Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/11/20

Adolorido

 Cortometraje que relata la breve historia de una niña que ha sido victima del abuso infantil. Su timidez en la escuela levanta las sospechas de su maestras que al percatarse de la situación consuela a pequeñita dándole el amor que quizás no recibe en casa.

 

28/11/20

O espazo de fóra


 C
ando recibín o paquete da editorial Baía, flipei. Que libro era este? Que portada! Que pasada! Pensei que estaba ante unha Guerra das Galaxias. O libro como obxecto non deixa indiferente. Logo está a tradución de María Reimóndez, que de seguro conseguiu que o libro fose moito máis interesante que o seu orixinal, O espazo de fóra de Martin Sodomka. Un libro sobre a Física e a descuberta doutras dimensións, unha lectura engaiolante, atractiva e intelixente, con detalladas informacións científicas. Unha pasada!


27/11/20

O home dos círculos azuis


 F
red Vargas
é unha das miñas autoras preferidas de novela negra, así que levei unha inmensa ledicia cando vin que a editorial Kalandraka publicada O home dos círculos azuis, un dos primeiros libros que contan as aventuras do inesquecible comisario Adamsberg. Pero teño para min que este non é dos mellores libros, cando menos dos que eu tiven oportunidade de ler. Desde logo, non é o libro que eu recomendaría para engancharse á súa saga, pero coido que este libro axúdanos a coñecer o primeiro comisario, ese que vai evoluíndo pouco a pouco, tanto el como a súa famosa intuición. Gustoume lelo e coñecelo dende un principio, e desde logo, o libro non está nada mal, a pesar de que ás veces é un pouco pesado e reiterativo.

Ogallá sigan traducindo á nosa lingua a esta gran autora.

26/11/20

Patio de luces


 X
a que a imaxinación supera a realidade, Érica Esmorís preséntanos en Patio de luces, con ilustracións de Juan Berrio e publicada por Xerais, unha nena que se inventa a vida dxs veciñxs do patio de luces da casa onde traballa o avó, aínda que o seu súper-maxín inventa historias afastadas da realidade... ou quizais non tanto. Será que nada é o que parece ou será que a realidade supera a ficción?

Dende logo, unha lectura entrañablemente deliciosa que encantará á rapazallada. Sen dúbida ningunha.


24/11/20

Lo cotidiano

 

23/11/20

Yo nunca pero...

 Campaña contra a violencia sexista que se enmarca dentro do proxecto "Iguala" impulsado polo  INAI e o INAJ.



22/11/20

A lavandeira de San Simón


 Supón unha boa nova o feito de que a editorial Xerais comece unha nova colección en formato de álbum ilsutrado denominada "Pequena memoria" polo que significa: dar importancia al formato álbum e a importancia da lembranza, da memoria histórica; sen esta memoria nada somos. O primeiro título que temos é A lavandeira de San Simón, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Bea Gregores. Sinto, porén, que o resultado da edición non seixa máis axeitado, xa que a idea é boísima, igual que o resto do traballo que contén o libro. As guardas son excepcionais, con fotografías reais da época e as ilustracións ocupan cada páxina. Pero hai páxinas difíciles de ler porque non resaltal o texto sobre o fondo, e é aí onde hai que mellorar o resultado do produto. Este é o único "pero".

A lavandeira de San Simón lévanos a retroceder na historia, a uns momentos terribles que o noso país sufriu non hai tanto tempo. A mulleres solidarias, a crueldades innecesarias, a represións, castigos e asasinatos impunes amparados pola lei da ditadura. Esa que non admitía opinións contrarias. 

A illa de San Simón representa unha parte da nosa historia importantísima que se tratou de agochar. É hora de lembrar que supuxo, é hora de non esquecer que unha illa pode converterse nun inferno se o ser humano así o desexa. Pero tamén é hora de lembrar que houbo persoas dispostas a tentar evitar un sufrimento terrible, cando menos, a palialo na medida do posible. E isto é o que nos conta Eva Mejuto.


21/11/20

2º de ESO contra a violencia

O meu alumnado de Igualdade tamén quixo este curso deixar un testemuño contra a violencia. Como non podemos facer actividades, solucionamos con vídeos:



Recoñezo que gravar este vídeo custoume, porque que as miñas alumnas me contasen que escoitan estas frases dirixidas a elas por parte dalgúns dos seus compañeiros, encheume de noxo e tristura. Tanto traballo por facer... e canto deserto hai diante. Será que predico nel?

20/11/20

A Señorita Bubble. Baixo cero


 Quizais Ledicia Costas teña unha variña máxica para a escrita dirixida á rapazallada. Estaba lendo o libro e imaxinándome nena. Que sorte ter unha Señorita Bubble! É deses libro que debería contar cun "merchandising" propio, e de seguro tería moito éxito. 

Esta segunda entrega, A Señorita Bubble. Baixo cero,   lévanos a descubrir que Papá Noel non é o bonachón que imaxinabamos e a nosa protagonista, xunto cun exército de pingüíns, terá que poñer as cousas no seu lugar axeitado. Mentres, a autora lémbranos a importancia da solidariedade, do medio ambiente... e sabe facelo sen caer no doutrinamento. Así dá gusto! Longa vida a esta protagonista afouta, independente, sensible e intelixente que nos abre as portas da ciencia e os ollos das heroínas.

O libro conta coas magníficas ilustracións de Andrés Meixide, unha vez máis. Publicado por Xerais

19/11/20

Sempre hai un lugar para a poesía (CLXI)

 

He visto a las mujeres
más bellas del mundo,
convertirse en diminutas sombras satisfaciendo los deseos
de sus seres queridos.
He visto a las mujeres
más inteligentes de la vida
haciendo añicos sus argumentos
frente al protagonismo de sus amantes.
He visto a mujeres con alas
sacando lustre a los barrotes
de las jaulas
que les compran sus maridos.
Las he visto bajarse de la luna
para vivir en la cueva de sapo
de su amado.
Las he visto superar el hambre,
las guerras, la muerte
y luego caer de rodillas
frente al beso deshonesto.
Las vi esconder su fuerza,
maquillar su poder,
frenar sus éxitos,
masticando frustraciones ajenas,
haciéndose cargo de necesidades impropias,
cediendo, cediendo, cediendo tanto
que sus cuerpos parecen
desintegrarse, derretirse,
desdibujarse, deshabitarse,
estallar y recomponerse
como un hueso
tras el impacto de una bala.
Las he visto, las veo,
yo también he sido, (soy)
presa fácil y presa difícil
de mandatos rancios
y amores mediocres.
Romperé el espejo
todas las veces que haga falta
y respetaré y esperaré paciente
el día en que todas
podamos vernos liberadas
de tanta pena por nada.
*
*

18/11/20

Debate: Violencia comparada

Interesante debate sobre a violencia sexual e a violencia de xénero. As intervencións anteriores e a documentación na web do Consello da Cultura Galega

 http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201089

 

17/11/20

GE Big Boys - SNL

 Boa publicidade para traballar roles, sempre cun sorriso.




16/11/20

"No"

 "No" es la historia de Celia (Paula Utrilla) , una joven cuya tóxica y autodestructiva relación con Juan Carlos (Alejandro Vergara) afecta a todo el círculo familiar y cercano de la joven, sin embargo, todos compartimos una incómoda responsabilidad... pero solo Celia puede dar el primer paso.



15/11/20

Coraxe


 C
elebro a publicación deste libro por parte de Sushi Books: Coraxe. Poemas audades para rapazas afoutas. Textos de empoderamento de diversas mulleres que escriben dende o feminismo e que veñen reseñadas nas últimas páxinas do libro para que as poidamos coñecer, xa que estamos ante unha tradución. Por suposto, neste libro faltan as nosas escritoras, pero coido que a publicación pretende dar a coñecer estas voces estranxeiras que se nos poden escapar. Así que si, un libro moi necesario e moi útil para a rapazallada e para o noso alumnado, nestes tempos difíciles que vivimos: o mellor é un libro que nos axude a entender e a vivir en loita contra o patriarcado e a cousificación. Un auténtico pracer descubrir todos estes nomes e as súas mensaxes.

Moi axeitada tamén é a estrutura do libro, pois poderiasmo agardar que se sucedesen os nomes delas e puxesen un monllo de poemas de cada unha. Pero non sucede así, senón que os poemas están clasificados por temáticas, como "Feitas de lóstrego, sobre o corpo e a identidade", "A modo de dentes", "Instrucións para comer cana de azucre, sobro o amor e a perda"...

 

das rapazas espérase

que recendamos a flores

pero é máis común que cheiremos ao sangue

as miñas rapazas non son flores

as miñas rapazas e eu,

non somos metáfora ningunha

somos o noso corpo

mol, curtido e noso

que ten que ser listo

e negarse a ser cartucheira da

pistola dun home

(Hollis Wong-Wear)

14/11/20

Plan de rescate


 Levou o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2019, e iso é unha carta de presentación inmellorable. Aínda así, non me encantou este libro de Antía Yáñez que baixo o título de Plan de rescate, publicado por Xerais con ilustracións de Xiana Teimoy, ten o acerto de integrar a nenos e nenas que normalmente non protagonizan os libros, eses nenos e nenas da "aula de apoio"; digo que é un acerto porque a literatura axuda a educar, e por iso debe atender a diversidade. Así son xs protagonistxs deste libro, quen dende as súas diferenzas, deberán intentar salvar o seu colexio. E o único xeito de facelo será a base compañeirismo e de esquecemento das diferenzas. Ou sexa, que calquera persoa pode loitar na vida por moitas pedras que esta poña no seu camiño. Por iso, quizais, a prosa ás veces esfórzase en deixar claro este tema e cae nese didactismo que tantas veces resulta perigoso porque non permite que o lectorado tire de por si esas conclusións.

Pero si, un libro para o lectorado novo comprometido coa inclusión e pluralidade, tan necesarios para esquecer a "etiquetaxe" das persoas.



13/11/20

El sorteo

 Mini corto realizado con los alumnos de IAEE de 4º ESO del IES Valle del Arlanza (Lerma) COVID 19: Respetemos las recomendaciones sanitarias (Este corto está destinado especialmente a los adolescentes)

Eu non o dedico á adolescencia, pero si a aquelas persoas que a día de hoxe seguen a actuar de xeito inconsciente e sen respectar as normas.



12/11/20

Bok Love


Este libro de Debbie Tung é imprescindible para calquera amante dos libros. Claro está, o título xa o di todo: Book Love. ¿Te gusta leer? . Se a resposta é si, abre por calquera páxina e sentiraste indentificadx. Un cómic que fala de nós de xeito divertido e moi recoñecible, con diversas situacións efecto espello que nos levarán a máis de unha gargallada e un sorriso agochado. Sobre todo, cando somos compredorxs compulsivxs sabendo que non imos dar feito a ler todo aquilo que atesouramos. Pero dá igual: amamos os libro e o seu olor, amamos as librarías e o tacto, e as portadas, e os títulos...

Publicado por Bridge .



11/11/20

A propósito de la vida


Barbara Fiore volve a conquistarnos con este libro que nos fala do misterio da vida: A propósito de la vida de Christian Borstlap. Un álbum que nos lembra a necesidade de nos coidar e de coidar a natureza, que nos lembra de onde vimos e de quen dependemos. Un xogo de vida.

 


10/11/20

Yo me ocupo - Los ayudadores

A planificación e a xestión dos quefaceres son unha carga mental que asumen principalmente as mulleres. Ser #axudador non alcanza, como tampouco esperar a que cho pidan Dicide sempre #eu ocúpome.



09/11/20

Salvamos o Planeta!


 Publica Xerais un deses libros científicos que nos encantan e que recomendamos encarecidamente para todas as bibliotecas escolares: Salvamos o Planeta! Respostas rápidas para preguntas enxeñosas. Coma se de fichas se tratase, profusamente ilustrado, responde ao formato de preguntas e respostas, de xeito ameno e divertido. Gústame sobre todo porque as preguntas son como moi de andar por casa, dúbidas que nos poden xurdir en calquera momento e a calquera hora do día, e non só os nenos e nenas, senón que hai moitxs adultxs que tamén atoparán respostas sorprendentes.

08/11/20

O conto do outro día


 S
e un libro conta coas ilustracións de Noemí Villamuza pasa a ter inmediatamente un oco no meu corazón, porque me encanta todo o seu traballo. Pero a verdade é que este álbum chamado  O conto do outro día de Roberto Aliaga que nos trae Kalandraka é absolutamente delicioso. Pola tenrura que desprende, pola intrahistoria de cada páxina, polo fomento da lectura, polo amor paternal infinito... dende a primeira páxina ata a última o libro é para gozar en si mesmo: con cada palabra, con cada ilustración, con cada páxina. Un tesouro agochado porque ademais vai servir para que nós, lectorado deste libro pero contadorxs da historias, poderano seguir aumentado co noso propio maxín: este que ten unha chave especial para soñar e permitir que soñen canda nós.

07/11/20

No ovo


 Kalandraka tráenos este simpático álbum de Emma Lidia Squillari titulado No ovo. Imos asistindo ao marabilloso nacemento de animais que nacen de ovos... ata que o final nos sorprende,  e é que a natureza segue o seu instinto, mesmo nos recén nacidos. Non pode ser doutro xeito!

06/11/20

Un Conte

 Aínda que publiquei esta curta no 2013, estes días, que andei a buscar materiais para traballar nas aulas o tema da violencia de xénero, volvín a ela e a todo o que transmite:



05/11/20

ReMoved

 Pareceume boísima esta curta que trata o tema da violencia de xénero e a infancia:



04/11/20

Brotherhood

 Unha moi boa curta para vermos o que ocorre noutras relixións e noutros lugares:



Brotherhood | Film from Midi La Nuit on Vimeo.

03/11/20

De ratones y de hombres

Seguramente todas as persoas que me ledes xa coñecedes este libro, De ratones y de hombres de John Steinbeck, polo que só vou falar da edición que vén de sacar Edelvives coas ilustracións de Rébecca Dautremer, que consegue revisitar este clásico dende unha ollada psicolóxica, posto que decide estudar e ilustrar as faces, os corpos, as expresións, os ambientes, as paisaxes. Asemade, intercala outro tipo de imaxes, como anuncios do momento ou debuxos soñados polos protagonistas. Por iso, a lectura deste libro é totalmente diferente ao feito anteriormente como novela, posto que agora se nos abre un abano de posibilidades a explorar totalmente novidosas. Tanto, que a novela é unha novela gráfica diferente.




02/11/20

Depresión ou victoria

 


I
nteresoume moito este libro de Meritxell Duran, por razóns obvias, aínda que non topei o que buscaba. Aínda así, resulta moi interesante esta aproximación á loita contra a depresión que nos ofrece este Depresión ou Victoria. Crónica de una batalla: un libro que combina texto e ilustración, unha en cada páxina, e ambas necesarias xa que son complementarias, posto que vemos como é a depresión: un monstro que devora as persoas por dentro, e a medida que devora vai consumindo a personaliade e a vida. Por iso axuda a entender como se senten as persoas que a padecen.



Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.