Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Duomo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Duomo. Amosar todas as publicacións

28/08/25

La vida perfecta de Wiliam Sidis

 


Morten Brask é o autor de La vida perfecta de Wiliam Sidis, publicado por Duomo. Tal como di a contracapa, unha novela sobre a vida de unha das mentes máis prodixiosas de todos os tempos. Unha mente, por certo, totalmente descoñecida para esta que escribe.

Unha vida que é contada marabillosamente grazas ao xeito de escribir do autor. Non só é a historia do xenio, senón que é unha novela que axuda a emocionarse, a entender e comprender que ser un xenio non é unha "graza divina" senón unha maldición enorme. Tanto, que seguramente o feito de non sabermos de quen trataba este libro é precisamente o que mellor lle puido ocorrer a Sidis. O que fai o autor é un traballo de biografía onde os flashback, analepses e prolepses  axúdannos a camiñar un territorio solitario, fanagoso e triste. Seguramente, aquí reside a maxia do escritor, en saber conducirnos lonxe dos logros para entender unha vida complexa onde a palabra "Amor", con todo o que esta conleva, non existe. O autor ten claro que presenta un cerebro excepcional que non quere selo, un xenio que destaca e que é sinalado polo resto da sociedade como un fenómeno tal que só provoca soidade, esta que illa por medo, por envexa, ou por falta de empatía. Claro queda que o privilexio da intelixencia nada ten que ver coa felicidade, en toda a súa extensión. 


17/09/18

Olive Kitteridge

Elizabeth Strout tráenos unha personaxe memorable en Olive Kitteridge, libro publicado por Duomo.  Unha novela que case podería ser un libro de relatos nos cales retrátase a vida nunha pequena vila, coñecendo os seus habitantes baixo un nexo, a protagonista, unha muller que enche o libro e que nos desconcerta, nos atrae, amámola e odiámola, e sobre todo queremos comprendela. Con ela viviremos momentos cruciais da súa vida e das persoas que a rodean. Cando pechamos o libro, non deixamos de pensar nela; aínda que ten ao seu arredor personaxes importantes, como o seu home, entrañable, servicial, querido.
Asemade, a voz narrativa, próxima, detallista, sen ritmo pero cativadora.
O paso do tempo, os erros que se cometen ao longo do tempo, o deteriroro do corpo e da mente, a soidade, a vida, en fin, é o pouso do libro. Neste paso da vida quedan remosos, recordos, desilusións, amores, ledicias e tristuras, conflitos coas persoas que nos rodean. Así é a vida. E así nola conta o libro. Pero baixo esa ollada acaparadora da protagonista, preguntámonos cando se equivoca e cando non. Cando sofre as consecuencias ou cando é suficientemente forte. A vida non é doada. Nunca. E é por iso que a obra achéganos os conflitos do ser humano, coa resistencia que este posúe. E é por iso que a visión pesimista subsiste.
Un libro para saborear.


09/01/17

El comisario Bordelli

Marco Vichi é o autor desta novela negra publicada por Duomo, El comisario Bordelli. Non acabou de me encantar, aínda que precisaba un libro para fuxir e non o topei, aínda que é entretido, posto que o personaxe principal -introdutorio dunha serie de libros que contan con el como protagonista- rememora continuamente o seu paso pola Segunda Guerra Mundial e a súa infancia, o que lle dá a unha trama de investigación un ar diferente, deixando que esta pase a un segundo plano en moitas ocasións e coido que realmente o autor non lle quere dar importancia, posto que ao ser o primeiro libro dunha serie dáme a impresión de que a finalidade é presentarnos o personaxe e todos aqueles que o rodean (case todos homes, por certo, e a cada cal máis peculiar) aínda que non sei como serán os seguintes da serie nin se seguirá profundando na psicoloxía do personaxe ou se dará maior relevancia á trama. Asemade, o argumento que dá paso a que sexa unha novela negra resulta bastante predecible e pouco atractivo, aínda que hai un punto interesante e sorprendente na resolución.
Haberá que ler, ou non, algún máis desta serie para saber se cambia a orientación e se paga a pena realmente.





30/11/16

Me llamo Lucy Barton

En Duomo ediciones podemos atopar este libro de Elizabeth Strout titulado Me llamo Lucy Barton que tanta sona ten e que a min, non podía ser doutro xeito con tanta expectativa creada, defraudoume. Está ben, conste, pero o xeito da narración resultoume demasiado fría para o contido que nos propón. Recoñezo que nesa friaxe radica asemade o seu éxito e o seu valor, pero non me acaba de convencer esa desmedida distancia que é capaz de asumir a narradora protagonista con respecto de si mesma e de todo canto lle está a acontecer. Esa estraña relación coa súa nai e os diálogos que manteñen, esa estraña relación co marido que apenas a vai ver... non sei; resulta ata de incómoda lectura. Porque semella que tan só quere indicar sentimentos, apuntalos e non profundar neles; encadea anécdotas sen deterse nelas, pinta velados rasgos do cotián; ou sexa, parec ofrecernos así un mundo imperfecto e inacabado. E si, é así. Pero non consegue chegar ao corazón lector por esa frialdade que amosa continuamente. Aínda que, de seguro, esa é precisamente a opción escollida.
Por iso coido que non brilla, que non emociona, que non chega.
Recoñecendo que é unha boa novela.

Éramos raros, los de nuestra familia, incluso en aquel pueblecito minúsculo de Illinois, Amgash, donde había otras casas destartaladas y que necesitaban una mano de pintura o unos postigos o un jardín, sin ninguna belleza en la que reposar la mirada. Las casas estaban agrupadas en lo que era el pueblo, pero la nuestra no estaba junto a ellas. Aunque se diga que los niños aceptan sus circunstancias como algo normal, Vicky y yo comprendíamos que nosotros éramos diferentes. Los demás niños nos decían en el patio de recreo: «Vuestra familia da asco», y echaban a correr apretándose la nariz con los dedos. A mi hermana le dijo su maestra de segundo –delante de toda la clase– que ser pobre no era excusa para llevar porquería detrás de las orejas, que nadie era demasiado pobre para comprarse una pastilla de jabón.

01/02/16

El bar de las grandes esperanzas

 Tiña mercado este libro dende que vin a Marcos Calveiro recomendalo no seu Facebook. Pero pasou o que tantas veces: foi quedando por debaixo doutros que foron chegando. Pero, por fin, decidín que lle tocaba. E ben que fixen!
 El bar de las grandes esperanzas, de J.R. Moehringer está publicado por Duomo. Un libro de memorias onde unha voz adulta remememora a súa infancia, o seu paso desta a unha etapa que se supón que debe ser madura e non o é tanto. Ou si. A madurez. Pero estas memorias teñen moito de particular, de aí o seu valor: a estrada que nos traza o protagonista vén marcada pola ausencia da figura paterna, e esta ausencia de masculinidade familiar será procurada nun bar, o "Dickens", ou o "Publicans". Topará esa esencia entre os homes que son asiduos a ese lugar e que se converterán nos seus camaradas de borracheira? O libro xira arredor das relacións familiartes, pero tamén das lealdades, dos sacrificios, das ausencias. Non lle será fácil medrar a este neno que se busca a si mesmo e que busca unha orde no universo.
A lectura desprende cariño, tenrura, lembranza. Fala de libros e de música. Fala de sentimentos. Fala de familia e de amor familiar. Fala de loucura adolescente. A aprendizaxe da vida que supura cada páxina para que o lectorado goce, sinta, ría e chore coas súas palabras. Porque a sensibilidade do libro está ata no tacto.
Magnífico!


20/08/13

Muerte en Florencia

Como sigo coñecendo detectives e autores de novela negra da man de meu irmán, este é o último -de momento-: Marco Vichi é o autor de Muerte en Florencia publicado por Duomo. Xa sabedes que isto da novela negra dá para moitos subxéneros, pois este libro que agora nos ocupa é policíaca, e teño que dicir que me gustou coñecer o comisario Bordelli. Sobre todo polo sentido de humor que destila a lectura, a pesar de estar buscando un asasino -ou varios- cruento e a pesar do final. Resulta interesante que estea situada en 1966 e que se dean pinceladas da Italia pro-nazista e dos combatentes anti-nazis, así como o espectacular momento histórico que nos agasalla, tan ben retratado e sinalado. O personaxe principal resulta ben interesante polos seus claroescuros: amigo de criminais, tolo polas mulleres novas, fumador empedernido... O que máis chama a atención do libro é que sexa tan descritivo en todos os detalles, e tan lento, algo que non adoitamos atopar neste xénero novelístico; pero iso non lle resta calidade, senón ao contrario, posto que estamos ante un bo narrador que sabe describir con luxo de detalles aquilo que lle interesa. Ademais, conta cunha boa dose de crítica social, como si é corrente atopar na novela negra actual.
Así que estamos ante unha boa novela que se afasta do habitual por ese ar pausado que o autor lle concede polas descricións pero que sabe manter eficazmente a atención do lector-a. E atención ao final!
.

14/10/09

Tardes con Margueritte

Un libro para cultivarse, que non é o mesmo que cultivar, como diría o protagonista-. Con Tardes con Margueritte de Marie-Sabine Roger achegámonos ao poder da lectura e da cultura, e como este inflúe nas persoas. O que semella un libro máis con esta temática convértese nunha lectura deliciosa que fai rir e chorar, cuns personaxes tan honestamente reais que é ata eticamente irreprochable. E é, sobre todo, inxenua, doce, optimista, tenra. Dun argumento manido e con esterotipos que poderían provocar o rexeitamento, a lectura convértese nun momento emotivo nas nosas vidas. Instantes de fresco pracer. Un libro para ler e lembrar

De todos modos, el envoltorio no debería ser lo verdaderamente importante, sino lo que lleva dentro.
Hay paquetes preciosos que contienen pobres mierdas, y paquetes mal preparados con auténticos tesoros dentro. ¿Os dais cuenta de por qué desconfío de las palabras?
Si pienso en ello, seguramente, para mí era mejor cuando desconocía un montón de palabras. No necesitaba elegir: sólo decía lo que sabía decir. De ese modo no corría el
riesgo de equivocarme y, sobre todo, le daba menos vueltas al tarro.
Sin embargo - y creo que eso lo entendí después de conocer a Margueritte -, puede resultar muy útil contar con las palabras necesarias para expresarse.


Empezar a pensar es como ponerle gafas a un miope. Francamente, para algunos, la vida es una auténtica estafa.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.