Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/01/12

Eno sagrado en Vigo

Sen fronteiras:

En hojas de cerezo

A nosa colaboradora Carme Moure ofreceunos a súa palabra a cúmprea: vainos axudar, cando menos, unha vez ao mes coa súas lecturas; se comezabamos o mes coa súa proposta, rematámolo do mesmo xeito.
Hoxe sorpréndenos con este libro descoñecido para nós:



En hojas de cerezo é un libro publicado por Nostra Ediciones, cuxas autora é Cuca Serratos con ilustracións de Paulina Barraza G. O primeiro que nos chamou a atención foi o título, por suxerente e delicado, pero tamén o subtítulo, Haikus. Inicíase cunha breve introdución “El haiku, de Japón a México”, onde, primeiramente, se describe esta forma poética, os temas que aborda e a súa orixe e evolución ao longo dos séculos (tankas ou waka, rengas, haikai, katauta). Logo, fálase das mulleres xaponesas como creadoras deste xénero (relevante o nome de Chiyo, poeta xaponesa do XVIII- “Como la nieve/mi pálido reflejo/en el agua”) e da influencia deste curto poema en autores tan dispares como Lorca, Borges ou Juan Ramón Jiménez. Como dato curioso, o termo haiku utilizouse por primeira vez no XIX por parte de Shiki Masaoka (“Como compañero/solicito a la mariposa/partir de viaje”).

As composicións non aportan orixinalidade, aínda que se percibe a boa intención de captar instantáneas estacionais, cos seus elementos característicos. Mellorables todas elas, sen dúbida.

Aí vai una mostra:

“Flores moradas/se ven por la ventana:/la jacaranda”.

“Trabaja Eolo:/cielo limpio y sereno/ves todo enero”.

“Como canicas,/tan blanco, tan redondo,/cae el granizo.”

“Jugando rondas/pasa todo el verano /la golondrina.”

Pero se o libro merece a pena é polas ilustracións, pois tanto os debuxos como as cores, son cálidos, amables e resúltannos acolledores.

O Irixo e a parroquia nº 13

Boísimo artigo de Carlos Negro sobre a próxima instalación dunha incineradora n'O Irixo. Grazas, Carlos!:

Como ben nos ensinou o poeta Uxío Novoneyra, a toponimia supón un dos trazos máis distintivos da nosa identidade colectiva, pois expresa, en canto alfaia da memoria, o vincallo ancestral entre Pobo e Terra, a ligazón íntima que se vai establecendo entre o ser humano e a contorna nese devalar histórico que deu en chamarse Galicia ou Galiza.

Por iso, permitan que hoxe evoque, como nunha ladaíña fonética, os doce nomes das parroquias que constitúen o concello ourensán de O Irixo, na comarca de O Carballiño; permitan que neste recuncho virtual deite testemuño público dos lugares de Campo, Cangues, A Cidá, Corneda, Dadín, Espiñeira, Froufe, Loureiro, Parada de Labiote, Reádigos, O Regueiro e San Cosmede de Cusanca. Doce evocacións para un deses recunchos case invisibles das terras do interior, montaña e val mesturados en xeográfica simbiose.

Mais, como a política tende a facer mudanza no costume, dáse a casualidade de que nos próximos meses as veciñas e veciños de O Irixo, gústelles ou non, van gozar do inmenso privilexio de ver como o seu concello, así como quen non quere a cousa, suma un novo topónimo ao seu valioso patrimonio etnográfico, baixo a orixinal denominación de Estela Eólica.

Por se vostedes aínda non o saben, direilles que Estela Eólica constitúe a marca comercial da empresa privada que vai xestionar a nova planta incineradora de lixo que o goberno da Xunta aprobou construír no concello de O Irixo, bautizándoa co aséptico nome de Complexo de Tratamento de Residuos Urbanos do Sur. Ou como dicía o refrán: outra SOGAMA no millo.

Moitas son as reflexións que podería suscitar esta decisión política do goberno galego; desde logo, a primeira, volve demostrar a enorme distancia que existe entre as estratexias publicitarias do Poder, na súa reiterada aposta polo "futuro do rural", e a máis prosaica realidade, na que o único porvir que lle se ofrece a un concello de menos de dous mil habitantes é a incineración de toneladas de lixo que, por suposto, non produce, pois van ser transportadas desde as extensas áreas metropolitanas de Vigo e Pontevedra.

Estamos, pois, ante a repetición dunha historia que xa vén de vello: o Poder (con P de Prepotencia e tamén de Propaganda) aproveita a depresión demográfica e económica das provincias do interior para lles vender como única alternativa de progreso un programa de tratamento do lixo que, desde un punto de vista ecolóxico, supón unha aposta a curto prazo pola eliminación rápida dos residuos, fronte a outras alternativas moito máis intelixentes e respectuosas baseadas na sagrada trindade das tres erres: Reducir & Reutilizar & Reciclar.

A segunda reflexión, se cadra, abrangue un ámbito máis espiñento, pois implica unha crítica que vai máis alá da cegueira das nosas autoridades políticas ante un proxecto que significa, como tantas outras veces, pan para hoxe e fame para mañá; esa condena atinxe á actitude maioritaria da cidadanía galega, pois seguramente moitos de nós estamos xa dispostos a lanzar a pedra acusatoria contra conselleiros e alcaldes, pero non a emprender, no ámbito privado, accións concretas que representen un troco radical dos nosos hábitos e costumes, tan contaminados pola hipertrofia consumista que alimenta o negocio das incineradoras.

E a solución, por suposto, non pode restrinxirse unicamente á mobilización social no concello de O Irixo e comarcas limítrofes, senón que debe tratar o problema desde unha perspectiva máis ampla que trate de superar as liortas partidarias, para dar pé a un debate de fondo sobre a nosa relación co hábitat xeográfico, sen falsas idealizacións sobre o noso amor á Terra, pois aínda somos quen de vendela por un prato de lentellas.

E a próxima vez que boten unha bolsa ao lixo, non esquezan que lle van dar de comer a Estela Eólica, a parroquia número trece dun humilde concello de Ourense.

30/01/12

Little Tombstone

Un Western animado realizado na escola francesa ESMA, por Azais Frédéric, Di Malta Théo, Leymonerie Benjamin e Quillet Adrien.

LITTLE TOMBSTONE - ESMA 2011 from Little Tombstone on Vimeo.



Vía

Chobani - "Snow Angels"

Chobani - "Snow Angels" from Hornet Inc. on Vimeo.



vía

Ilustracións para a Paz

Grazas a este fermosísimo blogue, ilustramos a PAZ:


Pau i guerra, il·lustració de Nicolas Duffaut


Ilustración de Marissa Arroyo

Ilustración de Dan Elijah G. Fajardo

Ilustración de Mark Bryan

Ilustración de David Guirao

Ilustración de Jude Harzer

Ilustración de David Hollenbach

Ilustración d'Aurelia Fronty

Ilustración d'Aaron Jasinski

Ilustración de Craig Davison

Ilustración de Jay Fleck

Ilustración de Pawel Kuczynski

Ilustración de Tim Robinson

Ilustración de Fritz

Ilustración de Shawn McCann

Ilustración de João Ruas

Ilustración de Rafal Olbinski

Ilustración de Cyril Rolando

Ilustración de Gra Cra

O noso Día da Paz 2011

Non colgaramos o vídeo da actividade poético-musical que realizaramos o curso pasado en Forcarei por evidentes motivos técnicos, pero debido á insistencia, aquí llela deixo a ese alumnado de 4º da ESO tan especial que tanto traballou:

Untitled from trafegandoronseis on Vimeo.



Moitas grazas, rapaces e rapazas!

Día da Paz 2012

Paremos a guerra, construímos a paz e a convivencia xuntos.
Pasamos da utopía e damos paso á realidade.
(Ilustración de Alexander Jansson )
Vía


Como cada ano, recollemos unha parte da inmensidade de traballos dos centros de ensino públicos galegos:

O CEIP A Paz, camiña cara á Paz. E aquí piden Ler en PAz. En Mos, piden vivir en paz. En Baiona, os peques coñecen o Guernica. Dende Teis acoden a estes recursos.

En O recanto de Mik atopamos todos estes recursos, ademais de saber da Paz Olímpica. Seguindo en Vigo, nestoutro cole tamén se traballa pola paz cos pequerrechos. O CEIP Alexandre Bóveda ofrece esta cantiga, libros e recursos.

A Biblioteca CEIP Isaac Peral ofrécenos estes TIC. E lémbranos a existencia do Seminario Galego de Educación pola PAZ.

O Crocaio de Sampaio fala da loita das mulleres Nobel africanas, e fan pombas; tamén len. Asemade, realizan puzzles.

A cova do lobo Seitodo tamén sabe de libros. E o CEIP Condesa de Fenosa. O CEIP de Aguiño recolle recursos e cancións. En Roxos, máis libros.

O Lar de Frianciño relaciona Paz e Bosques. Este mesmo centro achéganos as súas lectura sobre o tema. O CEP Dr. Flemming, asemade, onde ofrece materiais transversais.

A tartaruga lectora tamén ofrece unha selección de libros. En Cespón, falan dos dereitos dos máis pequenos, e agasallan marcapáxinas.

O blogue de Ponte tamén recolectou unha selección de recursos. E o CPI de Ares. En Covaterreña, grúas.

En Burela teñen unha caza do tesouro. E un caderno. Claro que en Moaña tamén teñen claro como traballar.

O CEIP Agro do Muíño dúas homenaxes. No CEIP A Doblada, este documento.

Dinamiza e normaliza Castelao tamén recolle recursos, aquí e aquí. O ENDL do IES As Mercedes non esquece tampouco esta data. Nin no blogue O falar non ten cancelas. En Catoira teñen unha boa páxina e ofrecen estoutra.

O CEIP de Carral lémbranos que a PAZ é un dereito, e non un xogo:




Non blogue do IES Álvaro Cunqueiro, atoparedes música, filmes e libros.

Se marchamos a Muxía, tamén toparemos libros. E se imos a Salvaterra, topamos un glogster.

E se viaxamos a Redondela, coñecedes estes signos?. Sen movernos de Redondela, este LIM. Ou música. Máis música, aquí, xunto con recursos. O Outeiro da Matilda ofrece tamén esta curta e traballan este conto.

Neste cole, cantan pola PAZ.

No IES de Allariz lembran a existencia disto.

No IES San Paio, dous interesantes artigos, ademais do seu xornal. E estas Palabras pola Paz.

Dende Ponteceso, lecturas pola PAZ.

O IES Fernando Esquío propón traballar a Tintín para este día.

Na Pedra do Acordo lémbrannos a Guerra das Malvinas. E en Viveiro o aniversario de Castelao.

Historia dunha aperta:



Dende Vide, contos para a PAZ, e actividades. Máis libros na biblioteca Chano Piñeiro, xunto con algúns vídeos. En Mil Primaveras, un xogo pola Paz.

En Meis fan un viveiro, ademais de nos propór estes libros. E que fan en Bibliocervo?; mogollón de cousas: podedes velo aquí e aquí.

O blogue das bibliotecas escolares recollen as propostas lectoras.

En Forcarei, o cole ten moitos novos libros para ler. E propón esta actividade.

No IES Rafael Dieste, música para a paz. As Zocas Faladoras tamén recollen palabras e cine.

No IES Poeta Añón, guía de libros e películas. No Wirtz, máis libros.

En Teis, podemos observar o resultado de tanto traballo. En Sada, realizan todas estas actividades.

O CPI Cova Terreña ensínanos este fermoso conto:



No IES Lagoa de Antela, paraugas pola Paz.

... E unha vez pasado o Día:

http://virxedorocio.blogspot.com/2012/01/foron-tantas-as-apertasfesta-da-paz-na.html

http://bibliocasteloapedra.blogspot.com/2012/02/dia-da-paz.html

http://anosabiblio.blogspot.com/2012/02/celebracion-do-dia-da-paz-no-cole.html

http://meigatintureira.blogspot.com/2012/01/para-vivir-en-paz.html

http://biblospazos.blogspot.com/2012/02/celebramos-paz-un-ano-mais-un-libro.html

http://biblioaesperela.blogspot.com/2012/02/semana-da-paz-2012.html

http://aquintadoslibros.blogspot.com/2012/01/dia-da-paz.html

http://aszocasfaladoras.blogspot.com/2012/01/radio-patio-pola-paz-2012.html

http://bibliotecacespon.blogspot.com/2012/01/karaoke-da-paz.html

http://bibliomosteiro09.blogspot.com/2012/01/manifesto-para-o-dia-da-paz-2012.html

http://bibliocervo.blogspot.com/2012/01/celebramos-o-dia-da-paz.html

http://bibliotecarubians.blogspot.com/2012/01/dia-da-paz_9365.html

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=109022

http://photopeach.com/album/gu4o0y?ref=est


http://endlciastgo.wordpress.com/2012/01/30/dia-da-paz/

http://olardefriancinho.blogspot.com/2012/01/celebracion-do-dia-da-paz.html

http://atartarugalectora.blogspot.com/2012/01/acto-dia-da-paz.html

http://atartarugalectora.blogspot.com/2012/01/o-bosque-da-paz.html

http://bibliobelesar.blogspot.com/2012/01/dia-da-paz.html

http://outeirodematilda.blogspot.com/2012/01/celebramos-o-dia-da-paz.html

http://bibliocasteloapedra.blogspot.com/2012/01/paz-tamen-e-solidariedade-cos-demais.html

http://meigatintureira.blogspot.com/2012/01/para-sonar-aprendendo-guia-de-lectura.html

http://bibliotecacespon.blogspot.com/2012/01/karaoke-da-paz.html

http://bemilladoiro.blogspot.com/2012/01/mira-o-bo-que-hai-en-min.html

http://canistrel.blogspot.com/2012/02/dia-da-paz-2012.html

http://abibliotecadorato.blogspot.com/2012/01/celebramos-o-dia-da-paz.html

http://xiralibronofleming.blogspot.com/2012/01/dia-da-paz.html

http://endlciastgo.wordpress.com/2012/01/30/dia-da-paz/

http://meigatintureira.blogspot.com/2012/02/para-vivir-en-paz.html

http://clubedelecturabormoio.blogspot.com/2012/02/celebracion-do-dia-da-paz.html

http://crocaiodesampaio.blogspot.com/2012/02/un-dia-da-paz-compartido.html

http://canistrel.blogspot.com/2012/02/dia-da-paz-2012.html

http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2012/02/caligramas-pola-paz.html

http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/2012/02/traballando-pola-paz.html

http://bibliomosteiro09.blogspot.com/2012/02/viveiro-da-paz.html

http://biblifonsa.blogspot.com/2012/02/dia-escolar-da-paz.html

http://biblioandrade.blogspot.com/2012/02/no-dia-escolar-da-non-violencia-e-paz.html

http://www.orecantodeleo.org/2012/01/dia-da-paz-2012-1-parte.html

http://virxedorocio.blogspot.com/2012/01/os-nenos-de-tres-anos-fan-pomba-da-paz.html

http://montedaguia.blogspot.com/2012/01/mais-sobre-paz.html

http://virxedorocio.blogspot.com/2012/02/celebramos-o-dia-da-paz.html

http://abiblimondego.blogspot.com/2012/02/paz-celebracions.html

http://charcalibros.blogspot.com/2012/02/actividades-da-paz-no-rosalia.html

http://bibliochivite.blogia.com/2012/013001-dia-de-la-paz.php

http://bibliofiz.blogspot.com/2012/01/30-de-xaneiro-dia-da-paz.html

http://biblomelide.blogspot.com/2012/01/manifesto-pola-paz.html

http://rabade-biblioteca.blogspot.com/2012/01/lecturas-pola-paz.html

http://bibliotecadeaguinho.blogspot.com/2012/01/jontux-visita-o-centro.html

http://tesmoitalingua.blogspot.com/2012/02/contos-da-paz-para-os-pequerrechos-de-5.html

http://montedaguia.blogspot.com/2012/02/finalizando-semana-da-paz.html

http://bibliocervo.blogspot.com/2012/02/el-rio-de-la-paz.html

http://covastk.blogspot.com/2012/02/dia-da-paz-2012.html

http://montedaguia.blogspot.com/2012/02/que-e-paz.html

http://bibliolhosgrandes.blogspot.com/2012/02/premios-pola-paz.html

http://bibliotecaa3p.blogspot.com/2012/02/dia-da-paz-2012.html

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/391

http://biblioboveda.blogspot.com/2012/02/como-vimos-facendo-nos-ultimos-anos-o.html

http://www.blogoteca.com/becerreablog/index.php?cod=109331

http://bibliotecacespon.blogspot.com/2012/02/actividades-paz-2011.html

http://bibliosigueiro.blogspot.com/2012/02/exposicions-no-dia-da-paz.html

http://biblioxaquin.blogspot.com/2012/02/25-anos-medrando-xuntos-tamen-na-paz.html

http://biblionavia.blogspot.com/2012/02/xornadas-de-paz.html

http://bibliocervo.blogspot.com/2012/02/imaxes-da-carreira-solidariadia-da-paz.html

E por suposto no blogue das Bibliotecas Escolares de Galicia.

29/01/12

Keep drawing

keep drawing from studio shelter on Vimeo.

Loles


Da editorial Pintar Pintar, este álbum ilustrado con texto de Aurelio González Ovies e ilustracións de Julio Antonio Blasco, Loles, é unha revoltillo de imaxinación e realidade: que é real de todo canto acontece? É todo posible? En calquera caso, o álbum é unha invitación a seguir adiante, a crer nos soños, a superarnos, a comprender que nós decidimos. As ilustracións, tenrura a mans cheas, de gran fouteza visual que enche de borróns delicados os poemas textuais.


Non á violencia contra as mulleres (CCXLII)

Recollido no blogue da biblioteca do IES Lama das Quendas de Chantada, este accésit na modalidade de microvideos "Concurso de fotografía dixital e microvídeos, 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero". Organizado pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller.

28/01/12

Clean




Vía

Intelixentes?

A pomba dona Paz


Vén de saír do prelo este libro publicado por Xerais na súa colección "merliño" moi axeitado para o Día que todos os centros conmemoranos ano tras ano: o Día da Paz. Este é de Ramón Caride con ilustracións de Pepe Carreiro, a quen nos alegramos ver outra vez en activo. O libro é, ante todo, unha mensaxe de esperanza dirixida aos máis pequenos e pequenas, posto que só eles e elas serán quen de cambiar este presente desolador que vivimos sen protestar: diferenzas sociais, pobreza versus riqueza, guerras, nenos traballadores, mulleres maltratadas, falta de respecto polo medio-ambiente... Os cartos mandan, de aí que a pomba da esperanza se apoie na infancia.

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo.
Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa.
En conto o día amañece vai pasear moi cediño,
para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños.


Os 10 lugares máis contaminados do planeta



A música, un fragmento do tema "Contaminación" de Paul Gillman.

27/01/12

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore

Falaramos desta curta noutras dúas ocasións. Arestora xa a podemos gozar enteira aquí. E non vos defraudará!


El aviso

Encantoume este libro de Paul Pen: El aviso, publicado por RBA na súa marabillosa colección "Serie Negra". Máis que novela negra case é unha mestura desta con historia case paranormal que consegue atrapar ao lector nun salaio de inquedanza. Un thriller psicolóxico onde hai unha excelente denuncia do bylling escolar, cun neno protagonista que terá unha vida ben difícil nunha contorna de incomprensión e soidade que se acrecenta en cada capítulo: a escrita traspasa o papel para facer sentir ao lector a impotencia por non poder axudalo. Do final, evidentemente, nada vou dicir. Pero o libro permanecerá nas vosas entrañas aínda ben días.
Por certo, se alguén consegue non odiar a esa nai pija, por favor, que mo diga!

Poco a poco, el griterío fue remitiendo y, cuando Brecha decidió cruzar en dirección a la tienda del americano, el grupo le siguió. Leo se quedó solo a las puertas del colegio mientras lo que esa misma mañana pudo haberse convertido en una pandilla de amigos con la que explotar petardos en los buzones de los profesores, se alejaba para siempre por el paso de cebra intercambiando historias falsas o verdaderas, eso daba igual, sobre el legendario tiroteo del Open. La conductora que había estado pitando intentó avanzar con el coche. Tuvo que frenar en varias ocasiones para dejar paso a los más rezagados. Su labio superior se levantó, mostrando la encía, sin que ella se diera cuenta. Cuando logró situarse sobre el paso de cebra, miró a Leo. El niño subió al coche.

— Mamá, prométeme que vendrás siempre a recogerme — le pidió.


NON á incineradora n' O Irixo

Despois das eleccións xerais do 20 de novembro de 2011, soubemos da aprobación polo Goberno de Galicia da implantación dunha incineradora de residuos urbanos no Concello de O Irixo (Ourense), (Complexo de tratamento de Residuos Urbanos do Sur), preparada para incinerar (tratar) os residuos urbanos do Sur de Galicia (provincias de Ourense e Pontevedra), e adxudicada á empresa Estela Eólica.

A construción desta incineradora aparece reflectida no Plan de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 (Resolución do 7 de febreiro de 2011), onde aínda recoñecendo nas súas conclusións que a xeración per cápita de residuos en Galicia está por debaixo doutras Comunidades de España e doutros países da Unión Europea e que no período de 1998 a 2009 aumentou arredor dun 50%, segue apostando pola incineración e poñendo de relevo a pouca ou total aplicación doutros métodos de tratamento de residuos onde se prime a redución, reutilización e reciclaxe dos residuos, ademais da compostaxe da materia orgánica (que supón arredor do 50% da bolsa de lixo de cada fogar galego).

A aposta pola incineración do goberno galego supón unha forma rápida de desfacerse dos residuos urbanos, pero pouco respectuosa co medio ambiente, contamina o aire (prodúcense dioxinas e furanos potencialmente canceríxenos), a auga e os solos. Pasa á cadea trófica e por ende ás persoas e pon en perigo a agricultura e gandería das comarcas máis próximas, non é propia dun país moderno nin está xustificada polo volume de lixo xerado nunha Galicia pouco poboada, e contradí claramente normativas como:

Directiva 96/61/CE, do 24 de setembro de 1996, relativa á prevención e ao control integrados da contaminación.

Lei 16/2002, do 1 de xullo, sobre a prevención e control integrados de contaminación.

Lei 38/1995, do 12 de decembro, sobre o dereito de acceso á información en materia de medio ambiente.

Real Decreto Lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba a Lei de Avaliación do Impacto Ambiental de Proxectos.

Nas que se trata de garantir un medio ambiente libre de contaminación e onde se poñen medidas claras, estritas e restritivas ás industrias que contaminan, e ademais se pon énfase no dereito á información en materia de medio ambiente para toda a cidadanía afectada directa ou indirectamente por estas prácticas industriais que poidan xerar contaminación medioambiental.

O Goberno Galego, aplicando un total escurantismo, concede á empresa Estela Eólica antes incluso da entrada en vigor da Lei 13/2011, do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia, a construción desta incineradora do Sur de Galicia. Nesta Lei deixáselle as portas abertas, como se recolle no capítulo III, a todos os proxectos industriais estratéxicos (nos que entraría a construción desta incineradora), para a máxima prioridade en todas aquelas condicións necesarias para a súa construción e funcionamento.

A creación desta incineradora viría a sumarse á que está funcionando desde 1996 no Concello de Cerceda (A Coruña), a máis grande de todo o Estado Español, poñendo de relevo, unha vez máis, a clara e única aposta deste Goberno pola incineración como tratamento dos residuos urbanos. Incineración que, ademais da propia contaminación no proceso de tratamento do lixo, xera un 30% de escouras e cinzas altamente contaminantes (metais pesados) que hai que logo almacenar. Asemade a ubicación desta industria nunha Comarca do interior de Galicia, cunha poboación avellentada, un alto índice de despoboación e moi afastada dos núcleos de maior produción do lixo que se vai “tratar”, fai pensar nun aumento dos gravames ou impostos municipais pola recollida e “tratamento” do lixo, sabendo que os custes do transporte son un dos atrancos máis importantes na viabilidade económica destas industrias, como se recoñece no propio Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia, e que unha empresa privada como é Estela Eólica non vai pasar por alto con toda seguridade.

En definitiva vender a creación desta industria como mecanismo de asentar a poboación nas zonas rurais ao crear postos de traballo (moitos menos dos que se di) e un aumento do nivel de vida da zona é unha falacia que compromete moitos máis postos de traballo xa creados ou con posibilidade real de creación nun futuro inmediato e pon en perigo a saúde das xeracións actuais e que están por vir.

Este domingo, concentración n' O Carballiño ás 12,30.

Podedes asinar aquí.

E ler estoutro artigo. No blogue Imos Indo, tedes un par de entradas ás que cómpre pór atención.

26/01/12

My Bloody Lad - Dead Walter

My Bloody Lad - Dead Walter - WIZZprod° from WIZZprod° on Vimeo.

El libro de la vida


Esta imaxe é unha escultura chamada el "Libro da Vida" inspirada na extraordinaria vida de Rabi Iosi Raichik, un home que salvou miles de vidas de nenos dos efectos devastadores do desastre de Chernobyl. A escultura, feita de metal, ten páxinas cheas de palabras conmovedoras, e conta cunha choiva de bolboretas que representan os 2.547 nenos que axudou a comezar unha nova vida.
Do artista
David Kracov.

Memorias dun raposo

Despois de recibir un tremendo paquete, a miña primeira lectura foi para Memorias dun raposo, con ilustracións de Manolo Uhía, publicado pola editorial Xerais. O autor, claro, Antonio Reigosa: o "enviador".
É difícil non estar predisposta á lectura coñecendo ao seu autor e o seu sentido do humor, un humor do que fai gala ao longo do libro, que por certo xa está na súa undécima edición. Por algo será!
Un libro que, ademais, foi Premio Merlín no ano 1998. Xa choveu! Pero eu, que agora ando a buscar lecturas axeitadas para os máis pequechos, teño que me poñer ao día.
E falando de lecturas axeitadas, vaia se o é! Sei que a rapazallada máis nova vai gozar destas memorias dun raposo que as sabe todas e que nolas conta para que os humanos vaiamos aprendendo das súas artes e da súa intelixencia, se é que damos. Que o dubido.
Buscar comida e lograr a supervivencia son as características básicas dos raposos, pero os outros animais tamén estarán presentes, posto que convivir con lobos, galos, ovellas ou homes non é doado e as artimañas deben ser cada vez máis complexas.

O coñecemento é un dereito universal

José Antonio Fraga Castro é o presidente dos laboratorios cubanos biolóxicos LABIOFAM. Hai uns anos estudaron un produto natural xurdido a través do veleno do alacrán contra a enfermidade do cancro, obtendo uns resultados extraordinarios. Fraga Castro nos explica el proceso y los secretos de sus éxitos.


25/01/12

Fábula galénica

A decisión de Don Cardo de construír un castelo novo está a piques de acabar cos recursos naturais e económicos da súa contorna. O burro da tía Lola coa axuda dos animais e outros seres da fraga enfrontarase a el para recuperar o ecosistema.
Recén saído do forno, este é o vídeo do último espectáculo de "Fantoches Baj". A realización é de Marcos Vilarioño e a peza que se escoita é o Vals Maruxa dos Deza de Moneixas, tema arranxado por Carlos Quintá e tocado por Linho do Cuco.


fábula galénica from Fantoches Baj on Vimeo.

Reconvértete!

Publicidade de Lituania para fomentar a lectura: Convértete en alguén máis



E do Facebook da Libraría Eixo recollemos esta foto:


Cien mil millones de poemas


Tivestes este libro nas vosas mans? Se a resposta é negativa, suxírovos que vaiades a unha libraría e o busquedes: necesitades velo para gozalo. Non, non é un álbum ilustrado: é a maxia da poesía recortada. Esta Homenaxe a Raymond Queneau publicada pola editorial Demipage contén nin máis nin menos ca Cien mil millones de poemas. Non. Non ten mil páxinas. Tedes que averiguar o como e o por que.
Jordi Doce, Rafael Reig, Fernando Aramburu, Francisco Javier Irazoki, Santiago Auserón, Pilar Adón, Javier Azpeitia, Marta Agudo, Julieta Valero e Vicente Molina Foix son os encargados de realizar os poemas para esta particular homenaxe. Jordi Doce escribe o primeiro soneto que servirá de modelos para os demais: débese respectar a rima.
O libro non só é unha homenaxe a Queneau, serve tamén para nos lembrar que a literatura é un xogo que dá auténtico pracer ao lector ou lectora que se atreva a xogar con ela. Só hai que intentalo! Con el, un convértese nun poeta que xoga cos versos rimados, perfectamente construídos en alexandrinos, deixando que a nosa propia sensibilidade constrúa o poema perfecto.

Cien mil millones de poemas. Demipage from Demipage on Vimeo.

Los espigadores y la espigadora

"Los espigadores y la espigadora" é un documental da direcgtora Agnès Varda, onde se reflexiona sobre a nosa sociedade de consumo: o que nós desperdiciamos é recollido por outras persoas, por necesidade ou por moralidade.



24/01/12

Soberano

Supoño que se vería como algo normal. Arrepía:

Ninguén

Xa a nosa colaboradora Rosa recomendara este libro, pero non quero deixar pasar a ocasión de facelo eu tamén. Tiven a oportunidade de ler Ninguén de Fran Alonso, publicado pola editorial Xerais, co club de lectura virtual Falemos de lecturas este mes que me correspondía a coordinación. En contra do esperado, pola carga que me supuña este traballo, gocei dobremente: non só porque a súa lectura é atraente e máis que recomendable, senón tamén porque a xenerosidade do seu autor fixo posible un diálogo constante entre lectores e escritor que enriqueceu a visión do lido e as opinións dun xeito incrible. Non hai máis que comprobar o número de comentarios orixinados. A pena que me queda é que non participase máis xente.
Unha das cuestións que abordabamos ao inicio da lectura de Ninguén foron os "hoax" que intercalan as historias, unha especie de ponte entre elas. Fran deixóunolo claro: constitúen, sobre todo e principalmente, o fío condutor do libro, coma se fosen a liña continua dunha estrada que vai marcando un camiño. Un fío condutor e deconstrución da narración.
Ninguén convértese nun libro novidoso, moi acorde coa nosa sociedade actual, fragmentaria, urbana, ás veces antisocial, ás veces suplicadora de relacións, ás veces chea de ruídos que sobran. Todos e todas estamos alí, en pequenos fragmentos, identificándonos nalgúns aspectos, créndonos lonxe doutros, loitando por non estar naqueloutros que máis nos disgustan. Pero tamén reinterpreta o destino da sociedade que estamos a crear, a nosa evolución.
Un libro que nos fai reflexionar e mirarnos con outros ollos, sentindo que moitos dos movementos que damos están nos personaxes que crea Fran Alonso. E os espellos adoitan ser duros.

Queres xogar?

23/01/12

Carme de Loaira

Un libro


Hervé Tullet é o inventor de Un libro publicado por Kókinos: un libro que se converte nun xogo, non hai máis que seguir as instrucións e cada páxina é un divertimento sorprendente. É imposible resistirse ás súas ordes, posto que o libro convídanos cunha voz suave a participar da súa maxia. Un libro interactivo e sorprendente.


Críctor


Volve a ofrecernos a imprescindible editorial Kalandraka un clásico que debemos coñecer (de 1963): Críctor de Tomi Ungerer. Como os animais poden non ser o que parecen, unha señora maior adopta de mascota unha serpe que resultará unha excelente compañía. Os sorrisos están asegurados.
Un álbum que toda biblioteca debe posuír.

A doutrina do shock

Este documental amosa o máis escuro do capitalismo salvaxe que segue a ideoloxía do economista Milton Friedman: inocular o terror na poboación fai que a cidadanía acabe aceptando os golpes do sistema.

La doctrina del Shock from alvarezmeo on Vimeo.

22/01/12

Brindar con viño

Cuando el viento sopla


A verdade é que me resulta imperdoable non coñecer este cómic ata agora sendo como é do ano 1983. Cuando el viento sopla de Raymond Briggs está publicado pola editorial Debate en versión de Rosa Montero. Un cómic que acae estes días na preparación do Día da Paz dun xeito insólito: dous avós asisten impotentes ao comezo dunha guerra nuclear, dende a inxenuidade e a sinxeleza loitan pola súa propia supervivencia provocando no lector que se lle encolla o corazón. Convértese así nun dos libros antibelicistas máis importantes que coñezo. E isto utilizando a cor e uns debuxos simples de tan só dous personaxes que dialogan constantemente sobre o que acontece.
Hai película.














Non á violencia contra as mulleres (CCXLI)

Organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Caldas de Reis, coa colaboración da Xunta de Galicia e producido por Lilith acción social e educativa s.l., coa participación do alumnado de: CPI Alfonso VII, IES Aquis Celenis e Colexio San Fermín:


21/01/12

Tempestades de sal

Kiki de Montparnasse


Catel Muller e José-Louis Bocquet son os autores do Kiki de Montparnasse publicado por SinSentido. Unha biografía moi interesante sobre a musa do barrio parisino de Montparnasse: o seu verdadeiro nome era Alice Prin, modelo nos anos 20, ata os 40 -período entre guerras-, e amiga de Picasso, Breton, Cocteau, Duchamp, Bocquet... Inmortalizada por Man Ray co violín de Ingres e viviu varios anos co artista americano. Unha vida apaixoante que se pode ler en formato cómic, case 400 páxinas onde hai ademais breves biografías dos personaxes máis relevantes da época e unha extensa bibliografía. A biografía é cronolóxica, aínda que con algún saltos no tempo, o que non impide a extensión da obra baixo unha pregunta no aire: canto queda sen contar dunha vida tan intensa?



Vengo del ayer

Poema de Yenny Londoño na voz de Mercedes Pérez e música de Carmina Burana:

20/01/12

Moonlight

Emocionado, amosouma o meu fillo:

Lo que sé de Vera Candida

Publica Salamandra esta fermosa novela da francesa Véronique Ovaldé Lo que sé de Vera Candida. Unha saga de personaxes femininos da mesma familia que nos vai enternecendo a medida que avanzamos na lectura e nos deixamos envolver pola forza prosística dun novo realismo máxico que é quen de dar ao mundo libros coma este. Un libro que xira ao redor do medo ao mundo e ao amor, do hermetismo natural que nace case xeneticamente impelido polas circunstancias, do sexo como pracer cando é consentido, da sociedade absorbente e machista... O libro é unha tea de araña que te vai envolvendo querendo introducirte na alma do personaxe principal para tentar comprender as mulleres da familia e as circunstancias.
Se ben a autora é francesa, será a globalización, é un dato que esquecemos inmediatamente para pensar que estamos en mans dunha autora ou autor hispanoamericano: a atmosfera, a ambientación, os personaxes... todo o conxunto convéncenos deste feito, erro que subsanamos ao ler a biografía da autora. O poder de evocación da novela é exquisito, cunha abondosa adxectivación que non resulta pesada pero si envolvente.
Teño que recoñecer que nun principio non me atreu demasiado, que a estaba a ler por recomendación e préstamo fervente dunha amiga lectora, pero a medida que as páxinas avanzaban, eu voaba: lino dunha atacada.

Basta Ya!

22 artistas arxentinos din "Basta XA! á mega minería a ceo aberto polos danos humanos e ambientais que provoca. Como se expresa na canción, a vida e a auga como fonte dela son os nosos dereitos. Vídeo da ONG "Conciencia solidaria"

19/01/12

En El Cielo No Hay Hospital

Frederick


Un clásico de Leo Lionni verquido á nosa lingua grazas á editorial Kalandraka: Frederick, o rato poeta, que coñece a importancia das palabras e dos sentimentos, alén da comida. O máis fermoso é o agradecemento familiar ante a importancia de ter ao seu carón tanta poesía.
Imprescindible.


El Siglo del Viento

Narrado por Eduardo Galeano e dirixido polo seu amigo Fernando Birri, este documental reúne diferentes escenas acaecidas en América durante o século XX, tomadas todas do último volume de Memoria del Fuego.

El Siglo Del Viento (Eduardo Galeano Fernando Birri) from odo on Vimeo.


Escribirlo fue una alegría de la mano;
y ahora yo me siento más que nunca
orgulloso de haber nacido en América,
en esta mierda, en esta maravilla,
durante el siglo del viento.

18/01/12

Electro Shock



vía

De otra manera


Publica Thule De otra manera, con texto de Ana Tortosa e ilustracións de Mónica Gutiérrez Serna: un álbum sobre o proceso de madurez, de como se ve o mundo a medida que medras, a conmoción que supón percatarse dos cambios que trae consigo o feito de medrar e mirar con outras lentes o mundo de arredor. As ilustracións son delicadas e envolventes.

Ler e reler

Drama en Haití

17/01/12

Cantar de cego no que se dá conta do intento de asasinato de Don Galego

Dende o Deza:

Cantar de cego no que se da conta do intento de asasinato de Don Galego from Profes Galego on Vimeo.

Acrescenta um Conto

Que se pode facer cando o alumnado xa non quere ler? En São Paio de Vizela (Portugal) a profe convidou ao seus alumnos e alumnas a lerlles contos aos seus pais, e o resultado é marabilloso:

El lugar más maravilloso



Con texto de Javier Sobrino e ilustracións de Esperanza León, El lugar más maravilloso está publicado por Thule. Un neno ten o seu propio lugar, aquel onde pode xogar, soñar e sentirse forte nun álbum que semella un poema optimista; a imaxinación pode salvarnos de todo para fuuxir do medo ou a vulnerabilidade ou a indefensión. Pero o mellor lugar que un neno pode atopar é, ao fin, o colo da súa nai. As ilustracións son cálidas, lenes, doces: acolledoras e nostálxicas.


Mi higuera solía ser el lugar más maravilloso del mundo. Entre sus ramas era el capitán, rodaba en bicicleta. Jugaba a todo tipo de cosas en ella. En mi higuera besaba a Ángela sin ponerme colorado. Era feliz. Pero un día me caí de la higuera y me ortigué las piernas. Mi madre me curó el escozor, me abrazó y entonces, en su regazo, sí descubrí el lugar más maravilloso del mundo.


Afortunados por morrer

Richard Dawkins, científico defensor das teorías evolucionistas, sorprende ao falar da vida e da morte.



Vía

16/01/12

Life Vest Inside

Non está pola música senón pola forza que nos transmite. Farémolo realidade?

Sons literarios

Novamente, este vídeo agasallo viaxa dende Lleida:

HHhH

Creo que por moitos libros que lea e por moitos documentais que vexa, xamais deixará de soprenderme a maldade do nazismo. A miña última lectura adentroume novamente neste período negro da Historia recente, da man de Laurent Binet: HHhH está publicado por Seix Barral.
Supoño que o primeiro que chama a atención é o título, baixo o que se agocha a frase alemá "Himmlers Hirn heisst Heydrich": o cerebro de Himmler chámase Heydrich. E sobre este home e o atentado que sufriu vai a novela. Unha novela moi fresca, hai que engadir, posto que autor nos confía unha e outra vez os seus desvelos por contarnos a historia e porque esta sexa Historia; el fala en tempo real dos seus personaxes, dos seus sentimentos cara a eles, mesmo confesa as súas inquedanzas, salpicando a narración histórica coas súas reflexións e converténdose el mesmo nun personaxe da novela. Grazas a este libro coñeceremos algo máis da Historia nazi, os seus principais dirixentes, pero tamén como se organizaba a Resistencia, o valor de miles de anónimos que perderon as súas vidas por defender a xustiza e o seu país. E, ante todo, sufriremos ao ler masacres e inxustizas, e choraremos ante a masacre de Lidice mentres agardamos un final que sabemos non será bo. E pasearemos por Praga, unha cidade que o autor ama e describe minuciosamente. A fermosa Praga.
Chama a atención a busca obsesiva da verdade do autor, comparando mesmo en ocasións o que el puido ler o oír co que sabe que foi inventado. E todo por un fin: “para que cualquier cosa pueda penetrar en la memoria, es preciso antes transformarla en literatura”.
Eu recomendóvola. E moito.


Prepararse para o impacto

As tres cousas que aprendín mentres o meu avión se estrelaba: Ric Elias.



Vía

15/01/12

Dear Reader Great White Bear

La llave



Da man da editorial Lóguez, fermoso e reivindicativo texto de Angèle Delaunois con ilustracións de Christine Delezenne: La llave, con varios premios, aborda o tema das guerras baixo o prisma da muller e dos nenos que deben ir a un campo de refuxiados para salvar as súas vidas mentre a esperanza de volver e recuperar o que é de seu merma cada día. Un álbum precioso moi axeitado para o próximo Día da Paz que estamos a piques de celebrar. Encantáronme as ilustracións, delicadas e poderosas ao mesmo tempo.



He abrazado el tronco
de mi viejo naranjo.
Grabado en su corteza,
he encontrado mi nombre
y mis viejas esperanzas.
Sentada junto a él,
bajo la lluvia de sus flores,
he hundido mis dedos
en sus raíces y
con un poco de tierra
y la sal de mis ojos,
he hecho brillar Mi llave.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.