Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
16/12/20
14/12/20
13/12/20
Non á violencia contra as mulleres (DXCI)
El vídeo más impactante sobre el maltrato psicológico | Silvia Congost
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
12/12/20
Ariel
PALABRAS
Hachas
tras cuyo golpe el bosque reverbera,
¡y los ecos!
Ecos que viajan
desde el centro como caballos.
La savia
aflora como el llanto, como
el agua que persigue
restablecer su espejo
sobre la roca
que cae y se sumerge,
cráneo blanco
comido por las algas.
Años más tarde
me las cruzo por el camino…,
palabras secas, sin jinete,
el ruido infatigable de los cascos.
Y mientras,
desde el fondo de la charca, estrellas fijas
gobiernan una vida.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Libros, Poesía, Recomendamos
11/12/20
Entre donas
10/12/20
09/12/20
Gramo Stendhal
Un agasallo especial que me chega dende Apiario: Gramo Stendhal da moi prezada María Lado. Así que o agasallo é triple, polo feito de vir de dúas amigas que miman a súa produción editorial, polo libro en si e pola autoría del, e porque fíxome volver a ler poesía novamente. Xa vedes!
Un libro que por veces déixame ver a María Lado en estado puro, xa con ese suxestivo e xoguetón inicio: "fíxate ben, este libro contén unha mensaxe secreta". A poesía é sempre un segredo. E o título do libro lémbranos a perturbación que sentimos ante a ollada intensa cara á arte, cara á beleza. Este desasosego atravesa o libro, que contén un amplo abano de temas, xa que nel lemos poemas da infancia, poemas sobre a amizade, sobre o amor, sobre o recordo; tamén poemas que nos levan a poemas, e poemas que nos fan recuncar na poesía, ese xénero literario puro de beleza que tantas veces sabe ferirnos, sabe chegar ás nosas entranas, sabe mesmo rabuñarnos. María Lado consegue tamén traer á escrita a súa teatralidade, o seu xogo de espellos que transforma en beleza. Poética, si.
Atoparalo en Apiario, Lectura, Libros, Poesía, Recomendamos
08/12/20
Bichería
Fermoso álbum este que nos agasalla a editorial Xerais, un libro no que só hai bechos de todas as clases: paxaros, insectos, peixes, réptiles, felinos... Se che gustan os animais, este é o teu libro. O propio título xa nolo indica: Bichería é de Carlos López e conta coas magníficas ilustracións de Xan López Domínguez, que xa é un certificado de seu padra que que o libro pague a pena. Deixádevos seducir para esta voráxine animal, pola súa orixe o polo que lles acontece. Só hai fazañas bestiais!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Xerais
07/12/20
100 abrazos
Atoparalo en Álbum ilustrado, Edelvives, Recomendamos
Este Natal vai ser diferente para que volte a ser igual
O anuncio de Nadal da Livraria Bertrand, de Lisboa, acaba de ser elixido como un dos dez mellores do 2020 nun concurso realizado en Nueva Zelanda. En dous minutos, conta a historia dunha nena portuguesa cuxo gran soño é conseguir abrazar a seu pai o día de nadal, pois como médico que trata a pacientes con Covid-19, leva varias semanas que só ten contacto coa súa familia por videochamadas.
É tempo de saber esperar.
É tempo de escolher cuidadosamente os verbos essenciais com que carimbamos os nossos dias.
Tempo de pausas e compassos lentos, para aprender a pegar na coragem ao colo e sussurrar-lhe ao ouvido de que força somos feitos.
É tempo de colocar em espera todos os abraços e beijos, para proteger, com unhas, dentes e garra, a geografia dos nossos afetos. É tempo de festejar os que temos. Somos maiores do que os nossos medos. Somos aqueles que vão contar a história de todos. É tempo de sermos heróis.
Este Natal vai ser diferente para que volte a ser igual.
Atoparalo en Actualidade, Publicidade
06/12/20
A miña familia 3+1=7
Isha Bottin e Gaspard Talmasse publican en galego este precioso álbum na editorial Verdemar (Alvarellos) con tradución de María Reimóndez: A miña familia 3+1=7 está inspirado na propia biografía da autora, e fala da tristura e da aceptación dos cambios familiares e xeográficos. Asemade, o valor do amor, da forza, do optimismo e da xenerosidade. É un libro precioso que non debería pasar desapercibido.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Alvarellos editora, Recomendamos, Tradución
Non á violencia contra as mulleres (DXC)
No es normal - #CambiaelCuento - Acoso sexual laboral
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
05/12/20
Dende 1880
Deses libros para atesourar nos vosos andeis.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Premios, Recomendamos
04/12/20
Publicidade con humor
Anuncio Campofrío Navidad 2020 - D.E.V. #DisfruteEnVida
Publicidade apropiada para o momento no que estamos. A pesar das críticas, o humor é esencial. Sempre.
Atoparalo en Publicidade
Isto e aquilo
Imposible non amar a Tomi Ungerer. Kalandraka tráenos este sinxelo e delicioso álbum de contrastes, de aprendizaxe de novas palabras que debemos relacionar coas sinxelas accións que as ilustracións nos relatan dun xeito ben divertido e claro. E é que a vida non é máis nin menos ca Isto e aquilo.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos
03/12/20
Extra!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Música, Recomendamos
02/12/20
El Metec - Le Métèque
Imaxes de #Refugioilustrado. Edición de Juan Campillo.
Atoparalo en Dereitos Humanos
01/12/20
As historias do Lobo de Area
Atoparalo en Ilustración, Infancia, Kalandraka, Lectura, Libros
30/11/20
E un voou sobre o niño do cuco
Atoparalo en Kalandraka, Lectura, Libros, Recomendamos, Tradución
29/11/20
Adolorido
Cortometraje que relata la breve historia de una niña que ha sido victima del abuso infantil. Su timidez en la escuela levanta las sospechas de su maestras que al percatarse de la situación consuela a pequeñita dándole el amor que quizás no recibe en casa.
Atoparalo en Curta de animación, Infancia, Violencia
28/11/20
O espazo de fóra
Cando recibín o paquete da editorial Baía, flipei. Que libro era este? Que portada! Que pasada! Pensei que estaba ante unha Guerra das Galaxias. O libro como obxecto non deixa indiferente. Logo está a tradución de María Reimóndez, que de seguro conseguiu que o libro fose moito máis interesante que o seu orixinal, O espazo de fóra de Martin Sodomka. Un libro sobre a Física e a descuberta doutras dimensións, unha lectura engaiolante, atractiva e intelixente, con detalladas informacións científicas. Unha pasada!
27/11/20
O home dos círculos azuis
Fred Vargas é unha das miñas autoras preferidas de novela negra, así que levei unha inmensa ledicia cando vin que a editorial Kalandraka publicada O home dos círculos azuis, un dos primeiros libros que contan as aventuras do inesquecible comisario Adamsberg. Pero teño para min que este non é dos mellores libros, cando menos dos que eu tiven oportunidade de ler. Desde logo, non é o libro que eu recomendaría para engancharse á súa saga, pero coido que este libro axúdanos a coñecer o primeiro comisario, ese que vai evoluíndo pouco a pouco, tanto el como a súa famosa intuición. Gustoume lelo e coñecelo dende un principio, e desde logo, o libro non está nada mal, a pesar de que ás veces é un pouco pesado e reiterativo.
Ogallá sigan traducindo á nosa lingua a esta gran autora.
Atoparalo en Kalandraka, Lectura, Libros, Novela negra, Tradución
26/11/20
Patio de luces
Xa que a imaxinación supera a realidade, Érica Esmorís preséntanos en Patio de luces, con ilustracións de Juan Berrio e publicada por Xerais, unha nena que se inventa a vida dxs veciñxs do patio de luces da casa onde traballa o avó, aínda que o seu súper-maxín inventa historias afastadas da realidade... ou quizais non tanto. Será que nada é o que parece ou será que a realidade supera a ficción?
Dende logo, unha lectura entrañablemente deliciosa que encantará á rapazallada. Sen dúbida ningunha.
24/11/20
23/11/20
Yo nunca pero...
Campaña contra a violencia sexista que se enmarca dentro do proxecto "Iguala" impulsado polo INAI e o INAJ.
Atoparalo en Igualdade, Muller, Música, Violencia de Xénero
22/11/20
A lavandeira de San Simón
A lavandeira de San Simón lévanos a retroceder na historia, a uns momentos terribles que o noso país sufriu non hai tanto tempo. A mulleres solidarias, a crueldades innecesarias, a represións, castigos e asasinatos impunes amparados pola lei da ditadura. Esa que non admitía opinións contrarias.
A illa de San Simón representa unha parte da nosa historia importantísima que se tratou de agochar. É hora de lembrar que supuxo, é hora de non esquecer que unha illa pode converterse nun inferno se o ser humano así o desexa. Pero tamén é hora de lembrar que houbo persoas dispostas a tentar evitar un sufrimento terrible, cando menos, a palialo na medida do posible. E isto é o que nos conta Eva Mejuto.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Historia, Letras Galegas, Recomendamos, Xerais
21/11/20
2º de ESO contra a violencia
Recoñezo que gravar este vídeo custoume, porque que as miñas alumnas me contasen que escoitan estas frases dirixidas a elas por parte dalgúns dos seus compañeiros, encheume de noxo e tristura. Tanto traballo por facer... e canto deserto hai diante. Será que predico nel?
Atoparalo en Actividades, Violencia de Xénero
20/11/20
A Señorita Bubble. Baixo cero
Quizais Ledicia Costas teña unha variña máxica para a escrita dirixida á rapazallada. Estaba lendo o libro e imaxinándome nena. Que sorte ter unha Señorita Bubble! É deses libro que debería contar cun "merchandising" propio, e de seguro tería moito éxito.
Esta segunda entrega, A Señorita Bubble. Baixo cero, lévanos a descubrir que Papá Noel non é o bonachón que imaxinabamos e a nosa protagonista, xunto cun exército de pingüíns, terá que poñer as cousas no seu lugar axeitado. Mentres, a autora lémbranos a importancia da solidariedade, do medio ambiente... e sabe facelo sen caer no doutrinamento. Así dá gusto! Longa vida a esta protagonista afouta, independente, sensible e intelixente que nos abre as portas da ciencia e os ollos das heroínas.
O libro conta coas magníficas ilustracións de Andrés Meixide, unha vez máis. Publicado por Xerais.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
19/11/20
Sempre hai un lugar para a poesía (CLXI)
18/11/20
Debate: Violencia comparada
Interesante debate sobre a violencia sexual e a violencia de xénero. As intervencións anteriores e a documentación na web do Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201089
Atoparalo en Violencia de Xénero
17/11/20
GE Big Boys - SNL
Boa publicidade para traballar roles, sempre cun sorriso.
Atoparalo en Igualdade, Publicidade
16/11/20
"No"
"No" es la historia de Celia (Paula Utrilla) , una joven cuya tóxica y autodestructiva relación con Juan Carlos (Alejandro Vergara) afecta a todo el círculo familiar y cercano de la joven, sin embargo, todos compartimos una incómoda responsabilidad... pero solo Celia puede dar el primer paso.
Atoparalo en Curtas, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
15/11/20
Coraxe
Celebro a publicación deste libro por parte de Sushi Books: Coraxe. Poemas audades para rapazas afoutas. Textos de empoderamento de diversas mulleres que escriben dende o feminismo e que veñen reseñadas nas últimas páxinas do libro para que as poidamos coñecer, xa que estamos ante unha tradución. Por suposto, neste libro faltan as nosas escritoras, pero coido que a publicación pretende dar a coñecer estas voces estranxeiras que se nos poden escapar. Así que si, un libro moi necesario e moi útil para a rapazallada e para o noso alumnado, nestes tempos difíciles que vivimos: o mellor é un libro que nos axude a entender e a vivir en loita contra o patriarcado e a cousificación. Un auténtico pracer descubrir todos estes nomes e as súas mensaxes.
Moi axeitada tamén é a estrutura do libro, pois poderiasmo agardar que se sucedesen os nomes delas e puxesen un monllo de poemas de cada unha. Pero non sucede así, senón que os poemas están clasificados por temáticas, como "Feitas de lóstrego, sobre o corpo e a identidade", "A modo de dentes", "Instrucións para comer cana de azucre, sobro o amor e a perda"...
das rapazas espérase
que recendamos a flores
pero é máis común que cheiremos ao sangue
as miñas rapazas non son flores
as miñas rapazas e eu,
non somos metáfora ningunha
somos o noso corpo
mol, curtido e noso
que ten que ser listo
e negarse a ser cartucheira da
pistola dun home
(Hollis Wong-Wear)
Atoparalo en Igualdade, Lectura, Libros, Muller, Poesía, Recomendamos, Sushi Books, Tradución
14/11/20
Plan de rescate
Pero si, un libro para o lectorado novo comprometido coa inclusión e pluralidade, tan necesarios para esquecer a "etiquetaxe" das persoas.
Atoparalo en Igualdade, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
13/11/20
El sorteo
Mini corto realizado con los alumnos de IAEE de 4º ESO del IES Valle del Arlanza (Lerma) COVID 19: Respetemos las recomendaciones sanitarias (Este corto está destinado especialmente a los adolescentes)
Eu non o dedico á adolescencia, pero si a aquelas persoas que a día de hoxe seguen a actuar de xeito inconsciente e sen respectar as normas.
Atoparalo en Saúde
12/11/20
Bok Love
Este libro de Debbie Tung é imprescindible para calquera amante dos libros. Claro está, o título xa o di todo: Book Love. ¿Te gusta leer? . Se a resposta é si, abre por calquera páxina e sentiraste indentificadx. Un cómic que fala de nós de xeito divertido e moi recoñecible, con diversas situacións efecto espello que nos levarán a máis de unha gargallada e un sorriso agochado. Sobre todo, cando somos compredorxs compulsivxs sabendo que non imos dar feito a ler todo aquilo que atesouramos. Pero dá igual: amamos os libro e o seu olor, amamos as librarías e o tacto, e as portadas, e os títulos...
Publicado por Bridge .
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos
11/11/20
A propósito de la vida
Barbara Fiore volve a conquistarnos con este libro que nos fala do misterio da vida: A propósito de la vida de Christian Borstlap. Un álbum que nos lembra a necesidade de nos coidar e de coidar a natureza, que nos lembra de onde vimos e de quen dependemos. Un xogo de vida.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Barbara Fiore, Recomendamos
10/11/20
Yo me ocupo - Los ayudadores
A planificación e a xestión dos quefaceres son unha carga mental que asumen principalmente as mulleres. Ser #axudador non alcanza, como tampouco esperar a que cho pidan Dicide sempre #eu ocúpome.
09/11/20
Salvamos o Planeta!
Publica Xerais un deses libros científicos que nos encantan e que recomendamos encarecidamente para todas as bibliotecas escolares: Salvamos o Planeta! Respostas rápidas para preguntas enxeñosas. Coma se de fichas se tratase, profusamente ilustrado, responde ao formato de preguntas e respostas, de xeito ameno e divertido. Gústame sobre todo porque as preguntas son como moi de andar por casa, dúbidas que nos poden xurdir en calquera momento e a calquera hora do día, e non só os nenos e nenas, senón que hai moitxs adultxs que tamén atoparán respostas sorprendentes.
Atoparalo en Ciencia, Recomendamos, Xerais
08/11/20
O conto do outro día
Se un libro conta coas ilustracións de Noemí Villamuza pasa a ter inmediatamente un oco no meu corazón, porque me encanta todo o seu traballo. Pero a verdade é que este álbum chamado O conto do outro día de Roberto Aliaga que nos trae Kalandraka é absolutamente delicioso. Pola tenrura que desprende, pola intrahistoria de cada páxina, polo fomento da lectura, polo amor paternal infinito... dende a primeira páxina ata a última o libro é para gozar en si mesmo: con cada palabra, con cada ilustración, con cada páxina. Un tesouro agochado porque ademais vai servir para que nós, lectorado deste libro pero contadorxs da historias, poderano seguir aumentado co noso propio maxín: este que ten unha chave especial para soñar e permitir que soñen canda nós.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos
07/11/20
No ovo
Kalandraka tráenos este simpático álbum de Emma Lidia Squillari titulado No ovo. Imos asistindo ao marabilloso nacemento de animais que nacen de ovos... ata que o final nos sorprende, e é que a natureza segue o seu instinto, mesmo nos recén nacidos. Non pode ser doutro xeito!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos
06/11/20
Un Conte
Aínda que publiquei esta curta no 2013, estes días, que andei a buscar materiais para traballar nas aulas o tema da violencia de xénero, volvín a ela e a todo o que transmite:
Atoparalo en Curta de animación, Violencia de Xénero
05/11/20
ReMoved
Pareceume boísima esta curta que trata o tema da violencia de xénero e a infancia:
Atoparalo en Curtas, Infancia, Muller, Violencia de Xénero
04/11/20
Brotherhood
Unha moi boa curta para vermos o que ocorre noutras relixións e noutros lugares:
Brotherhood | Film from Midi La Nuit on Vimeo.
03/11/20
De ratones y de hombres
Atoparalo en Edelvives, Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos
02/11/20
Depresión ou victoria
Interesoume moito este libro de Meritxell Duran, por razóns obvias, aínda que non topei o que buscaba. Aínda así, resulta moi interesante esta aproximación á loita contra a depresión que nos ofrece este Depresión ou Victoria. Crónica de una batalla: un libro que combina texto e ilustración, unha en cada páxina, e ambas necesarias xa que son complementarias, posto que vemos como é a depresión: un monstro que devora as persoas por dentro, e a medida que devora vai consumindo a personaliade e a vida. Por iso axuda a entender como se senten as persoas que a padecen.
Atoparalo en Cómic, Recomendamos, Reservoir Books, Saúde
01/11/20
31/10/20
Novela de ajedrez
Publica Edelvives este famoso libro de Stefan Zweig coas ilustracións de Tlacuiloa, que consegue aportar un universo diferente á novela, xogando con luces e sombras e imprimindo o ritmo axeitado a cada pasaxe, destancando asemade a caracterización e a dramatización dos personaxes. Consegue, en fin, crear unha novela nova a unha que xa era maxistral.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Edelvives, Recomendamos
30/10/20
Frida
A editorial Baobab edita este Frida de Jonah Winter con ilustracións de Ana Juan, publicado inicialmente no 2002. Un álbum ilustrado para gozar, sobre todo, porque con que conteñan ilustracións de Ana Juan xa nos daremos por satisfeitxs. Asemade, o libro conta a historia desta famosa pintora, do seu sufrimento e de como a arte a axudou a sobrevivir e a realizar un resultado tan diferente.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Baobab, Recomendamos
29/10/20
26/10/20
25/10/20
Fábulas contadas
Lembro que na miña infancia lía con devoción un libriño de fábulas que na miña casa había de Esopo, un libro ilustrado que prendeu na miña mente por ser lectura activa da nenez. Gonzalo Navaza recolle algunhas desas famosas fábulas para convertelas en verso e traelas agora á rapazallada galega, pequenos ralatos versificados que teñen como protagonistas a animais, agás dúas. Así que a editorial Xerais publica este libriño titulado Fábulas contadas con ilustracións de Orelí Pello e introdución de Antonio Reigosa, experto en literatura oral que nos recomenda viaxar por estas historias, xa que as fábulas foron (e seguen a ser) un instrumento contra os abusos e a estupidez. Vaia, que as fábulas foron e seguen a ser moi necesarias, será que houbo sempre moita parvada. Á vista está. O problema debe ser que pouco se aprense, a pesar da existencia das fábulas... e outras formas de cultura.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos, Xerais
24/10/20
La vida contada por un sapiens a un neandertal
Unha gozada este libro escrito a catro mans por Juan José Millás e Juan Luis Arsuaga que publica Alfaguara: La vida contada por un sapiens a un neandertal é ciencia para novatxs, ciencia para todos los públicos chea de sentido de humor e cultura. Un encontro entre estas dúas persoas que percorren dezaseis lugares diferentes, tanto como un sex shop ou un supermercado. Achegámonos á vida dos neardartais como explicación da Historia, un momento no que existía a propiedade privada e o ser humano non pretendía acumuluar riquezas para si mesmo. Tamén nos lembran que o ser humano aínda que humano, é animal, e non hai máis que mirar ao derredor.
Desde logo.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos
19/10/20
Os Minimortos
Volve Ledicia Costas a levarnos de viaxe ao inframundo, da man dos Minimortos, quen nos dan a benvida con ledicia e con algunha que outra trasnada. Ao fin e ao cabo, é normal, á súa idade estas son as características que os definen, estean onde estean. Sorpréndenos a autora novamente con esta capacidade súa de levarnos a ese mundo misterioso do que ninguén quere falar, un asunto do que sempre fuximos e ao que sempre tememos. Esta naturalidade, xa conseguida noutros libros anteriores, volve poñerse de manifesto neste libriño para a rapazallada pequecha, e faino dende un punto narrativo dunha curuxa que remata cunha frase esencial: estean onde estean os nenos e as nenas, o que queren é a felicidade.
Publicado por Xerais con ilustracións de Mar Villar.
Atoparalo en Ilustración, Infancia, Lectura, Libros, Recomendamos, Xerais
18/10/20
O bolero de Ravel
A portada suxire. A contracapa convida. O título marca. E logo, as páxinas... imposible non quedar prendado deste libro que suxire musicalidade e que transforma a atmosfera que respiramos en notas e en delicadeza. Por non falar das ilustracións, que dan ganas de tocalas, de acariñalas. O sue autor, José Antonio Abad Varela, experto en traernos a música de xeito ameno e doado, é quen de facernos sentir cada nota, acompañado maxistralmente pola música ilustrada que nos agasalla Federico Delicado, compositor de imaxes. Por suposto, a marabillosa edición da editorial Kalandraka, quen se encarga de que esteamos ante un libro perfecto que nos fai bailar a rito dun Bolero que tan só con palabras e ilustracións, somos quen de escoitar.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos
17/10/20
El príncipe azul, La princesa rosa
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos
15/10/20
13/10/20
11/10/20
08/10/20
05/10/20
02/10/20
27/09/20
Sete chaves para abrir os soños
Que precioso libro nos trae a editorial Kalandraka, baixo o título de Sete chaves para abrir os soños, unha homenaxe que o autor Alfredo Gómez Cerdá realiza a sete indiscutibles grandes da Literatura infantil: Gianni Rodari, Tomi Ungerer, Astrid Lindgren, Juan Farias, Christine Nöstlinger, Roald Dahl e Gloria Fuertes facéndoos protagonistas de sete historias, contando coas ilustracións de David Pintor. Este sete relatos mesturan realidade e ficción e resultan moi interesantes, porque tentaremos case saber que hai de real e que de inventado, xa que o autor amosa un coñecemento profundo dos e das autorxs homanexeadxs e fainos unha chiscadela literarua que nos leva de paseo polo vida lectora, unha vida máis profunda e unha lectura máis deliciosa, dominado todo isto pola arte de escribir e contar que amosa Alfredo Gómez Cerdá .
Atoparalo en Ilustración, Kalandraka, Lectura, Libros, Recomendamos
23/09/20
Polvo y sombra
Pasáraseme a publicación deste libro e tan pronto souben del, "ataqueino", porque nestes momentos tan complicados das nosas vidas víñame ben unha lectura así, dun autor que coñezo, que me divirte e me entretén e que ademais, resulta levadeiro. Falo de Antonio Manzini e o seu Polvo y sombra, sexta entrega deste comisario tan particular chamado Rocco Schiavone, publicado unha vez máis por Salamandra Black. Quizais esta entrega sexa do mellor da saga. Seguimos ante unha prosa chea de ironía e sarcasmo, unha das cualidades a destacar do autor, que consegue unha lectura divertida e entretida, e por suposto áxil. Semella que o autor vai "madurando" ao mesmo tempo que o seu personaxe principal, quen con cada entrega é máis desencantado do mundo e está máis farto de todo canto o rodea, e cada vez, asemade, está máis só. A soidade é, sen dúbida, un arquetipo dos protagonistas deste tipo de novelas, xa que acostumamos a ler protagonista enfuciñados coa vida, e este tamén o é. Unha vez máis, un acerto lelo e, como digo, máis nestes días de abafo pandémico.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Salamandra
19/09/20
La hora violeta
Creo que non fun capaz de pasar unha páxina sen unha bágoa. Non significa isto que o libro vaia a páxina por bágoa, porque hai páxinas nas que tes que deter a lectura para chorar a moco tendido para logo proseguir. La hora violeta é unha lectura que te deixa noqueada, porque non hai nada máis terrible que a perda dun fillo, dunha filla. E cando esa perda cha van contando dende o minuto un, en que sabes que o cancro aposta pola morte e non hai outra solución, sentes a necesidade de ler porque tamén es nai e porque non queres saber nunca o que é esa dor, porque sabes que Sergio del Molino quere inventar unha palabra que na nosa lingua -a miña a galega, no seu caso, a española- non existe, porque vai contra natura ese tipo de perda. É tan dolorosa que a propia gramática nega a súa existencia. Xa falaramos disto mesmo con outra novela, lembrades?
Esta lectura supón unha dor constante, ben é certo. Pero tamén arrinca unha admiración total por ese pai e esa nai. Como reaccionariamos de nos ver nesa mesma tesitura? Asemade, implica unha oda ao traballo da sanidade (que bo momento para falar tamén disto), ao traballo de médicas, enfermeiras, e de todo o persoal que poboa os corredores dun hospital cheo dun silencio doloroso quwsaaaaa3e acaba sendo o seu habitante máis fiel e poderoso.
Sobre todo, a emotividade será a sensación que domine a nosa lectura. Pero nela tamén hai cabida para a música e para a Literatura. Ambas resultan axudas terapéuticas e nos lembran a importancia da cultura (outra vez que vén nos ben arestora para lembrar a súa defensa, ferida de tal xeito como está en perigo de morte).
Si, é unha novela tremenda. Pero que vos recomendo con total sinceridade e devoción.
Publica Literatura Random House.
Atoparalo en Amor, Lectura, Libros, Recomendamos
13/09/20
Miña guía, Meu Capitán
Agardaba con moito anceio a chegada deste álbum, non só polo que anunciaba a editorial Kalandraka, senón tamén porque coñezo o autor e sei da súa preocupación social e da solidariedade que exerce na vida cotiá. Así que sabía que ía ter nas mans un álbum comprometido. Pero non sabía cal era o seu contido, o seu argumento, e foi unha sorpresa. Unha sorpresa maiúscula porque ademais é un tema que me toca especialmente.
Estamos a falar de Miña guía, Meu Capitán de Gonzalo Moure con ilustracións de María Girón.
Tal como afirma o autor, este álbum non é só un libro sobre a tenrura que pode provocar o que lemos -e o que vemos grazas ás ilustracións- senón que é un libro sobre a reciprocidade: a miña man na túa e a túa na miña. Porque así é: desde o primeiro momento sabemos que as luces e as sombras son repartidas entre pai e filla porque a cegueira, porque o maxín, porque o amor, úneos constantemente. Non hai posibilidade de saír por algunha fenda rompida sen as súas mans: entre elas e as súas palabras constrúen un zoolóxico universal onde casas e coches, semáforos e pasos de peóns están feitos para o seu camiñar e o seu sentir. As súas mans tocan o mundo, e o mundo transfórmase na separación de ambas ata que volven a unirse: esa é a grandeza do amor, onde este non é cego, senón que todo ao contrario, somos os cegos quen non sabemos velo.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos
11/09/20
Pandémica educación
Non falo aquí normalmente de asuntos persoais ou relacionados co meu traballo. Pero a día de hoxe estoupo. Non podemos seguir caladxs ante unha situación que ata a Valle Inclán lle resultaría demasiado esperpéntica como para poder escribir sobre ela.
Falamos de Educación Pública. Esa que non interesa a ninguén... segundo as urnas. Non logro entendelo. Estou enfadada, indignada. Pero tamén triste, moi, moi triste. De ver como este noso país non entende que a única clave para seguir adiante é a formación. Que sen formación non hai futuro. E sen futuro, non hai esperanza.
Gustaríame anotar agora moitas máis palabras das que posúo neste momento. Levo toda a mañá ao teléfono despotricando. Ao mesmo tempo, cáenme as bágoas de impotencia. Impotencia ante unha situación cambiante porque dende arriba (eses entes que maxino no seu despacho nun planeta exterior) non nos respectan.
Se o queren facer peor á mantenta, non o conseguen. Isto é un cachondeo maiúsculo onde a consideración polo noso labor brilla pola súa total ausencia. Convivo a diario cun equipo directivo desbordado, cunha inspección atada de mans e pés impotente que chora e maldi polo baixo porque non pode alzar a voz.
22 de xullo: 1 metro de distancia.
Medimos as aulas. Sacamos pupitres. Sacamos taquillas. Sacamos libros.
O equipo directivo non ten vacacións. Fai os grupos. Mide e volve a medir. Súa. Sacan material. Pregúntanse todo o verán que vai vir no curso.
31 de agosto: 1,5 metros
Collemos un rabo da vasoira, medimos e colocamos pupitres. Vai haber desdobres. En segundo de Bacharelato, ese alumnado que se está a xogar o seu futuro máis inmediato que acaba de ver como a maior parte dos seus compañeiros e compañeiras non puideron entrar nas carreiras soñadas polas notas de corte, non caben nas aulas. Non vai haber aula de Música: necesitámola. Non vai haber laboratorios: necesitámolos. Non vai haber aula de Plástica: necesitámola. Non vai haber aula de Tencnoloxía: necesitámola. Respéctanse a biblioteca e o Salón de actos como "respiradeiros" (Hurraaaaa!!!!)
Orgánizanse cargas horarias. Vai haber máis grupos porque no noso centro as aulas son ananas e non se pode manter a distancia de 1,5 metros. Pídense 5 profesorxs. Desdóbrase Bacharelato. Convócase claustro.
Desconvócase claustro.
Convócase claustro.
Desconvócase claustro.
Convócase claustro.
Desconvócase claustro.
Convócase claustro.
9 de setembro: repartimos as cargas horarias presumindo que nos van dar ese profesorado. Xefxs de Departamento en funcionamento segundo as recomendacións do equipo directivo.
Desconvócase claustro.
O traballo do reparto non serve. Inspección avisa: non van mandar o profesorado que se pedía. Non se poderá desdobrar bacharelatos.
10 de setembro: 1 metro con mamparas. Obxectivo: non contratar profesorado
Non sabemos cando será o primeiro claustro. Non sabemos que cursos imos ter, non sabemos cantos grupos vai haber. Por non saber, non sabemos nada. Mirámonos impotentes. Volvemos a coller o metro???
Ensino semipresencial: "e-streaming" significa inextremis, porque vai todo a última hora e improvisando, ou sexa, bandazos sen ton nin son que só responden ao desleixo e á incompetencia dunha Xunta a quen nada lle interesamos.
A quen lle importa a educación pública? Agora, cambian os altos cargos e chegan cun cepillo que nos arrasa. Non hai cartos. Para a educación pública nunca os haberá, porque os pobres -INSISTO- (os ricos xa van á privada) non contan.
Claro que aínda non falamos de todos os cartos que temos que gastar do presuposto do centro en limpeza, carteis... A secretaria compara cada día prezos, tenta comprar en tendas locais, tenta facer o correcto. Chama á sanidade con dúbidas que nin alí saben resolver...
O centro semella un aeroporto, sen pantallas de momento.
E seguimos traballando.
Atoparalo en Reflexións
10/09/20
La disculpa
Eve Ensler arrásanos -literalmente- con La disculpa, publicada por Paidós. E digo que nos arrasa porque o libro, a "carta", o relato, é unha desculpa que as mulleres vítimas de agresións sexuais agardan, pero non chegan. Neste caso, a autora ponse na pel do seu pais, o seu violador, para obter ese perdón dela que nunca pediu.
Conta a propia autora como leva case toda a súa vida agardando unha confesión do pai, unha petición de perdón. A traizón dese ser querido provocoulle un sufrimento permanente. E esa desculpa nunca chegou. Así que tivo que escribila ela mesma, poñendo as palabras en poca do pai. A intención: erixir un camiño novo polo que poder andar sen mirar atrás continuamente. Escribir un texto así debe ser terrible, e esixe ante todo unha capacidade de perdón ilimitada, pero tamén pide valentía extrema. Porque ten que imaxniar o qeu significaría escoitar dun abusador algo tan sinxelo e tan necesario como "síntoo". E a necesidade de escoitar esta única palabra fai que escriba un libro onde o pai pide perdón polos seus actos: abusou da súa filla dende os cinco anos.
Así que lemos esa desculpa -inventada- mentres nos horrorizamos, mentres o corazón desgárrase ante tanta dor, ante tanta inxustiza. Unha nena que vai medrando, vítima, e que seguirá sendo vítima dun maltrato emocional e psicolóxico constante. E preguntámonos: pódese saír indemne de algo así???
Atoparalo en Igualdade, Lectura, Libros, Paidós, Recomendamos, Violencia de Xénero
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.