Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/12/19

Esta Navidad Feminista

22/12/19

Non á violencia contra as mulleres (DLXXXIX)

NO SIGNIFICA NO

18/12/19

Amani

Vén de publicar Miguelanxo Prado este fermoso álbum ilustrado publicado por Retranca Editora, Amani. Un hipopótamo que nace con déficit de tostesterona e iso facilita que sexa un animal pacifista, que non sente a necesidade de atacar nin de realizar ningún "postureo" diante da súa manda porque el é quen de vivir ao seu aire sen necesidade de amolar a ninguén. Así, procura unha charca para el porque non é rival nin inimigo, el tan só quere ser feliz e ter amizade con todos os animais que o rodean.
Un libro fermosísimo que prende sorrisos e fai cavilar.

17/12/19

#EuSiTeQuero

#YoSíTeQuiero
Iniciativa solidaria en favor dos menores estranxeiros non acompañados.
Importádesnos, aportádesnos e querémosvos entre nós!
Máis info en: https://bit.ly/2YY7qru

16/12/19

A araña que lles tiña medo ás arañas

Divertidísimo álbum que nos trae a editorial Xerais de Ramón D. Veiga e Iván R.: A araña que lles tiña medo ás arañas é unha historia protagonizada por unha araña afouta que vai topando diferentes animais de todos os tamaños ante os que se presenta valente e sen ningún tipo de temor. As cousas cambian cando descobre a súa propia raza e a si mesma, o que fai que o relato sexa aínda máis riseiro. Imposible que non tire sorrisos ao lectorado, teña a idade que teña. E falo con coñecemento de causa!!!

15/12/19

Non á violencia contra as mulleres (DLXXXVIII)

Al Revés tú también te asustarías

14/12/19

Animais

Da mesma colección có anterior, Animais, dos mesmos autores, Antonio Rubio e Óscar Villán publicado por Kalandraka tamén, ofrecen un pequeno zoo de amizade. Un libro divertido que, de seguro, obterá a súa recompensa nas mans da rapazallada pequena. Delicioso.

Froitas

Pequeno e saboroso libro que publica Kalandraka para a rapazallada máis pequerrecha. Antonio Rubio e Óscar Villán constrúen un froiteiro alegre, colorido e saboroso xunto co xardín cheo de árbores froiteiras, para que dende unha idade temperá collan libros  en cartoné e puntas dondas en pinctogramas poéticos. Un xeito marabilloso de achegar a lectura e educar.

13/12/19

Mujeres (con)ciencia. Marta Macho

Estereotipos de xénero na educación STEM:

12/12/19

Candorcas e unicornios

Fermoso relato este que nos trae María Canosa mediante a editorial Galaxia, Candorcas e unicornios, ilustrado por  Iago Torres París. Unha fábula onde a natureza pode ser protagonista pero onde hai algo moito máis importante, o respecto ás diferenzas, a convivencia nesta sociedade tan complicada que pode ser tan odiosa e ás veces tan esperanzadora. Unha voz sensible que nos manda unha mensaxe clara e contundente: quizais non teñamos necesidade de viaxar canda as candorcas, quizais non teñamos que subir nos unicornios, para procurar que a vida sexa máis doada, que nenos e nenas poidan ter un futuro mellor.


11/12/19

ENTREVISTA: CRISTINA FALLARÁS

O can de Milu

Un ano máis, o Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados que publica Kalandraka tráenos un delicioso álbum, neste caso de Mariann Máray titulado O can de Milu . Unha mascota moi especial e o amor incondicional que se sente por elas, e que quizais só comprenda quen se deixa acompañar na súa andaina por unha. E sobre este amor, o amor pola liberdade, xa que o libro tamén é unha reclamación ante eses lugares que teñen os animais pechados sen lles permitir medrar na súa propia natureza.

10/12/19

Plata Ta Tá

Yalitza Aparicio se une a la protesta de la cantante chilena Mon Laferte en el VIDEO “Pla Ta Tá


09/12/19

La científica olvidada que ‘descubrió’ el cambio climático: Eunice Foote

Viaxe ao futuro

Imprescindible este novo libro de Ciencias que nos trae a editorial Xerais, deses libros que debe haber en todas as bibliotecas escolares e que agradecemos porque moito nos cómpren libros destas características na nosa lingua. Viaxe ao futuro é un libro de "respostas rápidas para preguntas enxeñosas". En formato moi cómodo para a súa consulta con aneis grandes e grosos, tipo cartaz, coas follas tamén grosas e divivido en tres grandes temas: "Como será o futuro?", "A ciencia no ano 2100" e "Máquinas e robots do futuro", e ilustrado de xeito moi alegre, a lectura é doada e rápida. Ata mesmo poderemos gañar cartos se reciclamos!!!

08/12/19

A fita azul

Unha das grandes vítimas da miña inapetencia lectora destes últimos meses é -curiosamente- o álbum ilustrado (xunto coa poesía). Por iso A fita azul permaneceu agochada no recuncho literario das "agardas" ata arestora, que foi collido por un impulso que non souben explicar. A verdade é que non tiña nin idea de que ía nin tiña máis información que a dada por unha persoa a quen quero e que tivo a ben mandarme o libro. Supoño que lle debo pedir desculpas por non lle facer caso, pero sei que, na distancia, me comprende.
Debo recoñecer que a lectura d '  A fita azul de Mon G. Buhigas, con ilustracións de Ana G. Buhigas, publicado pola editorial Galaxia, sorprendeume. Porque non é un álbum ilustrado máis, senón que é un álbum poético homenaxe á miña profesión, porque ser profesora é tentar tecer un futuro mellor. E a sorpresa non veu soamente pola lectura do texto, senón porque as ilustracións pretendían levarme por un camiño ben diferente. Cando menos iso pensaba eu. Estamos ante un álbum dirixido a un lectorado adulto e non infantil, de aí tamén en parte a sorpresa.
O fío condutor é un fita que nos leva da man de páxina en páxina. Nestas toparemos tecedorxs de soños que confían e aman a poesía, a múscia, a ecoloxía, a solidariedade, o teatro... e todo aquilo que o ser humano posúe por ser humano e que a fita sabe que terá futuro grazas aos mestres e mestras que constrúen memoria facendo futuro. Un futuro mellor porque niso é o que confiamos quen damos aulas.


Non á violencia contra as mulleres (DLXXXVII)

No es Normal

07/12/19

A discriminación do galego na cidade

06/12/19

O pequeno indio

Acabei a lectura cun amplo sorriso, que gozada! O pequeno indio de Ricardo Alcántara e Gusti, publicado por Kalandraka, lévanos ao mundo da infancia e do maxín, da man dun neno indio que é quen de facer grandas fazañas el soíño... ata que a súa nai lle berra, sexa india ou galega, que máis dá? Porque as nais berramos ante as falcatruadas, cortando así as ás do poder do xogo en solitario e dos soños feitos realidade. 
E é que a imaxinación é unha das chaves para a felicidad, unha chave que abre a porta a vivir miles de aventuras e pasar o tempo de xeito ben intenso, ao mesmo tempo que se sortean miles de perigos e excitantes experiencias... ata que deixamos de imaxinar e volvemos á crúa realidade. Ante esta, é mellor protexerse como mellor se poida.
Un libro perfecto para quen comeza a ler, con letras maiúsculas, rimado, en cartoné duro e esquinas redondeadas... Xa sabedes, comezo a atesouralos!


Parece unha formiga

Quedou aparcado, como tantos outros libros, no recuncho que cada vez asusta máis polo tamaño que adquire, de "libros pendentes de lectura". Abofé que esta crise dura de máis e que xa non sei nin por onde comezar. Asemade, unha mágoa tardar tanto en chegar a libros coma este, un libro inclasificable e intraducible polo singular e pola esencia. Parece unha formiga de Pablo Otero inuaugura unha nova colección literaria no seo de Faktoría K de Libros, selo que, seguro, daranos moitas alegrías e misteriosos sorrisos de complicidade lectora. 
Estamos ante un libro tan orixinal que nos pasea por mundos paralelos sen decatarnos: o real e o onírico van da man nos seus versos, versos que se forman dende unha mancha que pode ser unha pegada ou unha sombra, ou tal vez unha formiga. Quizais, porque os poemas están cheos de interrogacións retóricas que a voz poética deita ao lectorado a ver se este é quen de contestar. Porque, quen sabe que foi antes, a orde ou a desorde? Pensamentos que pensan e sucesos que acontecen e non deixan de suceder ata que se tornan silencios. Metáforas e comparacións para chegar ao mundo fantástico e logo baixar á realidade das imaxes ou á sinceridade sen ambaxes.
Coma todo libro de poemas, para ler paseniño, saboreando versos, pousándoos e volvendo a eles de cando en vez, para descubrir unha palabra que adquire novos significados.




Movimiento

Un poema audiovisual aos rarámuri, cortesía de Jorge Drexler


Vía

05/12/19

Na miña alma ouvea un lobo

Pareceume unha lectura moi interesante a desta obra de teatro de Xavier Lama publicada por Edicións Positivas: Na miña alma ouvea un lobo recibiu o I Premio Laudamuco. Baseada en feitos reais, estremece cavilar que algo así pase, que a vida poida ser un engano de longa duración. É unha especie de violencia cara ás mulleres en clave espionaxe, xa que o engano do amor e a dobre personalidade do policía quen abre a chave desta obra. Resulta moi curioso, asemade, que a aproximación a estes feitos se faga en forma teatral, dotando de escuro dramatismo a realidade da sociedade na que vivimos, o funcionamento do Estado, pero deixando o lectorado que xulgue por si mesmo os acontecementos, posto que non nos ofrece un único punto de vista, senón que podemos erguer a ollada para botar a vista atrás e cavilar con cal das situacións podemos e queremos posicionarnos. 
Un libro idóneo para lectura na clase, escrito de xeito áxil e que vén tamén axudado polas escenas breves para unha facilidade maior na propia aula.


 

04/12/19

Carrusel

Como describir a lectura deste libro de Berta Dávila? Carrusel, Premio García Barros 2019, publicado por Galaxia, deixoume antes ca nada e sobre todo  certo desacougo e dándolle voltas ao lido pola proximidade da enfermidade, pero tamén pola propia escrita, demorada, que volve ao pasado e se recrea nos pensamentos e sentimentos. E é que si, estamos ante unha novela curta, pero tremedamente intensa. Un libro que se recrea no misterio e beleza das matemáticas e na defensa da nosa lingua, no que a protagonista declárase neuroticamente escritora, unha escrita, por certo, marcadamente poética, sabedora que aquela -a escrita- é quen de construír beleza a través do seu propio mecanismo: o uso da palabra. 
A carón desta, da palabra, a cicatriz da enfermidade, a impronta que esta deixa para mirar o mundo doutro xeito, sabedora que pode impedir asemade atopar as palabras exactas e interferir no amor desmedido e eterno a unha familia que comparte algo máis ca os xens. De aí a crise literaria e a crise persoal. A crise da vida. A ollada miope da sociedade que non distingue aquilo que existe pero que non se ve porque hai doenzas que non teñen presenza física pero si mental. Doenza que non se entende e que afasta a vida cotiá sen querelo.


03/12/19

+1,5°C Lo cambia todo

02/12/19

El jefe

01/12/19

Ocultas

V Concurso Educando en Igualdad


Vía La Voz de Galicia

30/11/19

Non á violencia contra as mulleres (DLXXXVI)

Las Tesis "Un violador en tu camino"

29/11/19

INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO

Adaptación (autorizada polo autor) do relato homónimo de Séchu Sende incluído no libro "Made in Galiza", feita ao estilo das curtas documentais educativas estadounidenses dos anos 50 e 60 do século XX coñecidas como "ephemeral films". Os temas musicais están extraídos de varias delas, tituladas "Ingenuity in Action", "Gossip", "The Relaxed Wife" e Cool Hot Rod", todas elas hoxe de dominio público e que se poden descargar libremente de Archive.org. Adaptación e dirección por Matías Nicieza.


28/11/19

Ingravitö- Los cuentos de Sara

27/11/19

LA BELLA Y LA BESTIA ¿ES POSIBLE CAMBIAR POR AMOR?

26/11/19

Rozalén - El Hijo de la Abuela

 “María, soy Miguel, el hijo de tu abuela. Aquella mujer que me acogió como a uno más en su casa cuando nadie me quería...” Así comenzó todo. Eso fue lo que me dijo un señor con lágrimas en los ojos antes de salir a cantar en una firma de discos en Donosti hace ya 4 años. Y eso era lo que yo quería transmitir con esta canción: La acogida sin prejuicios... Mi abuela le abrió las puertas a un joven vasco detenido y desterrado en años de dictadura. Aunque a los 3 meses lo liberaron porque demostraron que no había cometido delito alguno, nadie más se atrevió a meterlo en su casa por miedo y desconocimiento. ¿Quién de nosotros lo haría? Pronto todo el pueblo lo quiso sin hacer muchas preguntas... Eran años de silencio. Cuando le pregunté a mi abuela que porqué lo hizo me dijo que pensó en la madre de ese chaval y se cuestionó si eso podría pasarle a un hijo suyo... Y que no querría que a su hijo lo dejaran en la calle. Por esta canción me han señalado y criticado con dureza porque hay personas que no escuchan ni la canción ni se preocupan por conocer realmente la historia. Y se quedan en los titulares incendiarios... Pero sobretodo, esta canción me ha traído comprensión y amor, me ha acercado a nuestra historia dolorosa más reciente y a la del pueblo vasco. Qué difícil hablar de determinados temas... Yo mientras canto con fuerza la frase que resume y humaniza todo: “No sé de dónde vienes, ni lo que hiciste ayer... pero aquí tienes tu casa...”



Non á violencia contra as mulleres (DLXXXV)




Vía El País

25/11/19

A igualdade cambia titulares

De onde sacamos o tempo? E as ideas? Que facemos? Xa levamos tantos!!!

Estas foron algunhas das frases que intercambiamos Anxo e mais eu este xoves. Ambos sentiamos a necesidade de realizar un vídeo que é para nós un compromiso social, tanto para o noso traballo como  para este acubillo que moitas veces abandoamos pero ao que volvemos. É a nosa casa común, a de ambos. Aínda que a vida nos leve por camiños paralelos que pretenden non cruzarse, nós cambiamos as liñas, porque hai moitas palabras que nos unen; palabras que ao fin e ao cabo falan de Amizade con maiúsculas, argumentadas en sentimentos comúns: amantes da nosa profesión e crentes en que o noso gran de area pode algún día futuro formar unha praia; sementamos porque vemos medrar as plantas ao noso arredor. Sementamos a nosa propia esperanza. El faino con números. Eu con palabras. Ambos con ledicia. Ambos con amor.
Este último ano foi especialmente doloroso para min. E estes últimos meses estresantes para el. Pero mirámonos sen mirarnos, e soubemos que o vídeo tiña que existir. El di que é cutre. Eu, que é un milagre. Ambos que agora máis ca nunca necesario: Non podemos calar ante partidos que negan a existencia da violencia de xénero. Que temen ao feminismo. Que queren que as mulleres volvamos a ser as escravas da familia. 
Así que aquí está, un ano máis, a nosa humilde aportación á loita contra esta lacra social. Un ano máis berramos conxuntamente que debe acabarse a violencia machista e un ano máis berramos que o noso labor é coeducar.


24/11/19

Non á violencia contra as mulleres (DLXXXIV)



https://www.es.amnesty.org/actua/acciones/manifiesto-violencia-sexual-oct18/?utm_source=FBPAGE&utm_medium=social&utm_content=Web_petition-ES_NoConsiento-pai_espana_oct18-Spain-20191120-2848348248-FBPAGE&utm_campaign=Web_petition-pai_espana_oct18-ES_NoConsiento-Women%27s+Rights


https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/reportajes/quiza-tu-eres-el-problema/?utm_source=FBPAGE&utm_medium=social&utm_content=Blog-ES_NoConsiento-25Npai_espana_oct18-Spain-20191123-2854994874-FBPAGE&utm_campaign=Blog-25Npai_espana_oct18-ES_NoConsiento-Women%27s+Rights

23/11/19

Non á violencia contra as mulleres (DLXXXIII)

O alumnado do IES Antoni Maura de Palma  protagoniza este vídeo con motivo de #25N para dar visibilidade aos diferentes tipos de violencias que sufrimos as mulleres en todo o mundo polo feito de selo.
 #FeminismeALEscola
 #EscolesContraElMasclisme  
#SomCentreAdherit
#FeimPinyaMaura

22/11/19

Non á violencia contra as mulleres (DLXXXII)

Dálle unha volta 

Vídeo elaborado polo alumnado de segundo da ESO do IES de Vilalonga, Sanxenxo (Pontevedra), gañador do primeiro premio convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero na modalidade audiovisual.


21/11/19

Non á violencia contra as mulleres (DLXXXI)


20/11/19

Non á violencia contra as mulleres (DLXXX)

Nunca é tarde 

 Vídeo sobre a violencia de xénero nas mulleres maiores no mundo rural, interpretado por Luisa Merelas e dirixido por Xudit Casas.


19/11/19

Non á violencia contra as mulleres (DLXXIX)

LA HERENCIA (basado en testimonios reales) 

Yolanda Domínguez : Este año he realizado para el Gobierno de Asturias la campaña del 25N dedicada a visibilizar las consecuencias en los hijos e hijas de los maltratadores. Los menores también son víctimas de las agresiones de sus padres y transmisores de sus mismos comportamientos, además de sufrir las fallas de un sistema judicial que no les escucha. El 63% de los maltratadores son hijos de un maltratador. El 43% de las mujeres maltratadas son hijas de un maltratador. El 100% de los hijos e hijas de maltratadores sufren secuelas físicas y psicológicas. QUE LA VIOLENCIA DE GÉNERO NO PASE DE GENERACIÓN EN GENERACIÓN. (Vídeo con testimonios de víctimas reales que en su infancia sufrieron este tipo de violencia) 


Non á violencia contra as mulleres (DLXXVIII)

17/11/19

De altura

Onte foi un deses días temibles. Dende o comezo de curso estaba na miña mente, dolorosamente presente. Porque este curso non era coma os demais. Un curso no que cada día había unha bágoa por unha lembranza, unha ollada discreta a unha porta que se respira diferente, un paso silencioso por quen xa non está.
Dende que comecei os meus pasos polo ensino, esta profesión que adoro, teño organizado moitos, moitos actos, moitas actividades. Teño pasado moitas noites sen durmir. Moitos nervios e estrés. Pero organizar unha homenaxe a un amigo e compañeiro, que tanto me axudou (iso sabémolo ti eu mais eu) e por quen sinto un amor inconmensurable, resultou ser moito máis complicado e doloroso. Non sei nin explicarvos canto. Todo tiña que saír perfecto. Perfecto? Como unha homenaxe de dor pode saír perfecta? Como explicarlle á familia, a Luísa, a Lucía, a Pachí, a Marta, a Sofía, a Julio... que nós tamén sentimos esa perda infinita, esa tristura sen límites??? Como atopar o ton axeitado? Como saber que o correcto é o correcto?
Foi difícil. Pero... sabedes? Que sorte pertencer a esta comunidade educativa. Que sorte saberse acompañada por unhas persoas que tamén elas queren dalo todo. Nunca houbo tantos músicos no escenario. Nunca houbo tantas actuacións. Nunca houbo tantas plantas. Nunca tantas mans. Compañeirismo cóbado con cóbado. Non houbo soidade en ningún momento. Porque a organización veu dende todas as direccións e, a pesar das miñas dores de cabeza e das miñas noites sen durmir, cada día chegaba ao centro para recibir unha aperta de ánimo.
Luís, estarías tan orgulloso do Laxeiro! Onte vía o teu sorriso pícaro dende o fondo do salón de actos, coma sempre que fixemos un "acto destes grandes que ti organizas", para tranquilizarme, sabendo que todo saía como se agardaba. Porque, que luxo de alumnado temos. E canto lles soubeches dar!



Sigo agardando a que aparezas pola porta da biblioteca para meterte comigo e queixarte que somos uns pringados por estar abaixo... Paréceme verte na rúa, esperándome para axudarme co morico de libros que tanto pesan, e logo a mediodía para volver á casa. Esa nosa beirarrúa segue a me doer e crúzoa, porque é moito máis longa cando a camiño sen ti.  





16/11/19

Vuela por mí

Curta sen palabras nominada aos premios GOYA 2005 como Mellor Curta de Animación.

15/11/19

El poder de la empatía

Curta animada que explica a diferenza entre a empatía e a compaixón. 
Non sempre somos quen de conectar coas emocións doutras persoas cando nos comunican as súas emocións, especialmente as negativas. Se amosamos compaixón as persoas afástanse porque senten que non as comprenden, porén, a empatía fai conectar as persoas. Séntense escoitadas e comprendidas.
Segundo o vídeo, os 4 atributos da empatía son:
– Ter perspectiva: poder tomar a perspectiva doutra persoa ou recoñecer esa perspectiva como a verdade doutra persoa.
– Non emitir un xuízo.
– Recoñecer as emociones doutra persoa.
– Comunicarllo.


14/11/19

Inventario ilustrado de froitas e verduras

 Novo inventario ilustrado, desta volta de froitas e verduras, de Virginie Aladjidi coas ilustracións de Emmanuelle Tchoukriel que publica a editorial Kalandraka. Un precioso e documentado libro que nos ensina un cento de bocados, moitos deles descoñecidos, que se poden comer crus ou cociñados. Asemade, hai fungo, algo, e produtos obtidos a partir de materias primas. Ou sexa, unha gran variedade de páxinas que resultan moi chamativas porque é un xeito moi ameno de coñecer e curiosear, unha maneira de aprender divertida  que con habilidade nos permite diferenciar entre o concepto da planta e o termo culinario, pero sobre todo, ponnos no camiño cara a unha alimentación saudable. E canda elas, insectos que resultan indispensables para coñecer mellor esta selección vexetal: fáisenos a boca auga.





13/11/19

¿Estás viviendo una RELACIÓN TÓXICA?

12/11/19

La sombra del miedo

 Lin La sombra del miedo de Ragnar Jonasson, publicada por Seix Barral, deseguidiña, nun salaio. Non sei se necesitaba unha novela negra ou se chegou nun momento no que necesitaba fuxir da realidade. Pero o libro gustoume e enganchoume. Viaxar ao frío islandés e descubrir un lugar onde a neve pode chegar a ser abafante e onde a vida anda a ritmo pausado por non dicir que é tan lento que nunca pasa nada... ata que pasa. E se alí a vida anda devagariño, non sucede o mesmo coa lectura, que mantén unha linguaxe doada, sinxela, pero que imprime alento na lectura, a pesar desa constante brétema gris, desa neve que todo o asolaga, que nos fai sentir a mesma claustrofobia que o protagonista. O mérito da historia é ademais desta ambientación a historia que se agocha detrás de cada veciño, un lugar que semellaba pacífico e que resulta non selo tanto.
Recomendable
 
 

11/11/19

Esperando

  Delicado, entrañable e simpático este álbum de Kevin Henkes titulado Esperando que publica a editorial Juventud. Esperando porque cinco personaxes ante unha ventá agardan a que algo ocorra diante das súas vidas: a lúa, a choiva, o vento, a neve... ou incluso se pode mirar e mirar sen nada agardar. Porque agardémolo ou non, o futuro chega porque o tempo non para xamais, pero tamén esa espera é fermosa porque se realiza en amizade e esta si que é atemporal. Asemade, a felicidade está nas pequenas coousas, non cómpre que pasen grandes sucesos.

10/11/19

Non á violencia contra as mulleres (DLXXVII)

POR ELAS "ADHARA AND RITMAN"

09/11/19

The Tree

Fermosísima e triste curta sen palabras:

08/11/19

Conexión macarrón

Conexión macarrón de Ledicia Costas con ilustracións de Laura Suárez, publicado por Xerais, é a última aportación á LIX da autora, un libriño que fala de amizade, e que con moita imaxinación nos leva a explorar novos mundos sen saír do edificio no que residimos. Só cómpre ter un veciño estraño e inspiración para axudar, porque o que se quere sempre é cooperar, nunca negar a hospitalidade. E isto é o mellor do libro. Que a pesar de todo, a parella protagonista non sente medo ante un descoñecido, senón que están dispostxs a axudalo para que se sinta como na súa casa.

07/11/19

En el vertedero con Juan y Pedro

Sorprendeume moitísimo este álbum de Maurice Sendak que publica Kalandraka: En el vertedero con Juan y Pedro. Dos retahílas rimadas fala dun bebé raptado, fala da vulnerabilidade nun suburbio dunha gran cidade onde malviven nenos na rúa, en caixas de cartón. Resulta desasosegante ver un álbum con estas características predominando unha forte crítica social a unha sociedade que permite que a infancia sobreviva nas máis extremas condicións de desamparo. Hipnotiza asemade a sensibilidade coa que se trata esta vulnerabilidade, a lúa, o simbolismo, e tamén a esperanza que nos sostén nunha sociedade que adoita mirar para outro lado cando pasa a carón de vivendas que non o son, de vilas de papel e cartón que é mellor non ver, porque se se miran a fondo, o máis probable é que nos engula o medo a formar parte dese poboado nalgún momento. Aínda así, sempre hai persoas que nos devolven a fe porque loitan contra a lacra sistemática dun sistema social que está claro que non funciona.


06/11/19

O país do gran furado

 
Xerardo Quintiá Pérez é o autor e gañador do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019) con O país do gran furado, publicado por Baía. O libro conta coas ilustracións de Noemí López Vázquez e xoga co humor, coa poesía e sobre todo coa revolución feminina, que ataca pacificamente un rei machista que obriga as mulleres a non teren independencia. Destaca que a resolución do conflito sexa a través da palabra, o que asemade introduce no libro unha perspectiva pacifista moi acaída.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.