Vía
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Xeografía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xeografía b>. Amosar todas as publicacións
13/02/17
02/01/17
O desfile dos meses
Grazas ao Facebook de Marcos López Concepción:
En Betanzos, na igrexa de Santa María do Azougue, hai un calendario
medieval en pedra que posúe tres características que o fan moi especial:
Está nun capitel, nun só capitel
continuo (non en dous ou tres), e ten TODOS os meses do ano (unicamente
hai outro no mundo que se lle asemella, no palacio dos Dux en Venecia,
que reúne esas tres condicións).
Esta xoia realizada entre 1380/1390 está dividida por un home de dúas
facianas. Un deus Xano - Xaneiro-, que ten o control dos cambios de
ciclo, do solsticio: Pasamos esas portas simbólicas confiando na forza
da luz que crece e mingua.
Abaixo os debuxos de Alfredo Eiras que reinterpreta fermosamente este friso. #sitiosxurelos #artxurelo #debuxosxurelos
Aquí hai máis información sobre o calendario de Betanzos, un artigo de Manuel Antonio Castiñeiras González "El
desfile de los meses de Santa María do Azougue" publicado no Anuario
Brigantino.
E un vídeo:
27/11/10
23/07/10
A Colina das Cruces
A Colina das cruces en Lituana é un lugar único no mundo. É unha colina sementada de miles de cruces que simbolizan a resistencia do pobo lituano, sobre todo en contra do poder soviético.
A principios do século XX xa existían un centenar de cruces. En 1961, por primeira vez, as forzas comunistas conseguiron destruíla, proceso que continou durante dúas décadas, pero a Colina sempre volvía a xurdir despois de cada ataque.
É considerada como o símbolo da fe invencible, da esperanza e o sufrimento do pobo lituano.
A principios do século XX xa existían un centenar de cruces. En 1961, por primeira vez, as forzas comunistas conseguiron destruíla, proceso que continou durante dúas décadas, pero a Colina sempre volvía a xurdir despois de cada ataque.
É considerada como o símbolo da fe invencible, da esperanza e o sufrimento do pobo lituano.
Vía
Atoparalo en Documental, Historia, Xeografía
01/07/10
22/02/10
Causas da miseria de Haití
Tiña gardado este artigo desde o terremoto de Haití. Creo que é máis ca interesante: cómpre unha lectura reflexionada sobre o noso papel nos desastres que ocorren. Pregúntome se aínda estaremos a tempo de cambiar algo, ou se pola contra o mal xa está feito.
Haití é unha terceira parte de La Española, a segunda illa máis grande do Caribe. A súa renda antes do terremoto era de 1300 dólares anuais per capita, o que contrastaba cos 8200 do veciño país, a República Dominicana. É o país máis pobre de América. A causa? Seguramente a deforestación e a destrución do chan.

A imaxe amosa unha zona limítrofe entre Haití, á esquerda, e a República Dominicana á dereita. É dicir, verde á dereita e deserto á esquerda. Así o explica Joel K. Bourne:
Haití ha perdido su suelo… y los medios para alimentarse.
“Tè a fatige”, dijo el 70% de los granjeros haitianos en una encuesta sobre sus problemas agrícolas más importantes: “La tierra está cansada.”
Y no sorprende. Casi desde 1492, cuando Colón pisó por primera vez la muy arbolada isla de La Española, la nación ha ido perdiendo tanto tierra como sangre, primero por los españoles, que plantaron azúcar, y luego por los franceses, quienes talaron los bosques para proporcionarles lugar a los lucrativos plantíos de café, índigo y tabaco. Incluso después de que los esclavos se rebelaron en 1804 para sacudirse el colonialismo, Francia recibió 93 millones de francos de su ex colonia como indemnización, la mayoría en madera. Después de la independencia, especuladores y plantadores de la clase alta expulsaron a las clases campesinas de los pocos valles fértiles hacia las zonas rurales boscosas y escarpadas, cuyas estrechas parcelas cultivadas intensivamente con maíz, frijol y yuca se combinaron con una industria creciente de carbón vegetal y madera para combustible que exacerbó la deforestación y la pérdida de suelo. Hoy queda menos de 4% de los bosques de Haití y en muchos lugares el suelo se ha erosionado hasta la capa rocosa. De 1991 a 2002, la producción alimenticia per cápita ha disminuido 30 por ciento.
O chan de Haití está tan degradado que non pode producir alimentos. A deforestación e os cultivos intensosa esgotaron a terra e favoreceron a erosión. Isto contribúe, ademais, á degración da auga. O peor é que xa non ten solución.
Atoparalo en Actualidade, Historia, Medio Ambiente, Reflexións, Sociedade, Xeografía
13/11/09
Xente de San Francisco
Coa música de Bernard Herrmann para Taxi Driver, este vídeo lévanos a moitas vidas e situacións desta ernome cidade. E todo en 4 minutos.
San Francisco's People. Canon 5DmkII 24p from Philip Bloom on Vimeo.
Vía Fogonazos
12/11/09
30/06/09
Vacacións viaxeiras
No blogue Ponte Vella atopamos esta deliciosa selección de lugares onde viaxar este verán... aínda que sexa só co maxín
viaxes
23/05/09
Covas de Ajanta
Hai que ir aló, está claro:
Cuevas De Ajanta India
View more presentations from trafegandoronseis.
Atoparalo en Xeografía
03/11/08
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.

















