Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/01/08

Lixo

A 400 quilómetros de altura, un anaco de lixo estelar de menos dun milímetro de grosor pode atravesar o traxe dun astronauta e causarlle a morte ao instante. O impacto dun destes diminutos anacos equivale ao dunha bala a 28000 Km/h e empeza a ser un risco que medra nos paseos espaciais.



Das 2000 toneladas de chatarra espacial que aboian hoxe en día arredor da Terra, hai unhas 10000 pezas cun tamaño que permite ás axencias manter un seguimento exacto da situación. O 99% de lixo restante compóñeno varios millóns de minúsculos obxectos que aboian á deriva e sen ningún tipo de control.
Cando dous pedazos de chatarra espacial baten en órbita, xa sexa entre si ou contra un satélite, xéranse miles de pequenos anacos cun efecto que pode resultar letal: no baleiro, o impacto dun obxecto do tamaño dunha moeda equivale ao dun autobús lanzado a toda velocidade.


Vía Fogonazos

30/01/08

30 de Xaneiro: Día da PAZ

Existe, por desgraza, unha ampla mostra de conflitos armados onde constatar os diferentes graos de sufrimento e degradación do ser humano que toda guerra implica. Algúns, aparentemente esquecidos, deixaron, non obstante, feridas mal cicatrizadas e dispostas a reabrirse en calquera momento. Outros, case descoñecidos no imperdoablemente descoñecido continente africano, están xa perdidos sen remedio sexa cal sexa o resultado final da contenda. Tamén os hai cotiáns, perniciosos, que abandonan os primeiros titulares pero deixan rastros atrofiados, convertidos en xordas ladaíñas onde a traxedia individual de cada morte se dilúe en cifras carentes de sentido.
Sendo conscientes desta situación, no Día Internacional da Paz, eliximos a guerra de Iraq como símbolo do engano, a barbarie e a loucura que toda guerra implica.
Neste documento utilizamos unha breve selección de textos de poetas árabes representativos da desolación dun pobo ante a traxedia colectiva que asola moitos dos seus países. Tamén incluímos algunhas citas contra a guerra de varios pensadores e escritores da nosa cultura occidental.

Oiamos as súas voces porque temos o convencemento de que só escoitando persoas sosegadas e respectuosas de calquera cultura, os seres humanos teremos unha mínima posibilidade de futuro. Este é o espírito que alenta o presente documento que forma parte da iniciativa colectiva de blogues e das Bibliotecas Escolares Galegas no Día Internacional da Paz, por un mundo mellor e máis xusto.

Os materiais gráficos deste documento proceden das seguintes fontes
Iraq War Paintings Gerard Laing
Carteles contra una guerra – Signos por la paz (James Mann, Ed. Gustavo Gili)
Lions Clubs International Peace Poster Contest




Chegamos ao momento en que evocamos a paz como unha lembranza.

Impresionad@s polos horrores das guerras, pola manipulación da realidade que teñen feito os grandes e pequenos poderes para xustificala e pola destrución da memoria dos pobos, os ensinantes debemos seguir buscando co noso traballo o fortalecemento da paz e a verdade. A verdade porque somos os administradores dos materiais que conteñen todas as verdades, porque dunha información completa xorde a verdade. A paz porque o entendemento entre as persoas é a base do noso traballo; tratamos que comprendades, coñezades e aceptedes o que din outros, tentando abrir mentalidades, facilitando o acceso ás ideas expresadas ao longo dos séculos: todo o contrario do que conseguen as guerras. Por iso, colocamos a tarefa de nos opoñer a elas como o primeira e máis importante do noso labor cotián.
Un bo xeito de ir contra a guerra é divulgar a obra dos poetas que con palabras emocionantes, moito máis impactantes que as balas, fixéronlles fronte. As persoas somos unha mestura de razón e sentimento: nas grandes cuestións necesitamos alimentar o corazón tanto como a cabeza, e os poetas saben alimentar o corazón:


29/01/08

A PAZ vende





Que pasaría se un dos grandes homes da humanidade tivese a oportunidade de esparexer a súa mensaxe coa capacidade de comunicación dos nosos tempos? "Se ti queres dar unha mensaxe, debería ser unha mensaxe de amor, debería ser unha mensaxe da verdade. Eu quero atrapar os seus corazóns, deixen que os seus corazóns aplaudan ao unísono co que eu digo... un amigo preguntoume onte se cría nun só mundo, como podería pensar diferente? Por suposto, creo nun só mundo..." Mahatma Gandhi


Pangea Day

Nesta época as imaxes son poderosas. O suficientemente poderosas para dividir, para difundir o medo, para facer perder a esperanza. Suficientemente poderosas para unir, para crear confianza, para mover á acción. Até agora, as imaxes de moitos estiveron nas mans duns poucos. Finalmente, isto está cambiando. Millóns de persoas arredor do mundo están contando as súas propias historias. Por primeira vez na historia temos a oportunidade de ver o mundo de xeito diferente, de velo a través dos ollos de outro...
Maxina se puidesemos entrar na cabeza dos demais por un día. Que poderiamos ver? Estamos a piques de averigualo. Empezou unha búsqueda a nivel mundiar para topar curtas cun poder único. Curtas que provoquen, entreteñan, inspiren. Curtas feitas polo mundo para o mundo. O 10 de maio do 2008 millóns de persoas en todo o mundo reuniranxe para ver estas curtas, nun acontecemento espectacular emitido en directo ao mundo enteiro. Visionarios e músicos acompañarán a celebración. E despois continuaremos no ciberespazo, como unha nova comunidade global conectada. Ti podes ser parte disto. PANGEA DAY. Queremos coñecer a túa historia. Filma unha curta. Implícate. Rexístraa en www.pangeaday.org. Despois, sobe a túa curta a youtube.com/group/pangeaday




Vía La Huella Digital

Un minuto de silencio

Non pasou tanto tempo desde esta masacre. Falamos de Beirut. Pero estamos a contemplar que hai outras no mundo e seguimos sen facer nada, erguermos as nosas voces... alguén as escoita?


Sería estupendo

Si, sería estupendo que a realidade fose outra...

Pola PAZ (VII)

Mañá é o Día da Paz. Desde hai días diversos blogues de ensino colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.


28/01/08

E máis

Chégannos novidades que non deixamos de obviar, que queremos facer patentes no noso blogue porque desexamos que os nosos e nosas lector@s poidan tamén gozar deles, e así volos traemos: son compañeiros xenerosos que gustosos nos ofrecen o seu labor.



Si, queremos PAZ:



Pola PAZ (VI)

Falamos de guerras, falamos de paz. Falamos dos nosos desexos dun mundo mellor. Fermoso sería que as armas fosen xoguetes que nunca servisen para matar. Conseguilo é o noso obxectivo.

Empeñados como estamos, proclamamos cada día

NON ÁS GUERRAS


27/01/08

Gaza apágase

Despois de que a principal planta de electricidade de Gaza terminara a súa derradeira gota de suministro pola escasez de combustible debido a que Israel pechou todos os pasos fronteirizos, a escuridade fíxose dona das rúas, os camiños que levan ás escolas, das casas, e do que é peor, dos hospitais.
Gaza apágase. A luz non chega aos centros sanitarios onde se atopan ingresados ducias de feridos dos últimos (ogallá puidesemos dicir derradeiros) ataques do exército israelí. Apáganse as máquinas de soporte vital nas unidades de hospitalización.
O frí chega, máis incisivo aínda. Un frío de impotencia e desesperanza. Un frío do duro inverno palestino.
A ONU fala de que as restriccións por parte de Israel son inxustificables e inaceptables. Pero parecen tan só palabras que esvaran, xa que a peor crisis humanitaria que sofre ese pobo comezou e moitos permiten esa desolación, ese castigo colectivo. Silencio ou indiferencia, o resultado é o mesmo.
As velas percorren as rúas en penumbra, levadas por un centernar de palestinos nunha manifestación convocada por organización non gubernamentais. Protestas no aire, na noite máis profunda, polo bloqueo indiscriminado e habitualmente desproporcionado que está a impedir que chegue axuda humanitaria.
Gaza apágase, pouco a pouco.
Máis inaceptable resulta a pouca luz de coherencia que non chega ao entendemento, que permite que non reste atisbo de esperanza.
Debemos apagarnos xunto a ese pobo que sobrevive nas tebras.
Aínda que o ministro de defensa israelí, Ehud Barak, autorizou a entrada de fuel para producir electricidade e medicamentos, de momento négase a permitir a entrada de comida e de gasolina para os vehículos ou simplemente para aturar o frío. Acceden, claro está, pola presión da comunidade internacional e os diferentes organismos non gubernamentais.
O castigo colectivo é algo habitual á poboación palestina, saltando todas as normas do Dereito Internacional, Convención de Xenebra, Resolucións da ONU...
Alberto Sotillos de Primera Plana é o propulsor da campaña Ilumina Gaza, unha iniciativa que representa a vontade de que os pasos fronteirizos se abran definitivamente, para que ningún ser humano poida morrer na ambulancia, ningunha muller siga dando a luz nos innumerables checkspoints ou un neno morra por non ter electricidade para operalo...



Se queres, podes copiar este logo no teu blogue para apoiar esta iniciativa.

Xa o dicía Orwell: "Ver o que está diante dos nosos ollos require un esforzo constante". Non debemos esquecer nin mirar para outro lado, aínda que resulte moi duro.

Vía Lápices para la paz

A música ten cor


Non só ten cor, senón que ten forma. Este é o experimento World of Music desenvolvido por David Gleich (Universidade de Stanford), Leonid Zhukov (Yahoo Inc.), Mathew Rasmussen (MIT) e Kevin Lang (Yahoo Research) a partir de datos tomados de Yahoo Launch. Primeiro xerouse unha esfeira en 3D e logo creouse esta imaxe en 2D. Paséate pola súa páxina oficial arredor da música visual.

Vía Mangas Verdes

Pola PAZ (V)

A violencia nas súas diferentes formas, como manifestación do despropósito, é un dos aspectos máis notables na obra de Goya. Foron precisamente os sucesos acontecidos durante a Guerra de Independencia (1808-1814) os que deron lugar a que Goya efectuase unha reflexión enormemente crítica e innovadora sobre a guerra, sobre as súas causas, brutais manifestacións e consecuencias.

Francisco de Goya, escéptico ante as xustificacións da guerra, lonxe de apoiar coa súa obra os postulados ideolóxicos dalgún dos bandos contendentes, mostra o rostro máis escuro e abxecto da guerra, o dos mortos e os seus asasinos, o dos indefensos e os seus prepotentes violadores, o dos que padecen e os dos que gozan co padecemento alleo.

A sensibilidade de Goya ante estes acontecementos produciu non só a súa mellor serie de estampas, senón un monumental berro contra a violencia nas súas diferentes formas, que non recoñece xustificación ningunha, e que grazas ao maxistral do seu tratamento técnico, formal e conceptual permite ao espectador comtemplar imaxes inherentes a toda guerra.

As obras de Goya de contido bélico non mostran aos heroes militares ou populares que loitaron contra os franceses, de todos coñecidos grazas ás publicacións e ás galerías de retratos gravados amplamente difundidos na España do seu tempo. Nin tan sequera preséntannos feitos concretos acaecidos en lugares determinados. Pola contra Goya móstranos, partindo de acontecementos reais, a esencia dos mesmos, a representación universal do heroísmo, a brutalidade, a fame, a deseperación, a destrución, pero sobre todo a morte. E todo iso protagonizado polo pobo anónimo, verdadeira vítima da guerra.

José Manuel Mantilla. El libro de Los Desastres de la Guerra. Francisco de Goya. Madrid, 2007, Arlanza Ediciones.




Os títulos dos gravados son de Goya

26/01/08

Grazas, Fran

Onte pasamos unha tarde marabillosa, desas das que o alumnado marchou pedindo que houbese máis así. E iso grazas á visita dun escritor disposto a falar do divino e do humano, é dicir, de poesía e de solidariedade.
E é que Fran Alonso chegou pouco despois das 5 da tarde para compartir a súa poesía e a doutr@s co alumnado de 4º de ESO-A... e a súa visita prolongaríase até -nada máis nin nada menos- ás 9:30 da noite mentres voabamos polo deserto do Sahara. Toda unha experiencia.
Falou de poesía, da relación que esta mantén coa sociedade actual, da necesidade de escoitar o silencio, da cultura urbana, e reclamou o carácter oral da poesía, algo co que a nosa alumna Andrea non estivo de acordo. E leunos poemas facéndonos ver como cambian segundo fagamos a súa lectura.
José Antonio reflexionou sobre a poesía actual, unha poesía que a el non lle "chega" e Andrea comentou a súa impresión de que hoxe en día se menospreza a poesía de antes, de que a xente non le poesía nin opina sobre ela, Cristina comentou que os silencio forma parte de un mesmo pero que lle tememos á soidade que o silencio significa e Manuel reflexionou sobre o momentáneo do poema, da súa interpretación.
O autor recalcou que non sempre se teñen ganas de ler poesía, nin sequera de ler, e iso non significa que non poidas gustar da poesía. Tamén falou de que os poetas son seres obsesionados pola creatividade, o que non signifique que se negue o anterior: non podemos obviar o pasado porque o que hoxe se escribe é produto do anterior. Falou tamén da socialización da lectura como un paso previo importante que anime á lectura, ás veces a oralidade abre novos campos.
Voou o tempo poético e atopámonos que eran preto das 7:00 e había que cambiar de tema!

Territorio ocupado


O primeiro libro lido no noso club de lectura, Momentos de silencio compartido, foi este libro, Territorio ocupado, de Fran Alonso. E escollémolo porque pensamos que é o libro ideal para situarnos neste mundo descoñecido que o noso club quere comezar a explorar.
Territorio ocupado non é exactamente unha novela, senón que o autor utiliza as técnicas literarias ao servizo do xornalismo para introducirnos nese mundo ocupado inxustamente por un país veciño, Marrocos, que se nega a deixalo vivir como nación, pero que tamén nos lembra que España decidiu abandoar á súa sorte aos saharauis aínda cando estes solicitaban desesperados a súa axuda. Un libro que non ten personaxes, senón persoas. Un libro feito desde a solidariedade. Un libro que proclama unha reflexión. Unha crónica humana que nos fala da vida cotiá, dos pensamentos, das reflexións... dos seus protagonistas.
E o noso obxectivo viuse cumprido: aprendemos moito e agora sabemos como e por que comezou todo.

Pola PAZ (IV)

Violencia é que aínda no século XXI, os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse.

Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor que vai ser homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.

Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa, da esmola da xente, e como ata a algunha xente lle chega a parecer normal esta situación tan inxusta.

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.
-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!.

Xosé María Álvarez Blázquez
(Tui 1915-1985)


25/01/08

Publicidade sensibilizadora

Seguindo coa publicidade, achegámosvos agora este spot cuxo fin é sensibilizar aos conductores sobre a importancia do uso do cinturón de seguridade.

24/01/08

Bosco contemporáneo

Un impresionante anuncio contra a Sida que semella un cadro do Bosco en clave contemporánea. Podedes ver aquí o vídeo, non volo perdades, en serio.

Vía Capítulo 0

Poetízate

Lemos poesía. Tentamos amar a poesía. Tentamos aprender a ler poesía. Tentamos escribir poesía. Tentamos ilustrar poesía. Tentamos coñecer poetas. Tentamos perderlle o medo á poesía.
Poesía. Non vou volver sobre as palabras de Fran Alonso motivando para lela, sentila, rila, chorala... Vouvos deixar, porén, as palabras de Carlos Negro:
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Eduardo Galeano, que a voz humana ten aínda moito que celebrar, e que canta por encanto.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Luísa Villalta, que hai nela unha vibración íntima da materia, un tantán de tambor arcaico e primixenio.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Antonio Gamoneda, que procede dun fulgor descoñecido e que opera como un lóstrego irracional que fende os ferrollos do pensamento.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Ana Romaní, que cómpre, palabra a palabra, recuperar os camiños, pórlle nome ao labirinto e navegalo.
Se me preguntasen pola natureza da poesía, diría, con Kirmen Uribe, que ten sabor a onza de chocolate, e que baixo unha aparencia escura, resulta dóce ao contacto coa lingua.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Lupe Gómez, que hai catro cabalos na miña habitación danzando.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Eugenio de Andrade, que é unha nena que anda cos pés descalzos pola beira do mar.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Rosalía de Castro, que cando se arrinca das entrañas, sangra polos pulsos e bota sombra pola boca.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Celso Fernández Sanmartín, que hai cen gaiteiros da outra banda do río.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Sylvia Plath, que peta forte e seco como un golpe de machado na madeira, cunha resonancia que se despraza desde o centro, e estala en ecos de cabalos sen xinete.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Fran Alonso, que non existe mellor antídoto contra as dores de amor e as de cabeza, contra as malas caídas e as caídas de ánimo, contra os andazos que enchen de febre as frebas máis íntimas.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Charles Bukowski, que debería ser como a manteiga, os aguacates, o bisté ou o pan recén saído do forno, como os aros de cebola ou aquilo que se precisa de verdade; debería ser como se as palabras se puidesen coller para comelas.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Celso Emilio Ferreiro, que nos fala a todos como irmáns, e que non precisa nin de alturas nin de altares.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Vicente Huidobro, que case sempre resulta un pouco isonauta, monlutrella e mandotrina, e por iso tralalí tralalá.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Vladimir Holan, que vas cos ollos moi abertos e, de súpeto, resultas derrubado pola xigantesca realidade das cousas que foron soñadas.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Mahmud Darwish, que un pouco do absoluto azul infinito abonda para aliviar a angustia deste tempo, para lavar a lama deste espazo.
Se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Antía Otero, que a liberdade comeza cando as sabas son limpas.
Por último, se me preguntasen pola natureza da poesía diría, con Álvaro Cunqueiro, que algo vibra no noso interior como unha corda de viola no silencioso salón dun pazo deserto.

E achegámonos a ela grazas a un agasallo de Fran Alonso: o seu libro Poetízate. E debemos por suposto dar as grazas a nosa benquerida amiga Rosa Salgueiro pola súa aportación xenerosa para traballar o libro.

Mañá Fran Alonso acompañará ao meu alumnado de 4º de ESO para falar de poesía. Desinteresada e xenerosamente, achegarase ao noso centro para poetizarnos.

Pola Paz (III)

Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar.

Solo le pido a Dios:


Blowing in the wind:


Rosa de la Paz:

23/01/08

Arte en area

Recoñezo que a coñecín tras ver o anuncio dunha coñecida marca de galletas. Desde entón foron chegando ao meu correo electrónico varias mostras do fabuloso traballo desta israelita que é quen de crear animacións sobre area. Coas súas mans, música e luz sobre unna mesa de vidro, constrúe as súas obras, cheas de imaxinación e serenidade. Tratase, pois, dunha arte efímera. Dunha escea sae a seguinte, acompañada sempre dunha música de fondo e o resultado é absolutamente espectacular. Como comenta a artista é unha arte moi directa, nada se interpón entre o artista e a súa creación, a medio camiño entre a pintura e a performance.
A artista, Ilana Yahav; a súa web, www.sandfantasy.com


La elegancia del erizo

Veño agora mesmo de rematar esta novela, La elegancia del erizo, de Muriel Barberry. Unha novela que me fixo rir a gargalladas e que me fixo chorar (!!!). Un dos best sellers en Francia escrito por unha profesora de filosofía, o que aporta moitas veces un trasfondo filosófico aos pensamentos das protagonistas: unha heteredoxa iniciación a problemas filosóficos de actualidade (a psiquiatría, a salvación individual a través da arte e da beleza...), onde podemos atopar implicitamente a Platón, Schopenhauer, Nietzsche, Kant, Ockham, Husserl... E algo que destaca: a filosofía non pode reducirse a unha análise de textos, senón que debe ser pensamento sobre e para a vida.
A novela está estruturada arredor dos diarios da porteira dun edificio de luxo e de Paloma, unha nena superdotada que vive alí. A chegada dunha terceira persoa fará que a vida de ambas se unan.
Ademais, un elemento esencial no rol da novela: a cultura xaponesa, que se converte para as personaxes principais en táboa de salvación fronte á vulgaridade, o baleiro e a hipocrisía de Occidente.
Por que o título? Por unha calificación que fai un dos personaxes sobre unha das protagonistas: "La señora Michel tiene la elegancia del erizo: por fuera está cubierta de púas, una verdadera fortaleza, pero intuyo que, por dentro, tiene el mismo refinamiento sencillo de los erizos, que son animalillos falsamente indolentes, tremendamente solitarios y terriblemente elegantes!"
Seguro que vos gustará, sen pensar que ides atopar a obra cume da vosa vida, claro. Cando menos, non o é para min. E isto co risco que supón enfrontar aos miles de admiradores que me afirmarán o contrario.


22/01/08

Pola PAZ (II)

Dentro desta rede colaborativa e no noso empeño por reflexionar sobre a importancia da non violencia, aportamos hoxe o vídeo "Poemas pola Paz", unha marabillosa iniciativa que se produciu na vila de Guernica 70 anos despois de ser arrasada polas bombas en 1937, e que nesta ocasión sería bombardeada por poemas: converter a dor en arte, cambiar bombas por poesía, solucionar os conflitos con palabras.

A poesía é unha arma cargada de futuro
Gabriel Celaya

Cuando ya nada se espera personalmente exaltante,
mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia,
fieramente existiendo, ciegamente afirmado,
como un pulso que golpea las tinieblas.

Cuando se miran de frente
los vertiginosos ojos claros de la muerte,
se dicen las verdades:
las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.

Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.

Con la velocidad del instinto,
con el rayo del prodigio,
como mágica evidencia, lo real se nos convierte
en lo idéntico a sí mismo.

Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.

Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.

Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.

Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren
y canto respirando.
Canto, y canto, y cantando más allá de mis penas
personales, me ensancho.

Quisiera daros vida, provocar nuevos actos,
y calculo por eso con técnica qué puedo.
Me siento un ingeniero del verso y un obrero
que trabaja con otros a España en sus aceros.

Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.

No es una poesía gota a gota pensada.
No es un bello producto. No es un fruto perfecto.
Es algo como el aire que todos respiramos
y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.

Son palabras que todos repetimos sintiendo
como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado.
Son lo más necesario: lo que no tiene nombre.
Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos.

Nontodovanserlibros (XXVI)

O 28 de Setembro de 1990 Andrés Calamaro pisa por terceira vez chan español e traía xa suficientes experiencias da súa Arxentina natal como para xuntarse cos dous ex-guitarristas de Tequila, Julián Infante e Ariel Roth, e un batería excepcional, Germán Vilella, para esa mesma noite facer unhas improvisacións na sala Al-lab de Madrid (Al-lab). Non eran precisamente uns novatos os que decidiran formar Los Rodríguez.

Fixeron a presentación oficial na sala Siroco. Por aquel entón vivían todos xuntos e nese ambiente Andrés ía compoñendo músicas e letras que arranxaban entre todos, e pronto, gravaron o que sería o seu primeiro disco: Buena Suerte (1991). Pouco a pouco, o seu traballo ía dando resultado e os máis avispados e antigos seguidores de Tequila recoñecían a Los Rodríguez como os seus dignos herdeiros.

No Nadal dese mesmo ano piratéanse a eles mesmos e regalan aos amigos gravacións dos seus concertos en directo, que finalmente se convertiron no seu segundo traballo; Disco Pirata, editado por RTVE Música en 1992, pero financiado por eles mesmos. No ano 93 compoñen as cancións do disco que os catapultou aínda máis aos primeiros postos das listas de ventas: Sin Documentos. Pronto as cancións dese terceiro empezaron a soar nos bares e discotecas de todo o país.

Tras un par de discos máis [Palabras más, palabras menos (1994) e Aquí no podemos hacerlo (1995)], no ano 1996 despídense definitivamente? coa publicación dun recopilatorio dos seus mellores temas ao que poñen o ilustrativo nome de Hasta luego.
Actualmente, podemos disfrutar coas carreiras en solitario de Calamaro e Ariel Roth onde é inevitable observar rescoldos da súa antiga formación.

free music

21/01/08

Recén nado

Na inmensidade do universo hai miles de millóns de estrelas en formación, e outros miles de millóns en extinción. Estanse formando e están desaparecendo planetas sen pausa e nun número imposíbel de maxinar.
Por medio do telescopio do 2,2 metros de diámetro que o Instituto Max Planck ten instalado no observatorio chileno de La Silla, científicos alemáns observaron por vez primeira o nacemento dun planeta -na galaxia de Hydra- dentro do disco de pó e gas que aínda rodea á noviña estrela TW Hydrae, que conta apenas con entre 8 e 10 millóns de anos de vida.
Trátase do planeta bautizado como T W Hydrae b, dez veces máis masivo ca Xúpiter, o máis grande do noso Sistema Solar. Realiza unha órbita completa arredor da súa estrela en 3,56 días a unha distancia media de 0,04 unidades astronómicas (UA), é dicir, 25 menos que a distancia entre a Terra e o Sol.
A opinión estendida entre os astrofísicos é que as estrelas fórmanse das nubes de pó e gas interestelar. A partir delas e co material que sobra, que forma un disco do mesmo pó e gas xirando en torno á estrela, orixínanse por acreción os protoplanetas -tamén chamados planetesimais-. Este proceso ocorre necesariamente nos primeiros dez millóns de anos de vida das estrelas, xa que a partir dese tempo o disco de acreación empeza a se disipar. Dende estes protoplanetas formaranse os planetas ao acumular en torno aos seus núcleos inxentes cantidades de pó e gases solidificados.
Até o presente, aínda que foron descubertos preto de 270 planetas extrasolares, xamais se observara un planeta arredor dunha estrela con menos de cen millóns de anos de vida. Unha mostra da "veteranía" da Terra, cos seus 4570 millóns de anos xirando arredor do Sol, unha estrela de 5000 millóns de anos que pode atoparse no ecuador da súa vida.
A partir de motas de pó dun micrometro -millonésima parte dun metro- orixinaríanse, por acreción debida ás colisións sucesivas, os embrións de planetesimais. A medida que aumentan de tamaño vólvense o suficientemente masivos para reter outras partículas de pó e gas. A este proceso de formación dos planetas contribúen, segundo os astrofísicos, determinadas inestabilidades gravitacionais que favorecen o proceso de acreción.

Ti podes facer algo polo Planeta (e 3)

Rematamos aquí a serie de consellos de como podes colaborar na conservación do noso planeta. Falemos dos medios de transporte. Case un tercio do dióxido de carbono producido nos Estados Unidos (e de maneira similar no mundo enteiro) vén dos nosos automóbiles, camións e avións. Aquí están algunhas cousas simples e prácticas que podes facer para reducir a cantidade de dióxido de carbono que produces cando viaxas.

A) Reduce o número de quilómetros que conduces. Camiñando, andando en bicicleta, compartindo o teu automóbil ou utilizando o transporte público cando sexa posible.¡Evitando só 10 km de condución cada semana eliminarías cerca de 500 libras de emisións de dióxido de carbono ao ano!

B) Comparte o teu vehículo cos teus compañeiros de traballo ou de clases. Compartindo un transporte con alguén só 2 días á semana reducirás as emisións de dióxido de carbono en 1590 libras nun ano.

C) Mantén o teu automóbil bien afinado. El mantemento regular axuda a mellorar a eficiencia no consumo de combustible e reduce as emisións. Con só o 1% dos propietarios dos vehículos que os manteñen axeitadamente, case mil millóns de libras de dióxido de carbono son mantidas fóra da atmosfera.

D) Revisa as llantas do teu coche para asegurarte que están infladas apropiadamente. Unha cantidade de aire apropiada nas llantas mellorará o rendemento do combustible en máis do 3%.
E) Á hora de mercar un vehículo novo, escolle un con consumo máis eficiente de combustible. Podes aforrar 3,000 libras de dióxido de carbono cada ano se o teu novo automóbil rinde só 3 km máis por galón de combustible ( 3.78 litros) que o actual.

20/01/08

Pola PAZ (I)

Unímonos os ensinantes, unha vez máis, na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.
E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.
Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro. Xuntos loitamos pola Paz, hoxe e sempre.



Camposanto libresco

Advertencia: estas imaxes poden ser moi fortes para a súa saúde. Cando menos, a min sobrecolléronme.
Estas imaxes están tomadas no interior do depósito municipal de libros escolares de Detroit. Sweet Juniper entrou e colgou en Internet o resultado da súa expedición.
O panorama no interior do edificio, con miles de libros amontoados polo chan, é sinxelamente desolador. Hai 20 anos este era o lugar onde se gardaban os textos escolares, pero a corrupción local e a deixadez da administración terminaron por convertelo nun edificio pantasma.

Preme na imaxe para ver toda a serie fotográfica.

Vía Fogonazos

19/01/08

Asina pola prevención

Actualmente, a través da Seguridade Social, as mulleres temos dereito a unha revisión e realizar a citoloxía vaxinal cada 3 anos. Cada ano en Europa, máis de 50000 mulleres sofren e 25000 mulleres morren de cancro de útero, aínda que un programa eficaz de prevención podería evitar case todos estes casos. Porén, a maioría das mulleres en Europa non poden acceder a este servicio de prevención. É certo que a proba é accesible por toda Europa, pero frecuentemente só se ofrece a aquelas mulleres que saben que é necesario pedila ou teñen cartos suficientes para pagar por ela. Baixo estas circunstancias, só a xente rica e con niveis de estudos elevados disfruta desta protección mentres que outras contraen o cancro. É dicir, foméntase a medicina preventiva, pero non se aplica unha verdadeira política de prevención a través do diagnóstico precoz continuado.
Procurando un millón de sinaturas ofrécese unha boa oportunidade para presionar aos deputados e "invitar" á Comisión Europea que considere a lexislación.
Podes asinar na web oficial da campaña.



Vía mangas verdes

Prendamos unha candea

E presentámosche un desexo de PAZ. A nosa prendémola para que cese a violencia contra as mulleres. E vós?...

...Sabiades que se ponden acender cirios en Internet? Calquera ilusión e sentimento serve para facelo, preparádelo e facédeo patente prendendo unha vela.





Vós tamén o podedes facer! Animádevos!

O chimpancé humano

A principios dos anos 70 o achádego dun estraño primate procedente das selvas do Congo conmociounou o mundo. Durante meses, xornalistas de todo o planeta adicáronse a falar dun cimpancé con trazos aparentemente "humanos", que case producían calafríos, e que podía constituír unha especie de elo perdido entre os simios e os homes.
Aquel mono non só posuía unha intelixencia superior ao resto de primates, senón que camiñaba tan erguido como unha persoa. Ademais, a súa face resultaba especialmente "humana": tiña menos pelo na cabeza, un fuciño menos prominente e un cráneo máis pequeno e redondo.
Sobre Oliver, díxose que tiña un olor inusual, que disfrutaba máis da presenza dos humanos cá dos outros monos e que se sentía atraído sexualmente pola humanas. Despois de anos de investigacións, os científicos nunca lograron determinar con exactitud a súa verdadeira natureza. As análises levárono á conclusión de que Oliver era un chimpancé, e non un híbrido, pero nunca descartaron a hipótese de que se tratase dun simio mutante.






Vía Fogonazos

18/01/08

Ti podes facer algo polo Planeta (2)

Continuando coa serie que onte comezamos, ímosche dar novos consellos para colaborar no coidado deste noso planeta, neste caso referidos á reciclaxe e á alimentación. Le con atención...


A) Asegúrate de reciclar na casa. Podes aforrar 2400 libras de dióxido de carbono ao ano reciclando a metade do lixo que o teu fogar xera.


B) Merca produtos de papel reciclado. Emprégase menos do 80% de enerxía para fabricar papel reciclado e prevén a perda dos bosques.


C) Pranta unha árbore. Unha soa árbore absorberá unha tonelada de dióxido de carbono no seu tempo de vida. A sombra que provén das árbores pode tamén axudar a reducir o teu recibo de enerxía eléctrica nun 10 a 15%.


D) Merca alimentos frescos en lugar de conxelados. A comida conxelada emprega 10 veces máis enerxía para producila.


E) Merca alimentos orgánicos o máis posíbel. Os solos orgánicos capturan e almacenan dióxido de carbono a niveis moito máis altos que as granxas convencionais.


F) Come menos carne. O metano é o segundo gas de invernadoiro máis significativo e as vacas son un dos máis grandes emisores de metano. A súa dieta de pasto e os seus múltiples estómagos fainas producir metano, o cal exhalan con cada respiración.

Aqueles marabillosos anos

Navegando pola rede, a miña benquerida compañeira atopou unha intesante páxina onde podedes ver multitude de fotografías de como era a sociedade americana nos anos 40. Traémosche a esta balconada unha pequena mostra destas imaxes para que as descubras.


Vía The 100 Years-Old Photo Blog

17/01/08

Ti podes facer algo polo Planeta (I)

Durante uns días ímosche propor varias iniciativas que podes levar a cabo na túa vida diaria para reducir a emisión de dióxido de carbono á atmosfera. É probable que moitas cousas xa as saibas, pero nunca está de máis lembralas.


A) Emprega menos auga quente. Utilizamos moita enerxía para quentar auga. Se instalas unha regadeira de baño de baixo fluxo e lavas a túa roupa en auga fría ou morna en lugar de auga quente, terás moito feito.

B) Utiliza un tendal en lugar da secadora cando sexa posíbel. Podes aforrar 700 libras de dióxido de carbono cando utilizas o aire para secar a túa roupa durante 6 meses do ano.

C) Apaga os equipos electrónicos que non esteas usando. Simplemente apagando a túa televisión, reproductor de DVD ou ordenador cando non os esteas utilizando aforrarás miles de libras de dióxido de carbono ao ano.

D) Desconecta os equipos electrónicos dos enchufes cando non os utilices. Aínda cando están apagados, aparellos coma os secadores de pelo, cargadores de móbiles e televisores utilizan enerxía. ¡De feito, a enerxía utilizada para os reloxos da pantalla e os chips de memoria traballando equivalen ao 5% do consumo total de enerxía doméstica e emiten 18 millóns de Tm de carbono á atmosfera cada ano!
E) Escolle electrodomésticos eficientes cando realices novas compras. Busca a etiqueta Energy Star nos teus novos electrodomésticos para elexir os modelos máis eficientes.

F) Pon aillamento térmico ao teu fogar. Aillando axeitadamente as túas paredes e teito podes aforrar o 25% do teu recibo de enerxía eléctrica e 2000 libras de dióxido de carbono ao ano. Tapar buratos ao redor das portas e ventás pode facerche aforrar outras 1700 libras por ano.

G) Se usas calefaccion, instala un termostato programable Os termostatos programables baixarán automaticamente o nivel do aire acondicionado na noite e subirano de novo pola mañá.

H) Utiliza o teu lavalouzas só cando haxa unha carga completa e úsao no modo de aforro de enerxía.

16/01/08

O teu nome

Trato de escribir na escuridade o teu nome. Trato de escribir que te amo. Trato de dicir a escuras todo isto. Non quero que ninguén o saiba, que ninguén me mira ás tres da mañá paseando dun lado a outro da habitación, tolo, cheo de ti, namorado. Iluminado, cego, cheo de ti, verténdote. Digo o teu nome con todo o silencio da noite, bérrao o meu corazón amordazado. Repito o teu nome, volvo a dicilo, dígoo incansablemente, e estou seguro que haberá amencer.

JAIME SABINES


Por pedir que non sexa...

Recén entrados no ano novo e tendo en conta que as eleccións están á volta da esquina, non estaría mal que se cumprisen todas as peticións desta marabillosa viñeta dos debuxantes Pinto&Chinto. Ou que dicides?

(Preme na imaxe para vela máis grande)

15/01/08

Non á violencia contra as mulleres (XXXII)

Non esquecemos: un fin primordial deste voso e noso blogue é loitar contra todo tipo de discriminación, inxustiza social e violencia. Que os Dereitos Humanos sexan unha realidade. Sabedes cantas mulleres morreron a mans das súas parellas ou ex-parellas homes nos poucos días que levamos de ano? Mentres, a nosa voz seguirá con elas.
A Xunta de Castela e León realizou o vídeo "Stop violencia de género":


Papeis mollados

Esta semana dámoslle un pequeno descanso á nosa sección de música (Nontodovanserlibros) para mostrarvos un videoclip do grupo malagueño Chambao que, liderados por La Mari, publicaron a finais do pasado mes de novembro o seu último disco Con otro aire.
A canción que che presentamos, Papeles mojados, aborda unha temática social de gran calado como é a inmigración ilegal procedente xeralmente de África.
Aire fresco, letra contundente e imaxes impactantes.


Papeles Mojados

Miles de sombras cada noche trae la marea,
navegan cargaos de ilusiones que en la orilla se quedan.
Historias del día día, historias de buena gente.
Se juegan la vida cansaos, con hambre y un frío que pela.
Ahogan sus penas con una candela,ponte tu en su lugar,
el miedo que en sus ojos reflejan,la mar se echo a llorar.


Muchos no llegan, se hunden sus sueños papeles mojaos, papeles sin dueño
Muchos no llegan se hunden sus sueños papeles mojaos, papeles sin dueño

Frágiles recuerdos a la deriva desgarran el alma,
cala to los huesos el agua los arrastra sin esperanza.
La impotencia en su garganta con sabor a sal,
una bocanada de aire le da otra oportunidad.
Tanta injusticia me desespera, ponte tu en su lugar,
el miedo que en sus ojos reflejan, la mar se echo a llorar.

Muchos no llegan, se hunden sus sueños papeles mojaos, papeles sin dueño
Muchos no llegan se hunden sus sueños papeles mojaos, papeles sin dueño

14/01/08

Pálido puntiño

A imaxe está tomada o 14 de febreiro de 1990 a 6.000 millóns de quilómetros da Terra, metro arriba metro abaixo. A reflexión é de Carl Sagan. Asegúrovos que paga a pena:



Vía La Huella Digital

Máis morphing

Xa falamos varias veces desta técnica, así que simplemente deixo outro vídeo a ver que vos parece. Ultimamente estades moi calados... até o alcaldable!!!

L ' affiche rouge

Veño de ler estes días L'affiche rouge, de Mario Regueira, magnífico libro, do melloriño da última narrativa da literatura galega.
Non se trata dunha historia lineal de doada lectura, senón que asistimos a unha manchea de encontros de xente nova que conversa arredor da súa propia identidade, tentando encarala fuxindo de utopías e ideoloxías.
A chegada ao mundo adulto destes mozos e mozas significará ir ao encontro dunha realidade que resulta ser diferente á prometida, un mundo onde a identidade persoal irá desde a inhibición até a diverxencia, co fracaso como constante nas súas vidas. Un final que procura un sorriso tristeiro no lector, porque a vida non é doada, porque o difícil é toparse a un mesmo a pesares da existencia (ou non) do amor.


13/01/08

Los aviones no saludan

Achégovos esta curtametraxe de Beatriz Alonso Aranzábal, inspirada en delirios reais e que profundiza na fraxilidade dos seres humanos, na nosa vulnerabilidade, niso que se chama amor...




Quizais o vexades mellor nesta ligazón:
http://www.ventanianos.com/contarte/articultura/VTS_01_1.html

A golpe de tambor

Realmente, non sei cal era o propósito dos autores desta curta que leva por título "Persoas en orde", se é que había algún transcendente. O que se ve é sinxelo: un golpe de tambor por cada idade, dende 1 até 100 anos. Máis nada. Curioso, cando menos. Xulgade vós mesm@s:




Vía Fogonazos

Historia da fotografía

Recollo deste blogue de fotografía dixital, Fdlog, este interesante post no que se recollen 10 momentos de gran valor histórico por dar un paso máis na arte da fotografía.


1.- Século V.a.C.: Primeiro uso da cámara escura

As primeiras teorías sobre o uso dunha cámara escura para capturar unha imaxe datan do século V antes de Cristo e pódense atribuír ao filósofo chinés Mo-tsu.




2.- 1826: A primeira fotografía da historia

O autor desta imaxe, titulada "Vista desde a fiestra en Le Gras", foi o inventor francés Joseph Niepce. Necesitou 8 horas de exposición.




3.- 1838: A primeira fotografía dunha persoa

A imaxe pertence a Louis Daguerre e titúlase "Boulevard du Temple". O tempo de exposición foi de case 20 minutos e por iso a actividade da rúa non se apreza. No canto inferior esquerdo hai unha persoa á que lle están lustrando os zapatos. A imaxe do limpabotas vese peor porque é de supór que estivo menos inmóbil que o seu cliente durante o tempo de exposición.



4.- 1856: A primeira fotografía subacuática

William Thompson usou unha cámara montada nun mastro para tomar a primeira foto subacuática. A imaxe era bastante pobre e precisou de 10 minutos de exposición.



5.- 1861: A primeira fotografía en cor

Foi capturada polo matemático e físico teórico escocés James Clerk Maxwell. O obxecto fotografado é unha cinta de tartán.



6.- 1875: O primeiro autorretrato

Aínda que os autorretratos en pintura existiron practicamente desde sempre, o fotógrafo americano Mathew B. Brady foi posiblemente o primeiro que tomou unha foto de si mesmo.



7.- 1903: Primeiras fotografías aéreas

En 1903, Julius Neubronner usou unha cámara cun temporizador montado no pescozo dunha pomba para tomar a primeira fotografía aérea. Dise que o exército alemán usou esta idea para tarefas de recoñecemento en tempos de guerra.



8.- 1923: A primeira fotografía subacuática en cor

Esta imaxe fuoi capturada polo Dr. William Longley Charles Martin no Golfo de México.



9.- 1946: A primeira foto desde o espazo

Esta imaxe foi tomada o 24 de outubro de 1946, desde unha cámara de 35 mm montada sobre un mísil V-2 a algo máis de 100 quilómetros da Terra




10.- 1972: A primeira fotografía que amosa a Terra completamente iluminada

Esta imaxe, que se coñece como “A bola azul”, foi tomada o 7 de decembro de 1972, pola tripulación do Apolo 17


12/01/08

Un adeus sentido

Morreu Ángel González. Un dous meus poetas. Ese que un gran amigo quixo que descubrise. Ese libro que me acompaña desde que el mo agasallou.

Foi unha das voces poéticas máis firmes da posguerra española. A poesía foi para el vehículo da expresión da conciencia existencial.
En 1955 publicou Áspero mundo, ao que seguiría Sin esperanza, con convencimiento (1961), Grado elemental (1961), Tratado de urbanismo (1967), Breves acotaciones para unha biografía (1971), Prosemas o menos (1983), Deixis de un fantasma (19912) e Otoño y otras luces (2001).
En 1985 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras, o Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana en 1996, e xa no ano 2005 o García Lorca.
Para el, o xermolo do poema reside na estrañeza que lle provoca a contemplación do mundo. Despois xurdirá o poema, como forma e estrutura das palabras. O poeta pode permitirse mesturar realidades e usar termos de universos diferentes. A poesía serve para falar da historia en clave persoal, e burlar a censura. As propias palabras móvense con vontade propia, provocan estrañeza e permiten inversións. O autor convértese en voz poética, en personaxe.

Inmortalidad de la nada


Todo lo consumado en el amor
no será nunca gesta de gusanos.

Los despojos del mar roen apenas
los ojos que jamás
-porque te vieron-,
jamás
se comerá la tierra al fin del todo.

Yo he devorado tú
me has devorado
en un único incendio.

Abandona cuidados:
lo que ha ardido
ya nada tiene que temer del tiempo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.