Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Takatuka. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Takatuka. Amosar todas as publicacións

09/03/16

Soñadores

A canción de Albert Pla constitúe o texto deste fermoso álbum ilustrado por Liniers que publica Takatuka: Soñadores fala dunha escola tan especial que nela non hai que estudar, só soñar. Pero soñar moito, moito, non vale con soñar pouco... ou suspenderás! Así, nenos e nenas deixan voar o seu maxín e compartirán con lectores e lectoras as súas fantasías, desexos e temores. O mellor é que eses soños levan aos protagonistas lonxe, moi lonxe. As ilustracións son dun xenio, non hai moito máis que engadir, por tanto; os textos semellan letreiros pegados en páxinas de libros vellos.


18/11/15

Dos hermanas reciben visita

A editorial Takatuka conta entre os seus fondos con este álbum de Sonja Bougaeva, Dos hermanas reciben visita fala de intransixencia e de fidelidade a un mesmo, de que non debemos facerlle aos máis o que non queremos que nos fagan a nós. Porque temos dereito a ser como somos, nin mellores nin peores, simplemente, nós. A autora combina elementos de adultos con elementos infantís, posto que a situación é vivida tanto polas dúas señoras protagonistas como polos animais que lles fan compañía, o que achega tanto texto como ilustracións a un lectorado máis novo.


31/08/15

¡Sé tú mismo y nada más!

Nadia Budde publica en Takatuka ¡Sé tú mismo y nada más!, divertido álbum que reflexiona sobre o noso aspecto e a nosa aceptación co mesmo, procurando algo que non temos. Así, o protagonista é un ourizo que odia o seu pelo, porque non lle gusta así, tan duro e ede punto. Entón mirar en derredor e comeza a contar persoas que non están contentas con algún detalle da súa presenza física... ata que dá cun que pasa de todo, e aínda por riba insístelles que aprendar a ser eles mesmos. O mellor do libro é que tanto as ilustracións coma o texto son un xogo que foxe da seriedade e aínda así convida á reflexión.


12/07/11

La abeja de más



Este sorpresivo agasallo chamado La abeja de más de Andrés Pi Andreu e Kim Amate está publicado pola editorial Takatuka. Fermoso álbum ilustrado metáfora da sociedade que debe solucionar diferenzas sociais, de raza ou de cor, mesmo de lingua. A verdade, é que o álbum é un traballo de igualdade sinxelo e completo, cheo de ironía, cunhas ilustracións que non deixan indiferente, con todo tipo de detalles, humor e imaxinación. Unha alegoría imprescindible nun álbum que vos encantará da sociedade actual: “Demos una oportunidad a la abeja extraterrestre”.
Non sei se inflúe o xeito en que me chegou á hora de valoralo, coido que non, porque estou segura de que vos encantará e lle tiraredes moito partido.




Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.