Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Minúscula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Minúscula. Amosar todas as publicacións

17/02/17

Siempre hemos vivido en el castillo

Unha máis que curiosa novela esta de Shirley Jackson que publica Minúscula: Siempre hemos vivido en el castillo é unha narración gótica de maldade maquiavélica que tardamos en descubrir. Certo é que toda a ambientación é realmente curiosa dende un principio, facendo partícipe ao lector da atmosfera opresora na que viven os protagonistas, xa que unha delas padece agarofobia e non sae da casa e a outra, a voz poderosa que nos conta todo canto acontece é... en fin, ata aquí podería dicir. E quedamos con esta voz, coa súa enerxía, coa seu retorcemento interior baixo a apacible face que maxinamos. 
A novela ben podería estar disfrazada de conto de fadas: ten moitos elementos comúns; o castelo, a casa; a princesa... e o dragón. Pero este dragón será unha auténtica sorpresa e o argumento será absolutamente sinistro. A perversidade que se agocha consegue un auténtico bombazo cando nos percatamos da dimensión do drama que temos ante os nosos ollos, cando sucumbimos tamén nós a unha maldade que semella gratuíta. 
E este tipo de maldade nunca deixa de sorprendernos.






28/02/13

El papel de mi familia en la revolución mundial

Curiosísima e divertida novela de Bora Cosic publicada por Minúscula: El papel de mi familia en la revolución mundial é unha aceda crítica á política iugoslava da metade do século XX. Narrada en primeira persoa por un anónino rapaz que ten unha familia tan estrámbotica que a el todo lle parece normal. Tanto que o libro é unha sucesión de escenas surrealistas propias dunha película humorística na que nada ten moito sentido, a base de frases curtas e ritmo frenético para impregnar de rebeldía o feito de adaptarse a canto cambio político sucede porque, ante todo, hai que sobrevivir.


Mamá siempre pensaba en casos de injusticia y enfermedades que hacían estragos por todas partes, pero al final encontraba algo que nos alegraba a todos. Papá decía a menudo: “Mamá es una santa”, pero de una manera un tanto burlona. Mis tías me dieron para leer la historia de una madre que recoge ramas en el bosque descalza, y llegan los lobos y se la comen.

09/04/10

Ver a una mujer

Non coñecía a Annemarie Schwarzenbach, autora de Ver a una mujer, libriño que se le dunha patada e que abraia polo tema e o xeito de tratalo. Porque estamos a falar de homosexualidade entre mulleres nos anos 30. E sobrecolle a naturalidade da paixón, o irrefreable amor dunha moza ao ver outra da que non poderá separarse. Fascinante a paixón descarnada e a sensibilidade que podemos atopar nesta lectura, breve, minúscula, como o nome da editorial que a publica.
Unha lectura dun tirón que paga a pena.

“Ver una mujer: sólo por un segundo, sólo por el breve lapso de una mirada, para luego volver a perderla, en la oscuridad de un pasillo, tras una puerta que me está vedado abrir (…) Nada sabía yo de este miedo que ha vuelto a asaltarme: es como un dolor en el que uno no puede creer y uno lo acepta con una sonrisa (…) ¿Cómo explicar que me ha sobrevenido como una enfermedad repentina?”

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.