Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Tres Tigres Tristes b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tres Tigres Tristes b>. Amosar todas as publicacións
05/12/16
Cómo el buen don Nicanor no fue rey ni emperador
Cada novo libro de poesía de Mar Benegas é unha celebración feliz, e non o é menos este, con ilustracións de Ximo Abadía publicado por Tres Tigres Tristes, un libro co que se colabora con Save the Children. Mar Benegas recupera un personaxe xa coñecido polo seu lectorado para falar de paz e facer un alegato contra das guerras, esas nas que os grandes prexudicados son invariablemente nenos e nenas; por iso, neste libro será a infancia a responsable da paz, de convencer de que calquera guerra é absurda e nunca nada é tan importante como para matar.
E se pensabamos que estabamos ante un libro de poesía... equivocámonos! Ao final, atoparemos unha adaptación teatral do texto.
Todo un luxo.
Les llegó una carta un día,
su fama le predecía:
«Vengan ustedes aquí
que esto es un sinvivir.
Nuestro país está en guerra
¡por una flor de canela!»
Atoparalo en Álbum ilustrado, Poesía, Recomendamos, Tres Tigres Tristes
13/04/16
El podador de bonsáis
José Campanari e Luciano Lozano son os artífices de El podador de bonsáis que publica Tres Tigres Tristes, un álbum que semella vir do Xapón tanto pola edición como pola tipografía e as ilustracións, unhas ilustracións que ben poderían estar acompañadas por haikus. Lemos unha historia tenra que fala do paralelismo entre un bonsai e un neno e como ambos van medrando de xeitos diferentes, percorrendo as diferentes etapas da vida. O que si ocorre é que queremos medrar rapidamente, pero logo percatámonos de que a infancia é unha etapa marabillosa.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Tres Tigres Tristes
25/12/15
Al caer la noche
Enrique Quevedo publica en Tres Tigres Tristes este especial álbum ilustrado chamado Al caer la noche, Consejos útiles para una sana convivencia entre especies: Un homenaje al universo infantil poblado de monstruos de Sendak, y a
las tenebrosas escenas rebosantes de ironía de Gorey, en el que el
autor propone un juego entre lo cotidiano y lo
extraordinario, lo inocente y lo macabro.
Un álbum moi orixinal que nos ofrece os dous puntos de vista, que facer se temos un monstro preto ou que deben facer os monstros se teñen un neno ou unha nena ao seu arredor. Chegar a unha convivencia é importante porque o temor que se teñen entre as dúas especies é de sobra coñecido. Así que se se debe producir un encontro, saberemos como resolvelo triunfando a convivencia.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Tres Tigres Tristes
22/09/15
Cómo abrió don Nicanor el Gran Circo Volador
A maxia poética de Mar Benegas volve ser fructífera neste novo álbum poética que publica xunto coas ilustracións de Ximo Abadía na editorial Tres Tristes Tigres. Estamos ante un dobre libro ben singular. Primeiro, leremos e gozaremos coa historia en verso de Don Nicanor, un home bo que comezou a andar polo mundo e topou animais en perigo, animais que sufrían por seren diferentes e decidiu adoptalos. Pero tanto altruísmo ten un custo e como solución abriron un Circo; nel non hai máis que amosar as habilidades de cadaquén: como fai Mar Benegas coa súa arte poética.
En segundo lugar, o libro nos sorprende presentando unha adaptación teatral das aventuras que vimos de ler en verso. Unha adaptación que servirá para levar ao cole posto que contén descrición de como se debe levar a cabo.
Unha pasada!
Este es Don Nicanor
que vivía en una flor.
Esto que os voy a contar
lo saben aquí y allá:
que el bueno de Nicanor
montó un circo por amor.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Poesía, Recomendamos, Tres Tigres Tristes
31/03/15
Mecanistiario
Hoxe traemos un álbum que
non é exactamente un álbum porque non é exactamente un libro. Cando
menos, non o formato de libro que estamos acostumados a ler, coñecer e
recoñecer. Estamos ante unha publicación orixinal e imaxinativa que nos
propón Enrique Quevedo na editorial Tres Tigres Tristes co nome Mecanistiario.
Así, baixo unhas cubertas ilustradas, atopamos un despregable con forma
de acordeón, que debemos ler por un lado verticalmente e polo outro
horizontalmente; daquel temos o ciclo vital do Animal Mecánico e deste a
explicación de cada un dos animais que podemos atopar neste curioso
libro. O primeiro reto ao que nos enfrontamos é como e por onde comezar a ler.
Mecanistiario
é o conxunto de seres mecánicos creados polo Profesor
Chaparelli, científico do século XXV, que serán amosados con textos
diversos, tanto rimados coma non, xornalísticos ou narrativos..
Querido lector:
En el diario que ha llegado hasta mis
manos desde el futuro, el Profesor Titanio Tesla Chaparelli cuenta que
vive en el siglo XXV, en un mundo en el que todo es mecánico.
Después de muchos años de estudio,
convertido ya en un gran científico, participa en una visita virtual a
un zoológico de nuestro tiempo. Como en su época ya no quedan bichos
sobre la faz de la Tierra, cada nueva bestia que descubre se convierte
para él en un maravilloso acontecimiento, y queda muy impactado por la
experiencia. Enseguida se propone el objetivo de construir animales
reciclando un montón de chatarra, maderas viejas y unas cuantas vigas.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Tres Tigres Tristes
19/12/14
Laboratorio portátil de escritura
Namoroume ao velo na libraría: cantas ideas ma vai dar este libro para o meu traballo! Unha proposta orixinal para escribir. Falo do Laboratorio portátil de escritura de Raquel Díaz Reguera que publica Tres Tigres Tristes. A autora e ilustradora propón variados experimentos a carón das ilustracións; tal como alí se afirma, só será necesario premer o botón "ON" do maxín.
Un laboratorio para escribir e reescribir, para escribir novas historias ou reescribir historias vellas.
De moita utilidade!
Atoparalo en Recomendamos, Tres Tigres Tristes
30/06/14
Pasen y vean
Xenial esta proposta imaxinativa que realmente me aporta novidosas ideas para reaizar na aula. Non sei se dicir que isto é un álbum ilustrado, o que si é: un libro-xogo-divertimento que nos propón o ilustrador Guridi e que edita Tres Tigres Tristes.
Este divertimento ou sucesión de actividades veñen da man do "Coello Negro" que observa canto lle rodea con atención. E convida ao lector e á lectora que ten nas súas mans este curioso libro, a crear ao seu antollo, sempre ao servizo da imaxinación e baixo a óptica do goce total.
Dividido en tres apartados: "Conoce a Conejo Negro", "Los amigos de conejo", "Los viajes de Conejo Negro", cada un deles céntrase en diferentes ópticas: vestir ao coello, pensar as súas cancións, coñecer os seus amigos ou viaxar con el.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Tres Tigres Tristes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
























