Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Amigos de papel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Amigos de papel. Amosar todas as publicacións

25/08/16

El ladrón de sonrisas

Topar un libro ilustrado por Raquel Díaz Reguera sempre é un pracer; este está escrito por Susanna Isern e publicado por Amigos de Papel e titúlase El ladrón de sonrisas. E si, efectivamente, o álbum roubaravos un sorriso, e será inevitable. Probade a lelo e xa me contaredes.
Como non sorrir se estamos ante un ladrón que rouba sorrisos cun único propósito: que a xente sorría sexa feliz? Mesmo se comproba que as rúas están tristes, el é quen de impregnala dunha música tan doce que consegue que a xente que por alí pase poida sentirse ben.
Unha felicidade de libro que probará a roubarche o corazón.






19/07/15

Miguel Hernández en 48 estampas

 Pedro Villar Sánchez e Pedro Villarejo realizan a súa particular homenaxe a Miguel Hernández con este Miguel Hernández en 48 estampas que publica Amigos de papel. 48 estampas porque o que fai o autor é compoñer 48 cuartetas octosílabas que van contando os fitos máis importantes do poeta; unha vida marcada polo compromiso coas súas orixes, como poeta do pobo, da vida, e do sangue que fere e mata. A ilustracións é asemade moi sobria con fondos azuis e verdes que transmiten a esencia que o texto quere facer chegar a lectores e lectoras: a particularidade de Miguel Hernández como poeta e como persoa.
 
 
                                                              En mil novecientes diez
en la ciudad de Orihuela
nacía Miguel Hernández,
un futuro, una promesa.

Era de humilde família,
su padre no fue a la escuela,
el comercio del ganado
era su única riqueza.

Iniciaba el Bachiller
y estudia en Santo Domingo,
recita y declama versos,
siente amor hacia los libros.
...
Ruiseñores y naranjos,
llevadle la luz más pura
al poeta universal
de la huerta del Segura.
 
 




 

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.