Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/06/10

Íspete con Avinova

Alucinada quedei. Publicidade machista? Esta quédase curta, desde logo. Non son só azafatas guapas, delgadas, impresionantes... como todo é pouco, hai que espilas e ¡¡¡poñelas a fregar o avión!!! Aí é nada. Si que avanzamos, si...



Vía

Girls suck at video games

Girls suck at video games, unha curta de Stéphanie Mercier, da escola francesa de animación Gobelins.

Girls suck at video games / Les filles sont nulles aux jeux vidéo from Stéphanie Mercier on Vimeo.



Vía

Paintings

Boísima esta publicidade que nos quedou atrás no tempo: xa é do 2005! De Johnnie Walker, no museo.



La princesa de Burundi

Necesitada dun chute de novela negra a miña elección foi La princesa de Burundi de Kjell Eriksson, adornada na portada coa pegata "Mellor novela criminal...". Moito me parece tal galardón, a verdade. Si, é un libro entretido, máis que necesario nesta ocasión, pero ningunha obra mestra.
Creo que o final está resolto un pouco atrapallado, cun asasino nunca antes presente que non sabemos nin de onde puido saír. Un pouco forzado, vaia. Esta é a miña obxección. O resto do libro cumpre sobradamente co que lle pido á novela negra: unha axuda a evadirse da realidade. De aí que fale de "chute".
A trama e o xeito de contala engancha dende o principio, mentres agardas a aparición desa protagonista que semella selo de máis libros deste autor, como adoita suceder con todos os detectives novelescos. Neste caso, non é ela a verdadeira protagonista, senón todo o equipo de colaboradores dos que nos van aportando algúns datos persoais e característicos.
Como non, novela nórdica, unha vez máis. É o que ten estar de moda. Mea culpa.
O selo editorial é novo: JP Libros.


Exposición "nenos soldado"

A que foi derradeira exposición deste curso, prolífico en actividades. Agardo que esta non a perderades.

A exposición “Os nenos soldado: nenos na fronte de guerra” pretende reflectir a situación de milleiros de nenos e nenas que en diferentes partes do mundo participan directa ou indirectamente en conflitos bélicos. Cada ano, moitos nenos son forzados a combater nas frontes de guerra formando parte de guerrillas e de exércitos regulares de moitos países, aínda que estes teñan asinados tratados internacionais para a protección e o cuodado dos nen@s. A exposición pretende facernos reflexionar tamén sobre a militarización da infancia, xa que en moitos países que non están en guerra os nen@s son educados e adestrados en prácticas militares e manexo de armas, tratando de inculcarlles valores que nada teñen que ver coa paz, a solidariedade e a resolución non violenta dos conflitos. A través das fotografías que reflicten esta situación, intentamos que os nosos estudantes reflexionen sobre a situación da población civil, e sobre todo os nenos e nenas, cando se produce un conflico armado, que adoita conlevar a perda dos dereitos máis básicos e fai imperar a simple lei do máis forte. A partir de aquí trátase de entender as relacións entre esta situación e a nosa, como cidadáns de países onde si se cumpren en gran medida dereitos fundamentais das persoas, con protección especial á infancia, pero onde están situadas as grandes empresas armamentísticas que subministran o material bélico para os distintos contendentes nos conflitos. E todo isto para a obtención dun beneficio económico inmenso á marxe de calquera principio ético. Os países máis poderosos do mundo (o chamado G8) son os responsables da fabricación de case o 90% das armas que circulan polo noso planeta, armas que son en moitas ocasións exportadas a conflicos nos que participan nenos. Cando non ocorre directamente que sexan os grandes instigadores de ditos conflictos para provocar situacións que permitan a explotación dos recursos dos países en guerra para o beneficio das grandes corporacións multinacionais.





29/06/10

The raven

Curta do limeño Ricardo de Montreuil, todo un fenómeno viral. Chris Black é un mozo que posúe un poder incrible que podería derrocar o réxime político actual, polo que queren acabar con el. Ambientada nunha futurista cidade dos Ánxeles.


Vídeos musicais con libros pop-up













Vía

Nova nómina

Seica, seica, isto é o que faremos todos @s funcionari@s ao mirar a nómina.

28/06/10

AT-AT day afternoon

Curta de Patrick Boivin:


AT-AT day afternoon from Patrick Boivin on Vimeo.



Vía

Aterrador

Boísima publicidade esta de WWF Adena que recollemos de Capítulo 0:


Yumi

Entre os variados e preciosos agasallos que me fixeron as miñas nenas e os meus nenos do club de lectura atópase este simpático libro: Yumi de Annelore Parot.
Yumi é unha kokeshi que nos ensina os seus vestidos, as súas amigas, os animais de compañía... e teremos que buscar o disfraz que mellor lle acae ou personaxes agochados nas súas páxinas. É un libro moi orixinal e diferente, con páxina interactivas e portadas acolchadas.
Publicado por Edelvives

Grazas!


¡A trabajar!



Un enormeeee libro asinado polos Pelagatos (conxunto de autores franceses) que busca o xeito de non traballar, ou de xogar a traballar, con moitos a animais diferentes. Unha especie de xogo e de collage para reflexionarmos sobre o traballo.
Buscando nos datos que traen todos os libros (para saber quen é o ilustrador e demais) atopei un contrato que ameaza "le cedo todo a mi patrón", cunha garra verde enorme que ofrece unha pluma a dous gatiños do outro lado da mesa. Que medo!



En verso cóntase a historia dun crocodilo que trafica o traballo alleo doutros animais que tratan de desempeñar un oficio que vaia coa súa natureza, aínda que sexa algo insignificante.

Publicado por Fondo de Cultura Económica.


Esta é a miña alma

A necesidade de preservar o planeta, a de pensar que facemos, reflexionar o que temos e como o estragamos... desas presentacións imprescindibles:


27/06/10

FLUFFY Mc Cloud

FLUFFY Mc Cloud é o título desta simpática curta de Conor Finnegan, proxecto fin de carreira da IADT National Film School.

FLUFFY MC CLOUD from conorfinnegan on Vimeo.



Vía

Unha curta que fala sobre a relación de incomprensión e colaboración entre dous personaxes singulares o home e a nai natureza baixo forma de nube compasiva e xenerosa, aínda que co seu xenio.

Catálogo de padres

Catálogo de padres para niños que deseen cambiarlos é un gran libro divertidísimo escrito e ilustrado por Claude Ponti publicado na editorial Corimbo. Un catálogo da colección outono/inverno/primavera/verán que garante a entrega en corenta e oito horas, enxeñoso e irónico. Entre todo este abano de posibilidades malo será que non atopedes uns pais ao voso gusto! Como en todo catálogo, hai unha descrición de cada un, con ilustracións, que falan das moitas cualidades e os poucos defectos que teñen cada parella da colección.
Os personaxes son animais moi humanos, de aparencia cariñosa e riquiña, por moi feos que poidan parecer.
Enchede o formulario, enviádelo, e ao cabo de dous días faise a entrega. Así de doado!
Tamén teñen accesorios, e mesmo respostas ás preguntas máis frecuentes que plantexan os usuarios.
Humor e ironía para todas as idades. Coidado! Quizais algún fillo ou filla queira realmente facer o cambio...



El taller de las mariposas

Fermoso libro e fermosa historia: El taller de las mariposas escrito por Gioconda Belli e ilustrado por Wolf Erlbruch fala da marabillosa creación da natureza, pero fala tamén da constancia e da paciencia, da importancia de tentar conseguir os soños de cadaquén, como unha lección de humildade que finalmente terá a súa recompensa. A lección moral é o esforzo que supón a loita, un esforzo que cada vez máis semella esquecer a nosa sociedade actual.
Publicado por Barbara Fiore.

"Las mariposas no pesan casi nada. Son leves. Son apenas como el pestañeo de la luz del sol, como si al sol le picaran los ojos y parpadeara rojo o amarillo.
Como son de tantos colores, se podría pensar también que son estornudos del arco iris... o pedacitos que se le desprenden cuando el arco no queda completo.
Hace mucho tiempo, las mariposas no existían."
"Pensó que sus momentos de tristeza, de angustia y soledad, sus noches de desvelo, no habían sido en vano. También de sus lágrimas había nacido la Mariposa.
Pensó que como recuerdo de sus esfuerzos y para que nadie se engañara creyendo que la belleza no costaba trabajo, haría que las mariposas fueran primero orugas que luego se transformarían en el insecto más bello de la Creación.
Por último, pensó que era cierto lo que le dijera su amigo perro: los sueños se hacían realidad. El secreto estaba en no cansarse nunca de soñar, en no darse por vencido."

Non á violencia contra as mulleres (CLII)

Traio hoxe un artigo xa vello publicado no País, un artigo de Soledad Gallego-Díaz que segue vixente: "Violencia contra mulleres". Nel exprénse ideas como o rexurdir do machismo, o feminismo calado, a crise pagada polas mulleres...

"Alice Schwarzer, probablemente la feminista alemana más sobresaliente, escribió esta semana un artículo en Die Zeit llamando la atención sobre el hecho de que ni uno solo de los periódicos que informaron sobre la masacre del colegio mixto de Winnenden, ocurrida el pasado 11 de marzo y en la que perdieron la vida nueve escolares y tres docentes, resaltó que once de las doce víctimas eran mujeres. En su huida del colegio, Tim K., el joven de 17 años que provocó la matanza y que terminó suicidándose, mató a otras tres personas, un jardinero, un vendedor de coches y uno de sus clientes, pero estos asesinatos no formaban parte de su plan original. "Dos días después de la masacre me pregunté a mí misma: ¿qué hubiera pasado si Tim K. hubiera matado a doce compañeros del colegio y once de ellos hubieran sido turcos? La respuesta es simple: se hubiera organizado un infierno, y hasta el reportero con menos espíritu crítico se hubiera interrogado por las relaciones entre el joven asesino y un clima social en el que existe la xenofobia y el racismo

Schwarzer, 67 años, periodista ella misma y fundadora de la conocida revista feminista Emma, ironiza: "Estamos dentro del vientre de la ballena, el pez es enorme, pero nadie lo ve". Ni la prensa, ni la policía, ni la fiscalía se mostraron dispuestas a investigar las connotaciones de género de la masacre de Winnenden, asegura. "¿Once de las doce víctimas son mujeres y la cuestión del sexo no es pertinente desde el punto de vista procesal?", se indigna.

Para la feminista alemana, el caso encierra una negativa a plantear la relación entre violencia y masculinidad, y se asombra ante la falta de sorpresa que produce en todo el mundo la violencia contra las mujeres (el 90% de todos los casos de asesinato "sexuales" en Alemania corresponde a mujeres matadas por hombres). ¿Por qué tanta gente, hombres y mujeres, aparta la vista de lo ocurrido en Winnenden?, se inquieta.

La historia de la violencia contra las mujeres esta ampliamente documentada en la monumental From eve to dawn: a history of women, de Marilyn French (Nueva York, 1929), cuyo cuarto y último tomo salió publicado en edición de bolsillo hace relativamente poco, en 2008. French, que a sus 79 años sigue siendo una escritora de referencia en el feminismo (su novela The women's room se suele añadir a El cuaderno dorado, de Doris Lessing, y a El segundo sexo, de Simone de Beauvoir, como textos básicos), compartiría sin duda el análisis de Schwarzer. En una de sus últimas entrevistas se declaraba "furiosa". "Sí, me siento enfadada. No sé si la furia es una buena cosa, pero es útil y, además, no sé como evitarla. Una mira lo que sucede y es la única reacción posible". "Estamos ante una reacción, un contragolpe. Las mujeres han ganado poder y eso causa una tremenda furia en el mundo masculino. En algunos países se permite que se persiga y se esclavice a las mujeres, y en Occidente, simplemente, se opta por no hablar del asunto. Todas las referencias al feminismo se censuran. Cada vez se habla menos del tema. Es terrible".

A Marilyn French le parece increíble que haya todavía intelectuales (hombres) que escriban de historia, de literatura o de ideas políticas como si el feminismo nunca hubiera existido. En el fondo, sin embargo, por muy furiosa que se muestre, confía en la posibilidad de un nuevo comienzo o dawn (amanecer). La escritora canadiense Margaret Atwood, que prologa A history of women, desconfía mucho más de esa posibilidad. Con su habitual tono irónico escribe que en un mundo tan frágil como el actual, en el que no hay que descartar una auténtica rebatiña por una plaza en los botes salvavidas, "es poco probable que se escuche el viejo grito de ¡mujeres y niños primero!". Si la crisis que se avecina es tan potente como se dice, las mujeres serán las primeras en ser expulsadas del barco, salvo que se defiendan con uñas y dientes. (La polémica sobre el trabajo de French sigue muy viva: la escritora británica Hilary Mantel acaba de publicar una amplia reseña, muy crítica, en The New York Review of Books en la que recoge algunos aspectos mencionados aquí, pero rechaza otros muchos de From eve to dawn)."

26/06/10

Pixels

O realizador francés de videoclips Patrick Jean bateu récords con esta curta de dous minutos, onde os personaxes clásicos de arcade destrúen Nova Iorque. Vén de asinar coa produtora de Adam Sandler para dirixir o remake ao grande e en 3D.



Xastres e prezos

Bangladesh coñécese como "a xastrería de Occidente". Alí cósese para as grandes cadeas de roupa. O 40% desta que venden as marcas españolas confecciónase en países onde non hai garantías de respecto aos dereitos laborais, nin seguridade, nin hixiene. En Bangladesh, pola competencia de chineses, vietnamitas ou indios, baixan os soldos, xa miserables de por si. Cobran 15€ ao mes por 18 horas diarias, sen vacacións. Os nenos cobran 10€. A silenciada historia das súas protestas alcanza xa varios anos.
Na India, 55 millóns de nenos traballan na elaboración da artesanía téxtil. En Pakistán non se sabe o número. As multinacionais de roupa deportiva conseguen até que os nenos traballen dende a casa.
Inditex pechou a súa fábrica de Bangladesh, pero H&M aínda a ten. O ano pasado pagou de impostos 60€.
O último gran accidente produciuse en febreiro cando a fábrica Garib&Garib -provedora de H&M, Terranova ou a empresa norteamericana Wall-Mart- incendiouse, rematando coa vida de 21 traballadores. Non era a primeira vez que isto sucedía, nin será a última. O domingo pasado un centenar de persoas morreron en Bangladesh nas manifestacións para pedir un salario digno.
Pero iso queda moi lonxe, non nos preocupa. Preferimos ver as fotos de mundos mellores, de roupa de prezos desorbitantes, ver na televisión unhas cantas mulleres millonarias que presumen da súa vida sen ningún pudor... e seguir comprando a roupa que nos fabrican os explotados. Sempre é máis doado mirar para outro lado.

Lede máis, por favor, aquí e aquí.

Vía Im-Pulso

Biblioteca necesaria e democrática

Vexo no blogue de Miguel Calvillo esta publicidade magnífica das bibliotecas públicas, todo o que dan, e para tod@s. Unha resposta ao anuncio de IPad que tamén vos deixo, para que comparedes.





Esta publicidade lémbrano o berro de "salvemos as bibliotecas escolares" que tamén vimos no mesmo blogue:

Bleeding Libraries from Laura Graff on Vimeo.


25/06/10

Snow Trip

Publicidade creada por Elastic para o Honda Accord Crosstour. Coma todos os Honda, un cochazo, non?

Honda Accord Crosstour "Snow Trip" from Elastic on Vimeo.


Estoutra, tamén de Honda, tamén de Elastic, de hai 6 meses, tamén preciosa. Esta xente sabe o que fai!





Vía

Demolición

Que non estades de acordo coas notas? Que queredes acabar connosco? Aí vos vai unha boa idea, por se non se vos ocorrera.





Grazas, Charo

Música africana imprescindible

Como despedida de curso quero dedicarlle esta entrada a unha compañeira que estivo sempre disposta a axudar en todas as actividades, que compartiu comigo o amor (ou a loucura) polos libros, e que é unha amante dese continente case sempre esquecido.
Vai por ti!
.- Fela Kuti: considerado o mestre dos mestres da música africana. A súa obra confundiuse cunha vida comprometida de loitas e causas sociais.
.- K'Naan: rapero famoso en Canadá, autor da canción do mundial de Sudáfrica 2010, a cargo de Coca Cola.
.- Amadou & Mariam, autores cegos de Mali de "Welcome to Mali", no que captan todos os ingredientes da música africana convertidos en pop.
.- Salif Keita: unha especie de Johnny Cash africano. Ser albino marcouno sempre.
.- Mory Kante, famoso retirado para facer a música que realmente quere.
.- Femi Kuti, case unha reencarnación de seu pai.
.- Youssou N'dour: traballa incansablemente polo seu pobo. Colaborou con Peter Gabriel, o Boss, Dido, Paul Simon...
.- Ali Farka Touré: fixo dialogar o seu contexto africano co blues.
.- Baaba Maal: quere crear a ponte entre a vangarda tecnolóxica e os ritmos africanos, sen renunciar ao compromiso.
.- BLK JKS ( Black Jacks): rock alternativo sicodélico actual sudafricano.
.- Abou Thioubalo, senegalés cun primeiro álbum exitoso.




Vía
E algo máis, aquí.


24/06/10

Harvie Krumpet

Óscar á mellor curta de animación no 2003, dirixida por Adam Elliot.







A historia céntrase na vida de Harvek Milos Krumpetzki, nado en Polonia en 1922. Cando comeza a Segunda Guerra mundial chega a Spotswood en Australia como refuxiado e cambia o seu nome polo de "Harvie Krumpet". A pesar da súa continua mala sorte, mantén o optimismo. A simpleza e a inxenuidade son metáforas dos valores da mocidade

Libros na cabeza

Ademais de ser unha publicidade moi orixinal, empeñánse en amosar que somos diferentes... mesmo nas lecturas.


Contaminar África

O petróleo asolaga poboados e terras agrícolas desde hai medio século, destrúe bosques de manglares, contamina puzos de auga potable e condeou á miseria a varios centos de miles de persoas no delta do río Níxer (Nixeria). Ata 1,5 millóns de toneladas verquéronse nos últimos 50 anos neste Delta. Con 606 campos de petróleo, o delta do Níxer subministra o 40% das importacións de cru de Estados Unidos. É a capital mundial de contaminación por hidrocarburos. A esperanza de vida nas súas comunidades rurais reduciuse a pouco máis de 40 anos nas últimas dúas xeracións. "Se este accidente do Golfo ocorrese en Nixeria, non se lle prestaría atención" denuncia o escritor Ben Ikari, membro do pobo ogoni.
Porén, a destrución constante do medio ambiente e das vidas dos nixerianos xamais recibiu tratamento mediático, non aparece nunca nos xornais, nada sabemos diso.
Lede máis, por favor, aquí.
Vía




23/06/10

Separation

Curta do ano 2003 dirixida por Robert Morgan.

Made in...Galicia

Unhas pingas de humor por se as notas non foron moi boas! Esta é a versión que uns rapaces de Rianxo fixeron dun coñecido spot publicitario dunha marca de cervexa. É innegable que é made in Galicia!

BP Spills Coffee

22/06/10

Mestro

Curta animada do ano 2005 dirixida por Geza M.Toth

Chiscadelas

Xa ten uns anos, seguro que é un móbil antigo, pero a publicidade é preciosa, con todas esas chiscadelas cinéfilas...


Prexuízos lingüisticos

Presentación para combater os prexuízos lingüísticos realizada por tres alumnas de 3º ESO do CPI Don Aurelio de Cuntis. Dito traballo foi un dos gañadores do concurso que sobre esta temática levou a cabo a Coordinadora ENDL de Terras do Umia. Parabéns!


21/06/10

Cuestión de pelotas

Seguro que arestora estades a comentar o partido de España. De cantos "jabulanis" entraron na portería. De que falamos?
Jabulani é o nome comercial elixido por Adidas para o balón oficial deste mundial 2010, nome que en zulú significa rexouba, celebración, ledicia. Un concepto sudafricano para unha pelota pensada polos enxeñeiros e académicos da Universidade de Loughborough, en Inglaterra: "Con unicamente oito novidosos paneis 3D, selados termicamente e por primeira vez moldeados esfericamente con goma EVA e poliuretano termoplástico, o balón posúe unha redondez de precisión exacta" (descrición oficial).
O que é máis importante é lembrar que estes balóns de Adidas confecciónanse nunha cidade paquistaní chamada Sialkot onde os traballadores fabrican unha versión menos sofisticada desa pelota cada dúas horas e media. Ou sexa, 12 horas cosendo, 5 balóns. E como máximo cobrarán 3€ ao día. Que máis dá? Falamos de nenos e adolescentes... Como, esquecéramos dicir NON ao traballo infantil?
Canto custa un balón destes? A réplica, 25€. Do de verdade, para que falar...
Resumindo, a multinacional agarda gañar tan só 800 millóns de dólares. Por unha pelota pensada en Inglaterra, cosida en Paquistán e rematada en Sudáfrica.
Prégovos que leades isto e máis en Periodismo Humano.
Eu vino en Im-Pulso.

Soapy Trip

Animación da escola francesa Gobellins:



Vía

El libro triste

O texto de Michael Rosen e as ilustracións de Quentin Blake conforman El libro triste, editado por Serres. Un libro que é, en verdade, moi, moi triste. Tanto, que está escrito para falar da tristura que un pai sente despois da perda do seu fillo. Tanta tristura que só dá para falar dela, para compartila cun mundo que xa non é igual desde que o fillo partiu, un mundo que non comprende nin quere comprender ante unha inxustiza así. Un quere facer algo para saír desa tristura, tenta rir, comprender, ser mellor... pero a tristura é tan poderosa que nada pode facerse contra ela. Cando a tristura domina un corpo humano, este perde a súa vontade. Nada se pode facer: todo o que rodea ao protagonista é unha continua lembranza do seu finado fillo.
El libro triste é un libro triste, pero é moito máis que un libro triste, é un reflexión sobre a perda e a tristura que un sente ante esta.
Está claro que o autor pasa por esta dramática experiencia, facéndonos partícipe dela dun xeito moi curioso. Falamos moitas veces de álbums ilustrados, pero rara vez atopamos nalgún destes esta reflexión profunda sobre a tristura e as causas que a producen. Moi valente achegarse aos máis peques desde a tristura, un sentimento que nada ten de estraño pero do que semella evitar falar nos libros para eles. Que saiban e comprendan que o gris (como a portada) é unha cor máis das nosas vidas, que a conforma, igual que a tristura é un sentimento que non podemos obviar.

“Este soy yo cuando estoy triste. Quizá pueda parecer que estoy contento en esta foto. En realidad estoy triste pero finjo que estoy contento. Lo hago porque creo que no le gusto a los demás cuando tengo aspecto triste”

Tristemente fermoso.

Revolución Educativa

Eduardo Punset fala con Robert Roeser da necesidade do cambio educativo a través da xestión pola nosa parte das emocións básicas co alumnado.




Vía

A afectividade como medio esencial na escola desde Brasil. O uso da afectividade no ensino axúdanos a ser máis efectivos. Algo que esquecemos frecuentemente.



Vía

O Vaticano contra Saramago

O diario vaticano L'Osservatore Romano adica un artigo a Saramago -o día seguinte do seu falecemento- para definilo como un "populista extremista" de ideoloxía antirrelixiosa e ancorado no marxismo. Baixo o título "A omnipotencia (presunta) do narrador", asinado por Claudio Toscani, repásase a vido do Premio Nobel, un home moi crítico con catolicismo.
O texto repasa a produción literaria do portugués, analizando tamén a súa novela O Evanxeo segundo Xesucristo (1991), obra "irreverente" que supón un "desafío á memoria do Cristianismo da que non se sabe que salvar".
O artigo sinala que "no que respecta á relixión, atada como estivo sempre a súa mente por unha desestabilizadora intención de facer banal o sagrado e por un materialismo libertario que canto máis avanzaba nos anos máis se radicalizaba, Saramago non sei deixou nunca abandonar por unha incómoda simplicidade teolóxica".
"Un populista extremista coma el, que se fixo cargo do por que do mal no mundo, debería ter abordado en primeiro lugar o problema de todas as erróneas estruturas humanas, desde as histórico-políticas ás socioeconómicas, en vez de saltar a polo plano metafísico", prosegue.

Vía

Non sei por que, creo que Saramago estará encantado de que o Vaticano o critique. Mágoa que non oiamos as súas palabras.

20/06/10

Novas bibliotecas

A Biblioteca Central de Helsinki vén de distribuír este vídeo onde, coma un conto, explica como foi medrando o país até chegar ao proxecto de construción da Biblioteca Central, un centro de cultura, entretemento, ocio e traballo, pensado para recibir máis de cinco mil visitas cada día. Unha biblioteca que é o tronco dunha árbore e as súas pólas son as actividades do pobo.
Nós aínda andamos na loita de demostrar que a biblioteca escolar é o tronco do centro educativo.

Novamente, unha lección que vén do norte: a importancia da cultura por riba de todo. O que nos cómpre no noso país.



Vía No sólo libros



Nenhuma Estrela Caiu

Por Saramago, para el, grazas a el.

Gallus Aureorum Ovorum

Un libro cun título así e en forma de ovo. Que podes agardar? Pois unha xenialidade, claro está. Se ademais comprobas que o autor é Augusto Monterroso, non quedan moitas dúbidas. E aínda por riba está editado por Thule... a min non me queda moito máis que engadir, verdade?

En uno de los inmensos gallineros que rodeaban a la antigua Roma vivía una vez un Gallo en extremo fuerte y notablemente dotado para el ejercicio amoroso, al que las Gallinas que iba conociendo se aficionaban tanto que después no hacían otra cosa que mantenerlo ocupado de día y de noche.
El propio Tácito, quizá con doble intención, lo compara al Ave Fénix por su capacidad para reponerse, y añade que este Gallo llegó a ser sumamente famoso y objeto de curiosidad entre sus conciudadanos, es decir, los otros Gallos, quienes procedentes de todos los rumbos de la República acudía
n a verlo en acción, ya fuera por el interés del espectáculo mismo como por el afán de apropiarse de algunas de sus técnicas.
Pero como todo tiene un límite, se sabe que a fin de cuentas el nunca interrumpido ejercicio de su habilidad lo llevó a la tumba, cosa que le debe de haber causado no escasa amargura, pues el poeta Estacio, por su parte, refiere que poco antes de morir reunió alrededor de su lecho a no menos de dos mil Gallinas de las más exigentes, a las que dirigió sus últimas palabras, que fueron tales: “Contemplad vuestra obra. Habéis matado al Gallo de los Huevos de Oro”, dando así pie a una serie de tergiversaciones y calumnias, principalmente la que atribuye esta facultad al rey Midas, según unos, o, según otros, a una Gallina inventada más bien por la leyenda.


Non á violencia contra as mulleres (CLI)

"La Mataré" foi un éxito de Loquillo. Algunhas asociacións de mulleres pedíronlle que deixara de interpretala e, aínda que os seus fans lle piden que a cante, el non o volveu facer, por respecto ás vítimas da violencia de xénero. As súas palabras: "Frente a la Violencia, la libertad de expresión se queda atrás".





Vía Biblioteca Sarmiento

19/06/10

Carta Xeométrica

Hoxe celebramos a creación dun novo blogue que xorde -coma este- dun proxecto anterior. Falamos de Carta Xeométrica, un blogue que vai dar moito que falar (e iso que o "dono" é de poucas palabras) polo compromiso lingüístico que trae consigo, un blogue que entrará no Planetaki de blogues de Normalización con pleno dereito; o noso Imos Indo paseará da súa man, ben seguro. Para que vexades o grao de implicación do blogue en cuestións, déixovos unhas palabras da súa presentación:

"Nada máis saír do meu cadaleito atopei aquí mesmo, no Museo do Pobo Galego, unha reunión de profesores de ciencias que se xuntaron baixo un noble obxectivo: eles impartían as clases en galego e afirmaban que seguirían a facelo a pesar da implantación do funesto decreto 79/2010, o chamado de plurilingüismo. Mestureime entre les e enseguida comprendín a razón da miña resurrección; xa sei o que vin facer aquí, a esta nova vida, e así o declaro:
“Eu, que apliquei a trigonometría á terra para facer o mapa de Galicia e, como a terra quere lingua, quero agora aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso mellor ben colectivo: o galego”.

Eustache

Animación da escola francesa Gobellins:



Vía

Humor en tempos de crise

Non cabe dúbida de que, a pesar da crise, non perdemos o sentido do humor...





Vía

Evolución limpa



A imaxe provén de aquí, moi apropiada para a nosa sociedade, empeñada en estragar a natureza, particularmente os océanos.
Ollade este vídeo sobre como se limpa un pelícano cuberto polo cru: fan falla dúas persoas e unha hora completa. Case nada.




Vía


Tamén tedes estoutra historia evolutiva:


18/06/10

Blind Date

Curta de Aardman, titulada Blind Date. Dirixida por Nigel Davies.



Vía

Libros electrónicos

Hai que falar deles, ata na Selectividade. Gustaríame ver o comentario que realizou Andrea sobre o tema (na materia de Lingua e Literatura Galega), pero quedaremos coas ganas. Xa que temos esta análise ao respecto, ímola aproveitar.
Sabes o que é un e-book?:



Javier Celaya fala do presente e do futuro do libro:


Estereotipos coloreados


Cando mo mandaron por correo non o podía crer: non coñezo a metade das cores! Cal é a conclusión? Que non son muller? O estereotipos chegan a límites insospeitados.

17/06/10

As Faíscas de María

Hoxe visitounos María Canosa. O alumnado de 2º de ESO lera Faíscas (editorial Galexia) previamente, e hoxe tivo a sorte de compartir un dos seus últimos días de curso con esta escritora agradable e cercana que lles falou do proceso de escribir, da importancia da literatura e da lectura, e que contestou cuestións sen descanso durante hora e media. Unha das preguntas que destacamos: "hai machismo na literatura?". E ela falou sobre todo do machismo na sociedade, posto que como enxeñeira atopa moitos atrancos para desenvolver en igualdade a súa profesión. Comezando polo salario.
Moi interesante e amena toda a conversa con ela, a quen lle damos a grazas por buscar ese oco necesario para vir ata o centro despois duns días de tanto axetreo.
O alumnado descubriu asemade que as Ciencias non reñen coas Letras, que todo se pode compartir, e que todo é igual de interesante.
Grazas María por esta lección de humanidade.
E novamente grazas á editorial Galaxia por me mimar deste xeito.


Isto si que é un pingüín

Preguntas fermosas

Impresionante vídeo no que se combina o "Poema X" de Pablo Neruda con "Under the harvest moon" de Carl Sandburg. Pechade os ollos e disfrutade.


Lección de política



Posteriormente, atopei este comentario que creo que paga a pena leades:

Apenas cuatro frases –unos escasos fragmentos de Eurípides, Isócrates, Demóstenes y Polibio– nos dan a conocer una virtud –también escasa– que los antiguos atenienses reclamaban como necesaria para el sostenimiento de la democracia: la parrhesia. Mientras que la isegoria era un derecho –el derecho a la igualdad en el uso de la palabra–, la parrhesia era algo más: una virtud, la virtud de atreverse a usar la palabra para decir la verdad. Cuando la democracia se tambalea por falta de parrhesia en la misma ciudad en que nació, es momento de reflexionar sobre el sentido de estas antiguas voces.

Hace unos días, el eurodiputado de los Verdes Daniel Cohn Bendit habló con inusual parrhesia ante el Parlamento Europeo: «Es evidente que durante cuatro meses hemos estado mareando la perdiz. Es evidente que nos hemos equivocado. Es evidente que, con esos titubeos, hemos estado dando pábulo a los mercados y a la especulación. Por lo menos, los miembros del Consejo responsables deberían decirlo, deberían decir “es culpa nuestra”. La Sra. Merkel, el Sr. Sarkozy, no sé en realidad qué papel juegan… Lo que le estamos pidiendo al gobierno de Papandreou es algo casi imposible de lograr. Yo le pido a Ecofin y a los presidentes de los gobiernos que piensen si ellos mismos son capaces de hacer en sus países reformas como las que le estamos pidiendo a Grecia. ¿Cuánto tiempo haría falta para reformar el sistema de pensiones en Francia? ¿Cuánto tiempo necesitaría Alemania para arreglar sus pensiones? ¡Y le estamos pidiendo a Papandreou que lo cambie todo en tres meses! Están siendo Uds. totalmente irracionales, y prueba de ello es lo que ahora está pasando en Grecia. No le estamos dando a Papandreou ni a Grecia el tiempo necesario para encontrar a una solución consensuada. No existe en Grecia una identificación con el Estado. Existe tan sólo el “cada cual a lo suyo”. Y eso es lamentable. La culpa es de todos: décadas de corrupción de la clase política en Grecia. ¿No deberíamos tratar de convencerles con prácticas y no sólo con decretos? ¡El consenso hace falta crearlo! Y ya verán Uds. lo que va a pasar en España cuando empiecen los problemas. Ya verán en Portugal. Quiero decir con esto que debemos inspirar una actitud de responsabilidad, y no pedir lo imposible. Creo recordar que alguien dijo hace tiempo “¡Quiero que me devuelvan mi dinero!” Y ahora queremos ganar dinero a costa de los griegos. ¡Porque de eso se trata! A nosotros nos prestan al 1,5% o al 3% y nosotros le prestamos a Grecia al 3,5% o al 6%. ¡Estamos haciendo negocio a costa de los griegos y eso es inadmisible!»

»Por otro lado, Europa también puede tomar iniciativas. Guy Verhostaff tiene razón cuando habla de un Fondo Monetario Europeo, de un fondo de inversión y solidaridad. Para llevar a cabo un préstamo europeo habría que modificar los tratados. ¡Pues adelante, camaradas, a modificar los tratados! ¡En nuestra mano está tomar iniciativas! Si el Consejo es incapaz de hacerlo, hagámoslo nosotros, desde este Parlamento. Creemos de una vez un Fondo Monetario Europeo que pueda poner freno a la especulación. Además, le pido al Consejo que le diga al FMI que la Oficina Internacional del Empleo debe tomar cartas en el asunto de lo que está pasando en Grecia. ¡Se trata de personas, no debe decidir sólo el Dinero! ¡Son las instituciones europeas e internacionales del empleo las que deben poner freno al delirio de los financieros!»

»Y finalmente, existe también otra manera de prestar ayuda a los presupuestos de Grecia: tomar de una vez la iniciativa, como Unión Europea que somos, de fomentar el desarme en la región. Una iniciativa política para el desarme entre Grecia y Turquía. Una iniciativa política para que las fuerzas armadas turcas se retiren del norte de Chipre. ¡Si en el fondo somos unos hipócritas! En los últimos meses, Francia le ha vendido seis fragatas a Grecia por 2.500 millones de euros. Helicópteros por 400 millones. Rafale de combate por 100 millones cada uno. Mis “espías” no han sabido decirme si fueron 10, 20 ó 30… Y Alemania le ha vendido a Grecia otros 6 submarinos por otros 1.000 millones. ¡Más transparencia! ¡Si somos unos absolutos hipócritas! ¡Les prestamos dinero para que nos compren armas! Si somos de verdad responsables, garanticemos entre todos la integridad territorial de Grecia. Creo que aplicar estos recortes es más eficaz que recortar sueldos de menos de mil euros. Yo le pido a la Comisión un poco de justicia.»

Tienen que ver Uds. las caras de póker de los eurodiputados, las gargantas tragando saliva, las miradas cruzadas, los tensos silencios, las cobardes palmaditas que resuenan al final del discurso… Políticos y ciudadanos, pulsen aquí y asistan en vivo a una lección de parrhesia

16/06/10

U-la cadeira?

Isto ocorreu no aeroporto de Manchester. Xa vedes que hai publicidade que realmente si paga a pena, cando menos intríganos a tod@s. Como está sentado?

A mellor defensa da historia

Chégame desde Amnistía Internacional:

Amnistía Internacional tiene una selección propia y ganadora, un equipo de 11 defensores y defensoras de los derechos humanos de todo el mundo.




Sin embargo, nuestro equipo no se esconde, siempre se ofrecen al compañero y sudan la camiseta, como cualquiera de las grandes estrellas. La diferencia es que para los activistas marcar un gol significa salvar una vida, a veces la propia. Son personas que luchan por defender la libertad de expresión, contra la terrible pandemia del sida – que hace estragos en la misma sede del Mundial-, por denunciar los abusos de las grandes compañías contra las comunidades pobres, contra la impunidad por los crímenes de guerra, porque las mujeres tengan acceso a un médico cuando van a dar a luz o por encontrar a sus familiares desaparecidos, etc.

Danos tu apoyo para que nuestros defensores puedan ganar la partida.

Asina aquí.



Libro lámpada

Se tes moi pouco espazo e só necesitas luz en escasos instantes, aquí tes unha nova idea. Un libro pop-up (non semella tan bonito coma estes!) que se convirte nunha lámpada que dá luz. A idea é de Takeshi Ishiguro. Aínda se poden inventar moitas cousas, está claro...



Vía Papel en Blanco

Mulleres en Hollywood

Cun test moi sinxelo, creado por Allison Bechdel no seu cómic Dykes to Watch Out For en 1985 poderemos comprobar o rol da muller nas películas que se producen en Hollywood. Realmente lamentable a imaxe da muller que a industria do cine transmite:




Só tres preguntas:
.- Hai dúas mulleres ou máis que teñan nome?
.-Fálanse entre si?
.- Falan de algo que non sexa "homes"?

Grazas, Pilar

Medo, dá.

Artigo publicado no País: "Jugando con fuego", de Antón Costas (catedrático de Política Económica de la UB)

El panorama económico europeo se ha oscurecido considerablemente en las últimas semanas. El riesgo de recesión prolongada y alto desempleo cotiza al alza. Las consecuencias para la sostenibilidad del euro y del propio proyecto político europeo no son despreciables. Sin embargo, las autoridades políticas y monetarias europeas parecen no ser conscientes de este riesgo.

El plan de austeridad de la canciller Angela Merkel es una mala noticia para la economía europea y para la propia Alemania. No tanto por su contenido como por la filosofía económica que le sustenta: la idea de que la austeridad es en sí misma una buena política en cualquier circunstancia y lugar. La austeridad alemana funcionó antes de la crisis porque con el ahorro alemán los demás europeos consumíamos productos que comprábamos a Alemania. Pero ahora que los demás tenemos que ser austeros y exportar, la política de Merkel puede hacer que la economía europea acabe como el rosario de la aurora.

Es aún más preocupante si cabe la situación que están viviendo los mercados financieros. La sensación de estar a las puertas de un colapso agudo de los mercados monetarios europeos donde la banca se refinancia sus posiciones de corto plazo se hace cada vez más intensa. El escenario se parece cada vez más al de los días posteriores a la caída de Lehman Brothers. O el Banco Central Europeo (BCE) cambia su actitud e interviene de forma radical para hacer retornar el dinero a esos mercados o el "crash bancario" y el "credit crunch" (sequía de crédito) dejarán de ser un fantasma para convertirse en realidad que golpeará especialmente al crédito minorista.

De no cambiar, todo presagia que nos dirigimos hacia una recesión o estancamiento prolongado acompañado de alto desempleo. En estas situaciones la reducción del paro es lenta. Hay que recordar que en medio de la Gran Depresión, entre 1930 y 1938, la tasa de desempleo medio se mantuvo en Francia en el 10,2% y en Alemania en el 21,2%. Las consecuencias políticas son conocidas.

Aquellos que ahora no valoran las consecuencias sociales y políticas de una recesión y de un paro prolongado están jugando con fuego. Es decir, están jugando con el euro y con la propia unión política europea.

¿Por qué nuestras autoridades no toman en consideración ese riesgo? Probablemente por tres razones.

Primera, no valoran el efecto de la austeridad sobre la incertidumbre de la gente ante el futuro. El miedo al futuro lleva a la anorexia de consumo y a la avaricia de ahorro. Pero, si como dijo Adam Smith, "el consumo es el único fin y propósito de toda producción", donde no hay consumo no hay producción; y donde no hay producción no hay empleo.

Segunda, confunden esta recesión con otras previas. Las crisis de los años setenta, ochenta y noventa las provocó un exceso de demanda de consumo que incrementó la inflación y desequilibró la economía. Los remedios fueron la restricción de crédito y el aumento de impuestos para reducir el gasto privado, así como el recorte de gasto público. Pero esta es una crisis originada por el pinchazo de una enorme burbuja especulativa, que al explotar ha producido por sí misma la caída de precios de los activos, desplome del consumo, recesión y paro. Como la enfermedad es diferente, la medicina no puede ser la misma.

Tercera, no toman en consideración la situación de "deflación de deuda" que acompaña a esta crisis y que, por sí sola, acentúa las tendencias recesivas. Imagine que usted compró un piso por 300.000 euros y que lo financió con un crédito por el mismo importe. Aunque está endeudado, su balance está equilibrado. Imagine (no hace falta demasiado esfuerzo) que surge de repente una fuerte crisis y los precios de esos activos se desploman un 30%. Ahora el valor de su piso es de 210.000 euros, pero la deuda se ha quedado colgada en 300.000 euros. Técnicamente está quebrado. Alguna inquietud le producirá, y seguramente usted ante la incertidumbre disminuirá su consumo para hacer frente a contingencias imprevistas. La cosa se puede complicar cuando la caída de precios (deflación) aumenta el valor real de la deuda, dado que ahora tendrá que hacer un mayor esfuerzo para pagarla.

Los bancos europeos, y en particular los de aquellos países donde la burbuja inmobiliaria fue mayor, están viviendo con especial intensidad las consecuencias de la deflación de deuda. Los descapitaliza, y esto les lleva a embalsar la liquidez que les suministra el BCE y restringir el crédito, especialmente el minorista.

A una situación de este tipo, Irving Fisher, prestigioso economista norteamericano de los años treinta, la llamó "deflación de deuda", y la consideró como una de las causas básicas, sino la principal, de la intensidad de la recesión y el paro durante la Gran Depresión de los años treinta.

¿Por qué las autoridades europeas están cometiendo estos errores? Algunos pensaran que por intereses. Otros, que es el miedo a asumir riesgos y ser acusados de intervencionistas. Pero hay otra explicación: el poder de las ideas, de las malas ideas. A ellas se refirió John Maynard Keynes al señalar que "las ideas de los economistas y los políticos, tanto cuando son correctas como cuando están equivocadas, son más poderosas de lo que comúnmente se cree. En realidad el mundo está gobernado por poco más que esto. Los hombres prácticos, que se creen exentos por completo de cualquier influencia intelectual, son generalmente esclavos de algún economista difunto".

El mundo ha cambiado con la crisis financiera de 2008, pero las ideas sobre las políticas han quedado ancladas en el mundo que se fue. Espero, sin embargo, que la fuerza de los hechos haga cambiar las cosas antes de que el fuego sea irreparable.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.