"Tes que entender que non podes esperar consolarte da túa dor escribindo"
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
15/10/25
O amigo
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
06/09/20
A natura exposta
Encántame Erri de Luca. E cando descubrín que tiñamos esta tradución á nosa lingua, non o dubidei. É a editorial Rinoceronte quen se encarga de nos traer A natura exposta: unha obra sobre a procura da beleza de mans dun escultor. Unha vez máis, destaca a escrita do autor, a súa prosa lenta e fermosamente sinxela, a súa prosa poeticamente profunda e concretamente abstracta. O autor é unha persoa moi comprometida socialmente e isto reflíctese nos seus libros; neles hai decote unha reflexión sobre o ser humano, sobre a caridade, a solidariedad, a fraternidade, as relixións -que destacan neste libro- e sobre a emigración -tamén moi presente neste-.
Todo o libro é unha reflexión en si mesmo, agás un episodio que me deixou un pouco anonadada e que non cheguei a comprender. Quizais sexa o menos importante pero pareceume un elemento discordante e sobrante. Logo, coma sempre, é unha obra mestra de reflexión onde a conciencia da dor allea é un eixo sobre o que discorre a obra.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte
12/01/20
Hôzuki
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte
20/08/19
Fame
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
07/04/19
Tres días e unha vida
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
15/09/18
Fun Home. Unha familia tráxica
A historia que conta é moi interesante, aínda que non me acabe de convencer a súa lectura, non sei se por ter unha prosa demasiado densa ou pola inxenuidade dos debuxos. Aínda así, é unha obra a ter moi en conta, polo interese que supón a historia en si mesma (o descubrimento da propia sexualidade, a relación con seu pai, a oculta homosexualidade deste...) e polo amor pola lectura que respira a obra. Isto destaca dende un principio: a autora amósanos personaxes lectores continuamente; os libros son e serán case o único vínculo con seu pai e serviranlle á protagonista de explicación para que o lector poida entender o carácter ben difícil da figura paterna.
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
10/09/18
Oryx e Crake
Que sucedeu? O mundo está en ruínas, famélico. Que provocou a case desaparición da especie humana? Agora habitan estas ruínas criaturas híbridas. Ata chegar aos últimos capítulos non coñeceremos a verdade, o inicio de todo: a sociedade que nos presenta a autora antes do desastre é unha sociedade que segrega socialmente, que xa sufriu o cambio climático e a manipulación xenética
Atoparalo en Ciencia, Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
17/05/18
O rapaz que nunca existiu
Gustoulle moito este libro á miña alumna María Guinarte, quen di así:
Atoparalo en Colaboracións, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
11/12/16
As almas grises
Almas grises deixa o gris na alma cando rematas a súa lectura. O entusiasmo vén posteriormente, cando sacodes a tristura que este libro transmite. Unha tristura inherente ao lirismo que impregna toda a obra. Porque o libro vai máis alá do que nos conta a acción, un caso de asasinato dunha nena ocorrido hai vinte anos, coa desazón que provoca a bruma das nosas vidas, os recunchos das nosas almas, xa que non hai ninguén tan malo como semella, aínda que hai moi boas persoas, tanto "que ata a morte as quere con ela". No mundo non abundan os bos sentimentos porque a dor os destrúe. O mundo fai que sexamos grises, é o mundo quen ten o poder de nos cambiar.
O final é totalmente arrollador. O drama verdadeiro que se agochaba ata as últimas liñas.
Hai que lela. Mellor dito, hai que ler a este autor, por imprescindible. Porque é poesía transformada. Porque é auténtico. E máis.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
07/12/16
A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey
A reconstrución do ser humano despois da II Guerra Mundial pon en contacto a persoas afastadas que teñen en común a paixón pola lectura: esa mesma paixón que a nós, lectores, nos fai gozar coas súas páxinas, coa súa tenrura, coa amizade que destila, coa indignación que provoca o sufrimento e a morte inxusta.
O título é orixinal, e sen ser unha obra mestra, déixase querer, harmoniza as palabras e a acción de tal xeito que atrapa o lector, quen desexa avanzar paulatinamente para non acabar demasiado rápido con esta lectura amena e agradable que vos recomendo. Unha lección, ademais, sobre a importancia dos libros nos momentos cruciais e como estes mesmos poden axudar a salvarnos das peores situacións.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
14/09/15
O cuarto de invitados
Helen Garner transmite en O cuarto de invitados , libro que vén de publicar a editorial Rinoceronte, a soidade, a profundidade da desolación que o ser humano sente ante a morte, a crenza irracional de calquera milagre custe o que custe, a tensión que a enfermidade terminal pode provocar na amizade, na familia, en calquera persoa. A negación da realidade por unha parte, e a forte sacudida da ira pola outra son, quizais, os elementos máis sobresalientes desta tremenda novela, comprometida por si soa coa realidade e a verdade máis furibunda.
Non sei se a Amizade está por riba de todo. Lida esta obra semella que si. Que por riba de pequenas frustracións, malentendidos, enfados e desenganos están o humor e a entrega, envolvendo todo nun nobelo que fala tan só dunha palabra: aprecio, e a devoción que este conleva.
Inmensamente recomendábel. Inmensamente tenra. Inmensamente real. Inmensa.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
27/10/13
Infancia
Publicado por Rinoceronte, Infancia de J. M. Coetzee novela a primeira parte da vida do autor. Como gran escritor que é, os seus libros adoitan ser un prodixio literario. E dicindo isto, teño que confesar que a min estes libros de memorias non me enchen. Hai xa tempo lin Verán -agora tamén en galego grazas a Rinoceronte- e pasoume o mesmo. Supoño que nada hai comparable ao efecto que en min fixo Deshonra, insuperable certamente.Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
05/09/13
Goražde, zona segura
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
29/08/13
Os caloteiros
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
23/11/12
Persépole
Atoparalo en Club de lectura, Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
15/09/12
POB. 1280
Foi un grande pracer descubrir que xa contamos con Jim Thompson na nosa lingua, novamente grazas á editorial Rinoceronte. Como sabedes, Thompson é un clásico da novela negra que debemos coñecer. O título que nos ocupa desta volta é POB. 1280 (en castelán topeino como 1280 almas en RBA),e volve ser unha lectura desoladora, dura, cun narrador protagonista que actúa segundo o seu propio criterio, enganángonos coa súa actitude parva e acomplexada. É un libro impactante, a pesar de estar acostumad@s a este tipo de novelas, que non deixa indiferente. Porque non todo é o que parece, o autor sabe enganar o lector coa súa posa sinxela, e case nos convence de que este antiheroe é unha pobre vítima da cruel e cínica sociedade do seu tempo. Ata que descubrimos con horror cal é a verdadeira natureza do suxeito.A mesquindade en todo o seu esplendor.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
13/09/12
Marcas de nacemento
Dolorosamente fermoso, sensiblemente emocionante. Como definir este marabilloso libro, Marcas de nacemento de Nancy Huston?
Porque esta lectura que me tivo atrapada
nas súas derradeiras cen páxinas, é un libro conmovedor que atinxe case
de crequenas ao holocausto nazi e que nos leva por catro xeracións
diferentes e unidas por un nexo común que entenderemos ao pechalo. Unha
viaxe cara ao pasado, pois as catros xeracións son contadas de diante
para atrás, catro nenos de 6 anos con vivencias totalmente diferentes
-que irán perdendo a candidez propia da infancia a medida que avanzamos
de xeración- que os marcarán de por vida, cunha trama complexa que
analiza ademais a sociedade destas catro épocas diferentes con algunha
guerra sempre presente (e Estados Unidos nela). O mérito está en que son
os nenos os que contan a súa historia, a súa maneira, a xeito de
diálogo, a xeito de reflexión, a xeito de soño, a xeito de
desesperación, a xeito de intolerancia, a xeito de tristura... é unha
novela triste, certamente, cuxa lectura non nos deixará indiferentes.Atoparalo en Guerras, Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
A boca chea de terra
Menos mal que este libro de Branimir Scepanovic é curto. Porque se chega ser moi longo dáme un infarto. Non estou de broma, non, dígoo totalmente en serio. Que atmosfera máis opresiva, máis abafante!A boca chea de terra non é un libro para pasar un anaco de tempo entretido, é un libro estresante, desacougante, un libro que baixo ningún concepto deixa indiferente.
A soidade, presente na colectividade, é o motor da novela, xunto coa nostalxia e a busca da beleza na natureza, posto que o ser humano sempre resulta máis depravado, sempre defrauda.
Sinceramente, unha obra mestra que deberiamos coñecer.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
27/08/12
Contrato con Deus
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
24/03/11
Mexillóns para cear
Novela xuvenil? Dende logo, moi diferente ás nosas. Eu, polo pronto, xa a propuxen no club de lectura. A ver como resulta. Ao meu entender, boísima.
Así que, novamente, grazas Luz pola recomendación.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución, Violencia, Violencia de Xénero
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.

















