Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/03/18

Piper

Curta sen palabras:


Inch Allah

Unha médica canadiana en Cisjordania

 

30/03/18

Piper

(Piper best Oscar winning short film) 
 Fermosa curta sen palabras. Tres minutos tan só para emocionarte:

Segredos no Solpor

Iria Misa traénos en Segredos no Solpor publicado por Xerais unha historia de fácil lectura que engancha e estou segura gustará ao meu alumnado de 3º da ESO, unha historia que mestura o amor, o misterio e a violencia de xénero. A protatonista é unha moza afouta que arrisca para asegurarse de facer o correcto, unha moza que se equivoca e que cae, pero tamén unha moza que sabe levantarse cando comete erros e sabe que a miran mal con razón. Non todo é perfecto porque a realidade non o é. Saber aprender dos erros e seguir adiante é o que nos ensina a protagonista, quen a pesar de todo canto acontece sabe pedir perdón e sabe cal é a verdadeira xustiza dunha sociedade que ten moito que cambiar.
As relacións homosexuais prohibidas, a violencia de xénero agochada, o amor, os rollos de verán, os amigos violentos, as noites de verbena son os temas polos que paseamos nunha proposta xuvenil onde a autora tece un mundo nada afastado da realidade. 

Feminismo para torpes

Cousas que parecen feministas, pero non...

 Nerea Pérez de las Heras fala ironicamente da loita pola igualdade de homes e mulleres no século XXI. Fala de cousas que semellan feministas pero que non o son tanto.


29/03/18

Guadi Galego - Fronteiras

Guadi Galego no seu Facebook:
Hai xente que sementa repolos, hai xente que sementa dor. Hai xente que guerrea pola paz, pola liberdade...hai xente que puxa por abrir fronteiras.
Pallasos en Rebeldía son algunhas desas xentes...
Seguide abrindo cancelas con flores.

Nina e Antón

A tenrura de Antonio Ventura desprégase neste álbum ilustrado por Alejandra Estrada que vén de publicar kalandraka: Nina e Antón é un diálogo entre unha nena e o seu gato onde o protagonismo adquíreo o libro, o libro como fonte e como ponte, o libro como diversión e como identificación. Estamos dentro dese libro? O gato é quen de se converter nun personaxe del?
O feito de ser o libro protagonista lévanos a pensar se é un libro calquera ou non. E non, non o é. A nena, Nina, está a ler "Ernesto e Celestina" (en galego grazas a Kalandraka), fonte de inspiración para este libro tanto no texto como na ilustración. Texto e ilustración que se apertan nun mundo máxico de letras e páxinas polas que pasear.

Terrícolas (Earthlings)

28/03/18

Tiempos oscuros

Aínda non hai moito lin o penúltimo libro de John Connolly, e quedei con ganas de máis. Supoño, xa que vén de se publicar este Tiempos oscuros en Tusquets, e por suposto funo devorar. Connolly é capaz de combinar o xénero negro co terrorífico coma ninguén (o curioso é que a min este tipo de novelas non me deberían gustar: isto de enfrontarse ao Mal!!!), e sempre consegue sorprender o lectorado. Cada nova novela afástase da anterior a pesar de manter os personaxes principais, eses que acabas querendo malia eles. E deixa a boca preparada para seguir comendo!
En Tiempos oscuros o autor lévanos canda Charlie Parker e os seus inseparables Ángel e Luís a unha comunidade que vén a ser unha secta, que existe fóra do tempo e de toda lei exterior, que adora ao Rei Morto. Aí estaremos atrapados entre as súas páxinas. Podemos comparar con novas reais que nos teñen chegados de matanzas nalgunhas sectas: aí está a inspiración do autor. Sectas endogámicas e escuras separadas do resto da civilización como a que temos no libro. Aquí, separadas por un espeso bosque, importante na trama. Esta secta é o Mal. O Mal é o que interesa ao autor, está claro. Cando menos nos seus libros. E é que o Mal existe. Canda el, a Covardía é outro protagonista da novela, esa covardía que exercen moitas persoas que viven preto da secta e que prefiren mirar cara a outro lado.
Por estas augas escuras moverase Charlie Parker, procurando facer o Ben. El é a antítese. Estivo no outro lado, ou case. E é leal e xusto. A pesar da súa violencia, querémolo.
Agora, esperamos a ver que pasa con esa filla extraordinaria que ten.

—Hay un tipo de maldad que ni siquiera se opone al bien, porque el bien es irrelevante para ella. Es una abyección que radica en el corazón de la existencia, que nació con la materia misma del universo. Está en la descomposición hacia la que tienden todas las cosas. Existe, y siempre existirá, pero al morir la dejamos atrás

Educación y mentiras del poder. Pilar Baselga

27/03/18

Sempre hai un lugar para a poesía (CXLVIII)

Rafeef Ziadah - "Las tonalidades de la ira"


Masaka Kids Africana Dancing I Love You Africa

26/03/18

Los Reyes Magos

Cara de velocidade

Recibo con absoluta delicia cada ano o Premio de Poesía para nenas e nenos Cidade de Orihuela que publica Kalandraka, porque sempre me encandila cos versos que alí nos agasallan. Este ano non foi menos a alegre sorpresa, senón ao contrario por estar ademais en galego -a súa lingua orixinal-, con este Cara de velocidade de Marga Tojo con ilustracións de María Hergueta. O libro volve a ser unha xoia onde poesía e ilustración mesturanse no sabor doce do verso pronunciado.
E neste verso que conduce, será “H.” a que fale, a que utliza palabras que teñen forza, palabras que non se prestan á submisión. Así será a liberdade o fío condutor deste automóbil supersónico onde a protagonista poida conducir metáforas fantásticas, ilusións cotiás, aventuras do día a día. A súa voz ten a capacide de captarnos e de nos convencer, de vivir canda ela perigosas bifurcacións, camiños sen fin, xestos e chiscadelas que farán que volvamos con gorentosa avaricia á nenez salferida de música e de medos que nos retrotraen á esperanza, a "vivir sobre as cordas". Porque non despreza o verso tampouco, malia ser infantil, a crítica social, a noite azul, a bruma medida, a precariedade nefasta. Si, 
"as mellores mensaxes secretas
escríbense con letra
de sopa"

Dixerimos canda “H.” as frases tristes. E navegamos nas alegres. Antes de naufragarmos.


25/03/18

Non á violencia contra as mulleres (DLII)

 Non á prostitución.

Abolir la prostitución, ¿por qué? (subtitulado) 

24/03/18

Guadi Galego canta a Xohana Torres

– “Nai”



– “Penélope”

23/03/18

Zenobia

Barbara Fiore publica este certamente necesario cómic de Morten Dürr e Lars Horneman, Zenobia, que recibiu o premio ao Mellor Cómic e ao Mellor Cómic Infantil outorgados polo Ministerio de Culutra de Dinamarca en 2016. Un libro que fala da guerra de Siria e dos seus exiliados. Unha nena que se embarca para fuxir na procura da paz. Pero o perigo do mar pronto se fai patente e mentres ela se funde, vai lembrando doto canto viviu, os momentos felices e a desaparición dos pais. Por iso dicimos que é un libro necesario, porque fala do momento actual, porque fala da crueldade porque fala do horror, porque fala do drama dos refuxiados. A que se debe o título? Porque Zenobia, valente guerreira e raíña de Palmira, é quen infunde forza á nena protagonista na súa loita pola supervivencia. Iso si, non hai ningunha solución ao conflito no libro, como semella non existir na vida real, só é unha constatación da crúa realidade que viven miles de nenos e nenas actualmente. É un relato cru, moi cruel, adubiado coa poesía da reflexión.
Todo isto e máis nun cómic que apenas ten texto, pero si contrastes de cor, cambios de paisaxe burscos, metáforas visuais. Símbolos todos postos ao servizo dunha boa causa.
Cómpre lelo varias veces. E lembralo.


RAP Yo soy FEMINISTA

21/03/18

(Sobre) vivir en el camino

Curta documental sobre a inmigración


20/03/18

Touro, O Pino: A ameaza do cobre

Grazas a Xose Anton Bocixa Rei por este interesante documental sobre o conflicto desatado en Touro e O Pino co beneplácito duns gobernos locais cómplices de multinacionais invasoras e contaminantes. Tantos motivos pra berrar #MinaTouroOPinoNON

 

19/03/18

Plastic Change

18/03/18

DE VACAS - Son eu

Estas mulleres son xeniais:

El proxeneta

Este foi o libro elixido para a nosa reunión do Club de Lectura Feminista: El proxeneta de Mabel Lozano (publicado por Al Revés) é un libro tan impactante como necesario para coñecer de primeira man o mundo da escravitude feminina do século XXI. A lecura provoca noxo e indignación, a certeza de que vivimos nun mundo salvaxe e que miramos para outro lado. Con el, vermos como as mulleres son explotadas para enriquecer un negocio que non debería existir. As mullers son compradas, trasladadas, usadas e intercambiadas mentres son ameazadas. Unha vida que non é vida, un inferno na terra. E uns homes que son conscientes do que están a comprar. Porque os que acoden alí son os verdadeiros culpables. E é que a prostitución é trata de seres humanos. Nin máis nin menos. Rematemos co mito da liberdade e do traballo de prostitución voluntario; debaixo hai coacción, ameazas, violencia extrema, opresión.
Algunhas compoñentes do club contaban que o libro non lles gustaba porque non estaba ben escrito. Eu creo que precisamente iso está buscado, porque as palabras son as dun proxeneta arrepentido. O que fai a autora é unha transcrición consciente dese testemuño desgarrador que nos impacta e nos enfada, por moi arrepentido que arestora estea.
Que clase de goberno e gobernantes temos? Estes que permiten que isto ocorra. Que isto se perpetúe.
Si, resulta unha lectura salvaxe.

“Fui tratante de mujeres durante más de veinte años. Las compré y vendí como si fueran ganado, para explotarlas salvajemente en nuestros clubes, sin compasión”

Para rematar, vimos este vídeo:


Non á violencia contra as mulleres (DLI)

17/03/18

Hola Mamá

Alaide Foppa, La Sin Ventura

Documental que conta a vida da feminista poeta, escritora, crítica de arte, profesora e tradutora de ascencendia  guatemalteca Alaíde Foppa a través dos testemuños dos seus fillxs e amigxs. Como precursora do feminismo en México procurou rachar cos modelos establecidos dunha familia de clase alta. A súa sensibilidade e desenvolvemento intelectual levárona a cuestionar a inxustiza social, as diferenzas de formación de xénero, a importancia da arte comprometida e a reivindicación da democracia en América Latina.


16/03/18

A golpe de tacón

Esta curta relata o protagonismo da muller nas folgas mineiras contra a ditadura franquista na década dos sesenta, ollando especialmente para Ana Sirgo, “Anita”, Medalla de Plata de Asturias no ano 2003.

A ONU contra os estereotipos de xénero

15/03/18

La memoria secreta de las hojas

Publica Paidós este libro de Hope Jahren baixo o título La memoria secreta de las hojas, onde a autora nos fala de botánica dun xeito ameno, e onde deixa moi claro algo que deberiamos saber sobradamente na nosa terra: o país é verde se chove, senón, imposible. Pero aínda así temos que escoitar tantas veces que "xa está ben de tanta chuvia". Quizais sexa este un libro que debera ler a xente para entender un pouco mellor a natureza que nos rodea e para aprender a respectala. Asemade, o libro é unha autobiografía onde a autora fala das súas lembranzas como científica e da paixón que sente pola botánica. Aquí, biografía e ciencia son unha mesma cousa. Ela é a semente do seu propio pai, e ela tenta que a semente do amor á natureza prenda no seu lectorado.
De seguro que o conseguirá.
Hope é a única muller que gañou a Medalla para Xoves Investigadores en Ciencias da Terra. No libro tamén fala das dificultades de ser muller e investigadora. Que raro!

 

#Carnotaétúa

“O Legado”, video de promoción turística do concello de Carnota que mesmo antes de facerse público xa recibiu o segundo premio na categoría de rexións no festival de audiovisual turístico The Golden City Gate, celebrado o pasado sábado en Berlín. Uns galardóns considerados os premios audiovisuais máis prestixiosos a nivel mundial dentro da industria do turismo.
”O Legado” forma parte da nova campaña #Carnotaétúa. Desenvolto por Aba Films e a dirección de Marcos Gallego, co guión de Manuel de Lorenzo, ten música de Caxade, e a voz en off do famoso actos Luis Iglesia. Os intérpretes son Alberto Riveiro (Marco), Nicola Luvie (Ulrika), Ayla Ru Ponsnford (Max).
Conta a historia de “Marco, emigrante galego no norte de Europa, regresa a Carnota logo da morte do seu avó. Este deixoulle untestamento no que relata o seu emocionante e sorprendente legado”.

 Visto aquí

14/03/18

Manos de mujeres

Rugby en feminino

13/03/18

Escaquis e Romeu

Gocei moito coa lectura deste Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga, publicado por Xerais con ilustracións de Jacobo Fernández Serrano (unhas ilustracións que conquistan dende a portada posto que o protagonista principal é presentado moi semellante a Agustín Fernández Paz: como non querer xa este personaxe???. Ilustracións que ademais resultas moi expresivas) Goceino porque é un conto dos de verdade, un conto de aventuras e de misterio, dos que fan soñar e sorrir ao mesmo tempo, porque mestura realidade e fantasía realizando unha loanza xenerosa da amizade e a lealdade, e contén a dose xusta de ambos para que o equilibrio permaneza, mentres que a fantasía serve para tomarlle o pulso á identidade das persoas: quen somos e que queremos ser. A súa forza reside na necesidade de construírmos un mundo máis xusto, un mundo mellor onde non existe o racismo nin o mercantilismo, e que asemade rexeita a malediciencia. Será precisamente grazas á parte fantástica cando poidamos valorar o que facemos e a meta que poidamos marcarnos, na procura dun mundo mellor.


500 Years of Female Portraits in Western Art

Creo que hai tempo andou por aquí, pero é tan fermoso que non importa repetilo:


12/03/18

Cambiar o Conto

Analicemos os contos clásicos infantís. Todos mandan mensaxes, e estas mensaxes son machistas. #EducarEnElFeminismo
#EducarNoFeminismo 



11/03/18

Invisibles

A miña alumna de 3º de ESO, Ánxela Adán Sangiao,  le Invisibles de Montse Fajardo e deita esta súa reflexión;


"Invisibles", de Montse Fajardo, é un libro que reúne sete historias de maltrato machista contadas por Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña. Son experiencias reais que estas mulleres sufriron ou viron dende cerca, dende violencia emocional ata verbal ou física e con finais máis ou menos felices.
Este libro sen ningunha dúbida fíxome preguntarme en que mundo vivo máis de vinte veces, e chorar outras tantas. Exprésase dunha forma que me fixo sentir cercana ás mulleres que o contaban case como unha amiga, pero nunca sendo consciente de que as cousas que conta pasaron de verdade, ata que as investigaba.
É un libro que non se me fixo longo xa que está escrito dunha forma bastante lixeira para min, suficientes diálogos e suficiente descrición, e, por suposto, os pensamentos das protagonistas son moi interesantes para que os leamos e nos fagan cavilar un pouco máis, se cabe.
En conclusión, este libro quedarase bastante gravado nos meus recordos, pola súa sinceridade, polas súas historias, porque é un dos tres únicos libros que lin ata o de aquí que me fixeron chorar e este conseguiuno sen unha soola imaxe, cousa que eu cría imposible.

Non á violencia contra as mulleres (DL)

10/03/18

El rap feminista de Alexandra Pérez



Vía

Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2

Xa falaramos da primeira parte deste libro que tanto nos gustara no seu momento. Agora sae unha segunda parte, tamén en Destino, Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2, cen novas historias de mulleres que cambiaron o undo da man de Elena Favilli e Francesca Cavallo. Beyoncé, J.K. Rowling, Madonna, Chimamanda Ngozi Adichie o Carmen Amaya son algúns nomes que trae este volume como símbolo de empoderamento e loita pola igualdade, nomes de mulleres que foron suxeridos por lectorado do primeiro volume, persoas que desexan coñecer historias de mulleres que deberon ser valentes para facerse un oco a carón dos homes. 
E de novo contamos con retratos destas mulleres realizados polas mellores artistas.


Enigma

09/03/18

Doli doli doli... coas conserveiras

07/03/18

Gazpacho

¡A la huelga, compañera!

Conte de l'Institut Balear de la Dona

06/03/18

As peripecias de Extravaganzza Pérez

Unha nova conquista de Ledicia Costas para o lectorado infantoxuvenil: unha moza afouta que ama a natureza e preocúpase pola conservación das especies, desas que están en perigo de extinción pola man do home. Ogallá esta Extravaganzza Pérez sexa quen de conseguir que nenos e nenas ao rematar de coñecela deiten unha ollada preocupada na natureza que nos rodea para tentar coidala e evitar esta destrución masiva que o século XXI está a piques de acadar: sabemos que como non nos poñamos as pilas XA o planeta Terra esmorecerá en breves. Da nosa man.
Ledicia Costas escribiu As peripecias de Extravaganzza Pérez, publicado por Xerais con ilustracións de Óscar Villán, para o Salón do Libro de Pontevedra, que este ano ten como lema "Canta bichería!". Si, Extravaganzza axudaranos a coñecer bechos e especies na súa particular viaxe por diferentes ecosistemas dende o respecto á todos eles porque a natureza é o que nos pide. Un valor engadido, para min particularmente, será que a nena teña unha discapacidade visual, e que será quen de renunciar á súa mellora por amor.


05/03/18

Dicionario feminista

04/03/18

Yo nunca, nunca

El País de Jauja


Neste álbum publicado por Fondo de Cultura Económica destacan as ilustracións, ademais do humor do texto. El País de Jauja contén texto de Francisco Segovia e ilustracións de Kestutis Kasparavicius: unha fábula clásica con rima (en texto prosístico) e moito surrealismo, posto que nada semella ter sentido, agás as ganas de percorrer ese mundo de fantasía cheo de comida e lecer. Non hai nada como ter fame para andar por este país, mesmo sendo un lacazán ben grande! Asemade, ao final hai que volver a comezar, porque alimentarse de soños é importante: hai nubes de algodón de azucre, as árbores dan xelados, os porcos están asados e os peixes cocidos. Xa se sabe, isto é Jauja!


Non á violencia contra as mulleres (DXLIX)

Espejo De Realidad 


03/03/18

Un corazón roto no es como un jarrón roto o un florero

Paroles Paroles

Moi ilustrativo.


Paroles Paroles from Nina Paley on Vimeo.

02/03/18

Beta

ONE MINUTE ART HISTORY

Un minuto para repasar a historia da arte:



ONE MINUTE ART HISTORY from CaoShu on Vimeo.

01/03/18

CAMARIÑAS, Nordestin@s.

O espolio do Pazo de Meirás

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.