Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Blackie. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Blackie. Amosar todas as publicacións

03/05/22

Hermanito


 Ibrahima Balde e Amets Arzallus Antia
relatan conxuntamente Hermanito -Miñán- publicado por Blackie Books, unha historia real e dura, porque a vida non é doada, sobre todo para algunhas persoas, sobre todo para algúns países, sobre todo para algunhas civilizacións. É unha historia crúa contada sen metáforas nin epítetos, contada polo protagonista para que poidamos lela. Unha viaxe na procura dun irmán e onde a inhumanidade dá a man á humanidade, porque iso é algo que nos representa, a bondade a maldade da man. Un deses libros que debemos dar a coñecer para entender algo mellor o drama de inmigración e para sabérmonos como somos. Desde logo, imposible permanecer indiferente antes as palabras da súa historia, do sufrimento que non nos pode ser alleo, porque o que marca as nosas vidas é o lugar onde nacemos. A partir de aí, a vida é ben diferente. Así de inxusta é. E o protagonista consegue roubar do sufrimento a beleza: beleza do seu amor.



22/07/18

Doctor de Soto. Dentista de animales

Un clásico que nos trae a editorial Blackie Books de William Steig: Doctor de Soto. Dentista de animales. Steig é un dos grandes da Literatura Infantil, autor orixinal que combina o humor e a tenrura de xeito excepcional. Neste libro temos unha fábula divertida que fala da importancia da intelixencia e non do tamaño do animal.

31/08/17

Los imaginarios

A editorial Blackie Books tráenos este marabilloso relato de A.F. Harrold con ilustracións imprescindibles de Emily Gravett: Los imaginarios é unha historia para nen@s e para non tan nen@s, porque arrastra consigo reflexións importantes, como a fidelidade na amizade, o amor familiar, o respecto e sobre todo a perda da imaxinación que sufrimos cando medramos (a biblioteca como lugar esencial para axudar a que non suceda este proceso, o valor dos libros para manter con vida o maxín). Pero tamén fala de que ás veces esquecemos comunicarnos precisamente coas persoas que temos máis preto. E tamén fala da dor da separación, do medo que sentimos a perder a alguén que amamos.
As ilustracións debemos mencionalas porque parécenme esenciais. Mesmo na parte inferior das páxinas dereitas hai un debuxo que vai collendo vida a medida que lemos.
Así que estamos ante unha historia de tenrura, de amizade, de cariño. Un libro precioso que paga a pena.

"Estaba en una biblioteca. 
Amanda le había hablado de ellas, pero nunca había visto ninguna. Le había dicho: "Es el mejor sitio para estar cubierto un día de lluvia. Cada libro es una aventura", y a ella le encantaban las aventuras."

21/08/17

Que me quieras

Que me quieras de Meritt Tierce, publicado por Blackie Books é unha lectura que me deixou intensamente noqueada, por ser tan dolorasamente brutal, por pasear pola dor case dun xeito aséptico, facendo equilibrios, como eses que vemos desafiando a lei da gravidade. A saltos, sabemos da moza que ía ir a Yale pero queda embarazada na adolescencia, estragando calquera plan de futuro; logo, imos participando da dor, do traballo de camareira arredor de homes sen escrúpulos, da droga, das autolesións, do sexo. E imos tremendo. Cunha vida baleira que só é quen de encher cando pensa nunha filla que non vive canda ela, pero que ama por riba de todo, aínda que seguramente non saiba expresalo. Nalgúns momentos necesita abusar de si mesma, non hai quen lle provoque ese abuso senón ela mesma, e iso infrínxenos máis medo.
A carón da dor, o traballo, os compañeiros, a descrición dunha vida chea de vasos rotos onde a protagonista nin sequera se lamenta; a decisión valente de querer gañarse a vida por riba de todo, de non amosar os sentimentos, de ser unha boa profesional. Só o conta. Para que a dor sexa resolta con máis dor. E esta é relatada fragmentadamente, porque a dor non é senón a conciencia dunha vida espantosa, desgarradora. Como a lectura.



Pequeña en la jungla

Publica Blackie Books este álbum de Marta Altés titulado Pequeña en la jungla, un libro sobre as dificultades e as avantaxes que ten ser o máis pequeno da familia. Dado que a  nosa pequena protagonista nunca pode realizar as mesmas tarefas canda os grandes, decide ser moi valente e expolar pola súa conta o bosque, sen ser consciente dos perigos aos que terá que enfrontarse, captados polo lectorado grazas ás ilustracións e o seu detallismo e ignorados por ela mesma, porque a valentía -máis ben a inconsciencia- non os deixa ver. Unha metáfora da vida cotiá que debemos vivir, ás veces, como arriscada aventura.
Un álbum para peques moi rico e sinxelo.


01/12/16

Babar. Todas las historias

Babar. Todas las historias é un volume que recolle os seis libros do elefante Babar, ese animal inesquecible creado por Jean de Brunhoff, libros publicados dende 1931 ata 1937 e que agora nos trae Blackie Books con prólogo de Maurice Sendak, quen destaca valores como o optimismo, a procura da felicidade, a responsabilidadea dun protagonista ilustrado dun xeito ben sinxelo, aparentemente. Ademais, hai un apartado con bosquexos, edicións orixinais e fotografías dos Brunhoff. Boto de menos que o libro non teña un maior tamaño, xa que a min, particulamente, gústanme os álbums ilustrados de gran tamaño, e coido que esta edición gañaría moito de facer máis grande, e non como un libro máis. 
Pero agardo a que dea a coñecer mellor as súas deliciosas historias.


25/10/16

Mi amigo Libro

Fermosísimo este álbum que publica Blackie Books de Kirsten Hall con ilustracións de Dasha Tolstikova: Mi amigo Libro dálle voz a un libro, un libro que como calquera libro necesita ser comprado, lido, amado, respectado... tanto que ata nos ensina a coidalo, dándolle unhas gardas. Así que estamos ante unha historia metaliteraria onde Libro nos conta a súa propia historia de amor e celos, porque tamén os hai, claro, cando un animal ou outra persoa compite no cariño. E é que os libros, coma este, senten profundamente canto hai arredor. Unha historia de amizade e cariño entre unha nena e un libro, unha historia que podería ocorrer en calquera casa... se se lle dá a oportunidade!
Unha homenaxe aos libros de papel que foi seleccionado polo "New York Times" como un dos mellores álbums ilustrados do ano.
Merquemos libros, amémolos, e sobre todo, leámolos.




25/10/11

X

Si, este é o título da novela que veño de ler: X, de Percival Everett, publicada por Blackie Books. A verdade, creo que nunca chegaría ata este libro se non fose porque lin -non sei onde- que Alberto Manguel o recomendaba.
Estamos ante un libro completamente diferente, especial, tanto que dentro contén outros libros e diferentes lecturas: crítica ao mundo editorial, crítica á sociedade, identidade, cinismo, hipocrisía, traición, soidade... de todo hai na novela. E do que máis hai é dunha filosofía da vida, dos pormenores cotiáns baixo unha prisma talentosa de crítica cara a un mesmo e cara á sociedade que chega a formar unha sátira cruel que entenderemos grazas a -ou por culpa de- unha novela interior que desata unha engranaxe nada difícil de crer, un disparate social que resulta magnífico e tormentoso.
Tamén de cando en vez aparecen fóra dunha aparente orde fragmentos de diálogos filosóficos, onde cuestións implícitas tomarán forma a medida que avanzamos na lectura da novela, xa que achegándonos ao final todas as ideas estouparán nas mans do personaxe principal. Porque o mundo é traizoeiro, mesmo un mesmo... ou que cadaquén entenda como queira, que para iso o final é aberto.

“Es una idea fallida, un feto sin formar, una semilla que ha caído en la arena, una mano sin dedos, una palabra sin vocales. Resulta ofensiva, está mal escrita, es racista y no tiene ni pies ni cabeza”



06/07/11

Signatura 400

Vin que recomendaban este libro en Librosfera e apresureime a mercalo, lelo e pensalo. Xa o rematei hai uns días, pero non lle tocou ata hoxe a súa recomendación. Só se vos gustan os libros e sobre todo se tedes alma de bibliotecari@. Porque os libros sobre libros, ou libros sobre bibliotecas ou librarías son especiais para aqueles que amamos a literatura. Xa nos ten pasado con estoutros libros, non? E algúns máis, claro está. Por certo, que sentir se na primeira folla que topamos, antes do comezo mesmo da novela, en negro, lemos: "La perrita Blackie preferiría comerse los libros, en vez de leerlos (sabía leer perfectamente, pero siempre le podía el hambre). Estaba convencida de que, de algún modo, le alimentaban el alma (también tenía alma, claro)."???
De que libro estou a falar? De Signatura 400, de Sophie Divry, publicado por Blackie Books (e por certo, que edición!: unha marabilla). O título, evidentemente, será moi fácil de entender se sabedes un pouco de bibliotecas. Se non é así, mellor non o leades, porque non comprenderedes o monólogo que esta bibliotecaria dirixe a un interlocutor que poucas respostas debe deixar caer -e das que non vemos ningunha-. A protagonista fala de libros e da CDU a partes iguais, converténdose este libro mesmo nunha parte da Formación de usuarios da que tanto falamos nos centros de ensino. 100 páxinas que leredes nun salaio e que moitas veces serán un espello no que reflectirse, un motivo para se rir, un anaco de soidade... e moita invisibilidade. Porque "soy la mujer invisible, la responsable de la sección de geografía". En resumo, Signatura 400 é unha homenaxe aos libros, aos bos libros, e á lectura.

El amor lo encuentro en los libros. Leo mucho, y eso me consuela. Nunca estás sola cuando vives entre libros. Los libros me elevan. Lo importante es elevarse.

Cuando leo dejo de estar sola, converso con el libro. Podemos llegar a ser íntimos. ¿No le ha pasado nunca? Esa sensación de intercambio mental con el autor, de que puedes seguir su camino, de que te acompaña durante semanas. Cuando leo soy capaz de olvidarme de todo.

Uno no se encierra diez horas al día para escribir si todo le va bien en la vida. La escritura solo llega cuando algo no funciona. Si todo el mundo fuese feliz en la tierra, no se escribirían más que recetas de cocina y tarjetas postales, no habría libros, ni literatura, ni bibliotecas.

Nunca hay que quedarse en casa aburrido mientras uno espera. Cuando tu familia te ha abandonado, tus amigos te rehuyen, cuando tú mismo te consideras un fracaso, un impotente, un parásito, rodearse de libros ayuda mucho. Reflexione un segundo: ¿qué puede provocar más sufrimiento en el ser humano que la conciencia de esta finitud? No me refiero al miedo a la muerte, sino a ese sufrimiento de saber que nuestra inteligencia es limitada. Ahora bien, cuando entramos en una biblioteca y contemplamos estas extensiones librescas, ¿qué ocurre en nuestra alma sino es una gracia? Espiritualmente, al fin podemos colmar ese sentimiento atroz de vacío que hace de nosotros gusanos de este bajo mundo. Las largas estanterías nos devuelven una imagen ideal, la de los dominios completos del espíritu humano.

E rematamos a novela... non, non cerredes o libro, ollade aínda estas palabras:

"Este libro se terminó de imprimir justo antes del verano de 2011 en homenaje a su narradora, una bibliotecaria que, con razón, se lamenta por los libros innecesarios, productos de temporada que "se encargan, se escriben, se imprimen, se televisan, se compran, se retiran, se destruyen", anti-saberes librescos entre los que esta pequeña joya está destinada a pervivir (y decimos pequeña por su brevedad inversamente proporcional a su finura, y por finura no nos referimos a la brevedad)."

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.