Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Viaxes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Viaxes. Amosar todas as publicacións

10/11/13

Lisboa

Ui, ultimamente teño a David Pintor na cama, no escritorio, no andel... este home non para! E debo admitir que cada vez gústame máis. Arestora estou gozando con Lisboa, publicado pola editorial Kalandraka. Caderno de viaxe? Libro de artista? David Pintor sabe plasmar dun xeito fabuloso a fermosa cidade de Lisboa, tanto os lugares emblemáticos e coñecidos como aqueloutros menos coñecidos, pero sempre introducindo elementos imaxinarios que aportan unha frescura inédica en calqueroutra guía de viaxe. Permitide un paseo da man deste artista, un paseo en bicicleta, un paseo real e un paseo fantástico: todo ten cabida neste fermoso libro que vos vai encantar! Sen unha soa palabra, só co poder da imaxe, percorreredes rúas e prazas da capital de Portugal, un lugar acolledor ao que sempre presta viaxar.
Por certo, o libro trae sorpresa!



05/04/13

Un día en New York


Vía

05/08/11

New York Longboard

Mandoumo o meu fillo, quen se apaixonou pola cidade:

New York Longboard from PERROPRO on Vimeo.

03/07/11

Isto é París


Outro libro semellante ao anterior, do mesmo autor, Miroslav Sasek, e que tamén recupera El Patito Editorial. Neste caso o noso paseo é pola cidade de París, e volvemos gozar dunha viaxe ilustrada con completa información sobre os costumes, os espazos... con gran humor e ironía. Son destes libros que un gosta de mirar de cando en vez. Como no anterior libro do que vimos de falar, este tamén recolle a primeira versión de 1959 ademais de actualizacións esplicando o que xa non imos topar en caso de que levaramos este libro como guía en París

Isto é Londres



El Patito Editorial recupera para a nosa lingua este clásico de Miroslav Sasek de 1959. Un libro-guía de viaxes fermoso que un non cansa de mirar polo seu encanto e agudeza. A edición é magnífica, con actualizacións dalgunhas das cousas que xa non existes arestora pero que si destacaba o autor. As ilustracións sorprenden ao mesmo tempo pola súa delicadeza humorística, e nos dá unha completa informacións sobre todo o que alí destaca: a vestimenta, o transporte, o clima, os parques, as rúas...

23/06/11

Mindrelic - Manhattan in motion



Máis vídeos deste autor aquí.

01/05/10

Fermosura natural

26/02/10

Un día en Nova Iorque

Un día na vida de Nova Iorque en miniatura: non falta de nada!

The Sandpit from Sam O'Hare on Vimeo.



Vía Fogonazos

24/02/10

Crónica dunha viaxe

Hoxe contamos cunha colaboración de excepción. Non é un lector que queira recomendar un libro, non, é un "viaxante" que nos quere comentar unha experiencia que a el -e agora a nós- lle pareceu especialmente atractiva e digna de espallarse.
Desde aquí, queremos dar as grazas ao compañeiro Xulio por compartírmonos; agardamos volver a telo neste blogue.


Polo Antroido viaxamos cara as terras de Val d’Oise, departamento próximo a París que acolle un conxunto de paisaxes naturais. Fomos a Saint-Leu-la-Forêt, unha vila fermosa e tranquila; as xentes que nos trataron, amables e, coma din na súa fala, “très gentils”.
Nun dos días de andaina, o noso anfitrión levounos a unha vila chamada Auvers-sur-Oise, onde se atopa un fermoso castelo, a casa do doutor Gachet e, alén doutras moradas, o museo do asente, licor preferido dos artistas de finais de século XIX (feito a partir dun preparado de plantas entre as que se atopa a Artemisa absinthium), utilizado tamén con fins terapéuticos e que daría para outra historia distinta a que refiro.
A vila de Auvers-sur-Oise é famosa por acoller no camposanto as tumbas dos irmáns Vincent e Théo van Gogh. Auvers-sur-Oise foi un dos lugares favoritos de numerosos artistas como Cézanne, Pisarro, Sisley, Monet e o devandito Vincent van Goth, seica seducidos polo carácter rústico e pintoresco da vila…
A min chamoume a atención todo canto escribo, e ver como na praza de “la Mairie” (do Concello), ao mediodía, un home de voz forte e profunda, le crieur public (que eu traduzo como “berrón público”), sobre un caixón, contaba historias de amor, denuncias, venda de obxectos, chistes, poemas… Escoitabamos aquel home na compaña de moitas máis persoas, algúns foráneos coma nós, outros, os máis, veciños e veciñas da vila; e a cada intre aplaudiamos o recitar dos textos…
Logo de facer parada nun café, chamado “Sous le Porche”, descubrín de certo a historia: desde hai tres anos, cada domingo ao mediodía, na praza do concello de Auvers-sur-Oise, le crieur public grita as mensaxes e anuncios que os veciños da vila redactan nas follas que se atopan a disposición do público no citado café e que deben depositar con antelación nunha caixa azul situada á porta do mesmo, polo módico prezo de 1€ cada mensaxe. Seica as de amor son gratuítas, pois como aseguran nos folletos explicativos: “as mensaxes de amor non teñen prezo”.
Pensei na Galiza, nas prazas dos concellos das nosas vilas, en que ben poderiamos nomear un crieur public para cada unha delas, e aos domingos ao mediodía, todos os domingos do ano, berrar sen desmaio poemas de amor pola nosa terra, protestas contra dos que queren que sexamos plurilingües e reneguemos da nosa lingua, anuncios de cousas alegres, denuncias dos parlamentarios que se apropian do indebido e din que son disfuncións, contos do pasado e do presente… E todos poderiamos escribir de vez en cando algunha historia para contar e todos iriamos a escoitar ao crieur public ao mediodía dos domingos, e sería o lugar e a hora de conversa dos veciños, tan escasa nos tempos que están a correr… e quen sabe?... Se cadra este sería o xeito de sermos máis nós.

10/01/10

Unha xornada moi especial

Non quería rematar as vacacións, ou comezar as clases, sen facer fincapé na xornada do club de lectura que realizamos o último día de clases do mes de decembro. Por que foi tan especial? Por dúas razóns: Porque non sentamos arredor dunha mesa para comentar o libro e porque puiden unir o club de lectura d'O Carballiño e o de Silleda do curso pasado (unha parte pequena, pero que se lle vai facer!). Desta volta, a lectura de A Esmorga levounos de excursión a Ourense para facer o roteiro que alí se contempla, seguindo os pasos da noite dos esmorgantes. O único impedimento foi a choiva, que chegou a ser de tal intensidade que tivemos que deixar de buscar o último enclave.
Pero foi, cando menos, unha experiencia totalmente diferente e deliciosa. Por suposto, a información, tanto esta como de todas as actividades e xuntanzas realizadas, está no blogue do Club, Momentos de silencio compartido, pero para min foi tan importante e especial que debía traérvola aquí.





Tentaremos repetir ocasións coma esta. De momento, xa temos lido o seguinte libro e a xutanza próxima está cercana. Levamos un ritmo!!!

07/11/09

Por América Latina

Fin de semana morriñenta: ímonos de viaxe por terras marabillosas.



Vía

14/07/09

Samparkour

Wiland Pinsdorf dirixe Samparkour, curta que explora a megalópole de São Paulo a través da ollada acrobática do parkourista Zico Corrêa

SAMPARKOUR from Wiland Pinsdorf on Vimeo.



Vía Capítulo 0

30/06/09

Vacacións viaxeiras

No blogue Ponte Vella atopamos esta deliciosa selección de lugares onde viaxar este verán... aínda que sexa só co maxín

viaxes

31/01/09

Viaxar desde a cama

Unha preciosidade, videoclip do cantante Oren Lavie:



Vía Capítulo 0

03/10/08

Azul

Paraísos descoñecidos para perderse...

19/09/08

Publicidade de altura

O video que vos quero mostrar hoxe foi gravado por unha parella amiga na súa recente viaxe a Nova Iorque e é a proba audiovisual dunha das moitas anécdotas que traen de Norteamérica. Faláranme desta gravación cos ollos moi abertos e con palabras entusiastas co que non me puiden reprimir a pedirlle que mo enviaran para ensinárvolo.

Situémonos na parte superior dun dos rañaceos que compoñen o Rockefeller Center. De súpeto, cinco avións cruzan o ceo deixando tras si uns estraños puntos de fume que parecen debuxar algo. Que é iso? Non pode ser!! Si, amigos. Pura publicidade. (Como ben din os protagonistas no video, que pasada!)


Moitas grazas, Mary e Mateo!!


18/09/08

Onde está Matt?

Bailar co mundo: 14 meses de viaxe, 42 países diferentes. Esta é a súa web:
http://www.wherethehellismatt.com





Vía

14/09/08

Icebergs

Unha presentación fermosísima que chegou ás nosas mans. A Antártida, un mundo por descubrir... antes de que nós memos o destrúamos.

23/08/08

Chanzos mil



Chand Baori é un dos primeiros baoris construídos en Rajastán. Os baoris son "pozos en forma de tronco de cono invertido con varias terrazas unidas por tramos escalonados". É un dos máis profundos e grandes da India. Foi construído no século IX, de planta cadrada, ten 3500 pasos estreitos en 13 niveis escalonados e con máis de 30 metros de profundidade. Un dos lados está formado por templos e habitacións que servían aos rituais e aos servizos do pozo. Utilizábanse tanto por motivos relixiosos como para se abastecer de auga no inverno, a época seca.
A lenda di que foi construído nunha noite e que ten tantos pasos para que sexa imposíbel que alguén recupere unha moneda caída no fondo. Na planta superior está rodeado por unha galería con arcadas. A entrada sitúase no lado norte, cun balconada e santuarios, onde había varios templos con imaxes.




Vía Microsiervos

25/07/08

Nesta ponte

Se non sabedes onde ir esta ponte, ou esta fin de semana, propoñémosvos ir visitar o norte do país, e coñecer esta marabilla da natureza: a Praia das Catedrais

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.