Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/12/17

Felices Festas

Felices festas a quen pasades por aquí de cando en vez:

Los Árboles Que Ya No Están




Little Drummer Boy - Pentatonix




S de Samba - Natal Tropical

17/12/17

Ernesto e Celestina perderon a Simeón

Publica Kalandraka unha nova aventura desta entrañable parella, Ernesto e Celestina, creadas por Gabrielle Vincent, neste caso o título que nos ocupa é Ernesto e Celestina perderon a Simeón. Encántame esta estraña parella da ratiña e o oso bonachón que se queren e coidan entrambos, amosando asemade o respecto polo diferente e lembrándonos que somos quen de termos sentimentos fermosos e non estragados. Nesta ocasión, será Ernesto quen teña que loitar contra a tristura que sente Celestina por perder o seu moneco favorita. Como resolver o problema?
As ilustracións son tan importantes que transmiten perfectamente as emocións dos personaxes; son como unha sucesión de gravados antigos que saben achegarnos o frío e a calor, fóra e dentro, a necesidade de cariño e ledicia, o sabor das historias e o doce reconforto do fogar. Porque é aquí, no fogar, onde se reestablecen as diferenzas e onde o amor converte en emoción a historia.


Non á violencia contra as mulleres (DXL)

Campaña “Uruguay sin violencia de género”
















15/12/17

Cinderfella story

Cincento / Ceniciento

Neste vídeo cóntase unha versión masculina do personaxe clásico do conto de fadas: un pobre rapaz, explotado polos seus irmáns e o seu padrasto, atópase cun fado padriño que lle concede un traxe á medida para ir ao baile. A princesa sácao a bailar antes de el saia correndo, esqueza o seu zapato de cristal, case coa princesa e sexan felices (para sempre, por suposto). "Esta historia non llela contariamos aos nosos fillos" di o final da animación. "Por que llela lemos ás nosas fillas?"

Visto en Verne



14/12/17

Nunú xoga / Nunú no xardín


Publica Kalandraka estes dous libros de cartón para que o prelectorado os manexe sen problema: Nunú xoga / Nunú no xardín de Cally Stronk e Constance v. Kitzing son libros protagonizados por un elefefante delicioso que convida a querelo. En maiúsculas, textos sinxelos e breves en verso rimado. Mirádelle a face: a que vos apetece acariñalo? Pois así é a lectura. 
Un fermoso agasallo se tedes alguén con peques moi peques.



The Ugly Truth of Children's Books

A terrible verdade dos libros para os nenos e as nenas

Unha nai e unha filla levan a cabo este experimento: dunha estantería chea de libros infantís retiran todos aqueles con cero personaxes masculinos: só hai tres títulos. Logo retiran os que non teñen personaxes femininos: tiran 76. Dos que quedan, tiran os títulos nos que as mulleres non fala: o número é de 141!. Logo, retiran as historias de princesas que agardan a chegada do seu príncipe. Case non quedan libros.
(Visto en Verne)


13/12/17

Snack Attack

Creo que xa o temos no blogue, pero aí vai de novo porque paga a pena:


Visto en Cultura Inquieta

Cuando las niñas vuelan alto

Proponnos Raquel Díaz Reguera en Cuando las niñas vuelan alto publicado por Lumen o empoderamento das nenas, a forza necesaria para sermos o que nós queiramos ser, sen impedírnolo polo mero feito de nacer mulleres. Por iso, debemos tirar as pedras que polo camiños as diferentes trampas sociais nos van poñendo, e seguir o noso camiño igual de lixeiras. Porque temos os mesmos dereitos, porque podemos chegar a onde queiramos, loitemos por facer os nosos soños de futuro realidade. Iso é o que aspiramos.
Precioso


Consumo en galego

Visto en Carta Xeométrica:
Campaña da SXPL en colaboración co Foro Enrique Peinador para impulsar o consumo de produtos etiquetados en galego nas vindeiras datas festivas.

12/12/17

VEGALSA “Un bo comenzo”

VEGALSA "Un bo comenzo" / MOLOTOV Cóctel creativo from MONDOTROPO on Vimeo.

11/12/17

Pakolas

Editado pola editorial Galaxia e ilustrado por Laura Romero, este libro-disco de Paco Cerdeira vén a ser unha obra pensada e cantada para axudar no seu traballo aos profesionais da fala e da linguaxe (o Colexio Profesional dos Logopedas de Galicia participa no proxecto) que inclúe ademias unha unidade didáctica para traballar con tempos, estruturas, fonemas, pictogramas...Así que estamos ante un material dobremente valioso, xa que por un lado podemos gozar da música na nosa lingua: dez temas que teñen os animais como protagonistas onde a diversión e a ledicia está asegurada,  e por outro lado traballar os sentidos.


10/12/17

Miguel. Conto exemplar

Outra alfaia de Maurice Sendak en pequeno formato que nos ofrece este mes Kalandraka é Miguel. Conto exemplar. Un neno impertinente que é comesto por un león xusticieiro, e do que dá saído, iso si, aprendido e reformado. Ou sexa, que o conto ten moralexa, ademais de moito humor e extravagancia, xa que o médico amosa unha forza inimaxinable para sacar o neno do león, sacudíndoo e o león será logo o amigo que leve á familia ao seu lombo de volta para a casa. Imposible que non amose un sorriso nos nosos beizos!
O feito de que sexa un poema rimado e repetitivo engade un humor moi especial ao texto. Máis, porque é un texto que afronta a morte a un lectorado ben novo, sacándolle todo o seu abismo. Vén a ser unha labazada riseira naqueles nenos e nenas que poidan ser un pouco insoportables.


Sopa de polo con arroz

Segue a editorial Kalandraka a nos traer as pequenas alfaias que Maurice Sendak escribiu alá polos anos 60. Sopa de polo con arroz. Libro dos meses, segundo indica o subtítulo, é un divertido almanaque, un poema rápido e trasto que nos trae os doce meses do ano en pequenas estrofas, poemas pequechos con finais repetitivos e fantásticos propicios para o xogo, que ademais están acompañados pola súa particular ilustración. Así que estamos ante unha lectura divertida que ao mesmo tempo nos indica como un neno vén de atopar -que sorte!- a mellor sopa que para el se inventou: a sopa de polo con arro; por iso, calquera mes de ano é perfecto para tomala.

Non á violencia contra as mulleres (DXXXIX)

09/12/17

La doctrina del shock

08/12/17

Compartimos Plan

Boísima iniciativa, e vén d'A Coruña:

Compartimos Plan é a estratexia para elaborar, de maneira participativa, un estudo de diagnose e plan de acción das políticas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención da violencia de xénero na provincia da Coruña.
Non o dubides! Se formas parte dunha asociación que avoga pola igualdade, se es persoal técnico dalgún concello da provincia da Coruña, ou simplemente tes conciencia de xénero tes que participar. Ti es axente chave deste proxecto.
Cada aportación é importante, a túa opinión conta! Comparte para crear sinerxias, xerar confianza e engadir valor.
Síntete parte!
Nós xa estamos compartindo, e ti?



Compartimos Plan (v.o) from Compartimos Plan on Vimeo.

07/12/17

O lapis máxico de Malala

O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai, con ilustracións de Kerascoët , na nosa lingua grazas á editorial Xerais: cando un lapis máxico se converte nun de verdade para escribir un mundo novo. Constitúe unha boa iniciativa este álbum para dar a coñecer a figura de Malala á rapazallada máis nova, esa que non sabe que lle aconteceu a unha nena por querer ir á escola, esa que fala das dificultades que nalgúns países existe para aprender (e pensar doutro xeito, por tanto) e a marabillosa sorte que aquí temos por poder ir á escola con normalidade, algo infravalorado por non cuestionarse sequera. Así que o lectorado máis novoa ten NA NOSA LINGUA a historia dunha Premio Nobel da Paz que vén de se converter unha icona internacional pola súa defensa da educación. Asemade, Malala é portadora de esperanza. Unha nena en Pakistán que quere ter un lapis máxico para deter o tempo... que se converte nun lapis de verdade que escribe e desafía e que é quen de chegar a todo o mundo.


#Amítambién me ha pasado

#Tamén a min

¿Te han juzgado por tu aspecto en lugar de por lo que decías?¿Te han preguntado que dónde estaba tu jefe cuando la jefa eres tú?¿Te han cuestionado por no querer tener hijos?¿Te ha hecho tu novio sentirte culpable simplemente por mostrarte como eres?

Vía Micromachismos. De El Diario.es
 

06/12/17

Radio Bulebule

Sempre é motivo de ledicia un novo libro-disco na nosa lingua, unha axuda para seguir construíndo o noso país na nosa lingua coa rapazallada. Desta volta falo de Radio Bulebule que nos trae un empurrón da voz de Paco Nogueiras coas ilustracións de David Pintor publicado por Kalandraka. A modo de emisora radiofónica, Paco Nogueiras deita doce cancións pegañentas e alegres que falan de novas actuais, que denuncian situacións ou falan mesmo da previsión metereolóxica. Por algo este é un programa de radio cantado! Iso si, sempre con ritmo que convida a bailar e a participar, como sinal de identidade de Paco. As ilustracións seguen o ronsel do anterior libro-disco Brinca vai!, con moita cor que transmite a ledicia de cantar.

O branco non pinta!

Teño un problema para falar deste fermoso álbum: todo el é Antía. Paso as súas páxinas e mergúllome na súa dozura, nese sorriso que sempre me dedica, neses aloumiños que gasta comigo, nesa face lene que me mira dende a voz poética culta e intelixente coa que semella dar cada paso. O branco non pinta! é a voz de Antía Otero que ela e Dores publican con cariño en Apiario coas ilustracións de María Brenn (aiiii, que non a coñecía!). Non me entendades mal, se o libro non me gustase non estaría aquí: xa sabedes que aínda con boas palabras, se non me gusta, non me gusta. Son unha lectora que está louquiña polos álbums ilustrados, e este pasa a encabezar a miña lista de favoritos. Volvo a miralo e maxino a Antía contándollo á súa nena, ou  maxino a súa nena falándolle á súa nai desa preocupación pola soidade dunha cor. Pode existir máis poesía nunha frase, nunha idea? Unha cor que se sente soa, que ten que apertar canda ela todas as cores para ser quen de formar outras. Que traballiño ten a pobre!
Para máis gusto persoal, Xapón está presente neste cadro sen outra cor que o branco. Antía, aí fixeches un pleno!!!
O branco non pinta!. Antía Otero e María Brenn from apiario on Vimeo.

O seximos nas linguas

La langue française est sexiste. Catherine Arditi amósao.
Igual que sucede coa lingua española, tal como vimos.



05/12/17

#HolaPutero


Catro de cada dez homes pagan por sexo nalgún momento da súa vida, convertendo a España no primeiro país da Unión Europea en consumo da prostitución (datos da Asociación de Prevención, Reinserción e Atención á Muller Prostituída (APRAMP) e o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade en 2016)

"Voy a contarte un secreto: ninguna de las mujeres a las que has pagado querían estar contigo". Esta denuncia pertence á campaña contra a prostitución impulsada por Towanda Rebels;  "no va de sexo, va de poder: tú pagas por violar";  "cuando tú hablas de consumidores que pagan por un servicio y de trabajadoras sexuales, yo hablo de puteros y de esclavas". "Tu dinero legitima lo que haces", conclúen."
Poñen o centro da cuestión en por que o home cre que ten dereito a comprar mulleres.


04/12/17

Revelando estereotipos que non nos representan

Represéntannos as mensaxes que comunicamos? Yolanda Domínguez pregúntase se podemos superar os estereotipos ocultos nas imaxes que creamos e consumimos cada día. Quizais, grazas a unha maior reflexión e consciencia poidamos demontar aquelas ideas que damos por feito na comunicación pero que non nos fan ser menos libors e felices como comunidade.


03/12/17

Soy la vida / Soy la muerte


Dous álbums ilustrados de Barbara Fiore que son as dúas faces da mesma moeda:  Elisabeth Helland Larsen coas ilustracións de Marine Schneider constrúen estes dous mundos de xeito delicado e cóntannos en ambos como resulta inseparable a unión entre a vida e a morte. Mentres o da vida céntrase nos valores de vivir en comuñón connosco mesmos e coa natureza, o da morte -representada como unha moza doce- lémbranos que a morte visita animais e persoas, pero tamén a toda a natureza en xeral, e que en todo momento enuncia un leit-motiv: o seu sentido (a pesar da dor que provoca) é necesario, xa que a vida enche de esperanza pero sería imposible manterse sen a morte.
Ambos álbums son extremadamente poéticos, cheos de máxica dozura.







Non á violencia contra as mulleres (DXXXVIII)

Antes de que sea Tarde 
Antes de que sexa tarde

02/12/17

Sheroes

Loitar contra a opresión esixe valentía, ou quizais esixa que existan heroínas de verdade.
Vídeo de Carlos Caro.

01/12/17

O castiñeiro do Apalpador

O prezado Inacio volve traernos unha axeitada suxestión de monicreques para estes tempos de Nadal: O castiñeiro do Apalpador. De como un carboeiro se virou meigo do Nadal, publicado por Baía con ilustracións de Nuria Díaz. Un texto de Inacio é sinónimo garantido de calidade, e desta volta demóstrao novamente cun protagonista coñecido, ese que provén dunha tradición oral e que convida a crer nunha maxia especial: converter un carboeiro nun repartidor inmortal de castañas nos tempos de nadal. Cunha miaxiña de humor salferida polo texto, un convite á presenza da morte, figura que se deixa vencer facilmente polo personaxe entrañable, retranqueiro e listo como a fame que é o o Carboeiro. Porque se algo sabemos desta figura mítica será que é enxeñoso e sabio coma poucos. Por iso pode vivir para agasallar. Que luxo!


Gestación subrogada: ¿DERECHO o NEGOCIO?

Vídeo didáctico e explicativo sobre os ventres de aluguer.

30/11/17

AS NEVES ZONA 0



Vía Praza Pública

E así quedaron os arredores de Vigo:


29/11/17

Os arquivos secretos de Escarlatina

Cando estaba a follear este Os arquivos secretos de Escarlatina, de Ledicia Costas coas ilustracións de Víctor Rivas que vén de publicar Xerais, tan pronto o recibín, comecei a pensar na gran sorte que ten a nosa rapazallada con estes libros que se lles ofertan, pero como o meu maxín é imparable, fun máis alá e pensei en todos os produtos que a casa "Disney" botaría ao mercado de telo nas súas mans: así, pensei nas sobriñas pedíndome que lles comprase canto accesorio inimaxinable existise no mercado de Escarlatina: carteiras, estoxos, gomas, lapis, bolis, gomas, gomas para o pelo, diarios, petos, mochilas, bolsos, bolsas, pixamas, zapatillas... eu que sei cantas cousas máis pode haber no mercado cando se trata de promocionar unha película desa factoría. Película que pode vir dun libro, como é o caso: a ver se houbese unha mente preclara que convertese a nosa protagonista do alén nun bo filme de animación. E pensei nos escaparates da libraría da miña vila, arestora ateigados das "Gorjuss", coas Escarlatinas monecas -e todos os seus looks-, o "xardín da oca fúnebre", a panda do "Circusmortis", coches e condutores da "Gran Carreira Anual", o álbum de cromos, o libro de receitas... Si, xa sei, teño moita maxinación, pero é ben doado tela tendo na man este álbum e paseando polas súas follas. Un libro atractivo que non me cabe dúbida será agasallo estrela este Nadal, un marabilloso universo que me fixo lembrar as aventuras da súa protagonista, que ofrece xogos e chiscadelas, enigmas e ilustracións magníficas. 
Espero de verdade que este dúo Ledicia-Víctor teña un futuro no que os camiños converxan moitas veces, dáme que a complicidade que aquí se respira debe ser semellante a de Docampo-Cobas, e iso non se pode perder. Máis ben, hai que cultivala como tesouro que é.





Graduando violencias cotiás

Carmen Ruiz Repullo:


Onde está Nubebebé? / O pintor de flores


Dous títulos dunha peque-colección de libros que Anxo Fariña presenta para a rapazallada máis pequerrecha, un achegarse aos libros para unha idade temperá. Onde está Nubebebé? / O pintor de flore, ambos os dous títulos publicados por Xerais, achegan unha unida familia de nubes aventureiras que estarán ben coidadiñas por un pastor de nubes chamado Gliz. Pero non pensedes que é tan doado exerces esta profesión... Non, ten os seus riscos, porque as nubes non paran quietas e pode ocorrerlles calquera cousa, dende perderse ata mancarse. Por iso o pastor terá que estar preparado para ser valente e ocorrente, porque a súa fidelidade será esencial para que a familia siga adiante.

28/11/17

XINFU na maldición guauchuky

Moi boa suxestión esta titulada XINFU na maldición guauchuky de Adrián Morgade, cómic infantil publicado por Xerais. Ben cómpren iniciativas deste tipo, xa que non é doado atoparmos cómics infantís na nosa lingua (estou pensando na serie de Marcopola e non me vén á cabeza ningún máis). Unha aventura de superheroes que non son humanos, xa que os nosos protagonistas son dous cans que vivirán aventuras grazas a un óso misterioso que nos -a eles e ao lectorado- transporta a outros mundos. Como non, a capa de superheroe non poderá faltar, aínda que veremos como un dos douos cans será quen teña a responsabilidade de levala.
Unha boa achega que agardamos siga medrando.

Feminazi

¿Por qué deberías dejar de usar la palabra feminazi? 
Por que deberías deixar de utilizar a palabra "feminazi"? 



27/11/17

A ver si lo he entendido bien... ¿Machismo? ¿¿Dónde??

26/11/17

Non á violencia contra as mulleres (DXXXVII)

25/11/17

25 N: a semente da igualdade

Afectadxs como estamos por todo canto está a suceder ao noso arredor, máis preocupadxs ca nunca coa sociedade que queima, que maltrata, que viola e que culpabiliza ás vítimas, tentamos un ano máis pór o noso gran de area cun novo vídeo cada 25N. Desta volta, non podiamos esquecer os montes queimados, arrasados por mans asasinas, que asasinan mulleres, fillos e fillas. A metáfora vén dada e regalada: mentres non nos respectemos a nós mesmxs non saberemos nin sequera respectar a natureza. Pero temos confianza no futuro, nas novas xeracións, no noso alumnado. Sen esa fe non seriamos quen de ir dar aulas cada día. Cremos neles e nelas, cremos neses nenos e nenas que poderán sementar a igualdade e os nosos montes.


24/11/17

Négome

Oxfam IntermónM "Me niego a":


23/11/17

A hora de espertarmos xuntos

Veño de ler con paixón e aprendizaxe este libro que vos recomendo encarecidamente: A hora de espertarmos xuntos de Kirmen Uribe publicado por Xerais. A partir cun cadro do pintor Antonio Gezala técese o libro no que o propio autor cobra voz para nos indicar que realiza unha investigación sobre as persoas retratadas nese cadro, involucrándose así persoalmente na historia, facendo que a novela sexa máis real porque dende o primeiro momento o autor indícanos que o que temos nas mans é o produto da súa investigación persoal, case un personaxe máis que nos explica con detalle os pasos que foi seguindo para averiguar canto nos quere contar e as lagoas que quedaron sen resolver, mesmo as súas propias suposicións nalgúns momentos. De aí que ficción e realidade se mesturen sabiamente, ata o punto de non sabermos cando espertar para contemplar a verdade ou cando mergullarnos no mundo novelístico e ficticio das súas páxinas. Aínda así, nos momentos de datos eu aprendín moito sobre a historia do pobo vasco. Son cicuenta anos de historia as que nos ofrece, sempre dende o seu punto de vista, claro está. Sobre estes anos pesa a longa sombra da guerra civil e a ditadura fascista que se vinga e impón, que mata e castiga por pensar, por falar, diferente.
Ritmo pausado para amosar a vida dos protagonistas, voltas e reviravoltas da vida que sofren, aman e resisten ao abeiro dun gran amor: o da terra e o da linga, que se agochan baixo unha palabra soñada: liberdade.



"Refugiés"

22/11/17

Allumette

Un máis que fermoso álbum este titulado Allumette de Tomi Ungerer que vén de publicar Kalandraka, un libro que se publicou por vez primeira no ano 1974 e que é unha volta moi volteada do arquicoñecido conto de Hans Christian Andersen "A vendedora de mistos". En realidade, ambas teñen pouco en común agás a primeira parte, aquela onde se nos describe a penosa vida da protagonista, esa que pretende malvivir vendendo uns mistos que ninguén quere nin precisa; viste farrapos e está soa no mundo. Ungerer cambia logo a miseria e a morte orixinal para agasallarnos con felicidade a base de cooperación e colaboración. Un sorriso de esperanza ilumina as nosas faces mentres lemos un conto de paz, un milagre que ninguén sabe explicar (ou a explicación vén dada pola fe de cadaquén). A esperanza  aquí cobra nome e esquecemos a dura e cruel realidade que vivimos nunha sociedade pouco solidaria que levanta muros difíciles de derrubar.
Un libro necesario, un álbum que hai que ter. E lembrar.

Nos Queremos Fuertes

Querémonos fortes de Cecilia Griffa :


21/11/17

Os caimáns van de paseo

  Os caimáns van de paseo. Un alfabeto é un deses pequenos álbums de Maurice Sendak absolutamente deliciosos que temos a sorte de termos na nosa lingua grazas á editorial Kalandraka. Imposible non aprender o alfabeto deste xeito, con humor e un sorriso constante, xa que a expresividade das ilsutracións é tan notoria que realza o goce de aprender e axuda a que sexa marabillosamente doado. Porque os caimáns viven situacións de todo tipo para que cada páxina sexa unha nova letra, dende levar perrucas ata facer imitacións. Todo vale se paseamos canda eles polo seu restaurante elegante.
 

20/11/17

Home

Yann Arthus-Bertrand realiza unha homenaxe á beleza do planeta e á súa delicada harmonía, levándonos nunha viaxe única arredor do planeta, para contemplalo e entendelo. Cada imaxe deste filme ensínanos os tesouros da Terra que estamos destruíndo e todas as marabillas que é posible conservarmos aínda. "Home" abarca os principais temas ecolóxicos aos que nos enfrontamos e amosa como todo no noso planeta está interconectado.

19/11/17

O un era Xoán

O un era Xoán. Un libro para contar é un deses libros de Maurice Sendak que a editorial Kalandraka está a rescatar para nós na nosa lingua. Historia rimada dun neno que nos ensinará a contar cara adiante e cara atrás, poeticamente, con versos que se apoian nunhas ilustracións que se afastan de calquera posible ñoñería que se puidese advertir noutros libros para pequerrechos. Contemos, pois, cun neno que quere ler tranquilo e que é interrompido por animais que estragan o seu pracer lector en soidade. Para recuperalo, deberá despedir todos os personaxes que foron aparecendo en orde inversa, sen perder o ritmo e a sonoridade. A última páxina é un canto á lectura, un sorriso compartido, unha aportación ao fomento da lectura que non pode pasar desapercibida e que é unha copia exacta da primeira páxina, da placidez e da concentración lectora.

Non á violencia contra as mulleres (DXXXVI)

Impactante Tabú de Jon Sistiaga sobre el machismo con Blanca Portillo:


18/11/17

A horta de Simón

Un ano máis chega o Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados da man da editorial Kalandraka, que desta volta vai na X edición. E recae neste álbum de Rocío Alejandro titulado A horta de Simón. Unha horta que nos lembra o ben que presta o traballo colaborativo e a harmonía, o respecto a todo canto nos rodea, en forma de natureza, animal ou persoa. Porque todos somos necesarios e debemos escoitar os consellos e opinións, porque aprendendo facémonos grandes e mellores. Unha vez máis, un álbum infantil onde a estrutura acumulativa é cómplice do texto e dos personaxes que se van sumando á historia. Asemade, podemos reinterpretar o texto en clave ecolóxica, que ben cómpre vivindo este cambio climático que os nosos políticos semellan esquecer para falar doutras historias que eles coidan máis importantes. Só educando no respecto á natureza poderemos evitar unha catástrofe próxima.

16/11/17

Al otro lado

Na editorial La fragatina, álbum de Roberto Parmeggiani e Anna Forlati: Al otro lado fala da morte dun ser querido, un tema sempre difícile de tratar na infancia; neste caso o protagonista comprenderá a ausencia despois de preguntarse que significa a ausencia prolongada do pai e a tristura que o rodea.



15/11/17

Son Muller

Forman o grupo Máis boas cás patacas. Nas voces están Lua, Valeria e Ruth, á guitarra Ana, no baixo Sara, co uquelele está Carme, co piano, Cristina e coa batería, Candela. Son as gañadoras do certame Quero Cantar convocado pola Deputación da Coruña.
 "Se me deixaran, sería o que eu quero ser, libre, independente, resistente e muller"
Xeniais. 

 

14/11/17

Cafe para llevar

Jili Soloway

Charla de Jili Soloway sobre a visión masculina/femenina no mundo da imaxe visual e a cultura popular. Temos unha sociedade que segue a presentar os corpos como obxectos e o empoderamento feminino realízase a través da construción do masculino.



13/11/17

Identidade de xénero

12/11/17

Dos caminos

Con moi poucas palabras, Dos caminos de Guridi, álbum publicado por Libre Albedrío, amosa os percances e as pedras que no camiño topamos, que debemos solventar e salvar para seguir o noso percorrer, ese estraño camiño que a vida nos debuxa para tantas veces facernos caer e obrigarnos a levantarnos; si, a vida é moitas veces unha caixa de sorpresas, aínda que ás veces semella coherente; e tantas, tantas veces, agóchanos decisións difíciles, dúbidas, medos... Pero tamén ás veces agocha a necesidade de non estar sós, de termos outras persoas coas que falar, coas que compartir. Así, Guridi neste libro amosa de xeito curioso o poder da amizade (ou do amor, non queda moi claro) entre dúas persoas, dous camiños que conflúen, dous páramos nus, dous escenarios sobrios que serven para que potenciar a mensaxe da unión entre estas dúas persoas anónimas protagonistas.

Non á violencia contra as mulleres (DXXXV)

De lectura obrigatoria son todos os artigos que publica Barbijaputa, pero este éo especialmente, pensando no meu alumnado:


Alicia* tiene 17 años y no sabe en qué momento se torció todo. Empezó a salir con su novio hace dos, pero en algún momento que no sabe calcular empezaron a discutir cada vez más. A veces esas discusiones se les iban de las manos, y acababan en gritos y empujones. Y a veces en más cosas.
Alicia, a sus amigas, les dice lo que ella cree: que los dos se quieren muchísimo, pero a veces parecen incompatibles. Pero que se quieren, sí, es obvio: para perdonarse mutuamente cada grito, cada empujón, hace falta mucho amor y muchas ganas de que la relación salga bien. ¿Si no hubiera amor ni pasión, por qué iban a estar intentándolo una vez y otra vez?
Alicia piensa que a veces la culpa la tiene él, pero otras no, porque la verdad es que ella tiene también mucha tela que cortar. Alicia sabe perfectamente qué cosas cabrean a su novio y, aun así, las hace. No sabe por qué, no lo admite en voz alta, pero sabe que las hace aunque vayan a suponer una bronca. ¿Por qué? Ojalá lo supiera, sólo sabe que no hacerlas es como dejar dentro de su estómago una bola de fuego: no puede evitar acabar enfadando a su novio casi con premeditación.
Alicia tiene 17 años y piensa que, si no es capaz de dejar de enfadar a su chico, luego no puede quejarse cuando las peleas se les van de la manos. Porque se les va a los dos: a él y a ella. Son agresivos, quién sabe si por pura pasión.
Alicia, muchas veces, acaba volviendo a casa de noche, desde cualquier lado donde él la haya querido dejar tirada con la moto. Alicia tiene 17 años y no sabe muchas cosas, pero sí intuye algunas, como que ella jamás tendría corazón para hacerle lo mismo a él. Y si un día lo dejara abandonado en cualquier arcén, sabe que volvería a por él. Porque pasa miedo volviendo a casa de noche, a veces desde muy lejos, y conociendo ese miedo, ella no podría soportar que él lo sufriera.
Alicia tiene 17 años pero, una tarde que se volvió noche, lloró como un niña durante las dos horas que tardó en llegar a casa. Y en aquella ocasión, su madre la interrogó por la hinchazón de sus ojos. Alicia está más dolida que otras veces, y cuenta la verdad: que su novio la ha dejado a dos horas de su casa. Alicia recibe como un puñal la frase de sus padres: “¿Y por qué no llamaste para que te recogiéramos? ¿Y si te hubiera pasado algo?” Y como Alicia sigue llorando, sus padres la animan con un “mujer, con los años los hombres se va tranquilizando”. Su madre recuerda frente a ella lo mucho que hacía el loco su padre cuando era sólo un chaval. “Y mira ahora”, le dice. Alicia mira a su padre: ahora es un señor que no necesita gritar para que se haga lo que él quiera. Ahora es un señor que baja al bar a beber mientras le crían a los hijos y a las hijas: ya no se va de putas. Ahora es un tipo que no sabe dónde se guarda el cubo de la fregona, pero sí sabe cuando hay una mancha en el suelo, porque la señala para que sea eliminada.
Alicia tiene 17 años, y aunque su entorno normaliza su relación, ella siente que algo anda mal, que su novio y ella tienen un problema mayor. Alicia cree que quizás deba contar un poco más de verdad: que se pegan. Y hacerlo recalcando que es mutuo, para que nadie piense lo que no es, que hay que tener mucho cuidado porque sería un insulto para las mujeres maltratadas que ella frivolizara sobre esto: tiene que ser precisa, porque ella también le ha pegado a él. Es la verdad.
Alicia tiene 17 años, y la primera paliza en la que cree que no va a llegar a los 18 está tan asustada que huye y llama a su tía. No llama a su madre, ni a su padre, ni a sus amigas. No. Llama a su tía y ni siquiera sabe por qué. La ha escuchado mil veces hablar sobre los hombres, y siempre piensa de ella que era una exagerada, que los odia. Y sin embargo ese día, Alicia la llama a ella. A la tía exagerada que probablemente sólo estaba despechada.
Alicia se hace un ovillo en la cama de su tía, mientras ésta le asegura que no es responsable de nada. Que tienen que ir a denunciar a su novio, que tiene que verla un médico. Alicia se niega, ¿acaso ella no lo ha hecho enfadar mil veces con cosas que sabía que estaban mal? ¿Acaso no ponía fotos en Facebook en bikini? ¿No sabía quizás que eso lo cabreaba y aun así las colgaba? ¿Acaso no bromeaba con los amigos de él a pesar de que le había pedido que no lo hiciera? ¿Acaso cuando él le cruzaba la cara ella no se lo devolvía? ¿Cómo podía devolverle las hostias y luego quejarse porque él fuera más fuerte que ella y le ganara todas las peleas? Ella no era ninguna santa, por lo tanto, no era víctima de nada.
Alicia tiene 17 años y sigue pensando que si ella no lo provocara, nada de esto estaría pasando: ni las peleas, ni los golpes, ni los llantos, ni el ovillo en casa de su tía.
Y sin embargo al día siguiente sólo piensa en verle, en hacer las paces, en saber que él está bien, en no dejar ni tiempo ni espacio para que sufran la distancia. Porque se quieren, por encima de todo, se quieren más que a nada.
Alicia tiene 17 años y piensa que ha traicionado a su novio al contárselo a su tía. ¡A su tía! Esa que piensa que cualquier cosa es maltrato. La que ahora piensa que su sobrina es una víctima de violencia de género cuando lo que es es una sinvergüenza que podría haber evitado desde el minuto uno todo este lío.
Alicia tiene 17 años y sólo quiere deshacer las últimas 24 horas, que no quede registro de que lloró, que nadie sepa que sufrió, que su tía olvide todo lo que le contó. Porque las cosas de pareja las soluciona la pareja, y ella se ha comportado como una niñata.
Pero él en el fondo es tan bueno, la quiere tanto... que aún así la perdona, va a buscarla con la moto, la abraza, le dice que la quiere, y que por favor no lo haga ponerse así nunca más. Y ella acepta, agradecida por la enésima oportunidad que él le brinda. Por perdonar la traición, por quererla a pesar de ser una inestable, una chica que lo mismo ríe que llora, que lo mismo lo provoca que se hace la víctima cuando le gana las peleas. Una chica tóxica como ella, con tantos cambios de humor y tan perdida en la vida debería estar dando gracias cada día porque haya alguien en el mundo que la quiera a pesar de todo.
Porque, tal y como él le dice cada día, “Ali, porque has dado conmigo, que soy tonto y te quiero, pero el día que yo me harte no va a venir ningún tonto más a aguantarte". Alicia no puede perderlo, porque quedarse sin él es quedarse sin nadie y sin nada.
*Si hay algo en este artículo con lo que te sientes identificada, llama al 016: pueden orientarte y sacarte de dudas.

11/11/17

Un paseo con Mary Poppins

Onte agasalláronme este fermoso libro que vén de publicar Edelvives: Un paseo con Mary Poppins de Hélène Druvert. A fermosura vén dada sobre todo pola edición, xa que é un libro troquelado... en todas as súas páxinas!!! Breve texto rimado para acompañar as ilustracións, damos un paseo polo mundo fantástico onde Mary Poppins todo o pode: dende ir ao fondo do mar e contemplar in situ a paisaxe mariña como voar o ceo e observar a cidade dende alí arriba. O libro está todo en branco e negro, o que lle aporta asemade unha certa lembranza ás sombras chinesas, xogando con estas tonalidades -gris- para dar profundidade ás capas dos debuxos. É outro destes libros xoia, fráxil, que dá gusto mirar de cando en vez para recordarnos a beleza e a fraxilidade.




09/11/17

La huida de Peggy Sue

Federico Delicado sorpréndenos novamente mesturando realidade e fantasía en La huida de Peggy Sue, álbum publicado pola editorial Nórdica. Unha historia simpática, feitiña, dunha vaca que decide fuxir dunha morte segura que o destino lle deparaba; logo, aventuras en tren, amizades, desexos e soños cumpridos con moitas sorpresas. 
Por suposto, exquuisitas ilustracións, como todas as que proveñen deste autor-ilustrador, lenes e delicadas, que reforzan a orixinalidade do texto que dá pé a diferentes interpretacións.



08/11/17

Sirius. El perro que (casi) cambió la historia

Chamoume a atentción e achegueirme a ela con curiosidade. Polo tema e polo tratamento. E porque é divertida, diferente. Falo de Sirius. El perro que (casi) cambió la historia de Jonathan Crown que publica a editorial Grijalbo. Non é unha pasada, pero é un libro entretido, que proxecta sorrisos aínda dentro da crueldade da guerra, que xoga co absurdo, que resulta entrañable, que amosa os contrastes sociais, que xoga coa realidade... Non é un libro groso, polo que se le de contado, ten a habilidade de meter o lectorado na historia e enganchalo, e ten de novidoso e orixinal que nos conta sempre a perspectiva do protagonista, un cadeliño que reflexiona sobre o mundo que o rodea e que elixe como confidente unha árbore; ademais, o autor ten a habilidade de xogar con sucesos reais para ofrecer unha extraordinaria verosimilitude á historia fantástica que nos conta.

07/11/17

Yokai

Carmen Chica e Manuel Marsol publican en Fulgencio Pimentel Yôkai, International Award for Illustration da Feira do Libro Infantil de Bolonia. Un libro en clave metafórica sobre a natureza, esa que non creou a man do home pero que este destrúe, esa infinita que nos convida a reflexionar, a pasear, a sentir. En comuñón con ela, podemos sentir que somos outras persoas, que o noso mundo é diferente, que a nosa vida non a vivimos porque estamos perdidos en todo o seu esplendor. Cruzar a súa porta é maxia pura. E desta maxia fala o libro con intensas ilustracións.


06/11/17

Unha historia en común

Curta que denuncia a discriminación, o sexismo das deportistas de Morvedre, pero que dá pistas de por onde ir para rematar con todo isto.
Visto en Cortometrajes por la Igualdad.

Las pioneras

A Premio Nobel de Medicina, Rita Levi-Montalcini, xunto con Giuseppina Tripodi convidan a unha reflexión sobre a situación da muller na ciencia, presentando unha antoloxía biográfica de mulleres científicas de todos os séculos en Las pioneras. Las mujeres que cambiaron la sociedad y la ciencia desde la Antigüedad hasta nuestros días. Con este libro publicado pola editorial Crítica, volvemos a comprender e sufrir coa cantidade de obstáculos aos que estas mulleres tiveron que se enfrontar por ser só iso: mulleres. Mulleres con intelixencia que só tiñan ante si o desprezo da sociedade patriarcal, o menosprezo dos seus traballos e memos tiveron que calar cando o seu froito era arrebatado polos compañeiros de profesión varóns.
Esta antoloxía presenta unha orde cronolóxica segundo a data de nacemento de sesenta e oito científicas e están agrupadas por épocas ou séculos, e máis ca biografías, do que se nos informa é dos avances científicos que elas protagonizaron, de xeito escueto. Hipatia, Ada Augusta Byron King, Marie Curie, Elisabetha Koopman-Hevelius, Trotula de Ruggiero, Mileva Maric-Einstein, Lise Meitner... cantas coñecedes/coñecemos?
Se estas mulleres foron capaces de tanto, pensemos como sería todo de termos unha sociedade igualitaria dende o principio dos tempos. Pero ás mulleres era mellor calalas ou queimalas por bruxas. A intelixencia só podía vir da parte masculina. Este libro convida a reflexionar sobre isto, sobre o talento oculto de miles de mulleres que xamais coñeceremos.

05/11/17

Deixe a súa mensaxe despois do sinal

Longo título este que nos propón Arantza Portabales Santomé, publicado por Galaxia: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, orixinal proposta para unha novela con catro protagonistas mulleres que van deitando a súa vida en cadanseu contestador automático (algo impensable para min porque non o soporto). Capítulos curtos que se corresponden coas mensaxes deixadas, un para cada unha delas, que falan dunha liberdade frote a un contestador baleiro que simboliza unha era da comunicación incomunicada, porque o ser humano necesita falar, confesar os sentimentos, encararse ao padecemento escoitándose a si mesmo. Catro mulleres diferentes, diferentes xeracións, diferentes niveis culturais, diferentes situacións que tecen unha rede de relacións que nun principio semellaba impracticable. De feito, pensei que se podería ler a novela salteando os capítulos, procurando a vida de cada unha delas: Marina (cunha relación amorosa complicada), Carmela, Sara (na procura de si mesma) e Viviana, e non lendo as das demais, pero como van interrelacionándose, non é posible. Catro mulleres que van fortalecendo o seu carácter a medida que avanzan as páxinas e que precisan encararse co mundo que coñecen, trazando o seu propio camiño.
 Das catro quedo sen dúbida co personaxe de Carmela, que coido é o máis redondo e a min foi quen me fixo vibrar coa emoción. Das outras tres, non me gusta a visión que se nos dá de Viviana, xa que hai detalles da súa traxeida persoal que merecerían máis espazo e tampouco me gusta a solución de vida que ofrece. Logo, o final é demasiado perfecto para case todas elas (no caso de Carmela era imposible outro) e iso tamén desfavorece o conxunto da novela, tan orixinal nun principio e tan doado de ler. Final tipo "Disney" demasiado feliz e pouco crible.



Non á violencia contra as mulleres (DXXXIV)

Terceira dunha serie de 5 curtas que teñen como obxectivo detectar os primeiros sinais de maltrato na adolescencia ("Encuentra el verdadero amor") 

Telefonillo. 


04/11/17

Postales para un año

En A buen paso topamos esta preciosidade de Giusi Quarenghi e Anna Castagnoli que baixo o título Postales para un año ofrécenos unha colección de momentos que comenzan na primavera, cun cheiro doce e agradable para pasar á calor do verán co mar de fondo e á sega no outono coas súas cores douradas que volve a traernos o frío e a choiva para pasar ao inverno, un inverno frío onde procurar a lúa entre as nubes. Postais que falan de estacións pero tamén de sentimentos, un libro que se poder "trocear" para repartir, mesmo para franquear, porque soñar é máis doado se viaxa connosco unha postal que contén un par de versos e que nos convidar a ler e a escribir. Sobre todo, a soñar.

03/11/17

El zorro y la ballena

Fox And The Whale é unha curta de animación sen palabras que nos convida a seguir as aventuras deun pequeno raposo na procura dunha balea.
Visto en Cultura Inquieta.



Fox And The Whale from robin joseph on Vimeo.

02/11/17

Á sombra dos bonsais

Gustoume esta proposta de Antón Riveiro Coello, a pesar de que en principio sempre elixo novelas, pola orixinalidade que consegue nun libro onde os relatos están ordeados polo seu tamaño (é que o tamaño si ás veces importa!) e que publica a editorial Galaxia co título Á sombra dos bonsais. Xa o título nos indica algo, os bonsais como árbores pequerrechas, como tamén serán os relatos, máis cando avanzamos nas páxinas, xa que o primeiro relato ocupa páxina e media e o último do libro ten tres palabras (Morreu nun ai). Algúns dos relatos xa os coñeciamos as persoas que seguimos a Antón Riveiro no Facebook, xa que naceron como micropostais, pero outros son inéditos, nacendo asemade coa vontade de concisión que caracteriza o libro. Amosa o noso autor, tan prezado, unha extraordinaria capacidade de utilizar recursos como a retranca ou a metáfora en poucas palabras, deitando unha intensidade especial nos relatos máis curtos. Algúns coido que son moi, moi fermosos.

Vouvos deixar un aquí que me encantou, titulado "A descosida":

El pasou a vida dándolle ordes, non deixaba que metese baza, anulábaa coa súa tiranía. Ela, paciente, cosía os seus silencios e tivo que agardar moito tempo para que chegase o seu momento. Agora, feliz, ela vai todos os domingos ao cemiterio e descose todo o que calou durante case cincuenta anos.

01/11/17

En estado salvaje

Lumen publica o libro de Charlotte Wood En estado salvaje. E eu lino con absoluta congoxa e un nó no estómago, novela moi dura que converte a lectura, en ocasións, en límite, en ganas de marchar do libro, pero resulta imposible porque queremos saber que acontecerá logo. A situación é ás veces irrespirable e sentimos a mesma sensación de afogamento que as protagonistas. Dez protagonistas sobre as que destacan dúas, polo que non é unha novela coral xa que a voz vana ter estas dúas mozas, que representan o sufrimento e a humillación á que se ven sometidas todas elas. Pero o carácter delas fará que destaquen. E tamén destacará o lado máis mesquiño do ser humano, a maldade por riba de todo, pero tamén a lealdade, o compañeirismo, a sororidade. E mesmo a necesidade da supervivencia. Sempre me chama a atención este factor, tan visible nos momentos máis nefastos da nosa historia. Sexa como sexa, queremos vivir. Esta será unha parte esencial do libro, a necesidade de sobrevivir.
Pero asemade, o que atopamos é o terror. A degración da muller, brutal. O nexo de unión entre todas elas é un suposto escándalo sexual, o que nos leva a preguntar en se ese é un delito... porque ameazan a homes poderosos. E iso significa que a muller sempre é culpable. Chama a atención a indeterminación das mulleres, porque iso lévanos a pensar que a escritora procuraba precisamente iso, facernos reflexionar que esas poden ser calquera, que a sociedade patriarcal castiga sempre á muller. Unha sociedade patriarcal que nos ten tan "ben" educadas que as propias mulleres tamén nos xulgamos. E esta é a outra parte fundamental da novela: as culpas e os delitos femininos. Os roles. A cosificación da muller e os estigmas que sobre nós caen.
Non busquedes ningún tipo de suavizante entre estas liñas. Só, como indica o título, salvaxismo sen concesións.

31/10/17

¿Dónde se escondieron las notas del piano?

Impresionante álbum de Alfredo Asensi e Davide Ortu publicado en Tramuntana co título ¿Dónde se escondieron las notas del piano? e que serve para facer unha reflexión sobre o propio eu baixo unha profusión de ilustracións que impactan dende a primeira páxina e que nos convida a nos perder durante tempo en cada unha delas. Na procura dun mesmo, podería tamén ser o título do libro, pois ese é o eixo principal do álbum, un libro que con poucas palabras fala desa música que a partitura da vida toca para nós e que queremos apreixala para soñar, para medrar, para rir ou para chorar, xa que cada nota é esencial para construír a nosa propia vida.

30/10/17

Silbo del dromedario que nunca muere


Lóguez publica este fermoso álbum de Gonzalo Moure ilustrado por Juan Hernaz: Silbo del dromedario que nunca muere é un poema no deserto, é unha partitura no silencio. O protagonista atopa nas palabras que conforman os versos unha música diferente, unha ollada roubada ao esquenzo, unha poesía xamais escrita. Un tesouro que non pode nin debe agocharse. O autor realiza un especial homenaxe a Miguel Hernández (como non se namorar dos seus versos aínda non coñecendo todas as palabras?) construíndo unha ponte magnética entre dúas culturas afastadas -ou non tanto-, que o lectorado será quen de percibir grazas a unhas moi especiais ilustracións que nos mecen co vento do deserto.





29/10/17

A arte de trobar

Recoñezo que case o lin dunha atacada e que agardaba outra historia diferente, xa que non me fixei na contracapa, ansiosa como estaba da súa lectura e de saber se podería recomendalo en 3º de ESO, ao fío das explicacións que andamos a dar na aula sobre o trobadorismo. Así que mergulleime na  lectura d' A arte de trobar de Santiago Lopo, premio Xerais de novela 2017,  para degustala e paladala, xa que é unha novela curta, entretida e mesmo suxestiva para achegarse a un mundo afastado, o medieval. Canda ela poderemos pasear por castelos, poderemos cantar cantigas, poderemos ter medo á Inquisción e poderemos saber algo máis dos cátaros e dos provenzais, mesmo poderemos escoitar música que convida ao baile; asemade, volveremos tremer coa fraxilidade das linguas. E presumiremos de personaxes femininas, xaora!
Situémonos, pois, no século XIII, aínda que non en Galiza: Cruzada albixense da igrexa católica e o goberno de Francia contra os cátaros. Cruzada da Inquisición por rematar, entre outras cousas, cos textos sagrados en linguas que non sexa o Latín (unha volta de reflexión á que nos empurra o texto,  a situación da nosa lingua). As ciencias ocultistas e os libros de nigromancia. Amais das cruzadas, as cantigas, os versos de noso e os provenzais, os códices, os produtores das cantigas e a súa difusión. Realmente, este é o grande marco no que situar a acción, esa que ten dous eixos fundamentais arredor dunha protagonista, esa que nos conquista coa seu papel e que premoniza a importancia da cultua. Benvida a un mundo que non só foi escuro na Idade Media, Elvira-Martine. Seguimos precisando da luz.


(fala María Balteira) “Farta estou de que se rían de min e me critiquen nas súas trobas. As súas risas ebrias supoñen unha barreira infranqueable para as miñas creacións. Xamais respectan o que fago, nunca admiran as cancións que eu compoño. Róubanmas e din que as escribiron eles (...) Cansa estou, amiga, cansa estou de ser nai, amante e criada de todos eles" (p.109)

Fóra da aula, o prestixio da lingua de Oc decaía fronte ao francés falado polos mestres e estudantes foráneos. O occitano levaba camiño de converterse nunha fala de campesiños” (p.154)


Non á violencia contra as mulleres (DXXXIII)

 Visto en Tribuna Feminista:
A curta sobre violencia xuvenil de xénero “Comando VDG” dirixido por Ana Rosa Diego e Mercedes M. del Río, producido por Páginas Violeta, obtivo o Premio na modalidade de ficción no “Certamen Internacional de Cortometrajes por la Igualdad”, XI Edición, que outorga o Instituto Valenciano de Cultura da Consejería de Educación, Cultura e Deporte da Generalitat Valenciana.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.