Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/04/14

O experto

Parodia dos directivos empresariais que poden solicitar expertos en calquera materia para levar a cabo proxectos...



Vía

La casa

Publica a editorial A buen paso este libro-álbum de Daniel Nesquens e Mercé López, La casa. Fixádevos o agasallo que nos propoñen antes de lelo: a cuberta ábrese coma un póster onde atoparemos a cara exterior da casa por un lado e polo outro o seu interior poboado de obxectos estraños. Un dos agasallos está aí: convídannos a inventar as nosas propias historias a partir deles.
O libro fálanos de relacións familiares: fillo con fillo, avós con fillo, pai con fillo. De afectos, de relacións, de complicidades. E de fondo, unha misteriosa casa chea de fantasía, onde se mesturan os contos de terror e os enigmas con dor. A atmosfera que a tingue está tensada polas sombras e conta coa ambigüidade.
As ilustracións que acompañan este misterio afondan máis nel, exaltando a complicidade entre pai e fillo e xogando como pano de fondo co espello de Alicia, mentres vermello e negro combinan perfectamente e con comodidade.




Cuestionario Proust

Hai tempo que Ramón Nicolás me pediu que estivese presente no seu blogue con este cuestionario. Finalmente, mergullada nun mar de dúbidas, aquí está.


1.– Principal trazo do seu carácter?
- A paixón, seica.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
- A entrega. E a honradez, a todos os niveis.
3.– Que agarda das súas amizades?
- Amizade, co que iso significa.
4.– A súa principal eiva?
- Ui, son tan lacazana que ata me custa pensalo!
5.– A súa ocupación favorita?
- Gozar da presenza –escasa- dos meus fillos. E ler, claro.
6.– O seu ideal de felicidade?
- Sentirme querida.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
- Que lles ocorrese algo aos meus fillos, como a de todas as nais. Son pouco orixinal!
8.– Que lle gustaría ser?
- Pilota de Fórmula Un.
9.– En que país desexaría vivir?
- Cóntoche un conto?
10.– A súa cor favorita?
- O amarelo.
11. – A flor que máis lle gusta?
- O nenúfar. E os nosos montes tinguidos de amarelo!
12.– O paxaro que prefire?
- O moucho. E o colibrí dende que o vin moi pretiño.
13.– A súa devoción na prosa?
- Moreas. Menos a ciencia ficción…
14.– E na poesía?
- José Ángel Valente, por razón persoais de descuberta. E moitísimos máis!!!
15.- Un libro?
- Hai respostas imposibles!
16.– Un heroe de ficción?
- O Capitán Trueno, pola infancia compartida e relida miles de veces con el.
17.– Unha heroína?
- Agora non, grazas.
18.– A súa música favorita?
- Depende das circunstancias. No coche, algunha que poida ir cantando. Na casa, jazz.
19.– Na pintura?
- Laxeiro: a terra tira. Edward Hopper…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
- Non sei os seus nomes, non saen nos xornais, pero tentan saír adiante cada día.
21.– O seu nome favorito?
- Gloria.
22.– Que hábito alleo non soporta?
- Cos anos estoume volvendo máis intolerante, creo. Se a corrupción é un hábito, pois ese. Pero a chulería, a vaidade, a prepotencia…, tampouco as aturo moi ben.
23.– O que máis odia?
- O machismo agochado que sabe enganar.
24.– A figura histórica que máis despreza?
- Calquera ditador.
25.– Un feito militar que admire?
- O cabalo de Troia.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
- Unha voz fermosa para cantar, unha boa man para pintar…,, cantos folios me dás?
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
- No medio dun ataque de risa.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
- A saber…
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
- Menos a pura maldade, calquera.
30.– Un lema na súa vida?
- Non fagas aos máis o que non queres que che fagan a ti.

29/04/14

Flashmob de Carmina Burana en estación ferroviaria de Viena

Entrevista a Suso de Toro

Por fin, por fin!, temos o vídeo: en Telecolmeiro entrevistamos a Suso de Toro:


28/04/14

O poder da música

Sofia Matiolli convocou a trece membros do Manchester Deaf Centre para gravalos mentres bailaban seguindo o ritmo das vibracións que percibían a través da música.



Vía

El ladrón y la bailarina

 
Con texto de Andrew Matthews e ilustracións de Bee Willey, publica Kókinos este El ladrón y la bailarina: un álbum que fala de amor e medo, de enfrontarse ás diferenzas, de ter pánico a ser rexeitado, de poesía de namoramento. Como metáfora, o ben que desterra o mal grazar ao amor. E sobre todo, falar de emocións perturbadoras e liberadoras.
As ilustracións, unha pasada. Perturban.


Problema de nomes

Imos comezar a semana botando unhas gargalladas. Garantidas!:

27/04/14

"La vida manca" de Nacho Vegas

Estrambólicos



Publica a editorial La Fragatina este estrambótico e divertido álbum que leva por título Estrambólicos de André Letria e José Jorge Letria. Estrambólicos é un libro para xogar e converter e reconverter a dezaseis personaxes combinándoos entre si. Múltiples posibilidades para explorar e descubrir novas criaturas. Porque habelas hailas, pero hai que topalas... neste libro!




Non á violencia contra as mulleres (CCCLIX)

Spot sobre a violencia de xénero contada por unha vítima a través dun dos últimos dispositivos nados no mundo das redes sociais... 



Vía

26/04/14

Golpe Maestro - Vetusta Morla

As viaxes de Ruki


Lin dunha pequena sentada a nova proposta de Ramón Caride para a infancia que publica Xerais na súa colección Sopa de Libros: As viaxes de Ruki conta coas ilustracións de Manolo Uhía. Un libro cheo de fantasía onde destaca o fértil maxín do seu autor para ofrecer un libriño divertido que ao mesmo tempo agocha unha crítica social de todo canto está a pasar. Visitar outros planetas é percatarse de moitos dos problemas que acucian ao noso, como o quenteamento global, a corrupción, os ladróns sen escrúpulos... todo iso disfrazado, por suposto, baixo unha lectura amena marabillosamente acompañada polas ilustracións coloristas de Uhía.
Non lle será difícil á rapazallada aínda pouco lectora engancharse con este libro divertido onde descubrirán que o Universo e o maxín non ten límites.

Conéctate Seguro

O goberno de Paraguai ofrece este vídeo para alertar á sociedade sobre os perigos das redes sociais.

Vía

25/04/14

BUNBURY - Despierta

Tiempo de canicas

Ediciones La Cúpula achéganos este cómic de Beto Hernández, Tiempo de canicas. Un cómic sobre a infancia e os seus sentimentos. Un protagonista e varios personaxes que se conforman ao seu arredor: pelexas de maiores que pequenos non entenden, as coleccións de cromos -que os pais desprezan-, os irmáns menores a quen hai que aturar, as rapazas que non entenden aos rapaces, os novos e gamberros amigos, os xogos, as series de televisión.... Un microcosmos que sucede na infancia e que os adultos gardamos na nosa memoria, miles de anécdotas que nos van formando ata facernos maiores. E o máis importante: no cómic non aparecen adultos. Eu creo que aí tamén reside a súa eficacia: é capaz de transmitir os sentimentos da infancia onde os maiores berran, castigan, chaman e ordenan... sen velos. Porque o libro está pensado precisamente para iso.
Un cómic sinxelo tamén no debuxo, que pretende asemade plasmar a inxenuidade desa idade, un mundo onde domina o maxín e non a maldade. Sinxelamente, é un libro que apela á nostalxia, é unha homenaxe á infancia, é unha lembranza. Non temos que nos sentir identificados co que alí ocorre (o autor escolle unha trama lineal propia) pero si que veremos reflectida a sensación da felicidade da nenez. E iso abonda.

Nacer no 2040

24/04/14

Quique González - Delantera Mítica

El perro enamorado de las estrellas

Permitídeme a expresión: estou flipando con estes mangas que ando a descubrir. Este último é de Takashi Murakami e está publicado por Ponent Mon (unha edición que reúne os dos títulos nun só volume): El perro enamorado de las estrellas é un libro moi premiado no seu país onde os cadeliños son protagonistas da tenrura, a sensibilidade e a Amizade. Si, con maiúsculas.
Fixádevos na portada. Pois si, por esa portada cheguei eu ao libro, do que non coñecía nada en absoluto. Pero pensaba que ía ler unha historia completamente diferente, a verdade. A Historia, Historia que une os diferentes relatos do libro e que completan un sentido ao final de todo, é que un cadeliño axuda a construír a personalidade do seu dono, facéndoo mellor persoa ou conseguindo que non se sinta só: un home divorciado, só, que marcha co can; un neno abandonado pola nai; un traballador social ; unha anciá deprimida... historias de vidas que nun momento se cruzarán e en todas elas se amosarán a lealdade dos cans, que comparten os seus problemas. Por certo, non só os cans son protagonistas, senón que son os que contan as historias (dúas en cada parte): isto tamén axuda a construír a reflexión sobre o efémero da vida, sobre o absurdo que resulta tanto sufrimento, sobre o valor da Amizade e dun sorriso.
A figura do can namorado das estrelas é a metáfora de desexar o imposible.





Ah! Eu non teño can. Maxino o que pode gustar este libro a quen si o teña!!!

Os libros de Eva Vázquez















Ilustracións de Eva Vázquez

23/04/14

Lana del Rey - Tropico

Curta épica baseada na historia do pecado e a redención. Comeza no Xardín do Edén e viaxa a través do tempo ata o moderno Os Angeles. As imaxes inclúen a actores que personifican a Xesús, Elvis Presley, Marylin Monrore, John Wayne... 



Vía

Día do Libro #engalegoleo


Caderno da Crítica

22/04/14

Lobos

Moda Galega Reloaded

Fíxome ilusión achegarme a esta nova entrega poética de María Reimóndez que publica Edicións Positivas: unha revisitación daquel Moda Galega de hai doce anos. Pero o que non sabía era a gratísima sorpresa que me agardaba na páxina 50: a autora recolle as palabras que da lectura deste libro fixo a alumna silledense Lucía Domínguez Mato no meu blogue d'As estelas dos Ronseis.A autora explica que incluír textos deste tipo é unha homenaxe ás persoas que o acompañan e o len. E eu estou, dende logo, encantada!
O libro volve ser unha crítica ao contexto sociopolítico en que nos movemos. Topamos ese berro necesario contra un capitalismo que nos está destrozando baixo a prisma dun patriarcado que non damos tirado do lombo. A cirurxía estética está presente no libro como o está na sociedade, como unha forma de maltrato das mulleres. Un maltrato real, non inventado, que xorde en forma poética como denuncia da esperpéntica realidade que semella non conmovernos senón a topamos escrita. 
Un poemario que aposta porque as mulleres, nós, repensemos a nosa identidade.

Poñer a felicidade
na beleza estándar do corpo
é apostar sempre
a cabalo perdedor.
Pois o tempo pasa
e non se detén
no seu único camiño
cara á putrefacción.






Shadi Ghadirian

Fotografías que son un espazo de reflexión sobre a situación da muller de Shadi Ghadirian (1974), fotógrafa iraniana que encaixa elementos modernos da cultura contemporánea nos retratos para provocar un pensamento: pasado versus modernidade das mulleres do seu país.


#1 Qajar. Shadi Ghadirian
#1 Qajar. Shadi Ghadirian
#2 Qajar. Shadi Ghadirian
#2 Qajar. Shadi Ghadirian
#4 Qajar. Shadi Ghadirian
#4 Qajar. Shadi Ghadirian
#9 Qajar. Shadi Ghadirian
#9 Qajar. Shadi Ghadirian
#10 Qajar. Shadi Ghadirian
#10 Qajar. Shadi Ghadirian
#12 Qajar. Shadi Ghadirian
#12 Qajar. Shadi Ghadirian

#19 Qajar. Shadi Ghadirian
#19 Qajar. Shadi Ghadirian

 Estoutra serie de fotografías amosa siluetas de mulleres baixo un chador, onde a face feminina é substituída por un obxecto do fogar para reflexionar sobre a vida cotiá das mulleres, pero tamén sobre a identificación destas con eses obxectos e cunha vida que xira arredor deles. Non só critica a vestimenta, senón a universalización da muller-obxecto, vista como vista.

"Like EveryDay", Shadi Gharidian.
“Like EveryDay”, Shadi Ghadirian.
"Like EveryDay", Shadi Ghadirian.
“Like EveryDay”, Shadi Ghadirian.
"Like EveryDay", Shadi Ghadirian.
“Like EveryDay”, Shadi Ghadirian.

"Like EveryDay", Shadi Ghadirian.
“Like EveryDay”, Shadi Ghadirian.
"Like EveryDay", Shadi Ghadirian.
“Like EveryDay”, Shadi Ghadirian.
"Like EveryDay", Shadi Ghadirian.
“Like EveryDay”, Shadi Ghadirian.



21/04/14

Cornetto México

Desas publicidades emocionantes que se contan cos dedos dunha man



Pero hai máis:





Vía

O pequeno señor Paul


Teño que lle dar as grazas a Helena por agasallarme esta xoia que eu descoñecía: O pequeno señor Paul é de Martín Baltscheit e está  ilustrado por Ulf K, publicado por Xerais no 2008. O libro é sobre todo unha cura: imposible non debuxarmos un sorriso mentres o lemos e imposible desdebuxalo ao rematalo. Un pequeno señor que medra entre libros ensínanos como estes poden salvar de días aburridos e solitarios: a lectura rescátanos da mediocridade. Pero acontecen moitas cousas: o señor Paul perde o riso e procurarao ata topalo. Ui, o señor Paul ten un día pesado... como facelo máis lixeiro? O señor Paul quere ir de vacacións pero gasta todos os cartos en libros... como pode facer (e a min por que isto resúltame coñecido?)
Todo isto e máis poderedes atopalo no libro, calquera cousa que poidades maxinar. E fóra complexos do absurdo!!!

Cando o pequeno señor Paul era un señor Paul aínda máis pequeno, vivía nun mundo cheo de libros. A casa dos seus pais estaba de arriba abaixo chea de libros. Había libros no salón, libros no soto, mesmo no faiado había libros en andeis.Poderíase pensar que a familia Paul vivía realmente nunha Biblioteca. Mesmo algúns dos mobles eran libros.Había tallos feitos de libros, unha butaca de libros, e co atlas enorme do avó fixeran unha mesa.Dependendo da páxina por que estivese aberto, a familia podía almorzar en América, cear en África ou tomar o café na Lúa..."

Sen pelos

Máis publicidade para que a muller siga a ser un obxecto fermoso que debe estar impecable para admiración, respeto e amor dos demais. Desta volta, claro, hai que depilarse. Si ou si.


vía

20/04/14

14 anos non son nada

A catro minutos pode reducirse a vida dunha moza de catorce anos. Isto é o que nos demostra este fermoso vídeo timelapse:

Vía

El oscuro invierno

Non sei como cheguei ata este libro. Claro, non sorprende ao ser novela negra. O certo é que o lin nunha soa tarde. El oscuro invierno de David Mark está publicado por Siruela e consegue o que toda boa novela negra: atrapar o lector. E non debo ser eu soa a que opina isto, xa que foi unha das novelas máis vendidas no Reino Unido. A súa receita: unha linguaxe chea de frases curtas e moitos diálogos. E un detective tenro: un novo detective que engadir á xa longa listaxe: Aector McAvoy. Un home corpulento, de trato difícil, obsesionado e totalmente amoroso. E legal. Moi, moi legal. (Iso case semella ben raro nestes mundos que vivimos)
“ Un tipo grande, de pecho fuerte y ancho, con el abrigo cruzado a la moda. Bien parecido, pese a su pelo rebelde y su oronda cara de granjero. Debe medir más de uno noventa, pero en sus movimientos, en sus gestos, hay una delicadeza que sugiere que le asusta su propio tamaño; como si constantemente temiera romper todo lo que es más frágil que él. Por su acento solo es capaz de precisar que es pijo y escocés”.
Como primeira entrega non está mal. A ver que pasa coas seguintes. Por suposto, non é unha novela redonda nin está á altura dos grandes do xénero (nin comparación con Ian Rankin, Jo Nesbo ou algúns outros), pero estase deixando querer. A min, recoñezo, gustoume este detective grandote que ama á súa familia con loucura e que ve os defectos do departamento de  policía, porque nada hai perfecto. Logo, falla en lugares comúns e perspectivas un tanto atrapalladas. Pero haberá que lle dar unha oportunidade!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.