ángel A. Svoboda que presenta a editorial Bululú: Damned. Writers. 23 autores de culto é o que indica o seu título tal cal: unha listaxe de 23 autores que debemos ter presentes e que ademais salientan por algún detalle que pode ser nimio, que pode ser unha ferida, que poder ser unha tormenta agochada nunha paz inexistente. E todo isto, ás veces, déitase sobre a obra, sobre o escrito, sobre o que o lectorado pode ler despois, mesmo séculos despois. Svoboda propón unha "Beizón" e unha "Maldición" sobre cada autor ou autora escollida, ademais dunha listaxe coas súas obras máis importantes. Nestas páxinas están a nosa Rosalía, as irmás Brönte, Wilde, Lovecraft, Dickinson ou Kafka.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Bululú, Recomendamos
28/11/15
As cousas que importan
As cousas que importan é o primeiro libro de
Borja Ramón e María Olmo, que asinan a súa obra co nome de "El primo
Ramón" e publícano na editorial coruñesa Bululú. Un álbum tenro onde se rescatan anécdotas familiares que poñen en evidencia aquilo que é realmente importante na vida das persoas; aquilo polo que cómpre loitar é, ás veces, o menos custoso; o valor sentimental é o único valor importante.
As ilustracións resultan moi expresivas utilizando negros e azuis.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Bululú, Letras Galegas, Recomendamos
04/01/15
Pasen e miren
A editorial Bululú é a encargada da pulblicación deste álbum de María Canosa e Dani Padrón, Pasen e miren. Un circo moi especial, un pouco afastado do tradicional, xa que a fantasía é quen permite que nos presenten un crico enxeñoso onde os protagonistas son verdadeiramente ben especiais. Así, será a xirafa presentadora, Amelia, quen nos vai contando todo o desfile de personaxes singulares que poboan a area do circo (aínda que algún non queiran nin pisala, como os monos "Bonitos"). O tándem de personaxes inclúe un león vexetariano e un elefante tan elegante que é modelo grazas á súa trompa de cores. Ollo! Neste circo lido hai páxinas para un home bala -temeroso- e un equilibrista.
Un novo álbum destes dous creadores que son capaces de xuntar tenrura e maxín en forma de álbum contaxioso.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Bululú, Recomendamos
12/11/13
100% Ilustración
A ver, podedes maxinar o que me pode gustar un libro con este título e que é un catálogo de ilustradores españoles amosándonos unha súa obra. Pero unha vez que o miro boto tanto de menos nomes como o admirado e prezado Xosé Cobas que o libro xa ten un pouco menos de valor. E sen pensar moito sigo a botar de menos a Rodrigo Chao, Noemí López... Está claro que "son todos os que están pero que non están todos o que son", pero... que lle vou facer, cariños son cariños.
Aínda así, se vos gusta a ilustración, xa estades mirando este libro da editorial Bululú: 100% Ilustración é un catálogo de 100 ilustracións de 100 ilustradores. Conste, o prólogo afirma de boca de Siro López que "o nivel alcanzado é moito e este libro é unha boa proba". Pero, por favor, onde está Ana Juan, Premio Nacional de Ilustración 2010 ou Carme Solé, Premio Nacional de Ilustración en dúas ocasións!!!
Coido que é unha mágoa que non se complete este catálogo. Quizais debería ser cento e pico ilustración... e ser máis completo.
”
El nivel alcanzado por los ilustradores españoles no permite
injerencias de artistas habilidosos o audaces.Esto va muy en serio, y
exige la especialización y dedicación plena. Este libro es una buena
prueba.” - See more at:
http://www.zaerasilvar.es/editorialbululu/catalogo/100-ilustracion/#sthash.eOKvYplq.dpuf
”
El nivel alcanzado por los ilustradores españoles no permite
injerencias de artistas habilidosos o audaces.Esto va muy en serio, y
exige la especialización y dedicación plena. Este libro es una buena
prueba.” Siro López - See more at: http://www.zaerasilvar.es/editorialbululu/catalogo/100-ilustracion/#sthash.eOKvYplq.dpuf

Atoparalo en Bululú, Ilustración, Recomendamos
10/11/13
O crebanoces
Como vos dixen, estou rodeada de David Pintor. Claro que a culpa é miña por chegar tan tarde a este libro, xa que é do 2011. Efectivamente, estou a poñerme a día coa editorial Bululú, algo que non é sen tempo. E estame a sorprender ben gratamente! Arestora falamos d' O crebanoces, con texto (baseado nun conto orixinal de Ernest Theodor Amadeus Hoffmann) de María Canosa e, como xa dixen, ilustracións de David Pintor. Xa coñecedes a fermosa historia, situada no Nadal, onde os nenos son protagonistas. Pero... estamos lendo un conto real ou un conto fantástico. Está María soñando ou o Crebanoces é en realidade un príncipe? Espertará María do seu soño?
A solución tédela vós. Regaládevos a vista cun álbum en que as ilustracións son protagonistas.
da del.
Todo
comeza no seo dunha familia, unha Noiteboa. Dadas las datas, os
protagonistas absolutos son os nenos da casa, María y Frederico, a quen
se lles une un curioso personaxe, o padriño dela, Drosselmeier, singular
adulto, hábil para crear obxectos e historias.Un dos regalos máis
singulares é, precisamente, o que Drosselmeier lle regala a María, un
pequeno crebanoces, que acapara a súa atención. A nena, queda
absolutamente namorada del. - See more at:
http://www.zaerasilvar.es/editorialbululu/catalogo/o-crebanoces/#sthash.go9A6wTb.dpuf

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.