Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Reservoir Books b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reservoir Books b>. Amosar todas as publicacións
24/12/25
Leche cruda
A única forma posible de facer permanecer ese espírito impostado
durante estas datas -tendo en conta que levamos demasiado tempo recibindo
o aviso de que a súa chegada era inminente-, é a través da película “Carol”,
baseada na novela homónima de Patricia Highsmith. En bucle. Agora
Therese está tocando o piano para a protagonista. Agora esta última está
prendendo un cigarro. Agora ambas as dúas están flirteando a saco aínda
que consideren inocente todo o que sucede. Estamos ante unha historia de
atracción sáfica que remata ben e que, ademais, permite que alucines coa
beleza de Cate Blanchett, claro, e en moitos modos: entrando nunha tenda
de xoguetes, pagando a estancia nun hotel, chorando por vivir nun contexto
no que a súa liberdade sexual está cancelada, conducindo de maneira
automática.
Todo isto compartímolo como escusa para facer referencia ao tempo
presente -son as 19:47 do 24 de decembro- pero, sobre todo, para levar a
cabo unha reivindicación bollera estereotipada que xa se pode considerar un
clixé pero que oxalá existan moitos máis coma este porque hai
practicamente cero unidades deste tipo e cen mil promovendo o amor
heterosexual nestas datas de Nadal. Por isto último debemos ler Leche
cruda, de Ángelo Néstore, publicada por Reservoir Books, unha novela queer deliciosa que formula, xa dende
o inicio, unha relación tortuosa entre unha nai demenciada e a súa filla. Non
existe neste libro demasiada tenrura cara a esa persona sen memoria, que
ten como compañía principal a dunha gata e sobre a quen se verte un amor
que, por un lado, semella obrigado polas normas éticas e morais -e a saber
que máis- baixo as que lideramos os nosos conflitos pero, por outro, está
cargado de odio e desagrado.
Ángelo Néstore constrúe unha historia cunha carga literaria
abrumadora ao xogar coas voces narradoras, con sentencias poéticas que
irradian alivio, cunha cronoloxía que permite o seguimento da historia de tal
forma que permite indagar na carga simbólica de toda a narración, e coa
reivindicación de realidades disidentes e a declaración irreverente de quen
non está de acordo cos modelos sociais impostos. Non importa a identidade
da persoa protagonista; baixo esa terminación en -a danos igual quen se
atope, pois só necesitamos saber que é unha filla con rabia e que, ademais,
se sitúa nas marxes, no non normativo, na visión de quen volve á súa vila
natal e é obxecto de todas as miradas.
Leche cruda, leche cruda, leche cruda. Leche cruda aún caliente. [...]
Me cuesta creer que la lengua y la saliva con las que me borro el recuerdo de
la nata sigan siendo los mismos de aquella niña.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Reservoir Books
23/04/21
Fahrenheit 451
Obviamnete non vos vou falar deste famosísimo e imprescindible libro que todx vós coñecedes de Ray Bradbury, Fahrenheit 451, senón desta edición ilustrada por María Corte que publica Reservoir Books, que me chegou vía unha "amiga visible" o Día do Libro. Non coñecía esta ilustradora nin esta edición, pero paga a pena achegarse a este libro potente e convincente da man desta edición.
Atoparalo en Ilustración, Libros, Recomendamos, Reservoir Books
02/11/20
Depresión ou victoria
Interesoume moito este libro de Meritxell Duran, por razóns obvias, aínda que non topei o que buscaba. Aínda así, resulta moi interesante esta aproximación á loita contra a depresión que nos ofrece este Depresión ou Victoria. Crónica de una batalla: un libro que combina texto e ilustración, unha en cada páxina, e ambas necesarias xa que son complementarias, posto que vemos como é a depresión: un monstro que devora as persoas por dentro, e a medida que devora vai consumindo a personaliade e a vida. Por iso axuda a entender como se senten as persoas que a padecen.
Atoparalo en Cómic, Recomendamos, Reservoir Books, Saúde
26/09/19
Benzimena
Chamoume poderosamente a atención este cómic na libraría, así que deixei que me atrapase sen saber nada del. E atrapoume, de que xeito! Benzimena é de Nina Bunjevac, publicado por Reservoir Books. Leo que é unha adaptación do mito de Artemisa e Sipretes. Nin idea. Investigación: no mito grego Artemisa converte en muller a Sipretes, un mozo cretense, despois de que tente violala. No noso libro convérteo en Benny, o protagonista da historia, un neno cun problema grave: non sabe controlar os seus impulsos sexuais; a súa vida estará marcada polo escándalo que o reclúe na súa casa ata que topa un traballo no zoo. Un mozo raro que sabe pasar inadvertido... ata que se desata.
A obra é escura, inmensamente escura -tanto que hai páxinas completamente negras-, como o tema. Os debuxos, sobreexpresivos, resultan perturbadores -tamén en branco e negro-. Ás veces non sabemos se lemos en clave onírico ou críptico, pero nos sobrecolle o seu contido sexual que pretende xogar connosco adentrándonos na psique dun obseso sexual e que nos deixa sen alento ao final. Cando falo do final falo da nota da autora que fai que entendamos todo o libro e que saibamos o que non queriamos, no fondo, entender. Por desgraza, resulta tan duro que pechamos o libro e tentamos esquecelo. Tentamos pensar que o ser humano non pode ser así, que é un mito, unha fantasía, literatura ao fin e ao cabo.
Pero non poderemos durmir.
Porque as ambigüidades, as emocións, a turbación... é enorme.
"Este libro está dedicado a todas las víctimas olvidadas y sin nombre de la violencia sexual". "Que encontréis la paz, que encontráis la luz y hagáis disipar la oscuridad que os rodea".
"Este libro está dedicado a todas las víctimas olvidadas y sin nombre de la violencia sexual". "Que encontréis la paz, que encontráis la luz y hagáis disipar la oscuridad que os rodea".
Atoparalo en Cómic, Recomendamos, Reservoir Books, Violencia de Xénero
12/10/15
Un océano de amor
Teño que lle dar as grazas a Carlos Negro por falarme deste cómic, un cómic mudo que é absolutamente marabilloso.
Un océano de amor é de Wilfrid Lupano e Grégory Panaccione e está publicado por Reservoir Books. Contén un prólogo delicioso de Paco Roca chamado "Océanos de sonoro silencio". Na contracapa podemos ler:
Un océano de amor é de Wilfrid Lupano e Grégory Panaccione e está publicado por Reservoir Books. Contén un prólogo delicioso de Paco Roca chamado "Océanos de sonoro silencio". Na contracapa podemos ler:
"Un océano de amor
es una bellísima novela gráfica muda sobre una historia de amor salado. A raíz de la separación de este viejo y entrañable matrimonio renacerá un amor que ni los mares más enfurecidos podrán hacer naufragar".
"Este libro contiene ideas pescadas en el océano por Wilfrid Lupano, según técnicas respetuosas con el medio ambiente cultural, y enlatadas por Panaccione".
"Ingredientes: océano (agua, sal, detritus), amor (agua de rosas, besos, matrimonio), sardinas, crepes, salsa (aventura, suspense, drama sentimental, gags muy divertidos).
Garantía de que no hay textos, ni delfines, ni onomatopeyas.Consumir preferentemente antes de que el océano ya no nos haga soñar.
VALORES NUTRITIVOS EN 100 GRAMOS:
VALOR ENERGÉTICO: PLENO
Proteínas (naufragios, tempestades, acción, poesía, viajes)…..........................65g
Glúcidos (paisajes sublimes, melodrama)......................35 g
Lípidos (humor negro, moralismo)………………………0 g"
Con todo isto sería imposible non gozar nesta ou con esta aventura que temos entre as mans: a historia de dúas viaxes paralelas que buscan atoparse; entrementres, unha denuncia ecolóxica dos abusos do home nun mar que nos alimenta e que estamos a esquilmar, amosándonos a sobreexplotación e os residuos que forman verdadieras illas nos océanos. Mergullámonos nun océano de páxinas que fala unha linguaxe universal, a das emocións, axitándonos cos percances que sofren os personaxes e con algunhas situacións paródicas e inverosímiles. Cambios de ritmo e golpes de efecto axudan nunha lectura que devoraremos sen pausa ata finalizala.
Absolutamente imprescindible.
Podedes lela a carón dunha lata de sardiñas. Xa saberedes por que.
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, Reservoir Books
13/12/14
La Gran Guerra
Impresionante (en dúas palabras): así é este libro que teño entre as mans. La Gran Guerra de Joe Sacco publicado por Reservoir Books. Un debuxo que se desprega en máis de sete metres de lonxitude e que se inspira nos tapices medievais. A edición conta cun ensaio do historiador Adam Hochschild e as anotacións orixinais do autor. O cómic presenta con precisión o primeiro día da batalla de Somme, o 1 de xullo de 1916, xornada na que os británicos sufriron
57.740 baixas. O escenario que nos amosa Sacco constitúe a batalla máis sanguenta na historia do Exército británico. Nin unha soa palabra é necesaria para transmitir con forza todo o horror da guerra, as imaxes son máis ca suficientes.
"El cómic tiene una fuerza que no tiene ninguna otra
forma de reportaje. Sus imágenes repetidas enfocan la realidad de
manera más lenta, a veces silenciosa, a veces con bocadillos, y trabajan
en la mente del lector que puede elegir su ritmo", ten dito Joe Sacco
en varias entrevistas.
Deses libros sen palabras que deixan o lector sen palabras. Pero que enchen de emocións.
Atoparalo en Cómic, Guerras, Pop-up, Recomendamos, Reservoir Books
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.














