Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/04/08

La muerte lenta de Luciana B.

A última obra de Guillermo Martínez é La muerte lenta de Luciana B., obra de corte policíaco que nos brinda a posibilidade de elaborar as nosas propias conxecturas: o lector vese na obriga de decidir que é real ou non entre as propostas que plantexa o propio autor. O enigma que aboia sobre todo o relato é chegar a descubrir se as mortes que se producen son accidentes ou asasinatos. E o final suspende sobre unha incerteza case demoníaca: detrás de toda a trama, escóndese a figura sinistra do demo, do maligno.
É unha novela que se deixa ler, facilmente, pero nada máis, desde o meu punto de vista. A mestura matemático-filosófica con investigación policial é, sen dúbida, unha boa idea, aínda que a min sóame a coñecido, a recursos xa manidos no cine e na propia literatura. Non creo que sexa unha gran novela, desde logo, aínda que estou segura de que a moitos de vós, lectores e alumnos, gustaravos (e penso en persoas concretas, claro).
O escritor afirma que a novela plantexa o dilema entre a xustiza como reparación social e o desexo de vinganza persoal, pero tamén o azar e a casualidade como explicación dos feitos, ademais dalgunhas discusións estéticas.
O libro, afirman os críticos, ten certo parentesco con Otra vuelta de tuerca, de Henry James. "Es uno de mis escritores imprescindibles y por ello aparece citado a lo largo del relato".

29/04/08

Shadi Ghadirian

A fotógrafa Shadi Ghadirian (1974) está considerada actualmente unha das artistas de Irán con máis influencia. As súas fotografías de estudo sobre a muller na vida cotián e a crítica do papel desta na sociedade musulmá déronlle proxección internacional.
"Son unha muller e vivo en Irán. Son fotógrafa e iso é o único que sei facer. O lugar que ocupan as mulleres iranís no mundo é importante para min porque estou segura de que ninguén sabe moito disto. Desexo continuar falando das mulleres porque aínda teño moito que dicir. Estas son as miñas palabras como muller e as palabras de todas as outras mulleres que viven en Irán, onde o ser muller ten o seu propio sistema. As fotografías non son auténticos documentos pero tratan sobre temas sociais actuais".




Vía Todas

Papel mollado

A FAO vén de anunciar que a fame podería matar a máis de 100 millóns de persoas (40 países en situación de "extrema emerxencia"). O encarecemento dos prezos dos alimentos está a causar unha enorme crise alimentaria. As causas da crise están na alza do prezo do petróleo, o boom dos biocombustibles, o aumento da demanda nos países en desenvolvemento, os efectos do cambio climático como son inundacións e sequías que arruinan colleitas, o consumo desmedido do mundo occidental.
O primeiro dos obxectivos do Milenio que foron expostos pola ONU para o 2015 convértese en papel mollado se se continúa deste xeito: "a crise alimentaria está a causar un tsunami silencioso". E este tsunami é provocado por todos nós, países ricos que seguimos a mirar para outro lado, coma sempre máis doado.


O mundo debe impulsar a agricultura.

El viaje de Said

El viaje de Said, de Coke Rioboó, foi premiada nos Goya 2007 como a mellor curta de animación. Narra a aventura dun neno marroquí que cruza o estreito e ao chegar ao país das oportunidades dáse conta de que o mundo non é tan fermoso como lle contaran.
A curta destaca polo magnífico tratamento deste drama actual e pola fermosura das imaxes. Ademais, é un exemplo da técnica do stop-motion con figuras de plastilina. Esta é unha técnica de animación na que se vai rodando fotograma a fotograma, facendo que obxectos estáticos parezan en movemento.

28/04/08

A muller na arte

Grazas a Iguales en las tres mil sabemos destes espléndidos vídeos que nos amosan un emocionante repaso da muller na arte, incluíndo autores das obras, títulos e datas. Acompañados da música de Beethoven con "Sonata de Luz de Lúa", de Bach con "Aria na corda de G", de Debussy con "Claro de Lúa" e de Dvorak con "O Novo Mundo" ou "Novena Sinfonía". Vinte minutos de beleza que non debedes nin podedes perder.

Desde o século XII até o XIX


Séculos XIX e XX

Se Deus realmente existe

"Theos an einai" (Se Deus realmente existe) é un tema do compositor Goran Bregovich, nado en Sarajevo de pai croata e nai servia, converténdose deste xeito en paradigma dun mundo que foi destruído e minado de odio e receos. El é o autor das bandas sonoras dos filmes "El tiempo de los gitanos", "Arizona Dream", "Underground" de Emir Kusturika ou de "La reina Margot" de Patrice Chéreau entre outros.
Haris Alexiou é unha das grandes damas da canción grega, posuídora dunha grandiosa presenza en escena e unha carismática voz, o cal levouna a traballar cos mellores compositores de Grecia.



"Theos an einai" (Se Deus realmente existe)

Anoche, entraste en mis sueños,
como si pasease por tu jardín,
y aún habiéndome crecido alas
no quise apartarme de tu lado.
si hay un Dios...

cientos de ángeles con sus blancas [ropas]
reparten ramitas de olvido,
como estrellas, sobre mi cuerpo,
tus niños dibujan el aliento.

si hay un Dios
puedes arder entre las llamas,
y de mis lágrimas, podrás beber fuego,
no puedes, corazón, ser indulgente nunca más.
si existe un Dios y alguien me ama.
si existe un Dios y alguien me ama.

todas mis amistades, de años,
tienen pareja, han construido sus hogares,
sólo yo, continuo sola,
sin tejado, esta es la verdad.

si hay un Dios
puedes arder entre las llamas,
y de mis lágrimas, podrás beber fuego,
no puedes, corazón, ser indulgente nunca más.
si existe un Dios y alguien me ama.
si existe un Dios y alguien me ama.


Vía Bajo el Signo de Libra

27/04/08

A illa das flores

Bolbor, sempre tan cercano, indicoume a existencia deste vídeo. Por favor, concedédeme doce minutos do voso tempo. Sentade e abraiade con esta curta, para reflexionardes posteriormente sobre o seu significado, sobre o noso sistema de valores, sobre os dereitos dos cidadáns, sobre o noso mundo. Sobre a Liberdade: ninguén a explica pero non hai ninguén que non a entenda.
O texto está dirixido en ton irónico por Jorge Furtado a extraterrestres -que descoñecen todo sobre os seres humanos, o seu planeta, os seus sistemas económicos, as súas crenzas, as súas prioridades, o seu concepto de liberdade-.
E se no anterior "post" comentastes sobre as dúas fotografías, que me tendes que dicir despois de ver esta curta?



Toda a información aquí.

Sen palabras

Xa falei tantas veces disto, que agardo a que agora sexades vós os que teñades algo que dicir. Que se note que vos interesa algo máis ca os retos matemáticos!!!




26/04/08

Mulleres que impresionan

O movemento impresionista formouse en París entre 1860 e 1870, rachando con decisión as súas relacións co pasado e abriu o camiño á investigación artística moderna. Destacaron figuras como Monet, Renoir, Degas, Cezanne, Pissarro e Sisley; Manet foi considerado o precursor. As características técnicas poderíanse resumir en: teoría das cores e abandono do debuxo e a silueta pechada; plasmación da luz; aparencias sucesivas; coloración das sombras; rexeitamento do claroescuro, substituído por contrastes entre cores complementarias; pinceladas soltas e longas; pintura ao ar libre; captación da atmosfera esencial.
Será con este movemento pictórico cando a Muller adquira un certo protagonismo artístico. Pero, cantas artistas coñecedes desta época? Déixovos un vídeo que nos fala da Pintoras Impresionistas:



E dúas a destacar: Berthe Morisot



e Mary Cassat



Coma sempre, Iniciarte, esencial blogue de inspiración, permítenos achegarvos unha presentación sobre o Impresionismo:

A flor máis grande do mundo

Juan Pablo Etcheverry realiza curtas de animación coa técnica do Stop-motion realmente fermosas e cheas de sensibilidade. O seu último traballo, "A Flor máis grande do mundo", baseada no conto de José Saramago, foi premio do público no Festival de Cannes no ano 2007. O propio Saramago é o narrador, preguntándose ¿E se as historias para nenos foran de lectura obrigatoria para adultos? ¿Serían realmente capaces de aprender aquilo que levamos tanto tempo ensinando?
Ademais de poñer a súa voz, presta a súa imaxe en plastilina. Un relato ao que acompaña unha reflexión sobre a literatura infantil e a defensa da natureza envolto na música de Emilio Aragón.


25/04/08

Defender o pensamento

Sabedes que a reforma do bacharelato é brutal. Deixámosvos un vídeo que defende unha asignatura fundamental:

África en imaxes

Ímonos de viaxe polo continente negro a traves das imaxes de todos e cada un dos países que o forman. África: un paraíso para os sentidos.

24/04/08

O que queiras oír

Un dos vídeos máis vistos en Youtube. O seu autor é Guillermo Zapata, guionista de Hospital Central.
Como un simple debuxo pode representar tanto e facer á protagonista recobrar á cordura.

De pé contra a morte

Aí está a poesía: de pé contra a morte.

Hoxe, cando abrín o xornal, e lin estas palabras de Juan Gelman ao recibir o premio Cervantes onte, palabras que estremecen, pensei que debía achegárvolas. Teño a esperanza de que as leades. Tedes premendo aquí o texto completo. Eu só vos alcanzo un anaco de tanta sensibilidade:
"(...) estes tempos mesquiños, estes tempos de penuria (...) nun mundo no que cada tres segundos e medio un neno menor de cinco anos morre de enfermidades curabeis, de fame, de pobreza. Pregúntome cantos terán morto desde que comecei a dicir estas palabras. Pero aí está a poesía: de pé fronte á morte.
(...) hai lembranzas que non necesitan seren chamadas e sempre están aí e amosan a súa face sen repouso. É a face dos seres amados que as ditaduras militares desapareceron. Pesan no interior de cada familiar, de cada compañeiro de traballo, alimentan preguntas incesantes: Como morreron? Quen o matou? Por que? Onde están os seus restos para recuperalos e darlles un lugar de homenaxe e memoria? Onde está a verdade, a súa verdade? A nosa é a verdade do sufrimento. A dos asasinos, a covardía do silencio. Así prolongan a impunidade dos seus crimes e convértena en impunidade dúas veces(...)"


Retos matemáticos... e non tanto (VI)

Como vexo que a polémica creada cos anteriores retos foi bestial e que, no fondo, vos encanta rompervos a cabeza buscando solucións aos enigmas o máis enrevesadas posible, esta semana propóñovos retos algo menos matemáticos do normal... ou non tanto? Pensade, pensade!!

Reto1.- Un preso escapa da cadea por unha ventá que está a 60 metros de altura. Só dispón dunha corda moi resistente de 30 metros. Se ata a corda aos barrotes da ventá, se desliza 30 metros e despois salta los restantes 30 metros, quedaría feito papilla. Entón, decide dividir a corda en dous, fai un nó con ambas metades e consigue o seu propósito.
Como pode ser isto posible?

Reto2.- Como pode estar Tareixa detrás da súa nai, se a súa nai está tamén detrás de Tareixa?

Reto3.- (Especial Día do libro) Que libro ten o prólogo despois do epílogo, o final na súa primeira metade e o desarrollo antes da trama?

Solucións ao reto anterior:
Reto 1: Están no ximnasio correndo sobre cintas
Reto 2: 13'2 segundos
Reto 3: E quen che dixo que xogaban un contra o outro?

23/04/08

Tempo de ler


Non pensariades que neste Día ía deixarvos eu só co "post" anterior, non si? Xa sabedes que "carecer de libros propios é o colmo da miseria". Achego un texto especial de Mariela Ferrada-Cubillos:
"É tempo de ler, é tempo de compartir; a ledicia dun libro, a esperanza, a dúbida, o anceio de paz, a dor e a redención. Aloumiña ao teu amado ou á túa amada, ao teu fillo ou á túa filla, ao teu irmán ou á túa irmá, entrégalle a palabra compartida en voz alta. Fai que floreza o gozo de ler, de liberar e ceibar os nós da vida, mediante o coñecemento que neles atopamos.
Examinemos xuntos as páxinas dese libro que che regalou a vida e queres que eu coñeza. Déixame sentir o teu corazón nu.
Abre as túas mans, inclínate fronte ao libro e dá grazas por el".



Ademais, lembremos que estamos no Ano Internacional dos Idiomas, o que nos leva a examinar outra dimensión do libro: o aspecto lingüístico da edición.
O libro é un medio de expresión que vive na lingua e grazas a ela. Ao escoller a súa lingua de escritura, o autor selecciona aos seus lectores, e a tradución permite tender pontes lingüísticas.
Cando un idioma carece de acceso ao mundo editorial atópase excluído de gran parte da vida intelectual e actividade económica da sociedade. Por iso debemos lembrar que o porvir do libro na nosa lingua e en calquera outra minoritaria é ademais de vehículo de expresión, recoñecemento lingüístico.


Día do Libro


Xa todos e todas sabedes que hoxe é o Día do Libro (coma toda efemérede, lembremos que todos os días do ano deberían ser día de libros) e por que se escolleu esta data, imos "tirar" por outro camiño.
Hoxe, día no que Juan Gelman recibe o Premio Cervantes, deixamos a carta sobrecolledora que este escribiu á súa neta Macarena antes de saber que era muller e que tiña ese nome. A súa neta foi roubada tras seren asasinados seus pais brutalmente en 1976.
Carta aberta ao meu neto:

"Dentro de seis meses cumplirás 19 años. Habrás nacido algún día de octubre de 1976 en un campo de concentración. Poco antes o poco después de tu nacimiento, el mismo mes y año, asesinaron a tu padre de un tiro en la nuca disparado a menos de medio metro de distancia. El estaba inerme y lo asesinó un comando militar, tal vez el mismo que lo secuestró con tu madre el 24 de agosto en Buenos Aires y los llevó al campo de concentración Automotores Orletti que funcionaba en pleno Floresta y los militares habían bautizado "el Jardín". Tu padre se llamaba Marcelo. Tu madre, Claudia. Los dos tenían 20 años y vos, siete meses en el vientre materno cuando eso ocurrió. A ella la trasladaron -y a vos con ella- cuando estuvo a punto de parir. Debe haber dado a luz solita, bajo la mirada de algún médico cómplice de la dictadura militar. Te sacaron entonces de su lado y fuiste a parar -así era casi siempre- a manos de una pareja estéril de marido militar o policía, o juez, o periodista amigo de policía o militar. Había entonces una lista de espera siniestra para cada campo de concentración: Los anotados esperaban quedarse con el hijo robado a las prisioneras que parían y, con alguna excepción, eran asesinadas inmediatamente después. Han pasado 12 años desde que los militares dejaron el gobierno y nada se sabe de tu madre. En cambio, en un tambor de grasa de 200 litros que los militares rellenaron con cemento y arena y arrojaron al Río San Fernando, se encontraron los restos de tu padre 13 años después. Está enterrado en La Tablada. Al menos hay con él esa certeza.

Me resulta muy extraño hablarte de mis hijos como tus padres que no fueron. No sé si sos varón o mujer. Sé que naciste. Me lo aseguró el padre Fiorello Cavalli, de la Secretaría de Estado del Vaticano, en febrero de 1978. Desde entonces me pregunto cuál ha sido tu destino. Me asaltan ideas contrarias. Por un lado, siempre me repugna la posibilidad de que llamaras "papá" a un militar o policía ladrón de vos, o a un amigo de los asesinos de tus padres. Por otro lado, siempre quise que, cualquiera hubiese sido el hogar al fuiste a parar, te criaran y educaran bien y te quisieran mucho. Sin embargo, nunca dejé de pensar que, aún así, algún agujero o falla tenía que haber en el amor que te tuvieran, no tanto porque tus padres de hoy no son los biológicos -como se dice-, sino por el hecho de que alguna conciencia tendrán ellos de tu historia y de como se apoderaron de tu historia y la falsificaron. Imagino que te han mentido mucho.

También pensé todos estos años en que hacer si te encontraba: si arrancarte del hogar que tenías o hablar con tus padres adoptivos para establecer un acuerdo que me permitiera verte y acompañarte, siempre sobre la base de que supieras vos quién eras y de dónde venías. El dilema se reiteraba cada vez -y fueron varias- que asomaba la posibilidad de que las Abuelas de Plaza de Mayo te hubieran encontrado. Se reiteraba de manera diferente, según tu edad en cada momento. Me preocupaba que fueras demasiado chico o chica -por ser suficientemente chico o chica- para entender lo que había pasado. Para entender lo que había pasado. Para entender por qué no eran tus padres los que creías tus padres y a lo mejor querías como a padres. Me preocupaba que padecieras así una doble herida, una suerte de hachazo en el tejido de tu subjetividad en formación. Pero ahora sos grande. Podés enterarte de quién sos y decidir después qué hacer con lo que fuiste. Ahí están las Abuelas y su banco de datos sanguíneos que permiten determinar con precisión científica el origen de hijos de desaparecidos. Tu origen.

Ahora tenés casi la edad de tus padres cuando los mataron y pronto serás mayor que ellos. Ellos se quedaron en los 20 años para siempre. Soñaban mucho con vos y con un mundo más habitable para vos. Me gustaría hablarte de ellos y que me hables de vos. Para reconocer en vos a mi hijo y para que reconozcas en mí lo que de tu padre tengo: los dos somos huérfanos de él. Para reparar de algún modo ese corte brutal o silencio que en la carne de la familia perpetró la dictadura militar. Para darte tu historia, no para apartarte de lo que no te quieras apartar. Ya sos grande, dije.

Los sueños de Marcelo y Claudia no se han cumplido todavía. Menos vos, que naciste y estás quién sabe dónde ni con quién. Tal vez tengas los ojos verdegrises de mi hijo o los ojos color castaño de su mujer, que poseían un brillo especial y tierno y pícaro. Quién sabe como serás si sos varón. Quién sabe cómo serás si sos mujer. A lo mejor podés salir de ese misterio para entrar en otro: el del encuentro con un abuelo que te espera."

E un poema deste autor:

Estas visitas que nos hacemos,
vos desde la muerte, yo
cerca de ahí, es la infancia que
pone un dedo sobre
el tiempo. ¿Por qué
al doblar una esquina encuentro
tu candor sorprendido?
¿El horror es una música extrema? ¿Las
casas de humo donde vivía
el fulgor que soñaste?
¿Tu soledad obediente
a leyes de fierro? La memoria
te trae a lo que nunca fuiste.
La muerte no comercia.
Tu saliva está fría y pesás
menos que mi deseo.

JUAN GELMAN "Valer la pena" (2003)




Musimáticas (II)

Ás veces o azar fai que descubramos cancións sorprendentes. Hoxe veño de escoitar por primeira vez o último disco de Iván Ferreiro (ex-vocalista de Los Piratas) titulado "Mentiroso mentiroso". E hoxe mesmo lamentei ter tardado tanto en facelo, porque nel atopei unha canción que mestura dúas das miñas paixóns: a música e as matemáticas.
O título (Personalidad múltiple) non reflexa demasiado este contido aritmético e se nos poñemos a analizar a letra con calma, comete algún que outro gazapo matemático, pero tampouco hai que ser tan tiquismiquis.
Non sei se vos gustará, pero polo menos agardo que vos sirva para que teñades a tentación de darlle unha escoita ao disco. Asegúrovos que paga a pena.

22/04/08

Laxeiro: a lóxica do irracional


Co gallo do centenario do nacemento de Xosé Otero Abeledo (Lalín 1908-Vigo, 1996), Laxeiro, a Fundación Pedro Barrié de la Maza preparou nas súas dúas sés da Coruña e Vigo a exposición “Laxeiro, a lóxica do irracional” que poderemos gozar ata o 1 de xuño.

Foi o pintor de Lalín un dos mellores artistas galegos que soubo sintetizar a tradición visual da nosa cultura coas linguaxes anovadoras do panorama artístico occidental do século XX. A exposición pretende achegar unha visión completa da súa produción artística, mediante unha selección de medio cento de obras, repartidas entre A Coruña e Vigo.

Esta exposición ofrece un percorrido por unha escolma das súas obras con carácter temático, xa que non cronolóxico, para provocar un achegamento á fascinante iconografía do artista que soubo crear unha estética propia a partir de diferentes elementos, como a mitóloxía popular, a iconografía relixiosa románica e a súa extraordinaria capacidade para a fabulación.


Lembrade que sobre Laxeiro xa fixemos dúas entradas, unha para celebrar o seu centenario e outra sobre os seus "monos" en colaboración co noso blogue amigo Iniciarte

Día da Terra

Hoxe 22 de abril é o Día da Terra, día que se celebra desde hai xa case 40 anos, e que me dá a impresión que pasa coma con todos este tipo de días: celébrase un día e o resto do ano esquecémolo. Pero a alarma hoxe non pode quedar para mañá, se pretendemos que a nosa Terra non se destrúa, debemos poñer as nosas propias solucións, todo o mundo debe axudar co seu gran de area.
Deixámosvos o cartel deste día que tan xenerosamente nos achegan as nosas compañeiras do IES Río Cabe de Monforte:









Alerta Mundial:

A mirada do Dragón

Mira o seguinte video. Observa como o dragón que aparece na imaxe síguete coa mirada a medida que cambias de perspectiva: se a cámara sube, o dragón alza os ollos; se a cámara vai cara a dereita, o dragón obsérvate desafiante.


Pero tranquil@. Todo o que ves é froito do teu maxín; non se trata máis que dunha ilusión óptica. Que che parece? Alucinante, verdade? A xeometría é o que ten...
Pois se te consideras un fenómeno coas manualidades, preme aquí para descargar as instrucións para facer este curioso dragón de papel ti mesm@. Sorte!

21/04/08

Hannah Arendt

Hannah Arendt é unha pensadora do século XX alumna de Martin Heidegger, filósofo empeñado en crear unha nova linguaxe filosófica, dando a luz palabras unidas por trazos e expresións escuras; a súa obra Ser e tempo, precedente do existencialismo, analiza que é o ser, centrándose especialmente no ser humano, denominado Da-Sein (ser-aí). Este deberá elixir ser auténtico actuando de xeito responsable e autónomo.

A súa discípula, Hannah Arendt, dedicouse á filosofía política. Sen dúbida, o feito de ser xudía na Alemaña nazi (partido co que Heidegger tivo acercamentos) e de correr perigo de morte nun campo de detención, foron acontecementos que definiron o seu camiño filosófico. Estudou a orixe de todo aquel horror e masacre. A súa obra principal é As orixes do totalitarismo, e nela examina este novo fenómeno no que incluíu tanto os campos de concentración nazis como os Gulags rusos.
Esta imposibilidade de clasificala nunha postura política definida, trouxo de cabeza a quen a coñeceu, pois non a podían encadrar nin na dereita nin na esquerda. Hannah Arendt defendeu a vida activa da política, a participación cidadá, pois como dixo Aristóteles, o home é un animal político que vive en sociedade. A súa obra permite identificar o perigo que sobrevén cando as xentes se converten en masas despersoalizadas que seguen un líder sen reflexionar sobre o que iso pode supór, anulando a outros seres humanos xuridicamente, moralmente e vitalmente.

Foi toda a súa vida unha paria, unha expatriada, mesmo o calificativo de "filósofa" facíaa sentir incómoda. Sempre camiñou nas marxes. E, por suposto, non consta nos temarios.


Vía La lechuza de Minerva

O abismo das anduriñas

O abismo natural máis grande xamais atopado, con case 400 metros de profundidade, é esta cova tan inmensa que no seu interior cabería un edificio do tamaño do Empire State. Este lugar foi descuberto de xeito accidental en 1976 por un equipo de ornitólogos da universidade de Texas, estes comprobaron que a sima convertérase nun refuxio ideal para miles de aves. O seguinte vídeo da BBC dános unha idea do impresionante que é:



Vía Fogonazos

20/04/08

As máis fermosas

Achegándonos ao Día do libro, topei este listado de 10 librarías que se presentan como as mellores do mundo. Resulta interesante porque nos amosa algúns espazos que non eran orixinariamente librarías e que viron transformado o seu uso co paso dos anos, sendo unha referencia arquitectónica asociada ao mundo dos libros. A verdade, é unha gozada só velas. Que será pasear por elas! Nós teremos que contentarnos coa nosa Libraría Pily, que a min particularmente, encántame.
Imos ver:
-Un antigo teatro moi tradicional de Bos Aires, convertido nunha sé da editorial máis tradicional de Arxentina.
- Na Cidade de México hai unha cadea de librarías que se chaman a si mesmas Cafebrerías, con cafetería, libros, discos... Podería describirse como unha libraría no medio do bosque.
- Unha libraría do Reino Unido. É a máis aristrocrática de todas, e a máis antiga. Está en Picadilly e foi creada en 1797 por Richard Hatchard. Ocupa cinco pisos nos que se vende libros de múltiples áreas e inclúen edicións raras, antigas e asinadas. Os eventos máis importantes alí son as sinaturas dos libros por parte dos autores.
- En Kyoto topamos unha libraría que ofrece libros en xaponés e en inglés: Keibunsha
- Outra libraría con longa historia en Glasgow. Deseñada inicialmente por Archibald Elliot en 1827 para o Royal Bank e que se transformou en toda unha referencia e un oasis no medio da zona de negocios de Glasgow (Escocia).
- Unha libraría en Porto que se remonta a 1869 cando foi fundada na Rúa dos Clérigos baixo o nome de Livraria Internacional de Ernesto Chardron; logo é refundada como libraría Lello & Irmão. Aquí podes ver máis fotos.
- Unha antiga igrexa do século XII transformada nun templo para o libro, en Maastricht, Holanda.
- Desde a capital de Bélxica chega esta pequena libraría especializada en libros antigos sobre artes visuais en todos os idiomas.
- Libraría que afirma especializarse na diversidade. Ten un fondo de libros antigos e de segunda man, así como de música. Fan reunións, cursos e exhibicións. Está na vila de Cromford, Derbyshire (Inglaterra). (Lembremos que a selección foi feita por un inglés).
- Unha libraría na zona de Silver Lake nos Angeles adicada a cómics e banda deseñada.



Non á violencia contra as mulleres (XXXIV)

De cando en vez, regresamos. Mentres non remate, nós tampouco. Algúns vídeos que aínda non puxemos:





Grace Hooper

A contraalmirante Grace Murray Hopper (1906-1992) acometeu os retos da programación dos primeiros ordenadores obtendo grandes logros. Durante a súa vida, como líder no campo dos conceptos de desenvolvemento de software contribuíu á transición desde as técnicas de programación primitivas á utilización de sofisticados compiladores.
En 1928 licenciouse en Matemáticas e Física, doutorándose en 1934, algo pouco común daquela. Cunha auténtica visión de futuro percatouse de que un ordenador sería accesible para un público máis amplo no caso de existiren ferramentas, que foran doados de programar e de utilizar. Cría que o principal obstáculo para os ordenadores nas aplicacións científicas e nas empresas era a escaseza de programadores de fácil manexo. A chave para abrir novos mundos á computación era o desenvolvemento e a mellora das linguaxes de programación, linguaxes que puidesen ser entendidas e utilizadas por persoas que non fosen expertas nin en matemáticas nin en ordenadores.
Participou activamente nas primeiras reunións nas que se formularon instrucións precisas para unha linguaxe empresarial común. Adicou gran parte do seu tempo a convencer aos directores de empresas de que os compiladores de linguaxe en inglés eran factibles. O seu concepto de validación tivo unha ampla repercusión noutras linguaxes e organizacións de programacións; acabou dando lugar a estándares nacionais e internacionais e a funcións de validación para a maioría das linguaxes de programación.
Recibiu gran cantidade de premios e distincións polos seus logros. En 1973 converteuse na primeira muller en ser galardoada con título de Distinguished Fellow (membro distinguido) da British Computer Society. O seu traballo abarcou as linguaxes de programación, conceptos de desenvolvemento do software, a verificación de compiladores e o procesamento de datos. O seu precoz recoñecemento do potencial das aplicacións comerciais dos ordenadores e o seu liderado e perseverancia en facer desta visión unha realidade prepararon o camiño para o procesamento de datos moderno.


Vía Todas

19/04/08

Zapatos italianos

Rematei hai un par de días este último libro de Henning Mankell, Zapatos italianos, e aínda non tiven ocasión para comentárvolo.
Xa sabedes que me gusta o xénero policíaco. E neste, o autor destaca. Pero ás veces foxe deste tipo de literaturas para inmiscirse nun mundo diferente, sen perder o sabor. Nesta novela prefire pintar situacións de tremendo individualismo, con personaxes anguriosamente baleiros, con destellos de fugaz tenrura e coa Soidade como feroz compañeira; o implacable inverno nórdico e a inhóspita paraxe na que vive o protagonista son reflexo do interior deste. A atmosfera de baleiro e morte que se estende na inmensidade do glaciar son castigos inflinxidos a un mesmo. Tormentos e culpas que deberán saldarse para recuperar a capacidade de vivir sen fuxir da realidade.
Mankell consegue retratar con sobriedade a un home sacudido pola traxedia sen caer no melodrama. E logra que a paisaxe, desoladora e inerme, dominada polo xeo que alcanza o horizonte, describa a elección vital do seu protagonista. Converte a novela nunha obra arriscada, existencialista e moi, moi nórdica. Porque nunha novela con poucos personaxes, auténticos suecos enigmáticos, o autor logra transmitirnos a sensación dos grandes silencios, viaxando con sons dun mundo estraño para nós.
Hai xa moito tempo recomendeivos un libro deste autor que nada ten que ver co seu inspector de policía, lembrades?: El secreto del fuego. Un libro que a xente máis nova que nos segue non debería deixar de ler. Supoño que acabamos por facernos adictos a algúns autores.


A canción do pirata

Seguramente xa sabedes que este ano celébrase o segundo centenario do nacemento de José de Espronceda (1808-1842), destacado poeta romántico español. Da súa famosa Canción do pirata fixéronse moitas versións musicadas, e hoxe deixámosvos unha do grupo heavy Tierra Santa. A ver se acerto cos vosos gustos!



E un anaquiño para abrir boca:

Con diez cañones por banda,
viento en popa, a toda vela,
no corta el mar, sino vuela,
un velero bergantín.
Bajel pirata que llaman,
por su bravura, El Temido,
en todo mar conocido,
del uno al otro confín.

La luna en el mar riela,
en la lona gime el viento,
y alza en blando movimiento
olas de plata y azul;
y va el capitán pirata,
cantando alegre en la popa,
Asia a un lado, al otro Europa,
y allá a su frente Estambul:

«Navega, velero mío,
sin temor,
que ni enemigo navío
ni tormenta, ni bonanza
tu rumbo a torcer alcanza,
ni a sujetar tu valor.

Veinte presas
hemos hecho
a despecho
del inglés,
y han rendido
sus pendones
cien naciones
a mis pies.»


Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.

De ventos e tornados

Onte á tarde escoitaba atónita como o meu querido Anxinho me comentaba que quedara sen lugar de traballo, porque, literalmente, voara. O tellado do seu centro de Redondela foi levantado pola choiva e esta inundou as aulas. Agora están pendentes dunha solución temporal mentres o seu edificio non é arranxado. O que nos dá unha idea da boa construción dos nosos centros escolares, como edificios públicos que se precien.


Eu aseguraba que ese temporal non chegara a Lalín. Cal foi a miña sorpresa que ao chegarmos á feira do libro para asistir á presentación do libro do meu ben querido compañeiro Xoán Carlos García Porral, topei que esta fora desmantelada por un tornado ás dúas da mañá. Ben é certo que si chegara o temporal. E que non me enterara.
Así pois, os poucos actos que aínda se celebraron foron trasladados ao museo. Lugar que debería de estar acondicionado o día anterior cando unhas poucas persoas nos reunimos arredor de Xosé Luna e o seu último traballo, No pazo de Laiovento, xa que se viu na obriga de acurtar a presentación polo frío que nos invadía. Teño que recoñecer que eu non o sentín, xa que unha onda de calor me percorría ante o que escoitaba nun ambiente "culto" como o desprezo pola normativa e -case- o uso do dicionario. Mágoa non ser eu un tornado. Non podo estar máis lonxe das palabras de Vázquez Pintor.
Como estaba a dicir, onte á noite dirixímonos ao museo para estar con Xoán Carlos. Todos na rúa, esperabamos a saída de Sánchez Dragó para ser quen de entrarmos. Demorouse case unha hora; pregúntome se non estaba avisado... Mentres, entrei. Entrei para escoitar tales lindezas como que a Educación para a Cidadanía é introducir a política no ensino, ou que o noso alcalde seméllase a Bertín Osborne. En fin, máis tornados.
E por fin, chegou a hora de Xoán Carlos, quen fixo honor á súa humildade e xenerosidade, cualidades que lle caracterizan. Que me dea as grazas polo asesoramento lingüístico, cando eu nin o lembro, xa que o traballo foi de Mario Pereira, dá unha idea de como é este investigador antropolóxico. Grazas a ti, Xoán Carlos.

18/04/08

Historia tráxica con final feliz

Hoxe tráiovos esta curta con título ben curioso, non si? Quizais a escollo porque ás veces vese a luz ao final do túnel, ou porque puiden manter unha conversa con alguén a quen botaba de menos, e aínda boto. O caso é que aquí está. E ogallá vos guste.
É obra da artista portuguesa Regina Pessoa no ano 2005, e nela conta a historia dunha moza que se avergoña do son do seu corazón, e dun pobo que se incomoda con calquera tipo de expresión de cariño; reacios a cambiar os seus costumes e a súa tranquilidade, pero que estrañan a nena cando xa non está. Un conto sobre a intolerancia e a liberdade.
Como podedes comprobar, a estética lembra os gravados en xilografía. E conta con varios premios, tanto no 2005 coma no 2006.



17/04/08

Sempre hai un lugar para a poesía (XXIX)

Rimbaud escribiu este poema aos 17 anos, tras a que se cre foi a súa primeira experiencia sexual cun grupo de soldados nos cuarteis da Rue Babylone en París.
Nado en Charleville, sempre se amosou farto da vida provinciana. Pasaba os días escribindo nos bancos do parque frases contra Deus e a burguesía. Tiña un carácter indómido sedento de emocións fortes. Tan pronto como pode, foxe da casa.
O outro coñecido poeta francés Paul Verlaine acolleuno. Entra na súa vida como unha tempestade e este non dubida en deixar a súa esposa para marchar con Rimabaud; lonxe de París, levan unha vida sórdida, perigosa. O alcol e as drogas forman parte dos seus excesos. A relación remata coa mesma paixón: Verlaine dispara contra Rimbaud e é encarcerado.
Dous dos seus poemarios convértense en iconos da literatura moderna Unha tempada no inferno e Iluminacións.
Corazón robado (1871)

Mi triste corazón babea a popa,
mi corazón lleno de tabaco:
sobre él arrojan escupitajos,
mi triste corazón babea a popa:
bajo las burlas de la tropa
que suelta una risotada general,
mi triste corazón babea a popa,
¡mi corazón lleno de tabaco!

Itifálicos y sorchescos
sus insultos lo han depravado!
En la velada narran relatos
itifálicos y sorchescos.
¡Oleajes abracadabrantescos,
tomad mi corazón, salvadlo!
¡Itifálicos y sorchescos
sus insultos lo han depravado!

Cuando sus chicotes hayan cesado,
¿Cómo actuar, oh corazón robado?
Se oirán estribillos báquicos
cuando sus chicotes hayan cesado:
tendré sobresaltos estomáquicos
si degradan mi triste corazón.
Cuando sus chicotes hayan cesado,
¿cómo actuar, oh corazón robado?

Humor Galego

Ángel Rodríguez, Gogue, é un dos debuxantes máis coñecidos no noso país grazas a Floreano, Monchiña, Cachiña e Epifania que, diariamente desde o ano 1989, se asoman ás páxinas do xornal Faro de Vigo para sacarnos un sorriso. Asi mesmo, é o creador do personaxe "Carlotta Cohen" que se publica mensualmente en New York Movies Magazine de New York.
Tráiovos hoxe unha escolma dalgunhas das súas viñetas para alegrarvos un chisco a tarde...

16/04/08

Arte do libro

As persoas que coma min adoren os libros, non só para lelos, senón para tocalos, ulilos, acariñalos... seriamos felices de estarmos en Londres e contemplar a exposición de libros convertidos en arte que hai no Museo Victoria & Albert. A exposición chámase "Sangue sobre o papel-A arte do libro" e amosa como pintores e escultores crean libros moi particulares, onde o papel é o de menos, desde volumes atravesados con láser ata un libro-escultura de dous metros de alto creado con cartón e chumbo. Hai obras de Matisse, Picasso e Chillida, maxinade! Pero para os que non podemos ir, temos Internet:



Claro que ademais hai outros artistas que transforman os propios libros en obras de arte, e iso que eu sempre digo que os libros son sagrados! Podemos atopar a Alicia saíndo das súas páxinas, casas en tres dimensións tallades en láser no interior do libro, obras que cando abren deixan saír lámpadas...



Retos matemáticos... e non tanto (V)

Este retos son moito máis doados do que puideran parecer. Veña, mentes marabillosas, é hora de pensar!

Reto 1.- Dúas rapazas están conversando mentras corren unha a carón da outra. Ao cabo dun certo tempo, Lía fixo 18 quilómetros e Marta 16. Sempre foron unha ao lado da outra e non teñen teléfono móbil nin ningún dispositivo de comunicación.
Como é isto posíbel?

Reto 2.- Nunha casa encantada hai unha pantasma bastante especial: aparece en canto o reloxo comeza a dar a medianoite e desaparece coa última badalada. O reloxo tarda seis segundos en dar seis badaladas.
Canto dura a aparición da pantasma?

Reto 3.- Darío e Nuria xogaron cinco partidas de xadrez. Cada un deles gañou e perdeu a mesma cantidade de partidas. Ningunha rematou en táboas.
Como é isto posíbel?

Solucións ao reto anterior:
Reto 1: 2 días
Reto 2: 110 pelotas
Reto 3: Familia Pérez: 7 homes e 4 mulleres; Familia Gómez: 5 homes e 2 mulleres

15/04/08

Nontodovanserlibros (XXX)

Falar de Nacho Vegas (Xixón 1974) é facelo dun dos talentos máis extraordinarios que deu a música española na actualidade. Desde que a urxencia xuvenil lle levara a coller unha guitarra como medio de expresión e agochar a súa timidez tras unha melena loira como membro de Eliminator Jr, Nacho non cesou na súa busca por camiños antes non transitados, xa sexa a través dos grupos nos que militou, nas colaboracións que levou a cabo xunto a outros artistas ou na relación natural que a súa música ten coa pantalla, tanto grande como pequena.

Anos de axitación, nos que compañeiros de xeración (en algúns casos incluso de local de ensaio) apareceron en forma de bocanada de aire fresco para dar unha labazada ao ancorado panorama pop, cargado de vellas glorias amarradas ao seu sillón. Grupos como Los Planetas, Australian Blonde, Nosoträsh, Penélope Trip ou Manta Ray, banda da que Nacho Vegas foi membro fundador e á que imprimiu o seu persoal estilo, abrindo fronteiras, abrindo portas.

Levado pola necesidade de expresión Nacho Vegas deixou Manta Ray para bucear no seu mundo interior, para presentarse en solitario, que non só, para ofrecernos o seu compromiso coa sensibilidade e a sinceridade, para dar un novo enfoque á figura do cantautor rock, para continuar a súa viaxe.

Artista de pequenas masas, de músicas íntimas, de poesía debuxada entre acordes.
Escoita estas cancións como se fosen un pequeno tesouro.








De novas ministras e vellas mulleres lectoras

A nova voceira do Partido Popular no Congreso, Soraya Sáenz de Santamaría, deu onte os parabéns á nova ministra de Defensa, Carme Chacón, e considerou que chegou o momento en España de que 'non sexa noticia o sexo ou a condición de quen ocupa un cargo, senón a súa capacidade e os seus méritos". Estando en principio de acordo con que esta circunstancia sería moi desexable, convén recordar que estes logros que agora se visualizan son o resultado dun longo e duro camiño cheo de atrancos. Aproveitamos a ocasión, xunto á circunstancia de que parece ser que abril quedou definitivamente institucionalizado como o mes dos libros, para publicarmos o documento "As mulleres que lemos somos perigosas" que no seu día foi posto en circulación polas amigas de Ciudad de las Mujeres e agora traducimos co seu permiso. Achegamos tamén un artigo de Helena Villar que apareceu xusto despois das últimas eleccións. Para saber de onde vimos e a onde nunca máis debemos volver. Para lembrar que esta fermosa foto dunha muller embarazada de 7 meses, flamante ministra de Defensa, nunca sería posible se outras mulleres ao longo da historia tivesen deixado de ler, de rebelarse.




"As eleccións acalaron ás mulleres no seu día grande, que coincidiu coa xornada de reflexión. Mais como moitas tecemos na rede unha lazada violeta que aperta a sororidade, fixemos circular entre nós felicitacións, textos críticos e reivindicativos, e fermosas na forma aínda que tristes no contido presentacións en power point. Unha das que recibín e propaguei ten escritos contra as mulleres dos que non me resisto a copiar algún:

"A muller debe adorar ao home como a un deus. Cada mañá ha de axoenllarse nove veces consecutivas aos pés do seu marido e, cos brazos cruzados, preguntarlle: señor, ¿que desexades que faga?" (Zaratustra, século VII a.C).
"A natureza só fai mulleres cando non pode facer homes. A muller é, polo tanto, un home inferior" (Aristóteles, século IV a.C.).
"Aínda que a conduta do marido sexa censurable e se dea a outros amores, a muller virtuosa debe reverencialo como a un rei. Durante a infancia, unha muller debe depender de seu pai; ao casar, do seu home; se el morrese, dos seus fillos e, se non os tivese, do seu soberano. Unha muller nunca debe gobernarse por si mesma" (Leis de Manu, libro sagrado da India).
"Que as mulleres estean caladas nas igrexas porque non lles é permitido falar. Se quixeran ser instruídas sobre algún punto, pregúntenlles na casa aos seus homes" (Apóstolo Santiago, s. I).
"Cando un home fose reprendido en público por unha muller, ten dereito a golpeala co puño e o pé, e a romperlle o nariz para que non se deixe ver, avergoñada da súa face" (Le Ménagier de París, tratado de conduta moral, s. XIV).

"Os nenos, os idiotas, os lunáticos e as mulleres non poden nin teñen capacidade para efectuar negocios (Enrique VII de Inglaterra, s. XVI).

"O peor adorno que unha muller pode ter é ser sabia" (Lutero, s. XVI).
"Todas as mulleres que seduciran e levaran ao matrimonio os súbditos da Súa Maxestade mediante o uso de perfumes, pinturas, dentes postizos, perrucas, e recheo de cadeiras e seos, incurrirían en delito de bruxería e o casamento quedaría automaticamente anulado (Lei inglesa do século XVIII). "

Con lazada violeta chega tamén a publicación do tomo I de O segundo sexo, de Simone de Beauvoir. Grazas á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e a Edicións Xerais polo galano. Di a filósofa que a muller non nace, que se fai. Eu engado que o home tamén. E ten que se facer doutra maneira. "
Helena Villar

Grazas Charo polo agasallo.

14/04/08

Emilie Simon

Din que Emilie Simon é do mellor do panorama musical europeo: francesa de voz doce cunha gran forza, ás veces lembra a Bjork. Foi a encargada da banda sonora do documental A viaxe dos pingüíns e sorprende sempre coa orixinalidade dos seus vídeos.



Flowers relata unha preciosa historia dunha moza que leva flores ao seu mozo cadáver -non vos lembra a Tim Burton?-





Fleur de Saison, do seu álbum "Vegetal", onde xoga cos efectos especiais e realiza unha explosión de cor facendo un percorrido polas catro estacións:





Desert presenta un vídeo orixinal e mesmo surrealista:



Migrañas inspiradas

A migraña causa alucinacións, cataratas de estímulos visuais, deforma a realidade... Moitos artistas sacaron partido desta fonte de inspiración.
O neurólogo alemán Klaus Podoll, da Universidade de Aquisgrán, leva anos estudando os debuxos e as pinturas realizadas por persoas afectadas da migraña "con aura", unha especie de tormenta neurolóxica no cerebro que produce trastornos visuais e perceptivos durante uns 30 minutos; os pacientes ven formas caleidoscópicas e mosaicos a toda cor, e as faces e os obxectos aparecen deformados. Xa en 1895 o doutor W. R. Gowers afirmaba que boa parte da dificultade de estudar este mal residía en que se trata dun fenómeno que ocorre no interior da cabeza, polo que habería que enfrontar o reto de "ver o irreal, contemplar o que non é".
Os debuxos realizados por persoas que padecen migrañas constitúe unha ferramenta que permite aos investigadores visualizar o que o enfermo experimenta e localizar a área do cerebro afectada. Ademais dos peculiares destellos de luz e imaxes oscilantes, a aura causa outro fenómeno dobre moi curioso: a persoa afectada ve os obxectos máis pequenos ou máis grande do que en realidade son. Lembremos a Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll.
Moitos son os escritores que falan de ataques de migrañas: Emily Dickinson, Friedrich Nietzsche, Jack London ou H. G. Wells. O compositor francés Claude Debussy contou que as alucinacións musicias influíron no resultado final das súas óperas.
Pero, por suposto, non todas as persoas afectadas de migrañas son artistas. Aínda que si os artistas puideron utilizar os fenómenos irreais que experimentaban durante a aura como fonte de inspiración. Dalí maxinou os reloxos brandos do seu cadro A persistencia da memoria durante un ataque de migraña; a estétitica de De Chirico influíu en Picasso, Magritte ou Max Ernst, artistas que non sufrían migrañas, aínda que si o seu mestre. E a artista nipona Yayoi Kusama, quen asegura que as alucinación que inspiran as súas obras se deben ao traume psicolóxico dos abusos maternos, son quizais froito dunha migraña severa.


13/04/08

Sale el espectro

A miña última incursión literaria é tamén a -ata agora- última novela do autor: Sale el espectro de Philip Roth (Editorial Mondadori, 2008), e que vén a confirmar que é un dos mellores novelistas norteamericanos vivos. Xudeu, iconoclasta, de esquerdas, sexo-adicto, inconformista, non sionista, antipolíticos actuais de Israel... sabe como pouco abrir unha fiestra na ficción para permitir a entrada do existente. O propio, cargado de biografía, figura nos seus textos.
Sale el espectro é un formidable alegato sobre a realidade da vellez representada no corpo dun vello no que aínda habita como un espectro o desexo da muller, como vén facendo nos últimos libros (en Elegía o protagonista era un vello acosado polos problemas que trae consigo a decadencia do corpo). Pertence a unha serie de nove novelas onde o protagonista é Nathan Zuckerman, alter ego de Roth. Amosa unha fría visión da propia realidade individual, tan norteamericana, ligada a un irreverente sentido do humor; cóntanos as vicisitudes do home maior, frustrado polos fallos físicos e mentais do seu corpo, pola inevitable perda de interese polos sucesos do mundo, pero que aínda é vulnerábel á forza do desexo, xerado pola beleza dun corpo xove do sexo oposto. E preséntao de xeito brillante, trenzando diversos fíos narrativos, co fondo da traxedia de que fose Bush quen gañase as últimas eleccións. E iso provoca a rabia, non unha rabia cega, senón unha rabia que constrúe, que nos axuda a vivir, aínda que na súa novela -nin nesta nin noutras- haxa moita esperanza. A súa propia experiencia serve de catalizador para observar o mundo, analizado con inconformismo e rebeldía, con humor histriónico e piedade por nós mesmos. Na novela diatriba por riba de todo sobre a fin da era literaria, sen futuro posíbel, xa que estamos condenados ao "reducionismo biográfico" no xornalismo cultural, condenando as vulgares manobras onde parece primar a análise do sucedido na non-ficción por riba da ficción, e así este libro acaba ocupándose do gran misterio rothiano de sempre: onde comeza o personaxe e onde remata o creador?, e que é o que vale, a vida ou a obra?.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.