Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/01/09

O Baleiro

Desas presentacións que nos chegan e non podemos deixar de compartir convosco:

Viaxar desde a cama

Unha preciosidade, videoclip do cantante Oren Lavie:



Vía Capítulo 0

Látego de algas

Gustoume moito este último libro de Antón Reixa, Látego de algas, publicado pola editorial Espiral Maior. Sobre todo, a súa primeira parte, "Poemas de amor basados en feitos reais"; as ilustracións de Francisco Leiro son, ademais, fermosísimas. Este libro preséntanos un autor moito máis lírico, cunha sentimentalidade cotiá; en palabras de Yolanda Castaño: "cortesía e, a un tempo, paixón e serenidade. Fundamento do desexo libre, aprendizaxe e conduta".

Conducín todos os quilómetros
Cara a ti
Alegre
Ou triste
Ou falando só
Ou gritándolle a néboa
Ou pedíndolle silencio ao sol
Ou negándolle rostro á lúa
Esbarando nunha autoestrada-bágoa
Longa
Continua
Ondulada
Conxelada
Cun espesor milimetricamente suficiente para resistir
Para chegar a ti


(Unha Longa Xornada Laboral)
Que acabe o día
O meu grito de guerra e desexo
Para resistir
As horas que non esteas
Os minutos que non estamos
Os reloxos de agullas lentas
Que acabe o día
Eu camiñando como se ti me observases
Eu falando como se ti me escoitases
Eu comendo como se ti me alimentases
Para comerte e comerme
As horas que non estás
Os minutos que non estamos
Os reloxos de agullas lentas
Que acabe o día



Na parte contraria a ti hai unha tristeza enorme de color cemento

Na barricada protectora dos teus ollos e da túa pel de alga boca e mastigable hai un silencio de risas e de desexo libre

Todo o que non es ti

Para min ten o ruído insoportable da miña soidade anatómico-forense

Quero formar parte da túa casa como un animal doméstico e caníbal

Quero dimitir do meu oficio de domador frustrado de melancolías transparente e torpezas rectangulares

Non quero ser eu porque quero camuflarme de vento

Vento-armario de lágrimas inquietas para que lle prendas lume

Vento-alfombra de bicos abertos para que camiñes

Quero quedarme quieto nos teus brazos

Cérrame os ollos

Quérote máis cá min

Máis cá vida


Nin moi pequenas nin moi grandes

Lapidación. Si. Existe. O xeito máis atroz de pena de morte practícase. En pleno século XXI. Así de terrible. Así de significativo.
En Irán, despois de ter anunciado a fin desta práctica, morreron dúas persoas lapidadas, e outras dez poden correr a mesma sorte.
Sabiades que as pedras utilizadas nas lapidacións non poden ser nin moi pequenas (para que causen dor) nin moi grandes (para non matar deseguida)? Sabiades que é unha pena especificamente imposta en casos de adulteriro, acto que non é delicto (o que faltaba por oír!) na maior parte dos países do mundo?
Desde Amnistía Internacional unha nova campaña de recollida de sinaturas para pór fin a esta práctica totalmente inhumana. Se algo nos queda de humanos aos humanos. Axudade a conseguilo, por favor. É o poder da sinatura. O poder da palabra. O poder da voz. Un simple xesto pode axudar a que o mundo sexa máis habitable.




Todo estaba preparado para lapidar a Fariba. Habían cavado un hoyo lo suficientemente hondo para que la joven iraní de 35 años quedara enterrada hasta las axilas tal y como manda la Sharia, la normativa islámica. Una camioneta había transportado las piedras adecuadas (ni muy pequeñas ni muy grandes, dice la ley) hasta la prisión de Evin, en las altas montañas del norte de Teherán.La sacaron de la celda y la arrastraron hasta el patio carcelario. Entre lamentos, Fariba imploraba, juraba y perjuraba a sus guardianes: «Soy inocente».

Nadie escuchó sus ruegos ni su última voluntad: pedía despedirse de su marido y de su pequeña de 10 años. Le pusieron un saco en la cabeza, la metieron en el hoyo y, para inmovilizarla, lo rellenaron de tierra. Policías iraníes, armados con piedras, hicieron el resto.

La ejecución de Fariba tuvo lugar el pasado 22 mayo. Una semana después, su historia apenas merecía unas líneas en Entekhab, el periódico oficial de Irán: «Una mujer ha sido condenada a muerte por lapidación por su participación en películas porno», decía el titular.

Fariba conocía los escabrosos detalles de una lapidación por las historias de mujeres que habían sufrido la misma muerte. En muchos casos lo más doloroso no son los golpes de las piedras. El 10 de agosto de 1994, en la ciudad de Arak un juez religioso obligó al marido y a los dos hijos de una condenada a lapidación a que asistieran a la ejecución. Las criaturas tuvieron que presenciar cómo el camión lleno de rocas aparcaba en el lugar, cómo su madre imploraba que libraran a sus hijos del sufrimiento de verla morir, y cómo, en medio de la lapidación, su progenitora lograba esquivar la lluvia de guijarros y escapar durante unos minutos. Hasta que los guardias del régimen la alcanzaron y le dispararon a bocajarro"

Le o artigo completo: "Fariba, otra mujer lapidada".

30/01/09

Pola PAZ (VII)

Desde o IES Fernando Esquío de Neda, outra fermosa aportación pola PAZ:


Conspiración pola PAZ


PAZ?????????????
PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
Utopía imposíbel.
Palabra que xera poesía
Poesía? Poesía e Paz.

    Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro ao futuro harmonioso.

Tanques de algodón
Armas de caramelo
O noso soño
O noso desexo
A nosa conspiración.


Antoloxía Poética Intercultural: as mellores armas



Os exércitos:

Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra."
Nosoutros tamén participamos!!!


Día da PAZ



Seguiremos camiñando nesta liña. Día tras día, hora tras hora, minuto a minuto, segundo a segundo... A senda está chea de atrancos, pero conseguiremos superalos. E para iso, precisamos da vosa axuda. Sempre.



O cartaz é cedido polo IES Río Cabe. Grazas, unha vez máis.


29/01/09

Retos matemáticos... e non tanto (XIV)

Agardo que esta semana tanto os meus alumnos do Rallye Matemático como os incondicionais pasen uns minutiños rompendo a cachola con estes problemas (ou, polo menos, que non me digan que lles amarghaba comentar!!). Estes son máis doados, para que non vos queixedes tanto...

Reto 1.- Dispoñemos dun número de tres cifras ABC de forma que ABC + ABC + ABC = BBB. Loxicamente, o problema consiste en averiguar o número.

Reto 2.- Arredor dunha mesa, uns amigos participan nun xogo. Cal ? Esa non é a cuestión! Chega con saber que un deles gaña e que recibe de cada un dos outros tantas fichas como participantes. O gañador recibe deste xeito 156 fichas. Cantos xogadores hai?

Reto 3.- Cada semana, Xan recolle entre 40 e 200 ovos que vai vender ao mercado. Esta tarde, véspera de mercado, está perplexo: Se mete os seus ovos en envases de 6, sóbranlle 2. Se usa envases de 10, sóbranlle aínda 2. Faríanme falla, di, envases de 8 para envasar todo exactamente. Cantos envases de 8 lle fan falla?

Reto 4.- Hoxe é 29 de xaneiro de 2009 co que se me ocurriu construír unha sucesión de números a partir deste número primo do seguinte xeito: multiplicamos as dúas cifras (2x9) e escribimos o resultado a continuación. Proseguimos deste xeito multiplicando sempre estes dous últimos díxitos escritos e anotando o resultado. É dicir, a sucesión comezará do seguinte xeito:
291886424...
Cal é o díxito que ocupa o lugar 2009?

Solucións ao reto anterior
Reto 1.- 9 mulleres e 7 homes
Reto 2.- 4 con tres caras; 20 con dúas; 28 con unha e 12 con ningunha
Reto 3.- 13 / 0 / 11 / 6 / 8 / 3 / 5 / 16 / 3

Vídeo conferencia

As novas tecnoloxías é o que teñen: nin mentir se pode!


Pola PAZ (VI)

A miña querida amiga Montse, desde Lleida, achéganos este vídeo: Paz a ritmo de hip-hop.



E desde as B.E. esta fermosura de cartel:





Grazas as dúas!

28/01/09

Por Palestina III

O outro día asistín a unha concentración por Palestina en Lalín. Malia a pouca asistencia, foi moi emotiva, grazas á palabra de Celsiño e aos poemas e á música, verdadeira e única loita contra a guerra.



Pedinlle o texto a Celso para reproducilo aquí, pola súa autenticidade e pola súa fermosura. Agardo que vos impacte tanto coma a min.

Para as persoas que habitan Palestina

Parece que custa traballo en Lalín saír á rúa, dar unha palabra común a feitos que o merecen, e que neste caso coma pobo que presume de paz, débese dar.
Inauguramos hoxe un triste marcador de vítimas, para que se vexa a desproporción desta guerra e se defina o resultado pola palabra MASACRE e pola palabra ABUSO.
Simbolicamente metémonos no medio da pelexa e volvemos polo máis débil.
Nós, que somos un pobo que inda ten frescos os relatos de mortes por un metro de sitio nunha finca ou noutra, por un marco que se moveu, pola auga de rega para un prado..., deberemos comprender mellor aos palestinos usurpados, arrinconados, mortos, feridos e exiliados das súas propias terras, mais non do seu ser e da súa dignidade como pobo.
Como di Mamhud Darwix no seu libro Estado de sitio:

Sós, estamos sós ata a náusea,
por toda compaña as visitas do arco da vella.

A quen facemos mal? Facemos mal
a un país? Non nos terá que chaspizar,
sequera unha vez, a alegría?


Hai dous tipos de silencio:

O silencio que se garda como respecto e para honrar e pensar.
E o silencio que tapa coma se non pasase nada, coma se non fose cousa nosa nin nos importase o que pasa.

Pedimos un minuto do primeiro silencio



"Palestina... soy palestina.
Lo esculpí en todas las fachadas.
Con letras grandes y en lo más alto
Ese nombre me sigue, vive en mí y me alimenta
Las grutas de las montañas me conocen
Hice todo lo posible y luego pedí que la nación existiera
Saladino* llama desde muy dentro de mí
Toda mi identidad árabe clama venganza y libertad
Y mis banderas desplegadas en las colinas de Hattin**
Y la voz alarmada de mu'athen de Al-Aqsa**** pide ayuda
Y miles y miles de prisioneros
Convocan a la nación y corean
Llamándoles A Al-Quds (nombre áreabe de Jerusalén, significa "lo sagrado")
A una guerra denunciando la opresión y por destruir el sionismo
Ondeando banderas hasta el cielo
Y repitiendo mis palabras:

PALESTINA, PALESTINA, PALESTINA"

*Saladino dirixiu a resistencia contra as cruzadas europeas, recuperando Palestina do Reino de Xerusalén.

**As colinas de Hattin o sitio da batalla 4 de xullo de 1187, de Saladino contra as cruzadas europeas.

***Mu'athen é un imán.

****Al-Aqsa é unha mesquita de Xerusalén.


Coche caixa

Independentemente do coche, o anuncio está máis ca ben:



Vía Capítulo 0

Pola PAZ (V)

Desde BibloCaxado chéganos este texto de Eduardo Galeano, de quen xa temos falado tantas veces e a quen sempre hai que volver.

En 1975, el rey de Marruecos invadió la patria saharaui y expulsó a la mayoría de la población.
El Sáhara es, ahora, la última colonia de África.
Marruecos le niega el derecho de elegir su destino, y así confiesa que ha robado un país y que no tiene la menor intención de devolverlo.
Los saharauis, los hijos de las nubes, los perseguidores de la lluvia, están condenados a pena de angustia perpetua y de perpetua nostalgia. Las Naciones Unidas les han dado la razón, mil y una veces, pero la independencia es más esquiva que el agua en el desierto.
Mil y una veces, también, las Naciones Unidas se han pronunciado contra la usurpación israelí de la patria palestina.
En 1948, la fundación del Estado de Israel implicó la expulsión de ochocientos mil palestinos. Los palestinos desalojados se llevaron las llaves de sus casas, como habían hecho, siglos antes, los judíos que España echó. Los judíos nunca pudieron volver a España. Los palestinos nunca pudieron volver a Palestina.
Los que se quedaron fueron condenados a vivir humillados en territorios que las continuas invasiones van encogiendo cada día.
Susan Abdallah, palestina, conoce la receta para fabricar un terrorista:
Despójelo de agua y de comida
Rodee su casa con armas de guerra.
Atáquelo por todos los medios y a todas las horas, especialmente en las noches.
Demuela su casa, arrase su tierra cultivada, mate a sus queridos, especialmente a los niños, o déjelos mutilados.
Felicitaciones: ha creado usted un ejército de hombres-bomba.

Eduardo Galeano: Espejos. Una historia casi universal

27/01/09

Ortigas

Ortigas é o primeiro libro de Xiana Arias Rego, co que acadou o XIX Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé no ano 2006. Extraio do Limiar as seguintes palabras, indicadoras do que vos podedes topar na lectura do poemario áspero e inquedo:
"Este libro habita nos recunchos da consciencia, territorios inzados de ortigas e de herbas das ortigas. Este poemarios medraron nas estancias abandonadas da infancia dunha nena que se fixo grande emarchou para a cidade. Coma antre as ruínas da casa vella, estas imaxes, metáforas que se fan símbolos, foron medrando antre os pensamentos de Xiana até viraren palabras".

Sentada na porta da casa cun coxín na barriga,
cara de poucos amigos e
así se pasou maio.
Cumpríndolle os antollos.
O médico díxolle que tiña un embarazo psicolóxico.
Aos nove meses pariu un cartón de tabaco.


Ídevos.
Pero non se van.
Non abonda con querer que pase.

Ídevos.
Quedan.
Érguense e volven sentar a gargalladas.

Agárrame da orella e dime:
es unha estúpida se pensas que para non ver chega con pechar os ollos.


O café e a comida é onde nos atopamos máis cómodas, dá o tempo xusto de falar do traballo e de lembrar algunha anécdota curiosa, rir un pouco. Ela díxome: escapas, es coma o fume. Berramos e só nos apeteceu ver que a outra acababa chorando. Eu díxenlle: douche apertas para que digan que somos de verdade. Pero non son sinceras, contestoume, nin humildes.



Ahora es el momento


Teño que recoñecer que non coñecía nin o libro nin o escritor cando meu irmán mo recomendou encarecidamente. E teño que recoñecer que non tiña perdón. Porque lelo é unha viaxe iniciática nova, un escritor que foxe da adxectivación para recurrir á repetición, sendo así máis efectivo, sen dúbida.
Tom Spanbauer vai contando historias case vulgares, que poderían parecer tediosas, conseguindo todo o contrario. Personaxes que non se atreven mesmo a ser reais debido ás máscaras que adoitamos levar.
Ahora es el momento’ conta a historia dun rapaz que abandona o mundo pechado no que vive, un mundo católico e granxeiro para coñecer a explosión cultural do seu país lonxe da súa casa. Ao principio, preguntámonos como poden dar 600 páxinas para contar tan pouca vida: 17. E aí están. Nin tediosas nin aburridas, senón todo o contrario.

"Justo delante de mis ojos, mis ojos almendrados y castaños, en lo más profundo del espejo busqué algo grácil, verdadero, hermoso. Busqué a Dios. Lo único que vi fue al cabrón caprichoso que nos había dado nuestros cinco sentidos, que nos había dado el sexo, que nos había dado cierta inteligencia y luego nos había dejado sueltos. Nos correspondía a nosotros hacer el resto".

Máis que recomendábel.

Pola PAZ (IV)

Hoxe, e grazas a Olga, este poema de José Mário Branco, A Ronda do Soldadinho, incluído no libro-disco Solaina do grupo musical Na Virada e editado por Kalandraka, e que contén doce temas inspirados en letras populares de autores galegos, portugueses e brasileiros :

Um e dois e trés

Era uma vez um soldadinho

De chumbo náo era

Como era o soldadinho.

Um menino lindo

Que nasceu num roseiral

O menino lindo

Náo nasceu para facer mal.

Menino cresceu

Já foi á escola de sacota

Um e dois e trés

Já sabe ler, sabe contar.

Menino cresceu

Já aprendeu a trabalhar

Vai gado guardar

Já vai lavrar e semear.

Menino cresceu

Mais náo colleu de semear

Os senhores da terra

Mandam-no á guerra morrer ou matar.

Os senhores da guerra

Náo matam, mandam matar.

Os senhores da guerra

Náo morrem: mandam morrer.

A guerra é para quem

Nunca aprendeu a semear

É para quem só quer

Mandar matar para roubar.

Dançemos, meninos,

A roda no roseiral

Que os meninos lindos

Náo nascem para fazer mal.





Nota: A versión incluída no libro-disco é unha adaptación deste poema.
Editado o 29/11/2009

26/01/09

A Química do Amor

Creo que vos vai encantar este post. E de seguro iredes ás ligazóns que vos ofrecemos desta volta. Porque o amor é un tema que vos interesa, ou non?
Seica falar de "química do amor" é axeitado. Na fervenza de reaccións emocionais hai electricidade (descargas neuronais) e hai química (hormonas e outras substancias que participan). Elas son as que fan que unha paixón amorosa descontrole a nosa vida e son as que explican boa parte dos signos de namoramento. Cando topamos á persoa desexada dispáranse os sinais de alarma e o noso organismo entra en ebulición. A través do sistema nervioso o hipotálamo envía mensaxes ás diferentes glándulas do corpo, aumentando a produción de adrenalina e noradrenalina.
Non hai dúbida: o amor é unha enfermidade; ten o seu propio rosario de pensamentos obsesivos e o seu propio ámbito de acción.
Segue lendo aquí.
E aquí o artigo "O amor é química e algo de amizade".
Eduardo Punset analiza que sucede no noso cerebro cando nos namoramos.



Pero aínda que nos comportemos de xeito "raro", sempre está ben sentilo, non si?

Vía Aulablog21


Pantalóns fóra

O pasado 10 de xaneiro preto de 2500 persoas sacaron os pantalóns no metro en 22 cidade do mundo.
Uunha acción convocada por Improv Everywhere, un grupo que promove "escenas de caos e humor" en lugares públicos.
Este colectivo, creado en agosto de 2001 por Charlie Todd, ten executado máis de 80 misións coa participación de miles de axentes encubertos. O grupo ten a súa sé na cidade de Nova Iorque, onde había máis de 1200 participantes, repartidos en catro liñas de metro.
O máis divertido supoño que será o abraio da xente que os rodea, a xulgar polas caras que podedes ver neste vídeo. E o que máis choca é que debe ir un frío tremendo. Aquí non nos unimos porque non temos metro!




Vía Todas

Pola PAZ (III)

Outro agasallo de Beni, un poema de Alberti:



Grazas novamente.

25/01/09

Así eran

Unha ollada cara ao noso pasado escolar.

Obesidade


"Obesidade é suicidio. Mais ese non precisa ser a fin da liña para vostede. Saiba como a cirurxía bariátrica pode axudalo."





Ollo! É unha campaña dun instituto de cirurxía, non de nutricionistas para a prevención.

Vía Recogedor

Pola PAZ (II)

Imaxes e reflexións de Premios Nobel da paz:



Facebook

Análise profunda das redes sociais...







Grazas, Andrea.

24/01/09

A nosa tele

Vía Mi mesa cojea, unha descrición fantástica de catro programas da televisión. Comprobareredes como Anxo ten razón: as Matemáticas están en todo.
Como a maior parte de vós sodes moi televiseiros, xa me diredes se é axeitada ou non.











Pola PAZ (I)

Repetimos título. Hai un ano comezamos a finais de xaneiro a publicar unha serie de post sobre a PAZ até chegar ao 30 de xaneiro. Un ano máis, espantados pola situación de Gaza que retemos na nosa retina e non desexamos esquecer, pero lembrando por suposto outras guerras que asolan o noso mundo e sabendo que a violencia está presente nas nosas vidas cotiás, volvemos cada día desde hoxe ata ese Día que non debería existir se a humanidade soubese o que significa esta palabra.
E comezamos cun agasallo que nos fai o noso amigo Beni das BE. Desde o IES Aleixandre Bóveda, o poema de Celso Emilio, Irmáns, interpretado por Fuxan os Ventos:


Grazas, Beni

Faino xa!

Menos mal que a miña mamá non me ve...




Sabemos que estiveches blogueando. Non volvas facelo, sexa o que sexa.


Páxina do debuxante


Vía Mangas Verdes


23/01/09

Visita virtual ao Museo do Prado

Pódese visitar virtualmente o Museo do Prado a través de Google Earth. A obras poderás ser vistas con todo detalle, as pinceladas foron capturadas con alta resolución de 14000 millóns de píxeles, un nivel de detalle 1400 veces maior que o obtido cunha cámara dixital de 10 megapíxeles.




Vía No solo libros

Traviata en plastilina

Vía Bibliovaladares chego a esta orixinal Traviata en plastilina, poesía e traballo para un resultado fermoso:

22/01/09

Retos matemáticos... e non tanto (XIII)

Imos facer un trato. Como estou preparando a un grupo de alumnos que se presentarán ao Rallye Matemático a finais do mes de Marzo, comprométome a facer esta sección fixa todos os xoves para que (aparte dos incondicionais) tamén poidan participar eles. Polo de pronto, aí vos van tres problemiñas:

Reto 1.- Unha orquestra está formada por 16 xoves, o número de mulleres e superior ao de homes. Unha irmá e o seu irmán, Maruxa e Paco, forman parte desta orquestra. Unha vez que eles faltaron a unha actuación, o número de mulleres e de homes presentes eran a medida dos dous lados do ángulo recto dun triángulo rectángulo no que a lonxitude da hipotenusa está dada por un número enteiro. Cantas mulleres e homes constitúen dita orquestra?

Reto 2.- A un cubo de madeira de 4 cm de lado píntanselle cinco das súas caras. Despois córtase en 64 cubiños dun centímetro de lado cada un deles. Cantos cubiños se obteñen con tres caras pintadas, con dúas caras pintadas, cunha soa cara pintada e sen caras pintadas?

Reto 3.- Lucky Luke colocou 8 cabalos en cada unha das nove cercas. De seguida, os cabalos, paseando libremente, cambian dunha cerca de outra. En certo momento, a cerca nº 2 está baleira, a nº 3 ten 11 cabalos e había o mesmo número de cabalos en cada liña horizontal, en cada liña vertical e en cada diagonal. Nese momento, cantos cabalos había en cada cerca?

Solucións ao reto anterior
Reto 1.- 42951
Reto 2.- 17/06/2345
Reto 3.- 21978 x 4 = 87912

Robonovelas

Aquí podedes ver a Murasaki, autora e narradora do clásico medieval xaponés A novela de Genji, do século XI. É un robot creado polo Robo-Garage da Universidad de Kyoto que recita e interpreta o texto íntegro, vestido cun kimono da época e que é quen de até mover un abano agochado na súa manga como adoitan as geishas.
Que será o próximo?





Vía Papel en blanco

Krazy Kat

Curta de animación con monecos de plastilina:



Vía La cárcel de papel

21/01/09

Nazón de Breogán



Lembrámosvos que na Casa da Cultura de Silleda podedes contemplar a exposición "Nazón de Breogán" ata o 30 deste mes.


Discurso de Gervasio Sánchez

Chegou ao correo canda máis ou menos Charo o publicou. Creo que é interesante de máis como para deixalo sen publicar tamén nós: así pois, aquí o tedes. Grazas, novamente.

Cultivos transxénicos

Libro de poemas de Carlos Negro, gañador do I Certame de Poesía Victoriano Taibo, Cultivos transxénicos preséntase nun principio como unha serie de preguntas e respostas ao xeito do Catecismo do labrego para falar da agónica sociedade tradicional. Non me foi doado seleccionar algúns poemas, pero aí van:

Testamento

O poema levanta acta
da redución do rural
a produto de mercado,
da reciclaxe da aldea
en paraíso perdido,
da conversión da terra
en idílico escenario,
da moda publicitaria
que converte o labrego
en gardián das esencias,
unha casa abandonada
nun hotel con encanto,
os apeiros da memoria
en ornamento de pazo,
a cultura campesiña
en estampa de museo.


Política urbanística

Aquí, estimados señores,
iso que chaman memoria
é unha leira abandonada
cen por cen urbanizable:
corten, pois, os carballos.


Hardware agrario

Non sei se os nosos fillos han saber da terra.
Do negra que pode chegar a ser sobre as mans.
Por iso, teremos que educalos para o tacto.
Para que apalpen na escuridade das orixes.


Cámaras frigoríficas

Agora que a froita de óso xa non sabe a nada.
Agora que o pan se precociña e desconxela.
Agora que xa non hai nin cereixas nin paxaros.
Agora que se perderon os nomes exactos.
Agora xa nin doe de tanto que se ignora.


Corpos pintados

Outra presentación que lle debo a Zulunation. Corpos pintados, unha marabilla, por Enma Hack:



E ademais o corpo como soporte das tribos de L'Omo -Etiopía-, fotos de Hans Silvester. Esta debémoslla a Mesturas.

Ninguén está só

A alumna Thalía Troitiño achéganos a súa opinión sobre este libro:


Gustáronme todos os relatos pero o que máis me engaiolou foi o de Agustín Fernández Paz. O feito de que conte a historia dun profesor, e a situación que se vivía antes, durante e despois da guerra é algo que me apaixoa. Isto é porque considero que estes sucesos, a guerra civil española, é algo que tod@s debemos coñecer, pois iso non debe repetirse nunca. Non podemos permitir que nos goberne alguén que só pretende o ben propio e só respecta a aquele que teñen as súas mesmas ideas.
A palabra xustiza existe para algo, non está simplemente para oíla, lela ou escribila, senón para que esta se practique.
Outro dos relatos que me gustou moito foi o de Antonio Reigosa, pola orixinalidade con que está escrito. Amósanos como a vida dalgunhas persoas é tan fácil e doutras non o é. O branco cruza o mar por mor de sona ou cartos, por un récord, o negro faino por supervivencia xa que o seu país non lle ofrece recursos para sobrevivir.
Recomendo este libro pois ten historias moi bonitas e que merecen ser lidas, pois como ben di o poema de José Agustín Goytisolo

Ninguén está só. Agora
neste mesmo instante
tamén a ti e a min
nos teñen atados das mans.

Porque mentres nós nos lembremos do que pasa no mundo e do que moita xente está a vivir, non será un simple recordo senón persoas que loitan polas súas vidas.

20/01/09

Crónica de una muerte anunciada


Unha das miñas grandes lectoras de 1º de Bacharelato, Susana Cumbraos, achéganos esta lectura de Nadal:

Esta obra sempre chamou a miña atención, aínda que non sei por que; quizais foi despois de estudala en castelán, de coñecer un pouquiño máis o autor e de escoitar o ben que me falaban dela. Por todo isto, neste nadal decidinme a lela, e a verdade é que non me arrepinto, pois é unha historia entretida de narración impecable. Como ben di o título, é unha crónica dunha morte anunciada, é dicir, que está visto que vai ter lugar e isto vai ser o niño de todo o asunto. Ao redor deste crime danzan os personaxes que nos amosan, de xeito indirecto, a súa forma de ser, coas súas virtudes e os defectos, sen pudor. Parece mentira como o autor fai un "antes" e un "despois" que se van alternando continuamente, para ao final non avanzar máis alá da morte, pero non obstante facendo posíbel a creación dunha verdadeira historia.
Un libro que sen dúbida ningunha gustaravos.

E eu teño que engadir, que esta alumna hoxe me confesou que tiña pensado falarme da saga de Crepúsculo pero que non o ía facer porque... estaba a defraudala!!!! Ben por Susana!.

Erros históricos

Novamente, unha presentación interesante que paga a pena ler:

19/01/09

Máis aniversarios


E tamén vía Todas, outro aniversario hoxe: Janis Joplin naceu o 19 de xaneiro de 1943, hai pois 66 anos, e morreu no ano 1970. Foi un símbolo feminino da contracultura dos 60 e a primeira muller branca considerada unha estrela do Rock and Roll. Está considerada como unha das mellores cantantes de todos os tempos.



200 Aniversario de Edgar Allan Poe

Hoxe celébrase o 200 aniversario do escritor de literatura fantástica Edgar Allan Poe, pai da novela gótica, lembrado especialmente polos seus contos de terror.
Vía Todas, podedes ler Ligeia, publicado por vez primeira o 18 de setembro de 1838, na revista American Museum; recibiu 10 dólares por el. Segundo o propio Poe, é o seu mellor relato breve.

Juro por mi alma que no puedo recordar cómo, cuándo ni siquiera dónde conocí a Ligeia. Largos años han transcurrido desde entonces y el sufrimiento ha debilitado mi memoria.
O quizá no puedo rememorar ahora aquellas cosas porque, a decir verdad, el carácter de mi amada, su raro saber, su belleza singular y, sin embargo, plácida, y la penetrante y cautivadora elocuencia de su voz profunda y musical, se abrieron camino en mi corazón con pasos tan constantes, tan cautelosos, que me pasaron inadvertidos e ignorados.

No obstante, creo haberla conocido y visto, las más de las veces, en una vasta, ruinosa ciudad cerca del Rin. Seguramente le oí hablar de su familia. No cabe duda de que su estirpe era remota. ¡Ligeia, Ligeia!

Sumido en estudios que, por su índole, pueden como ninguno amortiguar las impresiones del mundo exterior, sólo por esta dulce palabra, Ligeia, acude a los ojos de mi fantasía la imagen de aquella que ya no existe. Y ahora, mientras escribo, me asalta como un rayo el recuerdo de que nunca supe el apellido de quien fuera mi amiga y prometida, luego compañera de estudios y, por último, la esposa de mi corazón. ¿Fue por una amable orden de parte de mi Ligeia o para poner a prueba la fuerza de mi afecto, que me estaba vedado indagar sobre ese punto? ¿O fue más bien un capricho mío, una loca y romántica ofrenda en el altar de la devoción más apasionada? Sólo recuerdo confusamente el hecho. ¿Es de extrañarse que haya olvidado por completo las circunstancias que lo originaron y lo acompañaron? Y en verdad, si alguna vez ese espíritu al que llaman Romance, si alguna vez la pálida Ashtophet del Egipto idólatra, con sus alas tenebrosas, han presidido, como dicen, los matrimonios fatídicos, seguramente presidieron el mío.

Hay un punto muy caro en el cual, sin embargo, mi memoria no falla. Es la persona de Ligeia. Era de alta estatura, un poco delgada y, en sus últimos tiempos, casi descarnada. Sería vano intentar la descripción de su majestad, la tranquila soltura de su porte o la inconcebible ligereza y elasticidad de su paso. Entraba y salía como una sombra. Nunca advertía yo su aparición en mi cerrado gabinete de trabajo de no ser por la amada música de su voz dulce, profunda, cuando posaba su mano marmórea sobre mi hombro. Ninguna mujer igualó la belleza de su rostro [...]

Tedes aquí o texto completo.

The Tomb of Ligeia. Trailer (1964)
Versión cinematográfica do relato dirixida por Roger Corman e protagonizada por Vincent Price:


Seguimos igual

Realmente somos así? A publicidade empéñase continuamente en ofrecernos este tipo de roles... vós me diredes se vos sentides identificad@s, porque eu volvo dubidar do meu sexo!





A pregunta en cuestión é: parécevos machista? Porque eu téñoo moi claro... e vin por aí que outra xente opina diferente. Agárdovos.


18/01/09

Sen esquecer

Tantas veces chegou este vídeo ao meu correo, que decidín colgalo aquí; é, cando menos, unha fermosa historia para ofrecervos:


Resistencia

Resulta anecdótico asistir pola mañá a unha manifestación pro-Palestina e pola tarde chorar ante unha película, baseada en feitos reais, sobre uns xudeus que se defenden do nazismo como poden e sobreviven a aquela barbarie. Pouco o nada aprendemos do pasado, un pasado non tan afastado. Cantas obras de arte, cantas novelas, cantos poemas, cantos filmes, cantos cadros... ten xerado o nazismo? Ocorrerá o mesmo coa masacre do pobo palestino no futuro?
Resistencia é unha película dirixida por Edward Zwick e protagonizada por Daniel Craig e Liev Schreiber. Non destaca especialmente por ningún aspecto agás o fotográfico, é entretida e profundiza pouco sobre a miseria humana; desenvólvese case todo o tempo nun mesmo lugar, neste sentido é un tanto claustrofóbica, e céntrase no valor de catro irmáns por primeiro, fuxir, e logo axudar a un montón de xudeus que foxen da morte segura dos campos de concentración. Un documento máis sobre a barbarie daquela época.



E como do que estamos a falar é precisamente deste pasado inmisericorde protagonizado polos xudeus vítimas cun presente inmisericorde protagonizado polos xudeus verdugos, deixámosvos estas imaxes de Rodolgo Walsh que Charo tan amablemente nos proporcionou:
.


Gaza en directo

O doutor Izz el-Deen Aboul Aish en directo nunha televisión israelí esixiu desesperado respostas pola morte das súas fillas e sobriñas da súa vivenda de Gaza. A dramática conversa con Abu Al Yesh conmocionou aos telespectadores. O doutor colabora desde Gaza cos medios israelís. Shlomi Eldar, xornalista israelí, amigo de Abu El Yesh, chamou para parar o ataque e enviar unha ambulancia, logrou mobilizar ás autoridades israelís e toda a familia foi trasladada a Israel.
Os palestinos con contan con ese tipo de axudas.




O fotoperiodista Mohammed Abed estaba no patio dunha escola da ONU cando un proxectil israelí estalou e os fragmentos incandescentes caeron sobre as pistas deportivas do colexio.










Vía Islas Cíes e La Huella Digital

17/01/09

Preservando

Anuncios de preservativo de xeito animadamente metafórico. Creación de Superfad. Para maiores!




Vía Mangas Verdes

Con Palestina

Vémonos mañá:


Aprendendo

Con Borges:


Después de un tiempo, uno aprende la sutil diferencia entre sostener una mano y encadenar un alma, y uno aprende que el amor no significa acostarse y una compañía no significa seguridad, y uno empieza a aprender.

Que los besos no son contratos y los regalos no son promesas, y uno empieza a aceptar sus derrotas con la cabeza alta y los ojos abiertos, y uno aprende a construir todos sus caminos en el hoy, porque el terreno de mañana es demasiado inseguro para planes... y los futuros tienen una forma de caerse en la mitad.

Y después de un tiempo uno aprende que, si es demasiado, hasta el calor del sol quema.

Así que uno planta su propio jardín y decora su propia alma, en lugar de esperar a que alguien le traiga flores.

Y uno aprende que realmente puede aguantar, que uno realmente es fuerte, que uno realmente vale, y uno aprende y aprende... y con cada día uno aprende.

Con el tiempo comprendes que sólo quien es capaz de amarte con tus defectos, sin pretender cambiarte, puede brindarte toda la felicidad que deseas.

Con el tiempo aprendes que las palabras dichas en un momento de ira pueden seguir lastimando a quien heriste, durante toda la vida.

Con el tiempo aprendes que disculpar cualquiera lo hace, pero perdonar es sólo de almas grandes.

Con el tiempo te das cuenta de que cada experiencia vivida con cada persona es irrepetible.

Con el tiempo te das cuenta de que el que humilla o desprecia a un ser humano, tarde o temprano sufrirá las mismas humillaciones o desprecios multiplicados al cuadrado.

Con el tiempo aprendes a construir todos tus caminos en el hoy, porque el terreno del mañana es demasiado incierto para hacer planes.

Con el tiempo te das cuenta de que en realidad lo mejor no era el futuro, sino el momento que estabas viviendo justo en ese instante.

Con el tiempo verás que aunque seas feliz con los que están a tu lado, añorarás terriblemente a los que ayer estaban contigo y ahora se han marchado.

Con el tiempo aprenderás que intentar perdonar o pedir perdón, decir que amas, decir que extrañas, decir que necesitas, decir que quieres ser amigo, ante una tumba, ya no tiene ningún sentido.

Desafortunadamente, solo con el tiempo...

Jorge Luis Borges


Graza, Vicky.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.