Mellor libro ilustrado no ano 2009, Quen lle ten medo á Carapuchiña Vermella? é un simpático álbum de Sara Sahinkanat e Ayse Inan Alican publicado por Linteo. Unha maneira oposta de adentrarse no clásico conto da Carapuchiña, confundíndonos cunha nova visión dos perigos e arricándonos un sorriso. Unhas ilustracións en vivas cores cheas de detalles e un texto sobre o valor da responsabilidade fan que este libro sexa moi axeitado para idades ben temperás.
Temos que agradecer a esta editorial o feito de que nos ofreza estes álbums na nosa lingua.
"Escoita
atentamente, meu amor, vexamos se estás preparado. Teño que facerche
algunhas preguntas, xa que vexo que non tes medo".









