Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Páginas de Espuma. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Páginas de Espuma. Amosar todas as publicacións

07/10/21

Las voladoras

 


P
ublica Mónica Ojeda Las voladoras, en Páginas de Espuma, un monllo de relatos que atrapan nas súas páxinas personaxes golpeados pola vida, pero que son capaces de soñar coa forza da natureza, cos mitos, para cambiar o seu destino, xa que a maxia do libro reside na mestura do fantástico co cotián dun xeito tan natural que nada nos sorprende. Será deste xeito, con esa mestura, como nos acheguemos á reflexión social, á violencia, ao medo, á represión... para logo pensarnos se somos quen de loitar pola liberdade. A autora é capaz de denunciar a violencia machista utilizando a mestura entre a luz e a monstrosidade, ambas tinguidas de sangue, xa que a atmosfera do horror trata de tapar a luz, pero nesta hai lugar para a resistencia. Quizais nesta última resida o máis importante do libro: pensármonos como mulleres capaces de nos encher de loita para recontruírmonos.




07/07/10

Por favor, sea breve

Tal como indica o título, este é un libro de relatos curtos. Canto máis curtos, mellor, porque é condición indispensable para que se antologuen aquí. Clara Obligado realiza esta antoloxía indo de maior a menor, é dicir, o relato da primeira páxina é o máis longo do libro (33 liñas) e o último é o máis curto (apenas unha liña).
Un total de 167 micorrelatos de autores latinoamericanos e españois que conta desde non hai moito cunha segunda parte -que eu non coñezo-.

E reproduzo un divertidísimo de Ana María Shua:

¡Arriad el foque!, ordena el capitán. ¡Arriad el foque!, repite el segundo. ¡Orzad a estribor!, grita el capitán. ¡Orzad a estribor!, repite el segundo. ¡Cuidado con el bauprés!, grita el capitán. ¡El bauprés!, repite el segundo. ¡Abatid el palo de mesana!, grita el capitán. ¡El palo de mesana!, repite el segundo. Entretanto, la tormenta arrecia y los marineros corremos de un lado a otro de la cubierta, desconcertados. Si no encontramos pronto un diccionario, nos vamos a pique sin remedio.

E como foi a miña querida Paramio que me recomendou o libro, tamén lle mango a ela a presentación sobre este relato que realizou. Grazas, unha vez máis!.



Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.