Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/03/14

Antes de me converter nunha illa

Está en francés, pero é preciosa esta curta e enténdese perfectamente: só son tres frases!

Vía

En Grand Central Station me senté y lloré



Publicado por Periférica, En Grand Central Station me senté y lloré de Elizabeth Smart non é unha novela, coido, é unha enorme declaración de amor, ou máis ben un longo poema amoroso novelado. A definicón é difícil, desde logo, cando estás ante un libro así. E non, non é prosa poética tampouco. Ollo. Simplemente existe unha estreita relación entre a novela e a poesía. Ou iso é o que eu creo. En realidade é unha autobiografía onde a protagonista conta a súa relación extramatrimonial cun poeta. E a dor que supón ser "a outra". A que ama con paixón nun hotel. A que se agocha. A que ve á parella "oficial" e ten que mirar para outro lado. A que sofre en silencio. A que nada pode dicir porque o máis importante é non perdelo. A que pensa no suicidio. A que queda embarazada. A que bebe canda el, a que pelexa con el. A que sente o rexeitamento familiar nunha sociedade tradicional.
O libro, a novela, é unha viaxe interior e persoal dunha adicción autodestrutiva por un home. Unha muller que escribe sen ocultamentos sobre a paixón, sobre o amor, sobre o sexo, sobre a necesidade física e case patolóxica que sente por ese home casado que nunca, nunca, deixará a súa muller para cambiala por ela.
Un libro escrito desde o desgarro da alma, cunha linguaxe chea de referencias literarias.

Inocentes

Aínda hai xente que mira para outro lado. E o goberno segue negando. Na nosa profesión sabémolo ben.

30/03/14

Piropos

Pensei que era un vídeo pola igualdade e logo resultou ser publicidade. Unha publicidade que ademais indica que "non es ti mesmo cando tes fame". Vaia.

El mundo es tuyo

 
Riccardo Bozzi e Olimpia Zagnoli son os responsables destes "Pequeños pensamientos para grandes pensadores" publicado pola editorial Juventud: El mundo es tuyo é un pequeno tratado filosófico de grandes pensamentos e poucas palabras, con tempos graduados para a reflexión necesaria. Frases que son matizadas ou completadas logo dos silencios, das páxinas; aseveracións contraditorias, matices... de todo hai como hai no mundo. A mensaxe: a liberdade con limitacións que debemos superar.
As ilustracións destacan pola súa sinxeleza e relaxación.




Non á violencia contra as mulleres (CCCLV)

Arredor de cinco mulleres son agredidas cada minuto no mundo. A Organización Mundial da Saúde alerta de que unha de cada tres mulleres no mundo sofre violencia física e/ou sexual. Bangladesh acumula as cifras máis altas de agresións con ácido.



Gonga Dashi 
Gonga Dashi, 46 anos. Casou, enviuvou e tivo que volver á casa de seus pais. Alí un veciño quixo casar con ela e como ela non o aceptou, agrediuna con ácido na rúa. Nunca foi arrestado, fuxiu e non se sabe del.


Helena Khanom
 
Helena Khanom, 21 anos. Rociada con ácido polo seu cónxuxe mentres durmía porque a familia dela non lle pagaba o dote.


Khodaja Khatun

Khodaja Khatun, 25 anos. Atacada por unha pelexa veciñal por unhas terra. O agresor, da súa propia familia, nunca foi xulgado.



Nargis Khatun

Nargis, 36 anos. Atacada polo cuñado mentres durmía. A demanda foi desestimada por falta de probas.


Nur Banu

Nur Banu, 28 anos. O seu ex-marido mandou que a atacasen como vinganza.



Purnima Mandol

Purnima Mandol, 28 anos. Tamén agredida mentres durmía e asemade os culpables sen castigo. Agora ela traballa con organizacións que loitan por rematar con esta forma de violencia.


Sofura Khatun

Sofura Khatun, 36 anos. Herdou do seu sogro e os seus cuñados non llo perdoaron.

Sonali Khatun

Sonali Khatun, 11 anos. Agredida mentres durmía con seus pais, tiña tan só 18 días de vida.

VÍA

29/03/14

O paso adiante

Moito me gustou este vídeo do Equipo de Normalización do IES de Arzúa:


La filarmónica se viste

 
Curioso álbum que publica Corimbo de Karla Kuskin e Marc Simont: La filarmónica se viste foi considerado un dos mellores álbums do 2013 pola súa orixinalidade: nel veremos como se preparan todos os músicos dunha filharmónica antes de acudir ao concerto nas súas casas e xa logo no propio lugar. Xente unida pola música e que o resto do día se afasta, persoas cotiás con algo en común. E ese algo dálle sentido ao álbum: as persoas, os instrumentos, as notas... todo cobra sentido para orquestrarse conxuntamente e crear unha música que asolaga os nosos sentidos. As ilustracións son unha gozada.


Marea verde para todos

Emotiva canción para defender o ensino público:

"Quieren que con menos siga igual, quieren que aprenda a callar, quieren que siga como si nada"

Vía

28/03/14

Jan Svankmajer

Visto no Facebook de Mª Jesús:

Magnífica curtametraxe de animación do artista e realizador checo Jan Svankmajer, na que se aborda o tema da educación sexista e os roles que se establecen desde a infancia para homes e mulleres. Unha pequena (por extensión) xoia.

Tú no me asustas

Orixinal álbum publicado por Thule de Farideh Khalatbaree e Lisam Jamileh Barjesteh: Tú no me asustas é un catálogo de monstros, pantasmas, personaxes malignos que teñen unha función literaria: a presenza dos personaxes benignos. Aínda que neste álbum incrible van moito máis alá: a súa función é tan importante que non os atrevemos a desvelala aquí: teredes que averiguala. Pero asegúrovos que non vos desfraudará.
Repeticións e cadencias para un texto poético, hipnótico, onde o negativo queda oculto baixo o positivo, cunhas ilustracións máis ca chamativas e que inclúe un despregable no medio. Unha gozada!


Tu no me austas portada
La autora y editora iraní Farideh Khalatbaree crea, a través de este texto en forma de poema, un conjuro contra el miedo a los personajes malvados de los cuentos. Además de la cuidada edición de la obra, destacar las ilustraciones en blanco y negro de Lisam Jamileh Barjesten que representan el diálogo poético entre la bruja y el gato protagonistas y que sirven de metáfora para hablar de lo reconfortante que en ocasiones puede ser el miedo, sobre todo si se está al lado de los seres queridos. - See more at: http://www.canallector.com/20323/T%C3%BA_no_me_asustas#sthash.m0PYJSdo.dpuf
La autora y editora iraní Farideh Khalatbaree crea, a través de este texto en forma de poema, un conjuro contra el miedo a los personajes malvados de los cuentos. Además de la cuidada edición de la obra, destacar las ilustraciones en blanco y negro de Lisam Jamileh Barjesten que representan el diálogo poético entre la bruja y el gato protagonistas y que sirven de metáfora para hablar de lo reconfortante que en ocasiones puede ser el miedo, sobre todo si se está al lado de los seres queridos. - See more at: http://www.canallector.com/20323/T%C3%BA_no_me_asustas#sthash.m0PYJSdo.dpuf

Como cho digo

Como cho digo é outra boa idea da CTNL. Trátase dunha campaña  para a visibilización do galego nos medios. Calquera persoa ou entidade pode sumarse e recibirá unha declaración personalizada que pode entregar aos medios no caso de participar en calquera evento noticiable.
Se nos sumamos á inicitiva da CTNL, obteremos unha declaración que comeza así:

Declaro
 Que me gustaría que o galego se visibilizase máis na prensa e que, polo tanto, cando me
expreso en galego, se as miñas declaracións son recollidas en medios de comunicación do país, estas se reflictan e difundan en lingua galega.

Vía Carta Xeométrica

27/03/14

Letras robadas

Triunfo Arciniegas e Claudia Ruedas son os creadores de Letras robadas, álbum publicado por Océano Travesía. Fantasía e amor pola lectura dunha nena que comeza a mirar a vida e todo o que nela ocorre. Ilustracións delicadas e lenes, cheas de maxia. Lecturas diferentes cheas de chiscadelas mentres paseamos por un mercado cheo de sorpresas. Un mundo infantil que ás veces está demasiado afastado e ao que é san volver de cando en vez.




Día da Poesía

Un día chamoume Mario Pereira e comentoume: facemos algo xuntos para o Día de Rosalía? Siiiiiiiiii, claro. Pero el xa o tiña claro: consistía en unir o Día de Rosalía co Día da Poesía con 36 poemas (o número de poemas de Cantares Gallegos) de 36 poetas mulleres galegas que seguiron o ronsel de Rosalía. O seu alumnado e o meu escolleu os poemas. O alumnado do seu centro que estuda o Bacharelato de Artes ilustrou os poemas. E ata eles se encargaron de imprimir os carteis! O resultado, un panel que cada día se foi enchendo de primavera.
Os poemas foron publicados todos nos blogues de normalización de ambos centros. Aquí traemos o "libriño" final. Pero, olliño!: este só é o principio...
 


Xela Arias, Luz Pozo Garza, Lucía Novas, Emma Couceiro, Estíbaliz Espinosa, Elvira Riveiro Tobío, María do Carme Kukenberg, Pilar Beiro, Pilar Pallarés, Pilar Cibreiro, Ana Romaní, Helena de Carlos, Yolanda Castaño, Marica Campo, Antía Otero, Oriana Méndez, Rosalía Fernández Rial, Lorena Souto, Olalla Cociña, Rosa Méndez Ponte, Helena Villar Janeiro, Olga Novo, Alba Payo Froiz, Chus Pato, Medos Romero, Eva González Blanco, Xohana Torres, Dulce María López Rivera, María Mariño e Marta Dacosta Alonso.

26/03/14

'Love is All You Need?'

A curta viaxa en vinte minutos ao peor de nós, da nosa infancia, das nosas orixes máis perversas. O documental titúlase “Love Is All You Need?” e retrata cruelmente o que este mundo sería se fósemos todos homosexuais.
Baseándose en feitos da vida real, e o simple intercambio de ser homosexual e heterofóbico, a directora da curta expón ata que punto os mozos poden ser vítimas de bullyng ao descubrir a súa sexualidade. E amósanos familias con dous pais, con dúas nais, nenos que son mozos de nenos e nenas que son mozas de nenas... e hai algúen que se sente diferente.


Vía

Inés Azul

Os dous Pablos, Pablo Albo e Pablo Auladell, son os autores de Inés Azul publicado hai xa anos en Thule. Un fermosísimo e sensible álbum sobre a visión dunha nena sobre a morte e a ausencia, sobre o seu misterio. Inés Azul é un libro azul, xa que esta é a cor que domina todo o álbum, a cor que vén do ceo, a cor que vén do mar... a cor que domina ata a portada.
A morte é tratada dun xeito absolutamente sutil, xa que voa no ar a pregunta do posible lector: falamos da ausencia en xeral ou falamos da morte? Mentres, a protagonista non responde a esta melancolía que nos seduce por completo sementando, porque a semente do libro si permanece na nosa memoria.

«Los peces se van gritando, siempre los pillamos desnudos.
Hacemos montañas de arena y las escalamos.»

"Miguel y yo siempre tenemos mucho trabajo. Nos encargamos de decir a cada uno lo que tiene que hacer: ¡Hormigas, a andar en fila india! ¡Caracol, despacio, no corras! ¡Piedra, ahí quieta! Ahora Miguel no está. Unos me dicen que no puedo verle porque se quedó dormido. No sé por qué no va a volver con la de cosas que tenemos que hacer todavía".






25/03/14

Xaneliñas - Ventanitas



vía

Hansel e Gretel



Revisión do clásico Hansel e Gretel a cargo de Tina Meroto e Iratxe López de Munáin publicado por OQO, que ademais vén acompañado dun CD para gozar da música ao mesmo tempo que da lectura. Esta adaptación está baseada na primeira versión do conto. A verdadeira causa do abandono é a extrema pobreza dos pais. Tanto o texto como a imaxe buscan comunicar a unión da familia.  E o resultado é o perdón e o esquecemento. O triunfo do amor. E a xenerosidade.



Ilustrando lecturas

Topei no Blog do CPI da Cañiza estas preciosas ilsutracións relacionadas coa lectura:

Ilustración de Jon Reinfurt
Ilustración de Kim Parkhurst
Ilustración de Kim Parkhurst
Ilustración de Clothilde Stae
Ilustración de Anja Klauss


Ilustración de Daniel Montero Galán
Ilustración de Mila Marquis
Ilustración Nicoletta Ceccoli
Ilustración de victoria assanelli
Ilustración de Sören Kierkegaard
Ilustración de Lucía Cobo
Ilustración de Mónica Carretero
Ilustración de Marie Cardouat

Ilustración de Carol Heyer
Ilustración de Marie Desbons

24/03/14

¿Y tú qué clase de madre eres?

 
Chegou no momento oportuno, a verdade. Porque o devorei e necesitaba algo así, unha lectura lixeira, atraente, e que ademais recórdanos o estrés e a hipocresía que vivimos arredor. Paula Daly ofrécenos en ¿Y tú qué clase de madre eres? publicado por Roja & Negra unha reflexión sobre o papell da muller, a procura dunha perfección que non existe e un tempo que é limitado. Arredor da desparición dunha mociña, a trama desenvólvese fresca da man de dous narradores: Lise, a protagonista, angustiada e ao mesmo tempo divertida que saberá debuxarnos máis dun sorriso; unha muller normal e imperfecta que "peca" e non confesa porque pode producir unha hecatombe; unha muller que se sabe "defectuosa" e que tenta sobrevivir o mellor que pode. Unha máis, coma calquera de nosoutras. Logo temos á policía investigadora. Unha muller que é, ante todo, unha boa profesional. Pero unha muller de carne e óso. Soa e cun problema físico que a atormenta.
A outra voz narradora é un narrador omnisciente. En cursiva asemade leremos os pensamentos do pederasta, nauseabundos, que non nos permiten esquecer que estamos ante unha novela negra.
Ten algúns defectos de construción e de solución de conflitos.
Hai moitos máis ingredientes. Xa digo, o bo que ten é, unha vez máis, que atrapa. Que ten un final inesperado. Que goza de sentido do humor. Que transpira crítica social. Que fai reflexionar.
Ben é certo que non é redonda nin perfecta. Desde logo, non é un libro dez pero cumpre a súa función: a de que o lector ou a lectora non sinta o paso do tempo inmiscida na lectura. E iso xa é algo. Moito, creo eu. A min, cando menos, veume moi ben!

Girls Who Read

23/03/14

Durex #TurnOffToTurnOn

Maruxa

Unha Maruxa ben espabilada esta que nos trae OQO da man de Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. Non hai nada como mirar as cousas dende outra perspectiva, pórse no lugar de outro, para sabermos empatizar cos demais, o que significará traermos xustiza e solidariedade, posto que só así poderemos entender os sentimentos dos demais. 
No álbum, Maruxa vaille pedindo a Pepiño, aleccionándoo, que traia todo o que a ela lle cómpre para traballar, aínda que será el quen ao final faga todo para que comprenda que non se piden as cousas de calquera xeito porque hai que saber respectar aos demais. Será o enxeño e o humor quen se encargue de dar unha lección de "civilidade" ao home. E este comprenderá como traballando de xeito igualitario se conseguen as cousas. A moralexa está clara, se cambiamos de actitude temos o poder de cambiar a sociedade.
Estade atentos á ilustracións! Mirade ben que fai Maruxa mentres!








Non á violencia contra as mulleres (CCCLIV)

 Historias de maltratos en boca das vítimas. O impacto da violencia nas súas vidas e a forza para seguir adiante.



22/03/14

The Last Belle

Curta realizada en papel, pintada a man e rodada directamente en 35mm. Dirixida por Neil Boyle



Vía

Ayúdame a pensar

 O primeiro que chama a atención deste libro publicado por Thule é a portada. Logo, Eva Manzano e Carolina Díaz ofrecen un álbum diferente e atrevido. Ayúdame a pensar é a procura da lóxica dentro do ilóxico, a razón nun mundo confuso e desquelibrido, a liberdade dentro do caos. Dentro dun mundo abstracto, aberto ao noso maxín, seremos nós quen debemos explorar o camiño que queremos darlle ao libro. As ilustracións, explosión de cor e forma, suxestivas, axudarán a abrir novas perspectivas. Porque nós construímos a historia mentres a ilustración plasma a emoción.
Porque o mundo que lemos existe, ten lóxica, ten espazo, ten tempo. Pero podemos pensar que as situacións máis difíciles, aquelas que pensamos que non poderemos superar, tamén poden ser vencidas pola nosa forza lóxica, pola axuda que nos proporcionen mentres buscamos a saída. E esta está aí.
Inevitable non pensar.




21/03/14

Fallin' Floyd



Vía

Pasaia blues



Unha boa recomendación a que nos propón a editorial Hugin & Munin esta de Harkaitz Cano, Pasaia blues. Lectura onde se mestura un triángulo membro dun comando terrorista, un policía fisonomista que acaba esquizofrénico, un escuro comisario sen prexuízos morais... todo convivindo nunha atmosfera claustrofóbica nos anos 90. O libro non é lectura fácil pola fragmentación, pola escuridade que supón non saber onde van os personaxes, ás veces non saber que fan, como un xogo de espellos onde se dilúen e temos que averiguar cal é a imaxe verdadeira. Saltos de tempo, lírica, reflexión, violencia... unha tea de araña onde os personaxes búscanse e ás veces topan o que non queren. Literatura cinemtaográfica de atención lectora nunha cidade depravada onde non faltan pelexas de cans clandestinas, violencia, ladróns de chatarra, boxeo... e todo conectado co conflito vasco.




Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.