Vía
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
30/11/13
Mi libro de horas
¡Imbuíos mientras hojeáis de todo el carácter enigmático de este sueño de la existencia del hombre aquí en la tierra, que es insignificante porque termina y se desvanece, y en cuya insignificancia, sin embargo, está presente lo terno por todas partes haciéndolo realidad!
Atoparalo en Cómic, Libros, Nórdica Libros, Recomendamos
Co cu ao ar
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos, Saúde
29/11/13
Matarte lentamente
Todo isto e moito máis sucede en Compostela, símbolo aquí da sociedade capitalista en crise. Unha cidade que é rexida pola sintaxe sinxela, simple, que procede do xornalista autor. Son necesarios para unha novela tremendamente áxil que confirma a este autor como un expoñente principal do xénero negro da Literatura Galega.
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Novela negra, Recomendamos, Xerais
28/11/13
Tres mujeres
As ilustracións son asemade lenes, firmes, delicadas, feroces. Auténticas.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Libros, Nórdica Libros, Poesía, Recomendamos
27/11/13
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
26/11/13
25 de novembro nos blogues
Non esquezades a Campaña da ONU.
Nuria Varela.
A charca dos libros.
Biblioteca Xoán Farias. 25 de novembro.
CEIP Julio Gurriarán.
O recanto de Mik.
BiblioBN.
CEIP de Ponte Caldelas: Curicuxa.
CEIP de Bandeira (Silleda): 25 de novembro, Día Internacional da non violencia contra as mulleres.
CEIP de Andrade (Pontedeume): Because I am a girl -- (Texto en galego)
O blogue de Donte.
Gándara Lemos.
O Crocaio de Sampaio.
Cadernos de Vide.
Agrobiblio.
CPI San Martiño de Salceda.
CPI A Cañiza: recursos.
O Segrel do Penedo.
Becerreablog. Medios de comunicación.
IES San Paio (Tui): 25 de novembro, enterremos a violencia de xénero.
IES Pazo da Merce (As Neves): Tod@s contra a violencia de xénero (UNESCO - IES Pazo da Mercé)
IES Pazo da Mercé (As Neves): Páxina de Recursos contra a violencia de xénero. Dpto. Orientación.
IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa): Concurso de microrelatos sobre a violencia machista. Bibliomelide.
IES Pontepedriña.
IES Urbano Lugrís.
IES Concepción Areal.
IES Fraga do Eume.
IES de Curtis.
IES Ribeira do Louro.
IES Lucus Augusti (Lugo): 25 e novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Portanona: IES Xoán Montes.
As zocas faladoras.
Atoparalo en Biblioteca, Compilación, Efemérides, Violencia de Xénero
Niñas
Publicado por Adriana Hidalgo hai xa tres anos, este álbum de Jimena Néspolo e Marta Vicente titúlase Niñas porque é un auténtico catálogo de nenas, pequenos relatos de crías que non queren medrar, pero que ademais semellan estar tristes porque quizais saben que son única e por tanto incomprendidas. Ou porque se medrasen deberían cambiar para vivir en sociedade. Retazos, postais, breves historias e textos efémeros ilustrados por delicados lapis nos que vemos a alma de cada rapaza. Unha galería de personaxes que parece máis sinistra ca real pola súa soidade e polas ilustracións que parecen retratar pantasmas. Un álbum que semella triste, un álbum ben diferente que non agocha as diferenzas. Un álbum que parece doutra época.
Atoparalo en Adriana Hidalgo, Álbum ilustrado, Muller, Recomendamos
Falemos Galego
25/11/13
Querernos bien
Atoparalo en Curtas, Educación, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
Ada Menéndez, Las maneras
Fotografía de Akif Hakan Celebi |
Me han querido de muchas formas:
A golpes
porque te quiero tanto que lo hago por tu bien,
en silencio
porque te quiero tanto que no es necesario decírtelo,
a escondidas
porque te quiero tanto que nadie puede saberlo.
Pero yo
sólo quiero que me quieran de una forma:
Sin pasar miedo ni un solo minuto
recordándomelo todos los días
gritando a los cinco océanos la verdad,
porque quererme tanto
de otras maneras
es una puta mentira.
Ada Menéndez (Gijón, Asturias, España, 1972)
de Abierta de piernas, Bohodón Ediciones, 2009
Prólogo de Marcus Versus
o seu BLOG
para ler MÁiS
Atoparalo en Poesía, Violencia de Xénero
Non son eu
Atoparalo en Actividades, Aulas, Curtas, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
25 de novembro, un ano máis
E ademais:
"No más mal-tratadas"
Futuro con violencia?
Atoparalo en Efemérides, Igualdade, Muller, Reflexións, Violencia de Xénero
24/11/13
O raposo e a mestra
Atoparalo en Ilustración, Infancia, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
Non á violencia contra as mulleres (CCCXXXVIII)
Ogallá fose así
Atoparalo en Actividades, Aulas, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
23/11/13
Terrible
Atoparalo en Álbum ilustrado, Paz, Recomendamos, Violencia, Violencia de Xénero, Zorro Rojo
Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega pola fin da violencia de xénero
A violencia que exercedes contra nós é o dioivo que non cesa. Se cadra non queredes ver as pingas, mais o dioivo existe. Non fai falla abrir o xornal e atopar outra muller asasinada, a auga comeza a caer moito antes. Componse de todos os espazos dos cales nos expulsades, das decisións que tomades sobre os nosos corpos e sobre as nosas vidas, do imaxinario que como sociedade construímos e que afirma o dereito dos homes a ser os nosos donos e que nos inculca a nosoutras a submisión e a obediencia. Ao final de todas esas palabras, dos pequenos desprezos de cada día, dos insultos ás mulleres que falamos alto, da estigmatización constante das que no medio da choiva torrencial tendemos as mans as unhas ás outras, están os nosos cadáveres. Sobre eles asentades a vosa sociedade.Nosoutras non queremos os vosos paraugas fanados, eses que estendedes cada vez que aparece un dos nosos corpos asasinados rachando as vestiduras, describindo aos agresores coma tolos, culpando as vítimas mortas por non denunciar ou a aquelas que sobreviven por levar certas roupas, estar onde non deben a certas horas ou comportarse como segundo vós non é correcto. Nosoutras o que queremos é unha sociedade nova, unha sociedade que non se asente na violencia diaria e permanente contra ao 50% das súas integrantes, que non busque a complicidade das propias mulleres para exercela e que non fomente o desentendemento por parte dos homes como colectivo do comportamento dos seus integrantes individuais. Non queremos unha sociedade na que as formas de ocio dos homes inclúan o comercio cos corpos das mulleres, unha na que o lugar máis perigoso para nós sexa o fogar, unha sociedade na que se aterrorice ás mozas coa violación pero non se eduque aos mozos para que non a cometan.Tampouco queremos unha sociedade onde as vítimas queden á intemperie, onde a impunidade sexa rampante e onde dez mulleres teñan que poñerse en folga de fame porque as opcións que teñen a escoller son a morte ou a morte. Disto todas nós somos responsables. Os dioivos tampouco admiten comparacións, non valen as gradacións e as escusas, non vale dicir que aquelas están peor e nosoutras mellor porque mentres sigamos sendo vítimas da violencia en calquera recuncho do planeta ningunha de nós deixará de estar á intemperie. Porque semellades esquecer que son as pingas as que poden erosionar as rochas e que igualmente este dioivo de violencias ao que nos sometedes cada día non permite que exista xustiza en ningunha sociedade.Mais no medio da choiva non debemos esquecer que os dioivos se forman na terra. Son auga que se evapora e logo cae, por iso se queremos cambiar algo debemos de ir ás raíces. De aí que as medidas máis importantes son aquelas que implican poñer en dúbida os valores existentes, deixar espazo para que as mulleres falemos, recoñecer os nosos dereitos, saberes e coñecementos e rematar cos espazos onde constantemente se nos cousifica, se nos educa para ser princesas e se nos define exclusivamente en relación a algún varón.Por iso nosoutras, que somos coma os ríos, os mares e os océanos traballamos cada día no medio do trebón para cambiar as pingas do orballo e da xeada, para darnos a man. Para que o dioivo que caia, no canto de ser os nosos corpos mazados, sexa auga para unha nova sociedade. Iso é o que reclamamos aquí e agora na mesma voz que nos une a todas as persoas do mundo que hoxe saímos á rúa para denunciar a violencia, esixir a súa fin e poñer en valor o noso traballo. Non estamos soas. Somos xa enxurrada de pingas poderosas que se arrepón ao torrente que quere afogarnos.
Noticias para ler:
.- Violencia machista no traballo, vía Sermos Galiza.
.- El cuerpo de la mujer queda expuesto y agredido, en Comunicar Igualdad.
.- Actualidade, triste actualidade.
.- Para as nosas adolescentes.
Atoparalo en Efemérides, Escritores, Igualdade, Letras Galegas, Muller, Violencia de Xénero
22/11/13
Sopa verde
ao que só lle gustaba o verde:
leitugas verdes,
brócolis verdes,
coles verdes,chícharos verdes,
espinacas verdes,
alcachofas verdes,
pementos verdes…
—Só me gusta o verde –repetía a todas horas.
Atoparalo en Álbum ilustrado, OQO, Recomendamos
21/11/13
A Terra Queima
Un libro para gozar lendo e escoitando; cada secuencia temática conta coa súa respectiva banda sonora.
para chegar ao altar.
A forcada busca o ollo,
o ollo corta o coitelo
e só Xan Rei o albisca
polo burato sen nome.
Avisos urxentes:
un ramalliño
do corvo no pico,
no niño dos touciños.
Atoparalo en Ilustración, Letras Galegas, Música, Recomendamos, Xerais
20/11/13
Ver la luz
"Nacer en un vasto universo. Vivir gracias al calor de otro, y después darlo también... "
Atoparalo en Kókinos, Pop-up, Recomendamos
¡Voy a comedte!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kókinos, Recomendamos
Pensé que era un juego
Atoparalo en Dereitos Humanos, Infancia, Sociedade, Solidariedade
19/11/13
¿Quién anda ahí?
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kókinos, Recomendamos
Mesmos dereitos
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos, Igualdade
18/11/13
A memoria da choiva
A memoria da choiva, publicada por Xerais, volve ter unha trama trepidante de novela negra e paseo santiagués. De fondo, a poesía de Rosalía. Que idea tan xenial! Mesturar os versos da nosa poeta cun argumento onde os asasinatos son froito da relación do asasino coa gran figura do Rexurdimento, mentres un home que dista de ser o cabaleiro universal que todo o pode -como fixera xa no seu primeiro libro, Pedro Feijoo busca heroes de carne e óso con máis defectos ca virtudes, algo que se agradece- e unha profesora universitaria -por fin unha profesora!- procuran unha solución que... non, non vou dicir ren. Claro, diredes, o amor como pano de fondo que se entreve desde o comezo xa está máis ca visto...
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Novela negra, Recomendamos, Xerais
Les clients
Atoparalo en Dereitos Humanos, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
17/11/13
O futuro da biblioteca no entorno dixital
Atoparalo en Biblioteca, Educación, Tecnoloxía
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.