Hai xa mil anos, noutro blogue e noutra vida, escribín "Tinta esvaída", palabras e bágoas de dor. Hai un mes dixemos adeus a outra persoa especial. Hoxe, novamente, volvemos a erguer os panos do "non nos esquezas". Sinceramente, agardo que nuns meses sexa eu a que volte a vista para mirar esas mans que saúdan. Que se despidan de min. Entrementres, o corazón da cidade segue a latexar coma se nada ocorrese e non nos queda outra cousa ca o de sempre: seguir un camiño que ás veces parece unha broma do destino. Quedan as ausencias, con todo o que levan e o pouco que deixan. Acudo a Benedetti para dicir "lo perdido es la luna redonda que yo hacía ovalada en mi retina y el firmamento con estrellas que ahora es apenas un cielo raso. Todo se va borrando, todo pasa a ser sombra y vacío. Y el obligado acabose no nos ayuda a hallarlo".
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
29/02/08
Grazas por compartírmonos
Hai xa mil anos, noutro blogue e noutra vida, escribín "Tinta esvaída", palabras e bágoas de dor. Hai un mes dixemos adeus a outra persoa especial. Hoxe, novamente, volvemos a erguer os panos do "non nos esquezas". Sinceramente, agardo que nuns meses sexa eu a que volte a vista para mirar esas mans que saúdan. Que se despidan de min. Entrementres, o corazón da cidade segue a latexar coma se nada ocorrese e non nos queda outra cousa ca o de sempre: seguir un camiño que ás veces parece unha broma do destino. Quedan as ausencias, con todo o que levan e o pouco que deixan. Acudo a Benedetti para dicir "lo perdido es la luna redonda que yo hacía ovalada en mi retina y el firmamento con estrellas que ahora es apenas un cielo raso. Todo se va borrando, todo pasa a ser sombra y vacío. Y el obligado acabose no nos ayuda a hallarlo".
Auga e aire
- Menos do 1% de auga doce do mundo é facilmente accesible.
Vía Fogonazos
Atoparalo en Ciencia, Medio Ambiente, Xeral
28/02/08
O inferno existe
Non podo afastarme máis de 20 metros de onde traballo e durmo. Non podo abrir as portas. Só podemos acceder con helicópteros aos campos que están afastados. De irmos por terra seguramente non chegariamos nunca: os grupos de guerrillas e os "Janjaweed" agardan que cometas ese erro.
Todos os días hai mortos na poboación, as violacións non son noticias raras senón diarias. Unha noticias confírmanse, outras non.
Atoparalo en Actualidade, África, Dereitos Humanos, Guerras, Infancia, Muller, Sociedade, Solidariedade
Publicidade artística
Vía Mangas Verdes
Atoparalo en Actualidade, Publicidade
27/02/08
Olimpíadas
Vindo dos chineses nada nos pode abraiar xa...
Vía La Huella Digital
Atoparalo en Actualidade, Deporte, Sociedade
Non á violencia contra as mulleres (XXXI)
Atoparalo en Actualidade, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
26/02/08
Jorge Peteiro
Jorge Peteiro Vázquez nace en 1959 na Coruña.
Jorge Peteiro exerceu como profesor de Instituto en Ortigueira, Ribeira, A Pobra, Cambados e Betanzos. Nestes anos de experimentación, asenta as suas bases teóricas e pictóricas. Á vez, expón e é incluido en mostras colectivas. En 1992 Peteiro instala o seu estudo na Coruña.
A súa obra é recoñecida e contrastada pola crítica E galerías de arte en Galicia, Madrid, Mallorca, Nueva York, Porto e Valencia, con más de trinta exposición individuais e importantes mostras colectivas. Son moitos os museos e institucións que posúen obras súas.
Jorge Peteiro é sen dúbida un dos artistas galegos de mellor presente e maior proxección. Algunha das súas obras, como a escultura que preside a entrada do Acuarium Finisterrae da Coruña, convertíronse en parte da iconografía da cidade.
Create Your Own
Vía Iniciarte
Teatromáticas
Atoparalo en Humor, Matemáticas, Teatro
25/02/08
Aparencias
Porque somos algo máis que o que se ve a simple vista, non discrimines...
Atoparalo en Deporte, Dereitos Humanos, Igualdade, Sociedade, Solidariedade
Frida Kahlo en morphing
Atoparalo en Arte, Muller, Personaxes, Pintura
24/02/08
Tokio Blues
Sorprende o Xapón de 1969, un Tokio avanzado tanto tecnoloxicamente como na propia liberación sexual que nos transmite, ademais das reflexións do protagonista sobre a morte, a familia, o amor...
A novela está contada en forma dun longo flashback, a partir da perspectiva dun home maduro, o que lle dá ao libro unha peculiar tonalidade emocional. Desenvólvese nun medio urbano a maior parte do tempo, con finura de detalles e de referencias musicais; este universo é quizais o que fai que a novela sexa máis suxestiva, xa que Tokio faise cercano ao mesmo tempo que o comprendemos como urbe anónima e xigantesca. Quizais o que haxa que destacar son os diálogos, rítmicos e fluídos, que sustentan a novela. Porque o autor pusúe axilidade e fluidez, xa que na novela case non hai acción e a pesares diso consegue que non sexa pesada. Esta falta de acción -ou de imaxinación- quizais sexa o máis rexeitable. Hai como unha especie de ensimismamento dos personaxes que parecen vagar sen pais, sen familia, con poucos amigos... case con patetismo, iso si, elegante.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Tusquets
Por un día
Non vos vou contar quen estaba na mesa nin entre o público: para iso tedes xornais e blogues bastantes que falen do acontecemento. Para min foi un pracer pescudar caras e recoñecer faces que sempre vexo en papel impreso, e ata a sempre encantadora Chus Pato me presentou a poetas que por alí pululaban e que se preguntarían quen demos era eu. Porén, debo reflexionar sobre isto da cultura: só é cultura cando falamos de letras e pintura? Os científicos non son cultura? Que é, ao fin e ao cabo, a cultura? E recoñezo que a min o que máis me intriga é o método de selección para depurar invitacións para o acto de onte.
Sobre o acto en si (eu non vos podo falar do cocido posterior por razóns obvias) unha reflexión e por suposto unha opinión moi persoal: hai xente que parece dirixirse ao público sen saber que vai dicir con anterioride (a presentación de Reigosa, desde o meu punto de vista, foi bastante mala... incluído o seu galego) e a única muller da mesa brillou con luz propia, cun discurso curto, sensible e exquisito no que fixo gala da súa formación de bióloga -resultaba divertido escoitar ao cónxuxe adiantándose ás súas palabras, para algo foron compañeiros de carreira!-. Non son obxectiva, supoño, pero o señor ministro defraudoume cun discurso demasiado longo e demasiado culto. Ninguén é perfecto.
O mellor, o final. A voz de Uxía Senlle traspasou almas coas súas cancións sobre todo co máis fermoso poema de amor de Celso Emilio, acompañada da música de Budiño. Un peche de luxo.
Atoparalo en Actualidade, Arte, Efemérides, ENL, Galicia, Sociedade, Xeral
Cotilleos filosóficos
Na seguinte foto aparecen:
Atoparalo en Filosofía, Personaxes, Xeral
23/02/08
Os monos de Laxeiro
No primeiro terzo do século XX, o humor gráfico tiña unha grande importancia na prensa galega, sobresaíndo a presenza de Castelao. En todos os xornais hai un espazo reservado para as viñetas e foron precisamente estes os que favoreceron a enorme popularidade que teñen.
Coa expresión monos, designábanse os chistes gráficos e debuxos: viñetas con imaxe e con ou sen texto que aparecían en todos os xornais.
Laxeiro colaborou cos seus deseños na prensa da época durante unha curta etapa, quizais como un xeito de darse a coñecer como artista. O resultado foi a aparición de 49 colaboracións, entre viñetas e debuxos, repartidos entre Faro de Vigo e El Pueblo Gallego.
O primeiro debuxo aparece no Faro en setembro de 1928. Neste xornal publica 10 monos durante o período que vai de setembro de 1928 a marzo de 1929. Nesta época Laxeiro, logo da súa volta de Cuba, vive en Lalín, dedicándose ao oficio de barbeiro, aínda que debuxa sen descanso a clientes e paisanos. Non é coñecido como pintor fóra do ámbito comarcal. En 1928, coñece a Manuel Colmeiro, o pintor de Silleda, a quen lle ensina os seus traballos que, segundo o propio Laxeiro, lle gustaron moito. Colmeiro xa publicara algúns debuxos no Faro e acababa de facer unha exposición en Vigo, no Salón do xornal. É posíbel que fose Colmeiro quen animara ao de Lalín a enviar os seus traballos a Faro.
A fins de agosto de 1928, comeza a traballar como correspondente de Faro en Lalín o xornalista e poeta Xesús Froiz, amigo de Laxeiro, co que despois coincidiría na militancia do Partido Galeguista. Nas súas crónicas da vida de Lalín, Xesús Froiz fai gabanzas da calidade dos debuxos e retratos de Laxeiro, mesmo menciona que en outubro de 1928 estivo exposto no escaparate da xastrería El Buen Gusto, que rexentaba o seu pai, un retrato do avogado de Pontevedra Isidoro Millán feito por Laxeiro, que foi moi eloxiado por todos os veciños. Ao respecto comenta Froiz: ¿que se hace por sacar este rapaz adelante? ¿que esperan los lalinenses para sacar al Laxeiro de rapar barbas? Lalín tiene la palabra. Non é difícil imaxinar que foi a través do propio Xesús como estas colaboracións chegan a materializarse. Moito máis se temos en conta que rematan pouco antes de que deixa a correspondencia de Faro en xuño de 1929.
Quizais por iso Laxeiro empeza a colaborar cos seus debuxos no xornal El Pueblo Gallego, tamén de Vigo, que ten como correspondente en Lalín a outro seu amigo, José Mª Calviño, que curiosamente logo tamén coincidiría na militancia galeguista.
En El Pueblo Gallego publica un total de 38 monos e un debuxo. O primeiro aparece en xullo de 1929 e o derradeiro en xaneiro do ano seguinte. Todos na primeira páxina do xornal, o que dá idea da estima que adquire como debuxante neses momentos. Podemos conxecturar que o artista abandona esta actividade en 1930 para concentrarse na súa obra pictórica.
Algúns destes monos foron reproducidos despois noutras publicación da emigración galega en Arxentina, como Céltiga ou El Despertar Gallego.
Percíbese nestes debuxos algunhas das características do que logo sería o estilo de Laxeiro. A súa formación como debuxante venlle das clases nocturnas da sección de Belas Artes da Escola Concepción Arenal do Centro Galego, e do seu traballo como proxectista de vidreiras na Habana. Algúns críticos atribúenlle precisamente ao deseño de vidreiras o gusto pola liña grosa e destacada de contorno na súa dicción plástica. En xeral, o estilo dos debuxos é sinxelo, inxenuo e ás veces arcaizante; aínda que se percibe tamén nalgúns unha certa evolución e a experimentación de novas formas.
Laxeiro tamén ten presentes aos grandes humoristas gráficos galegos que publicaban na prensa da época: Manuel Torres, o propio Castelao e Vidales Tomé son os máis importantes, os que teñen un estilo máis definido, e dos que podemos percibir a influencia nestes monos do de Lalín. Nalgúns é apreciábel tamén a pegada de Maside.
Polo que respecta aos temas que trata, son na súa maioría os referidos ao mundo rural, que demostra coñecer moi ben. Son aspectos da vida na aldea como as conversas entre os vellos, as relacións entre homes vellos e mozas novas, a borracheira, a taberna, os xeitos de mocear, os casamentos, as novas modas das mulleres, as diversións dos rapaces... En moi poucos aparecen asuntos da actualidade política ou social.
Na parte literaria dos monos destaca o uso exclusivo do galego, lingua que empregan todos os personaxes e que lles serve como distintivo; os títulos están tamén sempre en galego. O tipo de humor é choqueiro con certas dosis de picardía e aparece case sempre como desenlace dun diálogo entre os personaxes.
Despois a exposición viaxará ao noso centro como unha actividade máis do ENL.
Laxeiro
Xosé Otero Abeledo, LAXEIRO é un dos máis representativos pintores que ten dado Galicia. Naceu na parroquia de Donramiro (Lalín), o 23 de febreiro de
En 1951, pintor xa recoñecido, trasládase a Buenos Aires para presentar unha exposición colectiva. O éxito anímao a permanecer alí ata 1960. Relacionado con pintores da vangarda arxentina, expón con frecuencia e aparece como escritor de contos e relatos. A súa etapa arxentina inflúe decisivamente na súa traxectoria artística.
O ano 1968 sería decisivo para Laxeiro. De volta a España, a súa exposición na Galería Biosca, coas súas obras máis destacadas, obtén notable éxito. Instalado no ático do Café Gijón, decide viaxar a Holanda para coñecer a pintura de Rembrandt, que deixará nel unha pegada profunda.
No ano 1989, é o artista elixido para a exposición inaugural do Auditorio de Galicia en Santiago, e recibe a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. O 21 de xullo de 1996, Laxeiro morre na súa casa de Vigo, sendo soterrado no Cemiterio de Lalín.
A arte galega do século XX fixou a súa propia definición a partir da segunda década do mesmo, coa renovación lingüística propiciada por uns cantos pintores que lograron entender o propio dende unha perspectiva internacionalista. Foi a chamada “vangarda histórica”, a que se enfrontou á conciencia rexionalista dos artistas que concibiran a arte como un documento exquisito da realidade mítica.
Laxeiro constitúe un gigantesco fragmento desta renovación artística do primeiro terzo, capaz de delimitar el mesmo o século galego e as súas transformacións ata a actualidade, percorrendo non só as posibilidades dunha renovación das linguaxes, senón tamén aquelas que intuían a este país dende unha antropoloxía diferente. Isto explica a visión mítica e fabuladora da súa pintura, a filosofía construída a partir das lendas estrañas e un mundo máxico imaxinado como desexo dun país que xamais poderá existir.
En Laxeiro estarán presentes, ao longo do seu amplo proxecto, as peculiaridades da filosofía, da antropoloxía e da expresión artística galegas. Na narración e na linguaxe. Contidos e formas que ironizan dende a tenrura, sempre tolerantes e portavoces dun humor satirizante. Pintura que se comunica coa paisaxe e exalta o máis fecundo panteísmo dende as entrañas pagás dunha hierofanía que nace da asunción de telurismo primitivo. Narración que incita á soidade e ao misterio, ao sentimento remozado da terra na nostalxia, na melancolía ou no infinito. Ambigüidade irrefreable do mar e do campo, fantasía, utopía, mitoloxía, esperpento... liña romántica, espiral, circular, envolvente, expresionismo...
Atoparalo en Arte, Efemérides, ENL, Galicia, Pintura
22/02/08
Superación
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos, Igualdade, Sociedade, Solidariedade, Xeral
En París (3)
Cánova
1793
21/02/08
Graffitis
Pero este só se suma a outras pintadas e sinaturas de case tres metros que tapan valiosísimos debuxos prehistóricos. Nomes e apelidos, escritos sen ningún pudor.
Atoparalo en Actualidade, Arte, Sáhara, Sociedade
O corazón da cidade
E que pasa se llelo dis aos teus pais? Que ocorre se non permites comentarios homófobos?:
Vía Tutoría GLBT
Atoparalo en Cine, Dereitos Humanos, Igualdade, Sociedade, Solidariedade
20/02/08
A lúa cambia de cor
Este eclipse total de Lúa presentan características moi atractivas e coxunturais de difícil repetición:
- Verase integramente desde toda Sudamérica e desde Europa occidental.
- É o último que se verá integramente desde Sudamérica en sete anos
- É o último total que se verá integramente desde España en seis anos (até o 15 de abril do 2014)
- Antes da eclipse, a Lúa pasará entre dúas estrellas brillantes, Regulus e 31 Leonis.
Este espectáculo poderemos velo desde as dúas da mañá até as catro e media, aproximadamente.
Esta é unha animación dixital ilustrativa de como se espera ver a eclipse lunar desde o norte de Baixa California, México. O hoarairo que aparece no vídeo correspóndese con este lugar, non co noso, ollo!!!:
Atoparalo en Actualidade, Ciencia
Censura no metro de Londres
Porén, esta é a segunda vez que sucede algo así, xa que ocorreu o mesmo cunha obra do século XVII de Sir Peter Lely "Retrato de Diana Kirke, Countess of Oxford", na que o principio dun peito foi considerado ofensivo polas mesmas autoridades do metro, o que conlevou un cambio na obra escollida.
Vía Bajo el Signo de Libra
Atoparalo en Actualidade, Arte, Des-Humor, Fundamentalismos, Sociedade
19/02/08
Vertedoiro electrónico
Coas súas mans, e sen utilizar luvas nin máscaras nin traxes especiais, arrancan os cables e os tubos catódicos das pantallas, abren o tóner de tinta das impresoras e rocían con ácido nítrico os chips e microprocesadores para extraer o seu ouro. Ademais, queiman no campo ou na beira do río os cables de PVC para sacar cobre e outros compoñentes dos que poden aproveitarse plata e metais.
Debido aos numerosos compoñentes tóxicos que teñen tales aparatos, como chumbo, cadmio ou mercurio, este labor supón unha auténtica temeridade e un gran risco para a saúde destes traballadores, que ao mesmo tempo están a provocar un desastre medioambiental que estoupará proximamente en forma de enfermidades e polución.
Os niveis de dioxinas de Guiyu son os máis altos do mundo. Os traballadores que operan co lixo electrónico están xa tan afectados por ditas substancias tóxicas -que son canceríxenas e danas o metabolismo- que as súas concetracións de dioxinas no corpo son entre 50 e 200 veces superiores ao normal.
Mentres, enchen o estómago. Que é o máis inmediato.
Arredor da chatarra de Guiyu proliferou unha industria perfectamente xerarquizada e especializada. Así, os grandes importadores de lixo electrónico traen os ordenadores vellos á cidade e os pequenos talleres, agrupados en gremios segundo as pezas que traballen, cómpranlles os compoñentes que máis lles interesan para reciclalos e vendelos logo a outros comerciantes ou técnicos que reparan computadoras. Final e volta a comezar.
Mentres haxa nalgún lugar ricos xerando lixo, haberá pobres dispostos a deixarse a vida para aproveitar os seus detritus tecnolóxicos, xa que nunha tonelada de ordenadores vellos hai máis ouro recubrindo chips e microprocesadores que o que se pode obter con 17 toneladas de ferro de ouro.
Atoparalo en Ciencia, Medio Ambiente, Tecnoloxía
Que pasa coas patacas?
Vía La lechuza de Minerva
Atoparalo en Actualidade, Ciencia, Sociedade, Xeral
Muller e publicidade
Atoparalo en Igualdade, Muller, Publicidade
18/02/08
A máis fermosa
Un xurado de escritores xermanos decidiu que a gañadora era a voz turca Yakamoz, que significa "o reflexo da lúa sobra a auga".
Como segunda clasificada aparece o sintagamo chinés hu lu, literalmente o "ronquido harmonioso da persoa amada ao teu lado no leito". Outras galardoadas foron volongoto (caótico) do baganda ugandés; a norueguesa oppholdsvaer (a luz do día tras a choiva), a africana madala (grazas sexan dadas a Deus) e a portuguesa saudade.
E vós, por cal votariades?
Veña, anímadevos a participar na vosa propia selección!
Atoparalo en Actualidade, Aulas, Linguaxe
Molan os flamengos!!!
Elegantes, sincronizados, maxestuosos... fáltalles o "tutú" de ballet (rosa, que non se diga), porque concentrados nos pasos de baile parece que están.
Aínda que en Mangas verdes prefiran que bailen flamenco!!!
17/02/08
Ablación
A face da nena segue a estremecer. Digo eu.
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos, Igualdade, Muller
Cuestión de probabilidades
E quen nos di que as cousas que pasan nestes anuncios non poden suceder? Eu creo que nesta vida non hai nada imposible, como moito pode ser moi pouco probable...
Atoparalo en Humor, Matemáticas, Publicidade
16/02/08
Real?
Vía La lechuza de Minerva
Obradoiro de contacontos
O primeiro obxectivo estase achegando. Len. Non só len, senón que gustan da lectura, reflexionan sobre ela, contáxianse os libros que voan de man en man. De 20 alumnos, 15 forman parte do club de lectura, o que significa ler máis.
Interpretamos. A lectura de obra teatrais na aula, a discusión de reparto de personaxes... ¿cantos recreos interpretando porque as 3 horas de clase semanais non nos chegan a nada?
Reflexionamos. Reflexionamos sobre as lacras da sociedade, sobre a violencia de xénero, sobre as guerras, sobre as diferenzas sociais, sobre as inxustizas... temos que rematar aínda o último documental, seino, pero custa!
E agora, a oralidade. O noso amigo poeta e contacontos Celso Fernández, Celsiño, comezou onte un obradoiro de contacontos. Arredor del, contaminounos da súa paixón por, sobre todo, saber esocitar. E levamos deberes: buscar unha persoa que poida ser personaxe e escoitar conversas en lugares públicos susceptibles de ser transformadas en contos. Viciounos coa súa sa ledicia. Escoitamos significados de nomes e esperamos polos contos prometidos aos que non tivemos tempo de chegar. O tempo voou demasiado rapidamente, mentres abraiados contemplabamos ao noso tímido Marcos contar dous contos dun seu personaxe que xa ten elixido; moi serio el e feito un home. Agardamos impacientes as próximas sesións.
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL
Mapa da degradación mariña
Vía Mangas Verdes
Atoparalo en Ciencia, Medio Ambiente
15/02/08
We belong to the frozen world
14/02/08
O beixo
A historia conta que desde unha cafetaría, Doisneau viu unha parella efusivamente bicándose, con certa maxia. Porén, anos despois, por unha denuncia pública da parella que dicía ser a protagonista, coñeceuse a verdadeira historia: o fotógrafo coñecéraos nese bar e pedíralles que pousaran para el.
Esta fotografía pertence a unha serie de "Beixos" que foi encargada en 1950 a Doisneau pola prestixiosa revista Life.
Atoparalo en Fotografía, París, Xeral
Día de amar... seica
Un grupo de científicos logrou fotografar a uns gorilas en pleno acto sexual executado segundo a postura do misionero, que até agora pensábase exclusiva dos seres humanos. Pero o certo é que parece ser que non, que o amplo abano das posturas sexuais ten tamén unha certa ascendencia entre a comunidade animal ou -cando menos- entre os primates máis avanzados.
Será que estes primates toparon un Kamasutra na selva? Os libros ilustrados é o que teñen: unha vez que empezas, queres ver todas as fotografías.
Vaia, que non somos ninguén!
E con perdón, eh?!!! Que non se me enfaden!!!
Vale, pórtome ben...: Feliz día, que non se diga (e que conste que estou en contra, pero son ben mandada)
Atoparalo en Actualidade, Fotografía
13/02/08
Publicidade censurada
Vídeo censurado en USA:
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos, Publicidade
Nenas soldado
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos, Guerras, Infancia, Sociedade, Solidariedade
12/02/08
Ata sempre, David
Atoparalo en Actualidade, Aulas, Xeral
Musimáticas
Atoparalo en Matemáticas, Música
11/02/08
Mary Shelley
Atoparalo en Actualidade, Escritores, Lectura, Libros, Muller
10/02/08
Metro
E o segundo é deses que parece que fai sentir mellor a un:
Atoparalo en Publicidade
Petróleo
(Preme na imaxe para vela máis grande)
Vía La Huella Digital
Atoparalo en Actualidade, Guerras, Sociedade
World Press Photo 2008
Atoparalo en Actualidade, Fotografía, Premios
09/02/08
Cocido plambeiro
E o cocido, boísimo, a verdade. Aínda que algunha se fose con fame...
Como xa é tradición, o ano que vén repetirémolo!
Atoparalo en Xeral
Ensina o que tes
Atoparalo en Actualidade, Deporte, Igualdade, Muller, Publicidade
08/02/08
Sara e as goleadoras
É a historia dunha moza tola polo fútbol pero que non o ten fácil por ser muller.
Vía Todas
Atoparalo en Actualidade, Animación, Cine, Igualdade, Muller
Nontodovanserlibros(XXVII)
Atoparalo en Música
07/02/08
Poemas que buscan a PAZ
La niña muerta:
Que las nubes no maten:
Atoparalo en Dereitos Humanos, Escritores, Paz, Poesía
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.